Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 11 Mar 2018, 15:34
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

CORRIN escribió:
"reclusión madrileña"...jeje parece que vas de ejercicios espirituales,ya que estamos en cuaresma.
En mi época es bastante habitual lo de los ejercicios...también es verdad que al menos aquí en Santiago había 2 colegios seglares y 3 religiosos masculinos y 4 religiosos femeninos...que pasadaaaaa

Moi feliz Boa observación Corrin.... Hoxe en día haiche exercicios espirituais de empresa, que te pechan dous días seguidos a que discurras debilidades, fortalezas, mellora continua e calidade iso 9000 e así. Tamén seguen a haber exercicios espirituais de toda a vida, e outras cousas coma as que eu fago, que é animación de grupos, que tamén temos que discurrir cousas parecidas pero con outras finalidades.Afortunadamente non temos que presentarlle nada a Aenor.

Xa de paso dicir que efectivamente fixen estiramentos venres pla noite, sábado mañá e noite, pero hoxe pola mañá só dez flexions básicas e punto porque se me pegaron as sábanas e había que facer a maleta. De todos xeitos máis do que estiraría estando en casa.

Remata a semana con tres saídas curtas e unha sesión de ximnasio. En fin, tocará seguir traballando na amplia marxe de mellora que teño por diante.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 16 Mar 2018, 22:31
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

2ª semana Pre V-B. Día 1

En fin , se conto a sesión de ximnasio con Jota o luns, xa sería un día mais de exercicio.

Por fin onte xoves pasei pola fisio. Ningunha sorpresa: Zona lumbar tocada, psoas esquerdo e piramidal dereito tensionados, rotación, etc. Punción seca polo glúteo dereito (menos mal que boca abaixo na camilla non da para ver nada, porque o que é pensalo, algo de grima si que da..)

Estaba toda decidida e preparada para sair correr o mércores ás 8 da tarde pero o lostregazo que caeu nese momento fíxome desistir.

Os sucesivos trebóns e ocupación de hoxe tamén foron adiando o momento, pero por fin a media tarde logreino. As molestias nos glúteos continúan, pero no lado dereito menos (serán as puncións que fixeron efecto). Vinme mais cómoda de zancada, e chegeui a dar a volta no Alto da Encarnación en 25:30 minutos, pero ó final cando cheguei a casa o crono marcaba 50:30, seguimos de "caspa caída", como Caneda reencarnado.

Panorama incerto , como a estabilidade atmosférica destes días. Este ano os compañeiros da favela cos que sempre ía a Vig Bay causaron baixa, uns por lesión, outro por desidia. Eu soa representado á Balbarda, nun estado de forma como o da caixa das pensións... Soa?? En fin se cadra non tanto. Polo de pronto xa sei que a miña archirrival ourensana ven a estrearse na media distancia "a toda costa", e por suposto, virá acompañada da súa lebre, que coñece o percorrido como a palma da man. Seguro que está nun estado de forma excelente, e que como moito coincideremos na foto antes da saida.

A ver se os entrenos de mañá e pasado me fan ver o ceo un pouco mais azul, e cando volva coa fisio o vindeiro xoves lle levo cousas mellores que contar.


Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 17 Mar 2018, 23:58
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

2ª semana Pre V-B. Día 2

Escampar escampou a chuvia un pouco por fin, pero non por ter os ceos mais azuis os resultados foron mellores. A libertade de zancada de onte parece que a paguei hoxe no lado esquerdo, coa tirantez persisente na base do glúteo todo o tempo. Haberá que tomar nota de todo e contarlle á fisio o xoves.

En total 52 minutos a un ritmo de 5:50. Certo que as seis da tarde non é a miña hora máis inspirada para correr, pero é o que hai. Se mañá logro un ritmo de 5:35 xa sería miragre... Agora que nas carteleiras do cine andan a poñer a Maria Magdalena e a San Pablo en vísperas de Semana Santa, igual e bo momento para recuperar a fe, que din que move montañas. A min xa me abondaba con mover algo máis as pernas.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 19 Mar 2018, 0:13
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

2ª semana Pre V-B. Día 3:

Situación previa: comida familiar ó mediodía. Menú: Callos, xarda con guarnición de berenxena, tarta de 3 chocolates da pastelería O Roxo, licores e sobremesa ata as 18 horas.

Eran as 19:15 cando por fin saín correr. En contra de todo prognóstico, a dixestión parecía xa completada e non houbo molestias por ese flanco. A base do glúteo esquerdo tamén estaba tranquila en apariencia. Se cadra era por correr coas Nike vellas e as plantillas postas. En calquera caso os pes máis lixeiros ca onte. No camiño de ida , unha certa motivación sentimental... facía tan boa tarde e estaba o ceo de foto, que apatecía ver o solpor de frente ó dar a volta no Alto da Encarnación. Pisei forte, ou eso cría. O caso é que cando cheguei ó punto medio o garmin xa marcaba 27:30 minutos e o sol xa se metera detrás do Morrazo.
A motivación na segunda parte foi máis ben de tipo práctico. Saíra sen muñequeiras reflectantes e había que chegar a casa antes de que fose noite pecha de todo . E volvin a pisar a fondo. Pero conócese que non foi tanto, pois rematei en 51:05 minutos , ritmo 5:44.

Mellores sensacións ca onte de todos xeitos. Pero sigo sen estar segura de cales serán dentro de 21 días. Queda moito que traballar, e moi pouco tempo.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 22 Mar 2018, 12:28
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

3ª semana Pre V-B. : Mantemento e posta a punto

Os horarios laborais son de tolos nestas datas. Levo sen correr desde o domingo. Pero non desocupada: O luns sesión de ximnasio con Alba. Técnica de carreira todo o tempo, aínda que por momentos parecíame estar nos meus tempos de estudante santiaguesa, cando coñecera a un belga que nos ensinaba a todos os da pandilla a bailar a polca flamenca ( de Flandes, se entende).

Hoxe pola mañá nova cita coa fisio, que me volveu manipular, pero sen punción seca. Díxome cousas moi alentadoras. Todo que me amañou na zona pélvica e lumbar a semana pasada vaise mantendo. Que as plantas dos pes e o xeito de pisar sempre me van causar problemas recurrentes, pero que iso se pode ir controlando a base de sesións de mantemento, sen deixar de correr ó nivel que vou. De momento que probe a entrenar esta fin de semana, e se acaso nas vísperas da Vig Bay veremos de dar ou non algún retoque. A ver como resulta.

Pero o máis alentador neste momento, fora de calquera tema deportivo, é que a compañeira Laura xa saíu ben da operación, e xusto onte na primeira revisión lle confirmaron boas expectativas e que non ten que recibir quimioterapia. Darán chuvia para mañá, pero a primavera non nola quita ninguén.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 25 Mar 2018, 0:02
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

3ª semana Pre V-B. :Día 1

Imposible sair ata as 7: da tarde, pola axenda, e pola maneira de diluviar previa a esa hora. Toatal que só quedou tempo de sair a facer unha saída curta pola Guía. A escaseza de kilómetros queda longamente compensada pola dureza da costa de Ríos. En total 29:30 minutos, ritmo como de pisando ovos para non escorregar polas costas
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 25 Mar 2018, 0:11
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

3ª semana Pre V-B. : Día 2

Os virus andan soltos, e se non tiña xa de abondo co tema da sobrecarga no glúteo esquerdo, esta noite placas na gorxa e conxestión nasal.
Despois dun par de doses de paracetamol entre a mañá e a sobremesa, fumos vovendo á normalidade, e por fin ás 18:30 logrei poñerme en modo Sra Minducha:" Eu non teño medo, eu poño medo!!" e boteime á rúa coas zapatillas, pasando de sudadeira e gorro.

Algunha pinga caeu, pero pouca cousa. As molestias siguen, pero cando o corpo vai entrando en calor xa non as sinto. En total 49:45 minutos a un ritmo medio de 5:35. Aínda non está todo perdido.


Última edición por Meigalicix o Dom, 25 Mar 2018, 19:54; editado 1 vez
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 25 Mar 2018, 13:51
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

es.wikiloc.com/rutas-c...8-22653350

Imagino que andarás por ahí. Buenos ritmos en el 10000, sí señora.

El viernes me acordé de ti cuando andaba controlando censos en mi entreno de correr habitual. Censo: 7 hombres - 0 mujeres. No tuve que pensar demasiado cual era el problema, eran casi las 2 de la tarde, casi la hora de comer. Lo extraño hubiese sido un 0-7.

Saudiños Sra. Minducha.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 25 Mar 2018, 21:04
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

freakyrunning escribió:
https://es.wikiloc.com/rutas-carrera-por-montana/trailcarreira-vikinga-carnota-2018-22653350

Imagino que andarás por ahí.
Por esas terras só ando en agosto e pola area, non polo monte. De momento toca favela pura e dura, pero imaxino debería considerar como un cumplido que me vexas apuntada nun momento dado en algo así.

3ª semana Pre V-B. : Día 3

Terceira saída, á mesma hora solar ca onte pero unha menos no reloxo. Retomando o tema das estadisticas, Freaky, está claro que debía ser a hora dos paseantes de cans (afortunadamente todos con correa e sen ánimo de tirarse ós pes de ninguén)

Sensacións, as de sempre destas semanas. Non acabo de estar ben, pero polo menos podo correr con certa comodidade. as dúas anteriores saídas desta semana fíxenas con plantillas, e ésta sen plantillas. Saiu case un minuto máis no crono ca onte: 50:32. Non sei se polo feito de entrenar tres días consecutivos ou por non levar as plantillas hoxe.Nesta vindeira semana volverei a probar.

Remata a semana con case 6 km menos do previsto. Tampouco creo que a estas alturas vaia supoñer unha diferenza enorme no estado de forma xeral, a quen imos enganar...
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 27 Mar 2018, 21:36
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

4ª semana Pre V-B. : Día 1

Onte luns tocou sesión de ximnasio con Jota. Xa me esquecera da habilidade que ten este home para torturar con exercicios aparentemente chorras, por exemplo : series de 10 boca abaixo no chan, cabeza levantada, e ter que erguer extendidos mans e brazos mentras el empurra cara abaixo, ou nas mans ou nas pernas... De parvos, pero matador.

Para rematar a cocción a lume lento, hai que sumar dúas mañáns de traballo hortícola intensivo, arrincado estrugas de tamaño XXXXL, e pasando a cortadora de céspede.

Estaba esta tarde tan mazada, que aínda que tiña postas as zapatillas, se me estaba quedando pegado o cu ó asento . Pero nesas recibin un whatsapp no que alguén compartía unha entrevista a Luis Pastor... Así que está vivo e activo, mira ti por onde. E acordeime daquelo de " con tu puedo y mi quiero". Non imos a ser menos e quedar por mixiricas desertores, camarada Alicia. Así que saín, cantando para os meus adentros o de "vamos juntos compañero", e xa collido o punto repasei mentalmente a de "Habrá un día en que todos", "Where have all de flowers gone" e incluso , xa pasando o alto da Encarnación , cheguei a recitarme tamén a de "sopla con el viento la flor de la quebrada, limpia con el fuego el cañón de mi fusil"... Todo o repertorio habitual dos meus anos santiagueses para darlle un pouco de ardor revolucionario ó entreno. Hai que dicir que a nivel de concentración mental deu resultado, pero o cansancio acumulado destes dous días pesou abondo . Así que a cousa quedou en 50:25 minutos, cos ritmos habituais de 5:40... Pouco de revolucionaria e moito de funcionaria, tal e como o contaba Luis Pastor na entrevista que me mandaron... o que non quita que isto de botarse á rúa a correr, a veces sexa auténtico activismo antisistema, visto o que acontece no universo dos diarios de CEG.
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 28 Mar 2018, 10:57
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Esta Carrera la está "revolucionando" querida amiga Silbar
www.youtube.com/watch?v=JJx66s35swA
Nos vemos en la Vig-Bay
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 28 Mar 2018, 11:41
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Andrés61 escribió:
Esta Carrera la está "revolucionando" querida amiga Silbar
www.youtube.com/v/JJx66s35swA
Nos vemos en la Vig-Bay

Miña naiciña, Don Andrés, a que faltaba na lista.... O problema é que xa caeron cántaros e baldes , pero os patios siguen cheos de lama, e os autos de prisión corren a velocidades distintas e contrarias según para quen.
Onte non repasei mentalmente ésta, porque de chuvia xa imos servidos, e xusto agora quería sair a facer a segunda tanda da semana, e xa caen chuzos outra vez (non vou a decir que xusto desde a hora en que vostede colgou o vídeo, pero casi Confuso )
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 28 Mar 2018, 19:33
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

4 semana Pre V-B día 2:

Cando tiña tempo para facer a tirada de 50 minutos era ó mediodía, xusto cando caeu o trebón. Finalmente pola tarde logrei facer un oco, pero só con tempo para unha tirada curta pola Guía. Saíu un crono de 29:30 minutos, arrastrando as molestias habituais, certo que pasados 10 minutos e co corpo en quente xa non se notan tanto pero aí están.
Agora tocan tres días de parón catoirense, sen posibilidade de saír correr ata domingo.
Dadas as datas nas que estamos, creo que non me queda outra que usar o tubo de Voltarén entre tanda e tanda de estiramentos.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 29 Mar 2018, 9:26
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

freakyrunning escribió:
https://es.wikiloc.com/rutas-carrera-por-montana/trailcarreira-vikinga-carnota-2018-22653350

Imagino que andarás por ahí. Buenos ritmos en el 10000, sí señora.

El viernes me acordé de ti cuando andaba controlando censos en mi entreno de correr habitual. Censo: 7 hombres - 0 mujeres. No tuve que pensar demasiado cual era el problema, eran casi las 2 de la tarde, casi la hora de comer. Lo extraño hubiese sido un 0-7.

Saudiños Sra. Minducha.

Meiga. Tienes que perdonar mi despiste. Catoira / Carnota. Nunca sé cual es cual en tu caso. Ahora ya me fijé y ya lo entendí. Es lo que pasa por leer los diarios de forma anárquica y no tener un cerebro muy despejado.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 01 Abr 2018, 18:40
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

4 semana Pre V-B día 3:

De volta en Vigo. Despois dos 3 días de descanso atlético parecía que as molestias do lado esquerdo desapareceran , pero antes do Alto da Encarnación xa se volveron manifestar. Finalmente saíron 49:45 minutos a ritmo de 5:35. E aí quedaremos, porque estamos xa ás portas da última semana e só quedan 1 sesión de ximnasio e dúas saídas máis. En fin, non todos os anos se pode aspirar a MMP





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos