Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 24 Ago 2015, 17:51
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Onte domingo fixen a primeira saida aquí en Kailua Kona. O instinto mandoume fuxir das beirarrúas de cemento da zona comercial, mais en llano pero ateigadas de xente. O final tirei por unha estrada secundaria que parecía ter bos arcéns pero ó final resultou que non, e ainda por riba comezóu a picar costa arriba, e algún que pasarīa por alí diría que que fai esta guiri un domingo a estas horas polas aforas do pobo... Pero finalmente atopei un desvío costa abaixo que me levo u outra vez á Alíi Avenue. Viña siendo como correr por Alcabre pero con mais caché ( perdoando o comentario aldeano). Uns arcéns de asfalto perfectos, para dar acceso a todas as Villages, resorts e manors de superluxo pegadiñas á liña do Pacífico. Finalmente saíron uns 4800 m a un ritmo de 5:21 min km mais ou menos. A ver se hoxe despois da xornada turística en grupo podo repetir e mellorar.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 25 Ago 2015, 7:20
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Última saida aquí en Kailua. A seguinte será o sábado 29 en Carnota, se todo vai sobre o previsto.
Hoxe xa non me compliquei a vida e tirei pola Alii Avenue todo seguido ata facer 15 minutos, o que me cadrou mais ou menos á altura do 1668 da rúa. Logo volta de novo polo mesmo arcén... Pensaba que hoxe, ó estar chove do miúdo había de ser algo mais agradable e menos pegañento de suor, pero non, aquí as cousas non funcionan así. Toca transpirar permanentemente e sufrilo con resignación.
Saíron uns 5300 metros en 29 minutos, a un ritmo de 5:33 segundo o Garmin.
En fin, os resultados o sábado que ven non teño nin idea de como sairán, xa me darīa por contenta con rematar en menos de 56 minutos.
A única satisfacción que me queda é a de ter feito o número de saīdas que tiña pensado nestas dīas, e non deixar as zapatillas no medio da equipaxe a criar telarañas.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 30 Ago 2015, 6:05
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Deixo aquí copiada e pegada a crónica que redactei da xornada de onte :

En plena praia de Carnota, gozando dunha estupenda tarde de sol. Creo que é o mellor momento e lugar para redactar a crónica da xornada, ainda que logo teña que buscar un sitio con wifi para poder copiar, pegar e enviar.
Un ano mais tocou durmir moi pouco de víspera, darse o madrugón para sair desde Vigo con tempo... Tanto, que fun a primeira persoa en retirar o dorsal no local do concello. Sobrando tempo, aproveitei para consultar as listaxes de inscritos: moita emoción este ano, pois eramos 9 veteranas cincuentonas a competir. E fixen rápidamente unha porra conmigo mesma. Estaba claro que aquí había xente interesadísima en puntuar para o circuito de carreiras da Costa da Morte, e con mais nivel que en anteriores, así que apostei por facer a carreira en 56 minutos e quedar 4 de 9
Co dorsal xa no meu poder, marcho á cafetería do lado do Concello a tomar algo e facer tempo, e agradar polos colegas que tamén veñen correr: un ex futbolista da favela da Balbarda, que lle colleu gusto a esta carreira, facendo o vicio extensivo ó resto da familia, apuntando tamén ós fillos na categoría de benxamíns... O outro correlega é un ex Veterano Pabellón Ourense que veranea por aquí, a quen lle debo ter entrado nesta tolemia de correr en xeral, e participar nesta carreira en particular.
Reunidos todos, procedemos ós ritos habituáis de facer amagos de quentar, estirar, e aburrir ós nosos esforzados acompañantes cos comentarios da mala forma que traemos este ano, dos miles de achaques que nos impiden estar na merecida cima.
Total que xa chega a hora da saida, e casi lles creo que veñen en moi mala forma, pois imos xuntos á par ata case chegar ó comezo da praia. Pero era todo postureo, pois en nada xa despegaron cada un ó seu ritmo particular.
Eu fun ó meu, e ata media carreira ía ben, contenta, o Garmin marcando ritmos de 5:30 a 5:40. Pero pasado o ecuador da proba foise a nube que amablemente tapaba o exceso de sol, e xa me dou o sofocón e tiven que baixar o ritmo. Na volta da da Boca do río recuperéi, ata fun adiantando xente, pero a reincorporación ó tramo do asfalto fíxose dura, e a volta final do Hórreo un ano mais me deixou clavada, a ritmo de 7 min/km, co que algunhas das rivais que deixara antes atrás volvéronme a adiantar... Quen me dera ser hámster,está claro que non paso de tartaruga verde hawaiana.
Total que o tempo oficial foi de 56:42 no arco de meta, tempo neto 56:34 a un ritmo medio de 5:41. Gustaríame mais que tivese sido sub 56, pero iso si, quedéi de cuarta na categoría, 16 de 28 mulleres , polo menos seguir facendo mmp (medio é medio do pelotón na linguaxe papaleguense).
O mellor da xornada, o noveno posto en benxamíns feminino, e primeirísimo posto con trofeo de Nacho Porto en benxamíns masculino dos nosos nenos do equipo.
Un luxo participar nesta carreira, onde a organización pon agarimo e amabilidade... Pero o estigma de ser da favela parece que imprime carácter, e marca o destino de xeito fatal... Resulta que este ano decidín usar as duchas do pabillón. Como fun a primeira muller en chegar e todos os espazos útiles estaban invadidos por homes, sen haber nada asignado a mulleres, tiven que apañarme como puiden nun espazo onde só había lavabos, nin un triste retrete, nin banco, nin ducha que botase auga. Así que houbo que conformarse con mollar a cabeza debaixo da billa, lavarse a parte de arriba, e coas máns pasadas por champú dar un simbólico repaso á parte de abaixo... Cando xa chegaron mais mulleres e houbo masa crítica para facer reivindicacións, entón si que abriron a porta que poñía " fora de servizo" e poideron ducharse as que ían chegando... E queixábanse de que só había auga fría... A mín me tería servido perfectamente.
En fin, para outro ano xa sei que non teño que chegar de primeira.
Pero pese a estes detalles do directo, seguiréi vindo cada ano. E este en concreto era cita obrigada, ó ser Carreira solidaria contra o Cancro, sobran explicacións.
Xa non me enredo mais, ... isto é todo desde Carnota, amigos, que diría Porky.

Post data: un pensamiento solidario con todos os que hoxe participan nas 24 horas de Castrelos
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Mér, 02 Set 2015, 11:00
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Meiga, eres portada del foro, tus crónicas desde la favela van a popularizarse.



Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 02 Set 2015, 11:29
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Me encanta tu crónica y aunque este año no hubo podium ,no pasa nada yo que estuve el año pasado puedo dar fe de que correr por la arena es duro.lo hiciste muy bien.
Yo estuve mirando lo de la carrera de la mujer en Coruña pero no lo veo claro se acabaron las inscripciones de 10 euros y si quiero andar y correr tengo q pagar 20,25,50 euros...casi naá...y solo la. Tarifa de 50 va integra para el cáncer ,de todas las otras solo van 3euros
EN VEZ DE UNA CARRERA PARECE UN CONCIERTO
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 02 Set 2015, 14:53
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Crónicas da favela: Día 1 da preparación da Behovia-Donosti.

O pasado domingo fixen unha tirada de recuperación entre Monte Louro e a praia do Ancoradoiro. É case unha tradición facer algo asi despois da Carreira das Areas. Normalmente vou acompañando ó correlega ourensano que veranea alí. Esta vez fun soa , xa que sendo día 30 , fin de mes, ó compañeiro tocáballe recoller bártulos e deixar libre e limpo o apartamento ata a vindeira tempada.

Para quen teña curiosidade, e ganas de probar a correr en paraxes únicos, deixo o enlace do garmin (o único tempo a ter en conta neste caso, é o atmosférico, pois facia unha mañá de sol estupenda. O tempo do crono, totalmente irrelevante, a ritmo de caracol en estado de hibernación)

connect.garmin.com/mod.../883165593

Hoxe mércores xa tocou correr por Chapela, con plena conciencia de volta á normalidade, e vendo que este ano non hai anunciada carreira en Catoira , os obxectivos apuntan a dous meses vista : A Behobia-Donosti

Se o punto de partida, despois destas semanas atípicas, é manterme en 50:20 minutos, para percorrer 8910 m a un ritmo de 5:39 min/km, non está tan mal. Pero queda moito que traballar.

Para comezar, teño mañá cita para revisión e encargo de plantillas novas. Nos vindeiros días tocará volver ó quiropráctico (as longas horas de avión creo que reavivaron o do pinzamento lumbar). E xa teño apalabrada masaxista para facer algunhas sesións antes de fin de mes... Vamos, que vou poñer todos os medios para ser digna portadora do dorsal laranxa na tanda de saída. Mellorar o tempo feito en Baiona xa será difícil. O caso é motivarse.

Ata aquí o parte de novidades de hoxe.

Polo demáis, eu pensaba que os diarios populares e glamurosos, sempre batindo recórds de entradas e respostas eran o Gatuno e o Papalegüense, e que este recuncho era como os furanchos sen cartel, que pasan desapercibidos para quen non sabe deles. E ainda que agradezo os bos augurios do teu comentario, creo que vai seguir sendo así Doutor, porque vos estades a outro nivel de archirrivalidade atlética, e de expresión estética.

Pero " la vida te da sorpresas" , que cantaba Ruben Blades, e resulta que , á suxestión do señor Admin, hoxe son portada... Penso eu que non tanto polas miñas heroicidades particulares, como polo feito de que a Carreira das Areas sempre merece ser portada, a conte quen a conte e a corra quen a corra.

Corrin, ti que estiveches o ano pasado , ben sabes da fermosura do lugar, do agarimo dos voluntarios e organizadores. Por outra banda estou convencida de que o ano que ven estarás formando parte da serpe multicolor da tanda dos 5 km, e serei eu quen che faga a foto camiño da meta... E mira que a xente chámame Meiga porque normalmente acerto.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 04 Set 2015, 8:43
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Crónicas da favela: Día 2 da preparación da Behobia-Donosti

Onte tocou paso pola consulta para revisar a pegada, o estado das pernas e encargar novas plantillas... A primeira parte sobre o previsible: "Efectivamente ten vostede os pes cavos, a perna dereita mais de 12 mm mais curta, a coxa moi desprazada no lado deireito para compensar, pero a zona lumbar aínda vai zafando..."

A segunda parte pilloume de sorpresa: " Vostede di que desde que comezou a usar plantillas superou a fascitis, pero con esa pegada tan inestable que ten, sempre apoiando en punta, está claro que debe ter inflamación e sobrecarga. A ver, dóelle algo aqui, ou aqui, ou nestra outra zona"... e segundo me ía clavando os dedos na base dos xemelgos, no lado interno dos xeonllos ou na base dos glúteos, creo que chegeui a visualizar todas as estrelas e galaxias desde aqui ata onde caen os últimos quásares. Costoume non soltar un par de tacos de arrieiro.

En conclusión , que as actuais plantillas non me estaban axudando a apoiar con toda a planta , que en 15 dias terei unha novas que teño que ir probando, e que mentras vaia traballando 5 minutos antes de cada tirada o de apoiar primeiro co talón.

Segundo saín da consulta fun a poñer en práctica iso de apoiar co talón, pero nunha andaina popular moi especial: A manifestación contra a xestión do Hospital Alvaro Cunqueiro... En realidade era unha manifestación contra todo. Era impresionante ver familias enteiras, meniños de colo, nais, pais, e xente con bastón axudada por familiares... No meu corazón berraba contra todo: Os recortes na sanidade, os recortes no deporte que fan imposible que os atletas se poidan preparar en debida forma para un mundial e así nos vai. Berraba contra este xeito de facer as cousas que nos converte a todos en negocio, ou en dano colateral, ou "pingueira" humana que hai que repartir en cuotas mentras os inocentes morren afogados... 200.000 dicía a policía que estabamos nas rúas, e máis que debiamos ser, aínda que iso non acabe de cambiar o modus operandi dos que están arriba. Polo menos que no nos fagan invisibles e mudos.

Hoxe, dentro dun momento , sairei a traballar a pegada de talón de xeito xa máis estándar, facendo os 5 minutos de rigor antes de ir a Chapela, mentras carga o Garmin. Logo tratarei de non subir dos 50 minutos, en non caer na trampa da crise autopredicida, facendo un entreno fatal porque me acaban de recordar que teño a perna dereita mal. A veces vivir na ignoracia senta mellor.


Última edición por Meigalicix o Ven, 04 Set 2015, 9:19; editado 1 vez
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Ven, 04 Set 2015, 9:14
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Sen ter nin idea do tema, me resulta raro que che digan que tes que correr apoiando o talón, cando como norma, por os estudios que leín neste ano, indican que mellor o antepe, que hai menos carga sobre as musculatura. Indiferente
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 04 Set 2015, 9:31
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Grazas polo comentario, Sanmikel... Se cadra non me expliquei ben. O exercicio consiste e facer xogo de nocello, cousa que polo visto non fago, e evitar botar todo o peso na punta ou na planta de golpe "facendo ruido". Trátase de conseguir unha especie de "transición silenciosa" entrando co talón e balanceando cara adiante, impulsando... Para min que cando vou nas carreiras si que o fago, ou polo menos evito caer a plomo como fan outros, e trato de "rebotar" facendo ese xogo de pe. Pero é que onte na cinta non era quen de correr ou andar normal (certo que nunca vou o ximnasio e non teño práctica ningunha) . Por outra banda, se as plantillas que teño agora no se adaptan ben, é probable que ese xogo do pe tampouco o estea a facer ben.
A ver como me vai nestes 15 días.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 04 Set 2015, 19:17
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Por fin tocou facer esta segunda saída da semana , pero máis tarde, ás 13:30, e xa con 22ºC (non os 14 das 7 da mañá do mércores). Primeiro un tempo para facer o do exercicio de nocellos e talóns ( dúas voltas pola Balbarda), e despois xa o percorrido habitual... Hai diferenza de ir a pola mañá cedo a ir desta hora... Pensei que ia sair peor de tempo pero ó final foron 8900m en 50:39 minutos, cun ritmo de 5;41 min/km.

E asi vai rematar a semana. Tiña pensado sair mañá o mediodía outra vez, pero as circunstancias familiares mandan. Teño que ir á Catoira onde os meus pais. Estuven a considerar o de levar as zapatillas, pero se lle digo á miña nai que marcho o domingo pola mañá cedo a correr por Santabaia ata Viladesuso e volver, dalle unha crise de tiroides desas das súas e rematamos en urxencias.

Polo que me conformarei con dúas saídas só, e xa probaremos sorte o luns pola tarde, se non se torce ningún plan.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 05 Set 2015, 13:55
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

pasao ben por Catoira,e xa contarás que tal cas novas plantillas.
e gustame moito que foras a esa manifestación,cada vez teño mais claro que debemos loitar con "uñas y dientes"por unha sanidade e educación gratuitas.Cando se teñen que seguir por motivos de saude medicacions costosas;vexase parches para a door que valen 180 euros a caixiña de 4.e non os paga a s.s. ou unha bolsa de quimio que vale minimo 4000 euros...si,si leedes perfectamente.asi viña xente de iberoamerica que baixaba na labacolla(aeroporto)con todos os papeles e informes do seu pais para ver si se lle daba tratamento porque no seu pais xa non tiña nin casa que vender para intentar curarse....UNHA PENA
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 07 Set 2015, 20:08
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Confuso Confuso Confuso Confuso Confuso Confuso Confuso Confuso Confuso Confuso Confuso Confuso Confuso Confuso Confuso

Pola mañá reunida ata ás 2 da tarde. E desde as 18 horas ata agora mesmo rematando traballo pendente no ordenador. Así que hoxe tampouco puiden sair. Muro Muro Muro
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 08 Set 2015, 14:08
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Mala cosa. Deixa o ordeñador y a patear Meiga.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 08 Set 2015, 20:59
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Crónicas da favela: Día 3 da preparación da Behobia-Donosti

Aprezado Freaky, xa quixera eu pasar do ordenador tan doadamente, pero os meus inmediatos superiores esperaban pola miña entrega e mellor non adiar as cousas pendentes do chollo...

Non é so o traballo que se acumula á porta. É tamén o cansanzo, non so físico senón anímico. Estra fin de semana en Catoira deixoume desfondada, Corrin. Non tocaba ir pasalo ben senón a templar gaitas (os que tedes pais maiores de 80 anos imaxino que sabedes do que falo).

Por todo iso, e porque dous meses pasan de contado, hoxe tocaba ir correr... From lost to the river, pensei para min... O xoves pasado xa me dixeron na consulta que tiña a perna e a coxa dereita feitas un noxo, asi que peor non me vou poñer por ir a trotar pola Guía, que hai ben tempo que non vou, e ademáis só teño media hora dispoñible..

E asi o fixen, ás 14:15 horas, respectando eses 5 primeiros minutos para o exercicio de xogo de nocellos. Ó final resultaron 4820 m en 29:54 minutos, a un ritmo de 6:12 . Tendo en conta os 24ºC e as costas arriba, aínda menos mal como exercicio de mantemento... A cuestión é que para facer unha media maratón pasable ó meu nivel non chega só con manterse... ou se cadra si. En fin. A ver como me atopo o xoves.


Última edición por Meigalicix o Xov, 10 Set 2015, 21:14; editado 1 vez
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 10 Set 2015, 8:03
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Crónicas da favela: Día 4 da preparación da Behobia-Donosti

Setembro. Rematan as vacacións, cambio de colcha fina na cama por outra mais abrigosa preludio do edredón, e retorno dos estudantes ás aulas. O que significa que volve de okupa o meu sobriño coruñés (que non se diga que os vigueses non somo xente tolerante e acolledora)... Este sobriño ten 19 anos a piques de cumplir, e aínda que a súa ocupación principal é estudar Arte Dramático (2º ano) no que destaca é na súa faceta de natación de socorrismo... Bo lombo, boas pernas, músculos no seu punto de forma... Resulta que quere presentarse ó Desafío Pastor Illas Cíes, modalidade aquatlón.

Razón pola que hoxe, en vez de folgar toda a mañá na cama, como corresponde nos derradeiros días de vacacións, viu correr conmigo por Chapela ás 7:30 da mañá.

Dábame un pouco de cargo de conciencia, semellante corpo seguramente tiraría a correr a un ritmo mais vivo, e non quería forzar ó rapaz a ir a paso de tartaruga... Tirei o mais dignamente que puiden.
O resultado de este "efecto lebre" foi que fixemos 8990m en 48:30 minutos a un ritmo de 5:23 min/km. Cousa que non lograba desde moitos meses atrás.

Cando chegamos a casa pregunteille se lle resultara demasiado lento para o seu gusto. Dixo que por el estaba ben (é moi educado e diplomático) ... Agora que xa se sabe o camiño, de aquí en diante imaxino que fará o percorrido pola súa conta os días que queira e ó seu ritmo.

Pola miña banda , alégrame saber que aínda con ter as pernas como as teño neste momento, podo rendir a un nivel pasable, coa motivación apropiada. Menos é nada.


Última edición por Meigalicix o Xov, 10 Set 2015, 21:16; editado 1 vez





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos