Foros ›
Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)
Foros de debate / Diarios de adestramento
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
47 Carreiras
2595 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 20 Feb 2019, 12:39
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

sanmikel escribió:
Pois de momento 332 na absoluta, dos cales 72 mulleres.
Espereo que entrenes esta semán rapaza, a Vig-bay está o caer.
Nos vemos o domingo, ainda que estarei facendo unha tirada antes..

... E antes da Vig Bay a contrareloxo por equipos en marzo. E sí, si que estou intentando entrenar esta semana. O que pasa que onte non logrei desabducirme a tempo do meu posto de traballo e só tiven media hora para correr pola Guía. Tendo en conta o percorrido deste domingo, tampouco foi mala idea meterme unha ración de costas para arriba e para abaixo para ir afacendo o corpo ó que nos espera.

Actualizo estadísticas :Xa 337 na absoluta , unhas 76 mulleres e 7 nécoras. Espero verte na Carmafoto, Sanmikel, que xa hai tempo que non coincidimos en ningunha Sorriso
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
47 Carreiras
2595 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 22 Feb 2019, 13:49
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

O mércores tocou sesión de ximnasio, inesperadamente con Jota. Unha sorte, xa que coa súa visión de fondista veterano sabe por onde dar caña en vísperas de carreira.

Hoxe tocou a última saída antes do domingo. Nada do outro mundo, tendo en conta que eran as 6:46 da mañá e que levo días durmindo moi pouco... O que si me preocupa é que desa hora os termómentros estaban xa a 11 graos e a sensación mentras corría era de calor. Din que para o domingo andaremos preto dos 24 graos, así que a subida pola Riouxa ó mediodía pode ser mortal. Haberá que sacar o uniforme de verán.

Mañá descanso atlético e recollida de dorsais.

Estadísticas a día de hoxe para a inscripción en Teis: 403 persoas na categoría absoluta, 91 mulleres, 8 nécoras... Estou impresionada
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
47 Carreiras
2595 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 24 Feb 2019, 20:52
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela : " 1ª Carreira 10 K de Teis"

E por fin chegou o día, un pouco da man de Murphy reivindicando a validez da súa lei: Despois de varios días resistindo a oleada vírica doméstica sen perder o tipo, xusto hoxe me despertei antes de tempo, coa nariz taponada e placas na gorxa. Ibuprofeno como aperitivo do almorzo e a tirar para adiante.
O malo de correr ó lado da casa é que pensas que non hai que sair moi cedo para chegar , e entón caes na trampa de "aproveitar para facer catro cousiñas" de traballo doméstico. Total que das catro cousiñas só fixen dúas e ó final marchei sen estirar ni facer reforzo de glúteos nin nada. Só me tranquilizaba a conciencia o feito de ir trotando en quentando camiño do Mercado de Teis.
Xusto ó chegar atopeime con Montse, millor dito, ela atopoume a min, porque eu sen gafas vou o doble de despistada que habitualmente. Un breve saúdo , e xa foron aparecendo máis caras coñecidas: Os correlegas do barrio de toda a vida, os esforzados compañeiros nécoras que viñan xa con 20 km no corpo para completar a súa tirada longa, e tamén estaba por alí Anpefi nas mesmas circunstancias.
Un par de voltas ó redor do mercado para ir quencendo, e de contado xa foron as 10:55. Todo o mundo para detrás do arco de saída, e seguidamente as palabras rituais do omnipresente Don Abel I de Vigo e V de Alemania, que xuraría que son exactamente as mesmas que di en todo evento, pero que lle imos facer.
Arrinquei ó caron dos dous correlegas do barrio. Pura esencia de Teis, moito dicir que están baixo mínimos, que van ir a modo que van vellos e perxudicados, pero debaixo dese envoltorio moitísimo pique propio e alleo. Tal e como tiña profetizado para os meus adentros, perdinos de vista ó chegar a primeira costa seria, a altura da Rúa Santa Tegra. Veña, que corra o aire e cada quen a facer a súa carreira ó seu ritmo.
Pasamos o Espiñeiro e non afoguei. A subida da Lagoa ó Paseo da Punta foi difícil pero sen perder o alento, Os adoquins da ETEA non foron prato de gusto, pero non me frearon demasiado. Incluso adiantei a 2 ou 3 persoas recortando habilmente polo lado pechado das curvas do circuito.
Onde si sufrin foi na subida da Avenida da Marina Española, e menos mal que iamos pola sombra. E aínda quedaba a baixada e subida por Ríos, pero como iso xa é malo coñecido, e só faciamos a metade da costa, psicolóxicamente foime mellor. O Camiño Real xa parecía pan comido, non doeu moito a costiña da Igrexa.
Ata que tocou pasar a costa da Riouxa cara a Avenida de Galicia. Alí todo o mundo decidiu andar . Todos menos eu e un par de tolos mais. Espero que no haxa fotos dese tramo, porque as pintas debía ser ben patéticas. Pero despois de vivir 30 anos aquí, xa son de Teis, e tamén me pico conmigo mesma e co mundo, e non pasaba polo meu pensamento botar pe a terra na miña propia terra.
Os voluntarios desa esquina miraban con admiración e aplaudían. E un foi e díxome. "Veña, non forces máis que xa tes aí ó lado o fin da costa"... pero si eu non estaba forzando, simplemente que si me paraba a andar igual xa non arrancaba o motor para correr.
E por fin a Avenida de Galicia picando costa abaixo, un bo tempo para recuperar, para logo resistir as dúas últimas rampas e curvas ata o curce con Sanjurjo Badia... Adiantárome varios dos que adiantei previamente, pero xa tanto tiña , xa estabamos casi a rematar.

Agradecida costa abaixo a de Enrique Lorenzo, tramo ideal no que me lembrei de todos os foreiros da Cofradía do Sprint. Nese momento eu ía soa, sen ninguén a quen esprintar, tampouco tería forzas para facelo, e xustamente camiño de Purificación Saavedra rebasáronme 3 persoas máis.

Por se non houbese dificultade abondo na carreira, a meta quedaba en costa e en curva. Complicado chegar, pero finalmente conseguino. 54 minutos polo meu Garmin máis ou menos... Obxectivo cumplido: Carreira rematada sen molestias nen lesións, a un ritmo similar ó da Sanmartiño.

Momento para celebar facendo a Carmafoto con Beauvais, Sanmikel e demais compañeiros, que fixeron tempos estupendos. Reagrupamento cos correlegas do barrio, estirar, enfriar. Xa estabamos a pensar en marchar , pero convencin ó meu veciño de quedar algo máis porque xa ían entregar os premios e seguro que algún compañeiro igual facía podium e sempre está ben que haxa público para aplaudir. E xusto nese momento aparece a miña filla. Cousas de correr en casa, así a familia non ten desculpa para non ir animar un pouco.
Como ela é nova e aínda lle quedan anos por diante sen ter presbicia, lle dixemos que mirase nas listas de resultados...
"-Mamá , ti eres máster B?"
"-Si filla"
"-Remataches en 54'19" "
"-Vale, mira que número pon aí ó lado"
"-Pon un 2"
"- !!!!?????".

Pilloume totalmente de sorpresa e sen estar preparada para a ocasión. Marchei un momento ós servizos a lavar a cara e peinarme un pouco. Saquei o dorsal enrugado para que lucise un pouco a camiseta. E para adiante a subir ó palco de premiación, compartindo podium con dúas mulleres históricas e habituais no circuíto de carreiras de Vigo.
E aínda a cousa non quedou aí, porque tamén Beauvais e outro compañeiro do Carma conseguiron trofeo.
Consultando en casa despois os resultados na web acousa foi:
Posto 269 de 379 chegados a meta
Posto 31 de 75 na xeral feminina
Posto 2 de 10 nas veteranas B

Hoxe non foi nin de lonxe a miña mellor marca en 10 km. Nin o meu corpo nin o circuito en si daban para máis... Pero para que negalo, que bonito é ser profeta na túa terra Sorriso
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1766 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 25 Feb 2019, 7:18
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Bravo Maiga. Felicidades Aplauso Aplauso Aplauso
anpefi

Maratoniano
Maratoniano
5/02/11
70 Carreiras
844 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 25 Feb 2019, 10:05
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Noraboa por ese merecido podio, e grazas por esa crónica tan fiel da carreira.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
2775 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 25 Feb 2019, 12:22
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Preciosa crónica Meiga. Nunca choveu que non escampara. 5:26 de media es un marcón.
Papa-Léguas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
14/10/11
0 Carreiras
1949 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Lun, 25 Feb 2019, 17:11
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Enhorabuena Meigalicix.
Excelente carrera y excelente crónica. Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso
Este año no pudo ser, que andamos bajo mínimos y con la pata quebrada (la señora Minducha va a poder utilizarme royaltie-free como caso ilustrativo en sus lecciones magistrales). pero el año que viene, si soplan otros vientos, intentaremos estar ahí.

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
matogrosso

Multimedia
Multimedia
24/07/09
101 Carreiras
1213 Mensaxes
Aquae Urente
Respostar citando Envío Lun, 25 Feb 2019, 17:27
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Enhorabuena por ese merecido podium Meigalicix!!

"to run and to rec"
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1259 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Lun, 25 Feb 2019, 18:01
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Noraboa por ese podium Meiga!!!!
Moito máis que merecido! Aplauso
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
27 Carreiras
1085 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Mar, 26 Feb 2019, 6:51
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Felicidades Srta. Meiga Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
47 Carreiras
2595 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 26 Feb 2019, 17:47
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Unha alegría entrar a actualizar e atopar tantas felicitacións.
Hai diarios que son a praza maior da vila, supertransitados e visitados por todo o mundo, visita obrigada.
Este diario mais ben é como un furancho de aldea, que pasa desapercibido, pero é perfectamente localizable para os parroquianos habituais. Así que quedo moi agradecida a todos pola visita e as felicitacións.
Indo xa ó tema atlético, como ben di Sonsuso, só quedan 6 semanas. Así que nestes días terei que ir facendo a inscripción na VIg Bay antes de que se me pase o arroz.
Mentras, seguimos con dosis ocasionais de ibuprofeno, e facendo entrenos .
Hoxe despois de traballar, ás 13:50 e con temperatura galiforniana, como se xa estivésemos en abril.
Teoricamente debería ser unha carreira de descarga despois do domingo, pero acabei apretando como calquera outro dia. E como calquera outro dia saiu un ritmo cutre. Pero o positivo foi comprobar que non hai molestias raras en ningures, e que o mesmo que corrin estes 9 km , mentalmente poderia seguir correndo ata 21. Cruzo os dedos e que siga a racha
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
3116 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 26 Feb 2019, 19:57
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Enhorabuena por ese segundo puesto.
Efectivamente, lo mejor es poder correr sin molestias, y poder disfrutar.
Aquí arriba también hace buen tiempo para ser febrero...alcanzar los 10 grados a estas alturas del año aquí es la leche.
Beauvais

Maratoniano
Maratoniano
1/09/08
234 Carreiras
7669 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 26 Feb 2019, 20:37
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Felicidades Meigalicix!!! O mellor a foto que nos fixemos cos trofeos!!!!

cronicasdelcarma.blogspot.com/
www.facebook.com/home....6312823999
www.facebook.com/home....0742123559
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
47 Carreiras
2595 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 01 Mar 2019, 10:16
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: "Antes morrer que perder a vida"

Faltan 37 días e 7 horas segundo a páxina da Vig Bay. Pouco máis de 5 semanas, un suspiro. Así que por fín fixen a inscripción para a media maratón, non era sen tempo. O día 9 a contrarreloxo por equipos no Náutico como un minientreno máis, e todo planificado para seguir coas miñas semanas estandar de 3 saídas e una sesión de ximnasio ( que non quita que perda algunha de por medio, como este mércores pasado, non que non puiden zafar do estado de abducción familiar e pseudogripal).

E estando eu así , tranquila e cos meus cálculos feitos, van e anuncian a V Carreira de Catoira para xusto unha semana antes da Vig Bay... Dilema loxístico serio, non polo tema atlético, pois sería unha tirada de 10 km similar á que faría calquera domingo. O dilema ven polo lado da conciliación familiar, coma sempre. Antes, ir a Catoira era o pretexto para estar logo cos ancestros, pero os ancestros agora están en Vigo, e ir a Catoira é deixar a retaguardia desatendida.

Recuperando os vellos mantras e aforismos vertidos neste diario, estaba eu xa desesperada como o mariñeiro aquel de Aguiño, que non sabía se casar ou mercar unha motora. Ata que o meu preparador físico e a filla que compartimos puxeron o puño en alto , en plan sindicalista sufragista: "Da retaguardia desatendida encargámonos nos, e pobre de ti como non te anotes na carreira de Catoira !!".

Así que parafraseando o tópico, creo que podo afirmar (neste caso chea de orgullo e satisfacción) que "Detrás de cada atleta popular hai unha familia esforzada e xenerosa".

Seguro que todos tedes experiencia disto.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
2775 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 02 Mar 2019, 18:48
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

No hay nadie como la familia para entender nuestra locura. Tienen la suerte, Y la desgracia, de convivir con nuestra farlopa (a mí no me cabe duda que es más suerte que desgracia, que sería de nuestra personalidad sin el material adictivo, al menos de la mía). No nos entienden muchas veces, pero saben que habelas hailas, y nos dejan al vicio.

Me gustó hace años la expresión de La Favela de Vigo, pero ahora lo has superado y me quedo con la de los Ancestros que, si me permites la sugerencia, mejor en mayúsculas de las buenas.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos