Foros ›
Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)
Foros de debate / Diarios de adestramento
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
47 Carreiras
2595 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 01 Xan 2019, 8:34
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Grazas polos ánimos , Andrés. Nunca veñen mal. Especialmente nestes días en que toca Ano Novo, parón novo : Como as molestias non pasaron nin con masaxes nin con xeo e a perna a zona seguía moi doente, tomei a decisión drástica de parar ata o xoves que é cando teño vez coa fisio. Non quero comezar o ano cunha lesión sería outra vez e por 5 días sen correr non creo que as olimpicas marcas e ritmos que teño se vaian resentir moito Sorriso .
Mentras, entreteño o tempo vendo desde a barreira o ben que o pasades todos, nas San Silvestres de toda clase e condición, entrenado e desentrenado en vacacións e facendo balances deportivos.

En fin, que o 2019 nos trate ben na medida do posible.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1259 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Mar, 01 Xan 2019, 21:40
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Ola Meigalicix!

O primeiro, feliz ano e moito ánimo que pouquiño se vai collendo ritmo e o importante é ter mirada longa! Guiño

Sobre o que comentaches unhas mensaxes atrás da I Carreira Popular de Teis, creo que si que hai un plano do percorrido no pdf do regulamento. Deixo a ligación aquí: https://s3-eu-west-1.amazonaws.com/sm-fotos.sportmaniacs.com/back/Reglamento%2010k%20Teis_2019.pdf
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
69 Carreiras
846 Mensaxes
Valdoviño & Laxe
Respostar citando Envío Mér, 02 Xan 2019, 21:16
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Ánimo con ese parón. Lo importante es seguir conservando la ilusión y las ganas de gastar zapatilla. Ya verás como el cuerpo te acaba dando tregua.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
2773 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 03 Xan 2019, 18:19
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Forza Meiga. Paras, piensas y arrancas.
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
3116 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 03 Xan 2019, 18:39
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Ánimo Meiga. Ésa es la actitud, por parar unos días no pasa nada, luego vuelves sin molestias y con más ganas. Feliz año.
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
47 Carreiras
2595 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 06 Xan 2019, 16:07
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

"Crónicas da favela: Regalos de Reis"
Debemos de ser dos poucos sitios da Península nos que só paran Melchor, Gaspar e Baltasar en exclusiva.
E debinme portar ben porque tiven unha chea de regalos.
Nesa lista quero contabilizar tamén algo que ten a súa taxa oficial de 30 euros hora, pero que realmente para min non ten precio, que é contar cunha fisioterapeuta con visión global, que me sabe refacer e reconducir a musculatura de cada vez que vou. Este pasado xoves cheguei alí coas miñas molestias do lado esquerdo, e sen poñer man nese glúteo, pero retocando todo o demáis logrou facer desaparecer as molestias. Ó día seguinte, venres, sesión suave de ximnasio con Alba. E hoxe domingo por fin outra vez a pisar asfalto... Iso si, con moita precaución, porque aquí en Oliveville ás 7:30 da mañá non subíamos de 4ºC, nalgunhas zonas xeo no chan e os coches brancos e xeados como se de súpeto isto fose Monforte.
Ritmos floxiños, pero polo menos molestias 0. Un bo regalo para o día de hoxe. Esperemos que dure tanto como as botas Gorila que nos regalaban tal día coma hoxe ós que faciamos EXB


beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
69 Carreiras
846 Mensaxes
Valdoviño & Laxe
Respostar citando Envío Lun, 07 Xan 2019, 13:24
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Lo importante es no tener molestias, no los ritmos.

Pues precisamente ayer domingo en mi trocito de costa había 0 grados a las 8:45... menos mal que luego se fue caldeando la cosa.
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
47 Carreiras
2595 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 13 Xan 2019, 20:32
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Ultimamente ando coa cabeza máis ida que o habitual , e nunca me lembro de cargarlle a batería ó garmin , así que o diario vai quedando como rexistro de actividades.
Pouco que dicir desta semana. Outra vez sò duas saídas e unha sesión de ximnasio. Sen mellorar pero tampouco indo a peor.
Polo camiño, creando tendencia e metendo o formighillo no corpo á algun que outro destemido para que se anote na carreira de Teis. De momento un correlega do barrio , dos que algunha vez viu con nos à Vig Bay, e tamén Gonzalo, o monitor do ximnasio . Ata agora só estamos catro gatos na lista oficial, iso si, cumplindose o do 20 por cento de mulleres
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
47 Carreiras
2595 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 20 Xan 2019, 21:32
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

De domingo a domingo, baixo mínimos e todos os aspectos. Sen tempo de entrenar gran cousa nin de anotar datos interesantes no diario.
Outra vez mais só unha sesión de ximnasio e dúas saídas en sábado e domingo, máis lentas aínda cas da semana anterior.
Probando sorte co propio método: A ver se a base de escribilo hoxe , esta semana cumplo cos deberes e fago as 3 saídas longas reglamentarias
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
1928 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Lun, 21 Xan 2019, 6:19
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

ánimo! Guiño

fai o que vexas, que tampouco esto é un réxime estricto e haino que adaptar as circunstancias de cada un.

Coida de CorrerEnGalicia -- Blog de corredora: fediverse.blog/~/Rexis...eCorredora
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2579 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 21 Xan 2019, 9:27
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Veña Alicia, que todo conta. Ademáis tes carreira en uns días dianta da casa, e iso anima. Outra tamén pretiño no calvario.
Calma e tranquilidade, pero sen pausa... que ti desa sabes. Veña rapaza, ánimo!!
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
2773 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 21 Xan 2019, 14:16
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

sanmikel escribió:

Calma e tranquilidade, pero sen pausa... que ti desa sabes.

Me sumo a eso Meiga. Poco a poco verás el camino claro.
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
47 Carreiras
2595 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 22 Xan 2019, 21:30
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

XoseM escribió:
ánimo! Guiño

fai o que vexas, que tampouco esto é un réxime estricto e haino que adaptar as circunstancias de cada un.

Grazas polo ánimos, e por pasarte por este recuncho , tendo como tes tanto foro e subforo que administrar

freakyrunning escribió:
sanmikel escribió:

Calma e tranquilidade, pero sen pausa... que ti desa sabes.

Me sumo a eso Meiga. Poco a poco verás el camino claro.

E graciñas tamén a vos os dous, non vamos a negar que un pouco de reforzo positivo axuda a aparcar a pereza e coller as zapatillas con máis ganas
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
47 Carreiras
2595 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 22 Xan 2019, 21:52
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: A cabina de Clark Kent

Non compre unha nave extraterrestre para ter unha experiencia de abducción. Abonda con ter unha xornada laboral e unha familia que atender .
Así que a regla de ouro para poder non ser víctima da abducción e salvar tempo para entrenar é poder afastarse o máis posible dos focos de risco... Evidentemente hai que ir a currar todos os días, pero truco está en poder ir correr á saida sen pasar por casa antes, pois nese caso a abducción sería inevitable.
Hai distintas estratexias posibles. Hai veces que xa vou coas zapatillas postas ó traballo e unha malla negra sen logos nin adornos que pasa por un leggin normal... Pero hai que acabar despois de transformarse na vestimenta superior.
Hoxe marchei de casa sen o xogo de chaves do taller do meu fillo, a miña "cabina de Clark Kent" dos últimos tempos. Pero o bo de vivir no minifundio extremo da favela é que sobran lugares dos que botar man sen ter que ir a casa. Esta vez fun ata a horta onde temos o galiñeiro e o invernadoiro. Alí só hai pasadores e tarabelos pero non candados, así que se pode pasar sen chaves.
Solventado o tema do cambio de roupa, por fin saín a facer o primeiro entreno da semana ás 13:30. Con medo de que me fose caer o diluvio universal enriba, pero houbo sorte e rematei toda a tirada pisando en seco.
Abrindo a zancada ata onde podía, inspirando e espirando con toda a amplitude posible, ata me parecía que ía rápido e todo, pero só foi autosuxestión. Vale, medio minuto menos que o domingo, e dous minutos e medio menos ca o sábado, pero todo calderilla. O obxectivo era non mollarse e garantizar 3 saídas esta semana, así que tampouco lle darei máis voltas.

Polo demais, na carreira de Teis xa estamos anotadas 5 mulleres e 12 homes na categoría absoluta... Sería impresionante que se mantivese esta proporción de case o 33 % ata o final das inscripcións
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
27 Carreiras
1083 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Mér, 23 Xan 2019, 13:45
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Que difícil se fai as veces compaxinar a vida familiar/laboral co correr. Cada un temos os nosos trucos pero en case todos implica andar as carreiras para sacar un oco para o entreno. Animo e mente positiva





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos