Foros ›
Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)
Forum Index / Diarios de adestramento
Reply to topic

Author
Message
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
3029 Posts

Reply with quote Post Wed, 15 May 2019, 14:06
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meigalicix escribió:
Así que non te conteñas, xa tes permiso para dar caña a tope nos entrenos e nas carreiras ir rápida como antes.

Al loro Meiga. Parece que el fisio quiere que vuelvas pronto a su consulta. Una afirmación así, a mí me haría perder la cabeza y me volvería a correr la C42.

Vete por el camino del medio.
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2787 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sat, 18 May 2019, 20:24
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Operación formiga.4a semana.Día 2:
Outros terán opción a tolear e perder a cabeza porque lles sobrará combustible na reserva. Para tranquilidade de Freaky, as miñas patas de formiga é imposible que toleen porque non dan máis. Porque hoxe volveu ser un dia deses que parece que vou ben de caixa e que as pernas obedecen , temperatura agradable e non moito vento de cara. Pero aí seguimos, eternamente por defecto a ritmos medios de 5:45. Iso si, que non se diga que non traballo as costas . E de algo terá que servir en Beade
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
84 Carreiras
944 Posts
Valdoviño
Reply with quote Post Sun, 19 May 2019, 21:09
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Las cuestas son vida. Ama a las cuestas pues en ellas está el secreto de la fuerza... o alguna chorrada así me digo a mí mismo cuando toca batallar con ellas. Pensando
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
27 Carreiras
1339 Posts
Caldas de Reis
Reply with quote Post Tue, 21 May 2019, 7:02
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Cuestas siempre, trotando o andando, pero cuestas. Tanto subirlas como bajarlas.
Sal y disfruta Meiga, sin tiempos, sin agobios,....
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2787 Posts
Vigo
Reply with quote Post Thu, 23 May 2019, 13:56
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Operación formiga. Semana 5 .Día 1:

A cuarta semana quedou outra vez curta de kilómetros, con só dúas saídas.A vida laboral e doméstica sempre se complican ata o infinito, e ó final o corpo négase a que lle quiten máis horas de sono aínda
Onte tocou sesión de ximnasio con Jota , o que sempre é unha garantía. E hoxe por fin unha saída, despois de 5 días. Abducida unha vez máis polo horario laboral e doméstico, a cousa quedou nun paso pola Guía, circuíto curto de 4700m... En resumo, pouco tempo, pouco volume . Non é realmente o que eu quería a 9 días da carreira, pero é o que hai. Iso sí, Beu e Nando podedesme dar o aprobado, porque as costas seguen sendo o plato forte do menú
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
444 Carreiras
5224 Posts
CdA, Tomiño
Reply with quote Post Thu, 23 May 2019, 14:15
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Si no rompo antes una pata o las antenas, nos vemos en el hormiguero de Beade la semana próxima, Alicia.

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2787 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sun, 26 May 2019, 22:54
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Operación formiga. Semana 5. Días 2 e 3.

Suponse que a xornada de reflexión foi o sábado. Pero vistos os resultados da semana, as reflexións véñenme á cabeza hoxe.

Só 18 km esta semana. Nada de microseries. Estiramentos poucos (quitando o día do ximnasio). Ritmos que non baixan de 5:40 (e iso que hoxe procurei ír antes das 10 da mañá para non pillar tanto calor). Horas de traballo de pe, demasiadas, e de traballo sentada no ordenador tamén abondo. Media de horas diarias de sono: 5 e media, con sorte 6. A noite pasada todo un luxo, case cheguei ás 8 horas.

Con estes ingredientes todo invita á dúbida, a replantearse o sentido de todo.

A persoas que estreamos a EXB antes de palmar Franco, aprendiamos de chapatoria as verdades fundamentais no "Catecismo de Segundo Grado". E as que tiñamos algún pariente en Santiago escapando diante dos "grises" , tiñamos a sorte de que nalgunha ocasión chegasen ás nosas máns outros catecismos con verdades fundamentais alternativas (aínda lembro un facsímil de Tío Marcos da Portela de finais dos 70) .

Se existise un catecismo dos diarios de CEG, imaxino que as verdades fundamentais virían preguntadas e contestadas máis ou menos como sigue:

P/ Para que se escribe un diario?
R/Para comprometerse a cumplir co que se escribe, e deixar constancia do que se fai, axudando a que os ánimos non decaian.

P/ Por que é bo ler os diarios de cifras?
R/ Para saber que o Paraíso existe, e que hai persoas que de vez en cando entran por méritos propios.

P/ Por que é bo ler os diarios de letras?
R/ Para saber que hai moitas maneiras de manexarse polo Purgatorio adiante, mantendo un mínimo de forma física, dignidade e a autoestima.

Pois iso, nesta semana que queda antes de ir a Beade reforzaremos musculatura, autoestima , dignidade. Despois do que me contou Beauvais do percorrido, tamén imaxino que vai ser como subir Ríos e a Avenida de Dona Fermina seguido dúas veces, intercalando dúas baixadas de Doutor Corbal ó club de remo... Duro de abondo, pero nada que non teña pasado antes. Quen dixo medo?
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
3029 Posts

Reply with quote Post Mon, 27 May 2019, 8:11
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meigalicix escribió:


P/ Para que se escribe un diario?
R/Para comprometerse a cumplir co que se escribe, e deixar constancia do que se fai, axudando a que os ánimos non decaian.

P/ Por que é bo ler os diarios de cifras?
R/ Para saber que o Paraíso existe, e que hai persoas que de vez en cando entran por méritos propios.

P/ Por que é bo ler os diarios de letras?
R/ Para saber que hai moitas maneiras de manexarse polo Purgatorio adiante, mantendo un mínimo de forma física, dignidade e a autoestima.


Bien. Si no te importa me comparto en el mío. Tu cansancio proporciona certeza.
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
3414 Posts

Reply with quote Post Mon, 27 May 2019, 17:32
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Menudas reflexiones. Lo que hay que hacer es escribir un diario, y leer tanto los de cifras como los de letras, en plan humanista-forero.
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2787 Posts
Vigo
Reply with quote Post Tue, 28 May 2019, 21:56
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Operación formiga.Semana 6 . Día 1:

Pouco tempo dispoñible + 26ºC ó mediodía= Saída de 4700m pola Guía volvendo por Ríos, para garantir un mínimo de sombra arbolada.
Hoxe tocou substitución completa de plantillas. Comecei a usalas hai 10 días para andar co calzado de diario.Este mediodía era o momento de pasalas ás zapatillas de correr e comprobar a adaptación. Penso que van ben, pero apretei demasiado os cordóns do pe dereito e quedoume medio anestesiado . Detalle a ter en conta para o sábado.
Máis inovacións: Tocou tamén estrear o novo Carma-top, co deseño oficial e o logo do patrocinador (Panaderial El trigal). O das tallaxes sempre é problemático para min, sexa roupa ou calzado. Parece que as persoas que se dedican a patronaxe entenden que para determinado volume de caixa torácica ten que haber automaticamente unha determinada masa muscular, cousa que non é o meu caso, e por iso sobra tela e a goma do contorno vai máis abaixo do que debería. Pensei que me molestaría, pero ó final resultou todo moi cómodo, para vestir, espir e durante o entreno... Outra cousa que xa non me preocupa para o sábado... coas temperaturas que dan para esa tarde, seguro que os problemas van ser outros.
A pesar da calor, das costas, dos cambios de indumentaria e plantillas, acabei o percorrido en 30 minutos, coma case sempre. Polo menos non imos a peor
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2787 Posts
Vigo
Reply with quote Post Fri, 31 May 2019, 8:47
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Operación formiga. Semana 6 . Día 2:

Outra das verdades fundamentais do catecismo corredor popular é que non se debe estrear zapatillas, nin plantillas, nin preparador físico en víspera e carreira. Así que xa está claro que sigo fora do redil.
Ademais da icorporación das plantillas novas o luns, o mércores tocou ximnasio cun monitor novo (novo no posto de traballo e tamén noviño de idade). Púxolle boa vontade, pero nin eu acertei coa execución dos exercicios de equilibrio fino que me mandou, ni el acertou co punto dos estiramentos.

Entre iso e as moitas horas sentada no traballo, tiña o glúteo esquerdo doente. Nese estado, e co calor que fixo onte, non me atrevín a sair. Hoxe pola maña cedo antes de ir traballar, sobre as 7, pareceume mellor momento. Pero nin tanto. Do chan ascendía unha especie de simún asfáltico, e os termómetros das farmacias marcaban xa (ou aínda) 22 ºC. Peor andarán por Sparkland.
As molestias do glúteo esquerdo no foron tantas e diluíronse, pero o talón dereito non paraba de dar avisos.
Rematei o circuíto en 52 minutos. Demasiado calor, demasiado cansancio, demasiada frouxeira. Non hai máis. Só esperar a mañá.


Last edited by Meigalicix on Sun, 02 Jun 2019, 17:47; edited 1 time in total
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2787 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sun, 02 Jun 2019, 16:50
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: Carreira da Cereixa en Beade

Despois de seis semanas de botar contas e facer cálculos, chegou o día de poñerse a proba.
Sobre as 15:30, saímos puntualmente da favela rumbo a Beade, Beauvais de chofer, eu de copiloto. Chegamos a Beade con tempo de aparcar, parar a tomar algo e compartir terraza de bar con JAGC e o Doutor Slump . Sobre as 16:30 Carmafoto e logo alguén dixo que había que quentar... quentar?! Non sería mellor refrixerar?? ... En fin, ó final fixen uns anacos de trotes lentos e desganados, coincidindo nas ida e nas voltas con Anpefi e Doutor. Cando decidín que xa non tiña sentido seguir abafando antes de tempo, fun para a retagarda da liña de saída, na perfecta esquina de sombra, no cruce onde corría o aire. Aínda houbo que agardar case 15 minutos, cada vez un pouco máis adiantados, pero algúns sen despegarnos por nada da zona fresca do muro. Moi duro isto de ser convocados ás 5 da tarde. Unha hora taurina de máis para o meu gusto.
Por fin sonou o aviso de saída, e algunhas persoas pillounos aínda descansando no tendido de sombra. Pero xa de contado botamos a andar, pechando a comitiva. Iso sí, unha cousa é saír de últimos e outra ir de últimos, así que dentro do que nos permitía a sauna, comezamos a espabilar. Doutor de contado se adiantou. Eu durante un breve tempo fun á par de Anpefi, pero sabía que iso non ía a durar ni medio telediario, así que botei freo, púxenme detrás e deixeino ir pouco despois da carpa da festa.
O bo de saír de última é que sempre toca adiantar, aínda que só sea a dous ou tres, e iso sempre anima. Boa dose de ánimo tamén foi poder coller a botella de auga antes de comezar o segundo tramo de costa da primeira volta.
Subidas e baixadas. Por se non quedaba claro que Beade é terra de contrastes extremos, o remate da primeira volta non deixou dúbida: Pola man dereita animosos voluntarios dando ánimos e refrescándonos coa auga das mangueiras.Pola man esquerda as campàs da igrexa tocando a funeral. Un pouco máis adiante o arco de meta co son da megafonía metendo festa a tope, e despois de dar o xiro e comezar a segunda volta, freada na rotonda para deixar pasar ó coche fúnebre... como para non pensar en agoiros e botar contas a ver cantos iamos necesitar a extrema unción antes de rematar.
Con todo iso , algúns tiñan pinta de ir moito máis frescos ca outros no medio dese forno, pois cando eu aínda ía cara o km 5, Montse e Anpefi xa viñan no seu km 6 con bo paso.
Entre chorros de mangueiras, gominolas do peto e resignación, a segunda volta foise facendo mellor de levar.Tanto, que aínda adiantei a algún colista máis. O que si me sorprendeu foi atoparme con Montse no comezo da última subida, un pouco correndo un pouco pe a terra. Animeina a reenganchar pero dixo que xa non lle quedaba forza nas pernas. Eu fun seguindo como puiden , só pensando en rematar dunha vez. E a seguinte sorpresa foi ver a Anpefi a menos de 100 m. Voltas que dá a vida. En lugar de seguir ó seu ritmo e rematar , virouse de costas e cando me viu freou e esperou , aínda que eu lle dixen que seguira... A verdade é que foi a primeira vez desde que levo correndo que me vin cruzando o arco con alguén coñecido.
E xa por fin descanso baixo a carpa, auga , froita, e a compaña de Doutor, Anfepi, e Montse e Montxo que chegaron despois. Saúdos e despedidas para poder coller a bolsa no coche e ir ás duchas do colexio... O normal despois de calquera carreira, sexa de 100 persoas ou de 4000, e dar con sitios con auga fría, onde hai que facer cola e apiñar a bolsa do calzado e a roupa nun curruncho dun banco . Nisto Beade resultou ser tamén terra de contrastes: Estaba eu soa, nunhas duchas novas e inmaculadas, con auga quente e unha persoa encargada preguntando se estaba todo do meu agrado. Por todo iso xa lles perdoiei facerme correr às 5 da tarde.
Xa de volta no coche e rumbo a Teis, Beuvais alternaba o seu labor de chófer co de comentarista deportivo, consultando as clasificacións no móbil ò parar en cada semáforo. El quedou noveno na súa categoría. Eu finalmente 7 de 9 veteranas F3, e 22 de 34 mulleres. Logo comprobei que estaría de 5 na clasificación para a Runrun Vigo, o que pode significar sumar 100 puntos para o equipo.Tendo en conta que con 30 puntos mínimo xa me conformaba, a Operación Formiga non saíu tan mal .
Domingo descanso, pero o luns volta a a comezar , para lograr facer outro tanto na carreira de San Xoán.
anpefi

Maratoniano
Maratoniano
5/02/11
90 Carreiras
955 Posts
Vigo
Reply with quote Post Mon, 03 Jun 2019, 9:00
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Foi un pracer compartir contigo os primeiros ~600 metros e máis os derradeiros ~200. Tampouco é que freara, xa viña freando un par de kilómetros, so precisaba engancharme de alguén, e se eras tí, mellor que mellor Wink
Chegamos vivos, que xa é bastante. Bailar
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2787 Posts
Vigo
Reply with quote Post Wed, 05 Jun 2019, 14:29
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

..


Last edited by Meigalicix on Thu, 06 Jun 2019, 4:37; edited 1 time in total
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2787 Posts
Vigo
Reply with quote Post Wed, 05 Jun 2019, 14:29
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela : " Intentos na segunda fase "
Estamos a mércores e aínda non fixen nada da miña vida atlética. A algúns estalles atacando a desgana . Eu o que estou a experimentar son unhas ganas de comer de todo compulsivamente, incluso aquelas cousas que debería evitar para respectar a dieta antiinflamatoria. Confeso que nestes momentos estou a zampar un anaco de rosca que quedaba abandonado na cociña .
Quedan exactamente 15 días contados de aquí a carreira nocturna de San Xoán . Hai que poñerse en serio coa segunda fase de recollida de puntos para o equipo ... por San Xoan a sardiña molla o pan. A min tocarame sudar o asfalto, pero dada a miña complexión , a sardiña non chego. Así que isto vai a ser a "operación xouba"
Nese espazo teño que lograr meter como mínimo 8 entrenos de 9 km e 3 sesións de ximnasio. Tendo en conta que esta fin de semana toca estar fora de Vigo por curso de formación, a distribución debería quedar así
Mércores 5- ximnasio
Xoves 6 mediodía: carreira 9 km
Venres 7 cedo: carreira 9 km
Sábado 8 cedo: Abdominais e reforzo de glúteos
Domingo 9 cedo : idem sábado
Luns 10 cedo :carreira de 9km fraccionada en 12 minutos quentamento , 25 minutos microseries e 15 de recuperación
Martes 11 mediodìa : carreira 9 km
Mércores 12 ximnasio
Xoves 13 mediodía : Carreira 9 km. Pola tarde revisión de plantillas no podólogo
Venres14: Abdominais e reforzo de glúteos
Sábado 15 cedo: carreira 9 km
Domingo 16 cedo : carreira 9 km
Luns 17 : físio
Martes 18 mediodía: 9 km fraccionados con microseries
Mércores 19 ximnasio
Xoves 20 mediodía : carreira 9 km
Venres 21 : descanso e estiramentos
Sábado 22: descanso e estiramentos
Domingo 23 pola tarde: Carreira de San Xoán

A ver se é verdade, e non fago como co da dieta antiinflamatoria e o roscón.


Last edited by Meigalicix on Thu, 06 Jun 2019, 8:17; edited 4 times in total





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You cannot download files in this forum