Dom, 15 Set 2019, 20:09
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)
"Crónicas da favela: 10K do Berbés"
O día comezou coma outras veces: Almorzo ás 7:30 da mañá para que dea tempo de facer a dixestión antes. Saída de casa ás 9:15. Carmafoto ás 9:30. Ambiente cálido: Polo calor humano de reencontrar á "familia nécora" despois deste particular verán, e polo sol que xa arreaba ben, nesta especie de agosto alongado que nos está tocando. Mal asunto, pois o meu elemento para correr é o frío.
Botei de menos no quentamento a algúns dos que eran habituais nesta carreira, como
Andrés61 e Pollastre, pero non faltaban por alí foreiros coma
Orión, que se achegou a saúdar.
Por fin a hora de saída. Atasco e paso lento ata deixar atrás o arco de cronometraxe. Despois de dous anos sen participar aquí, xa non lembraba todas as idas e voltas do percorrido. Tratei de non deixarme despitar polos ritmos doutras persoas, e medir ben as forzas para a segunda volta, porque a calor se me estaba a facer pesada, e ata pensei que me estaba facendo ver ilusións ópticas, como se fose no deserto: Nun deses tramos onde as persoas lentas aínda imos e as máis rápidas xa volven, vexo (sen gafas máis ben albisco) a
Anpefi, que vai un bo treito diante de
Sanmikel. Ou moi rápido ía un, ou moi lento o outro, ou as dúas cousas. En calquera caso moitas grazas ós dous polos ánimos, tanto na primeira volta coma na segunda.
Eu todo o tempo ó meu, no furgón de cola, pero aínda rebasando a algunha que outra persoa. Medindo forzas e contando as reservas de gominolas. Tomara dúas antes de saír, outra no km 4 máis ou menos, e quedaban outras 2 para tomar no km 6 e antes do rematar por se fallaba o depósito no tramo final.
No paso da 1ª volta o marcador do arco sinalaba 27 minutos máis ou menos. Non iamos mal , e a botella de auga do avituallamento resucitoume un pouco. Pero a chegar de novo á zona de sol entrei en crise: Quixen coller outra gominola para ir tirando e descubrin que tiña o peto limpo, non quedaba ningunha!!!. Seguro que caeran ó chan cando collin a do km 4 e nin me enterei.
" Tanto calor, sen gasolina extra, bufff vou rematar arrastrada correndo a 8min/km... Ei, diso nada, control mental xa. E logo, non estou farta de correr sen almorzar cada mañá, e ademáis polas costas de Teis???. Veña Alicia, aquí toca aguantar ata o seguinte tramo de sombra. Pensamento zen, bota man de todos eses mantras que gardas na memoria"
Por outra banda os deuses do running apretan pero non afogan. Un rapaciño senior fou un anaco de tempo conmigo á par, achegouse animándome polo meu nome e dicindo que iamos ben:
- "Seguro que te coñezo de algo pero sin gafas no me dou conta"
- " Que va!. É que antes escoitei como te animaban berrando o teu nome"
- " Pois moitas grazas"
- " De nada. Tira, tira , que ti vas máis forte"
Díxome o seu nome , pero xa non me lembro. Polo menos que quede constancia aquí da axuda prestada.
E así, de zona en zona de sombra logrei ir sacando forzas, e ata diría que facendo mellor ritmo que na primeira parte.
No tramo final, diría que a menos de 100m de meta, chega
Orión, adiántame, anímame, e fai o amago de esperar para tirar de min, pero eu dígolle que siga, que el vai moito mellor.
Cando entro en meta andan pola megafonía pedindo que poñamos cara de felicidade ó chegar , para que queden as fotos bonitas. Para min non foi un grande esforzo. Estaba contenta despois de todo . O cronómetro marcaba menos de 54 minutos, que era a idea que me fixera. O de volver a rematar unha de 10km en 51 ou 52 minutos aínda vai para longo.
Mentras recuperaba e collía un botellín a de auga en un plátano , volvín a estar con Oríon. Comentamos os resultados. A él saiulle un ritmo de 5:17, polo que eu calculo que debín andar a 5.18 ou 5.20, non ese ritmo de 5.25 que puxeron no tempo oficial.
Uns breves momentos para despedirme dalgúnhs compañeiros e compañeiras do club, tamén de
Anpefi, e xa volta para casa.
Resultados
8 de 12 na miña categoría F3
47 de 82 na xeral feminina
Todo iso ven sendo 75 puntos para a saca do club (o cal está xenial) e escalar uns postos na clasificación feminina do circuito Runrun Vigo (pura anécdota, que, como xa comentei outras veces, non é representativo de nada).
Operación Berbés pechada sen déficit nen baixas de mención.
Moitas grazas a todas as persoas que pasastes por aquí a animar estes días, desde Coruña, Ferrol e arredores, Sparkland, a volta de Chapela, desde os montes de Cuntis e Caldas, e dalgún xeito tamén desde Copenhague en formato foto de whatsapp .
Mañá descanso atlético, e pola tarde sesión de fisio. Xa me está tardando...