Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 19 Mai 2016, 10:58
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: Máis do mesmo

Comeza a ser preocupante que outra vez faga o primeiro entreno da semana en xoves, e só 10 voltas pola Balbarda, porque xa non son capaz de madrugar como facía antes. E sen saber dicir que ritmo nin que tempo porque ó garmin se lle acabou a batería (o cal ven sendo a outra cara da mesma moeda, porque nos tempos en que madrugaba e deixaba a roupa de deporte preparadiña do día anterior, nunca se me esquecia de apagar o garmin de noite para aforrar batería...).

Pero todo ten unha explicación... O luns e o martes, aproveitando a saída do sol, foron días de intensa actividade física para brazos e tórax: O luns tocou coller a Bosch para recortar o sebe por dentro e por fora,e a Viking para segar o céspede, que xa estaba de medio metro de altura. Pero non parou cousa aí... Isto é a favela, o paradigma do minifundio extremo, e o patrimonio labrego familiar anda espallado en catro compartimentos. Un deles, que temos bautizado como o Campo das Canas, queda preto da autopista e non linda con casa habitada con enchufe ó que se poida acoplar ningún prolongador. E como eu non me levo nada ben cos motores de gasolina, a opción da desbrozadora quedou descartada... Así que o martes, estraña e heterodoxa homenaxe ás Letras Galegas, houbo que aplicarse á alternativa tradicional: a gadaña .

Un contraste interesante: mentras os veciños do lado estaban entregados á limpeza anual da piscina para comezar a temporada alta, como bos urbanitas de zona residencial, eu, de labrega reconvertida, veña a segar herbas e fentos de metro e medio e a facer medas no medio do campo ( se as xuntase todas aínda facía un amago de palleiro bonsai). 700 metros cadrados son demasiados para unha soa segadora amateur, unha soa gadaña e unha soa xornada. Debín limpar só un tercio do campo, pero polo menos está recuperado o acceso ás dúas laranxeiras, e despexadas as zonas das moras e as frambuesas... miñas probes, só quedaban oito plantiñas supervivintes afogadas entre tanta mala herba que tiven que arrincar a man. Agora xa lles da o sol directo, e aínda que non arrumban máis que o carballo de Papa- Leguas, polo menos está cargadas de flor, así que se cadra en quince días podemos apañar un puñadiño de "froitos do bosque", aínda que só sexa para darlle sabor a un par de iogures. (Aquí quedarían ben un par de imaxes, pero non son tan espilida e dilixente coma outros sacando fotos e pasándoas polo tynipic, certa vagancia pola miña banda).

Total, que onte mércores, andiven doente todo o día, chea de maniotas no lombo, e como non, co glúteo dereito resentido, ríxido, así que dediquei a tarde a compras e xestións e preferín non forzar.

Tiña medo de como responderían hoxe as pernas, pero parece que todo seguía no seu sitio, e aínda que non tiña a referencia de tempo no garmin, penso que me saiu un entreno normal.

Hoxe pola tarde farei a miña inscripción formal no "ximnasio personalizado" por unha temporada. Aproveito as sesións de oferta a metade de precio, e xa sei que logo vai ser unha pasta. Outras persoas fuman e beben, ou coleccionan warhammers ou Elowines, ou pagan por ser socios de tribuna do Madrid ou do Braça. Así que este vai ser o meu vicio (terei que aforrar noutros)... O caso é que me deixei convencer: se alguén que é compañeiro ( " y sin embargo amigo"), finalista/campión de maratóns, lesionado sufridor, vai e me insiste en que hai que reforzar a musculatura dorsolumbar e no facer só exercicio aeróbico , eu acabo facéndolle caso confiando en que non me vai timar.

Non espero milagres, pero se iso me asegura poder seguir cargando cestas de roupa para tender, capachos de leña para a estufa, gadañar, podar e correr sen escangallarme, o considero como boa inversión.

Agora a ver que sae...

PD: Papa-Léguas, como visitante frecuente de Oliveville que es, xa saberás que dun Vitrasa pode un esperar calquera cousa.


beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Xov, 19 Mai 2016, 11:29
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Pues esta semana ya hiciste sesión de gym y sin pagar, así que muy bien. Lo único que te ha faltado es ir corriendo con la guadaña al campeiro ese. Así ya hacías el entreno de correr... y además sería impagable ver la cara de los vecinos al verte llegar corriendo y armada con la herramienta de la muerte. Mr. Green
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 23 Mai 2016, 11:57
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

"Crónicas da favela: Volvendo ó rego"

Con certo alivio, pero sen tirar foguetes, podo dicir que logrei facer as tres saídas semanais, aínda que non fose na pauta e kilometraxe ideal (xoves de mañá 5200m, sábado ás 19 horas 8900m, e domingo ás 21:45 horas 8900m)... E tamén lembrei recargar o Garmin, e deixalo apagado pola noite. O que non sei é por qué a veces non se apaga ben, se reinicia e aparece, coma esta mañá, encendido sen eu facer nada.

O ritmo medio segue onde sempre, 5:40 min/km, e a perna dereita comportándose con discreción.

Nos entreno de onte e antonte viñéronme ó pensamento algunha das fondas reflexións que a veces salpican estes foros... Xa é un fío clásico , aberto desde tempo inmemorial, ese que fala de "A tí cuanto te mide?"... Preguntábame entre zancada e zancada se existiría xa algún específico dedicado ó tema de "A tí cuanto te suda?"... enténdese que a cara, a caluga, o pescozo ( no sexas malpensada Corrín Moi feliz ).

Xa sei que algúns sodes devotos da cofradía da cinta frontal. E outros de levar a viseira tanto para tapar o sol como para tapar a chuvia... O asunto da suor na cara ou no pescozo pode chegar a ser un incordio. Os que me coñecedes sabedes que sempre son de coleta e perreira peiteada para a atrás. Pero o asunto foi que este venres pasei pola perrucaría, e cebáronse ben co meu pelo. Si que lle facía falta , pero fóselles a man para o meu gusto.

Agora por momentos parezo o Crispín de Capitán Trueno, e cando poño as gafas parezo a Vilma de Sooby Doo (Misterio a la orden para os que xa temos unha idade) ... Total, que non dou recollido ben o pelo para sair correr e ó final vai solto, o que é un atranco agora que suben as temperaturas. En fin, paciencia co sur, e a esperar a que medre de abondo para recuperar a coleta.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 23 Mai 2016, 22:11
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Esta bien aclarar lo que te suda yo elijo visera de esas que puedes sujetar la coleta.ahora salgo todos los días a anadar ayer cayeron 7'5km en hora y media.hoy toco gimnasia y pelearme a ver que hacia de comida...echo de menos las recetas en los diarios(el de freak sobre todo)...no se si un día probaré a trotar en vez de andar ...ya se vera
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 23 Mai 2016, 22:58
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Pois xa que sacaches no teu diario o tema das hortas urbanas entre paseo e paseo, aqui deixo unha recomendación culinaria: Espárragos á plancha.

Temos unha zona do minifundio favelense dedicada á esparragueira, e estamos en pleno pico de producción na horta. Cada día ou cada dous , apañamos unha ducia ou ducia e media. Normalmente os cocíamos, pero hai unhas semanas probamos a deixar as partes de abaixo (mais duras) para cocer, e as puntas facelas á plancha: Un chisquiño de nada de aceite, uns allos picados, unhas areiñas de sal, e unhas voltas pola tixola ata que quedan tostadiños por fora. Resultado: delicatesen total, e cocíñanse en cinco minutos (e cómense case igual de rápido).
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 24 Mai 2016, 7:09
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Es un clásico de mi cocina, pero no merecen receta, no tiene sentido. Pero lo de los ajos nunca lo probé. Ya me dirás sino es escarallarlos. Los esparraguitos, sino tienes huerta están a precio de osobuco. Pero entran de maravilla a todo el mundo. Probaremos con allo.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 24 Mai 2016, 12:02
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

En el carrefour hoy a 1'60 delgaditos sobre 0'5 de diámetro pero algo es algo
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 25 Mai 2016, 23:26
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

"Crónicas da favela: Non hai pan para tanto chourizo"

Sempre tivemos fama de ser o territorio sen lei a este lado do río Lagares... Unha fama se cadra merecida. Nestes máis de 25 anos que levo no barrio pensei que xa me tiñan roubado de todo: desde os clásicos do radiocassette do coche ou a galiña mais cebada do galiñeiro (pensando que era capón), ata cousas variopintas, como a bombona de butano, a mochila e a toalla de ir a praia, unha lagareta, e un coche correpasillos dos meus fillos cando eran pequenos.

Pero o de onte, que debeu ser sobre as 12 da mañá, a pleno día, por camiño transitado, creo que se leva a palma: Roubáronnos un contador da a auga!!!. As víctimas non fumos directamente nos, senón un matrimonio maior que vive de aluguer xunto a casa da miña sogra. Pobre xente, sen auga , e non por culpa dun corte de Aqualia... O entreno que tiña pensado facer onte tivo que adiarse para facernos cargo da nosa labor de caseiros e intentar resolver o tema.

Hoxe fun á primeira hora da mañá ás oficinas de Aqualia. A verdade é que nos atenderon rápido. Segundo me contaron os encargados, vai ser que isto de mangar contadores da auga está de moda nestes tempos, seica para ferralla, ou para instalar de segunda man. Vivir para ver!!.

Como entraba a traballar ás 10:30 e ía xusta de tempo, vaixei mangada toda a ruta da Rúa Cantabria e Buenos Aires ata a Balbarda. Se cadra debería contabilizar iso como microentreno (aínda que son uns 2 km escasos que debín facer en 10-15 minutos) .

Pola tarde o contador novo xa estaba instalado, pendente da posta apunto dun fontaneiro, e xa acabada a nosa misión como caseiros, tiven tempo de achegarme a probar a miña primeira sesiòn de ximnasio a precio reducido.

Basicamente o sistema é que che poñen un chaleco-malla, con electrodos por peito, lombo, antebrazos e muslos, e vanse facendo táboas de exercicios con estimulación eléctrica incorporada. En vez de facer tandas de 20 ou 30 repeticións, abonda con facer 8 ou 10, logrando musculación nas zonas que interesan. Durante 30 minutos, e logo estiramentos asistidos.De momento atópome ben. Mañá non sei como irei de maniotas. Se a perna dereita mellora con todo isto, dareino por bo. Pero aínda é cedo para dicir nada.
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Xov, 26 Mai 2016, 19:48
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Nada, que leyéndote me he acordado de "A muller biónica".
No recuerdo si llegué a ver algún capítulo entero.



Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 26 Mai 2016, 23:17
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Cuidado con la electro estimula ion que creo que es muy adictiva..te vas poner CUERPO 10!!!!
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 27 Mai 2016, 14:43
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

"Crónicas da favela: Menos que ayer, más que mañana."

Descansando da sesión de exercicios do mércores, acabo plantándome en venres para facer a primeira saída da semana. E aínda por riba so dou tempo de dar 5 voltas pola Balbarda. ... Vou camiño de que me retiren o carné por abandono, seino. ... Pero hoxe a prioridade é a graduación da milla filla.Espero que os deuses lares do running mo perdoen. Aínda queda mañá e pasado para redimirme.


Última edición por Meigalicix o Ven, 27 Mai 2016, 19:49; editado 1 vez
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 27 Mai 2016, 15:55
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Filla graduada, que ben!!!
Una foto de eses padres emocionados non viria mal no diario.
Pero como te líes tanto coma min ca tecnología....eso de compartir fotos do movil ao diario ė tarefa moiiii difícil,senon eu xa tivera posto das miñas caminatas.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 28 Mai 2016, 13:06
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Noraboa a la chavala. Os deuses do running dicen que mal, pero ya sabes, una confesión rápida y yastá. Yo también tengo lo mío, 15 puntos en el carné ninguno temos.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 29 Mai 2016, 18:02
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

"Crónicas da favela : Absolución "

Como ben di Freaky, despois do que foi esta semana tocaba unha confesión rápida. Onte e hoxe procedin a facer dúas confesións o máis rápidas posible polo circuito de Chapela. Saíron un par de cronos en 48:56 e 49 :27, rematando así a semana con tres saídas, uns escasos 20, 4 km, un ritmo de 5:33 min/km e poucas molestias na perna dereita. Dareime un aprobado.

Mañá pola tarde toca volver a facer de muller biónica no ximnasio. Díxome o compañeiro/ entrenador ( y sin embargo amigo) que o outro día foi demasiado suave e tiña que darme máis caña... Buf, non sei como vai rematar isto, no deportivo e no persoal.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 30 Mai 2016, 10:22
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

xa nos contaras a aventura no ximnasio,pois a min ,polo menos dame certa envidia





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos