Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 21 Feb 2018, 11:43
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

beuckelssen escribió:
No te ha salido más o menos como el año pasado... te ha salido mejor! 24 segundos en tan poca distancia es buen botín. Aplauso Aplauso

Agradécese o teu optimismo Beu. A ver se o ano que ben rapiñamos o botín do Rato xuntos.

Polo demáis, días de recuperación relativa: Onte tocou ximnasio, con Jota, con esa man que ten para facer dos exercicios sinxelos algo tan intenso que che leva ó limite da rendición , por exemplo :
- unhas planchas nas que te apoias co abdome e tes que erguer brazos e pernas a un tempo, posición 45 graos respecto ó corpo, durante 20 segundos
- Tumbarte de lado e ter que erguer 20 veces cada perna (primeiro sen cruzar e logo cruzada) cun peso de 1 kilo no nocello.

Pero a pesar desas torturas, non podo menos que dicir o refrán mítico pero dado a volta: O mal que me sabe polo ben que me senta...

Plan para esta semana:

-Saída de 50 minutos xoves pola mañá.
-Entreno en grupo sábado pola tarde , con miras ó día 3 de marzo, aínda que a cousa parece misión imposible xa que das 8 do equipo non podemos de momento mais que dúas.
-Domingo pola mañá, dependendo de como me atope, o ben 50 minutos clásicos ou ben fartlek.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 23 Feb 2018, 22:38
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

A saída de 50 minutos do xoves cambiou para este venres ó mediodía, e a pouco máis teño que suspendedela : Xusto cando volvía do traballo e xa viña coa roupa posta para ir correr , atopeime cunha das Carmiñas de mais solera da favela, Señora Otilia, e en mala hora se me ocurriu preguntar polo seu fillo para darlle un recado... Máis ou menos logrei o cometido, pero case acabo abducida no intento, vese que a muller levaba sen falar con ninguén media semana.
Total que saín a correr cando xa eran as 14:15. Temperatura primaveral pero sen abafar de calor.
Iso si, sensacións nefastas. De caixa ben, pero as pernas absolutamente sobrecargadas, sigo con esa sensación de agarrotamento e maniotas na base dos gluteos que nos se me da ido, e iso que trato de estirar con frecuencia, e xorros de auga fría na ducha para tonificar . Está claro que toca volver pola físio a dar un repaso.
Menos mal que o ritmo obxectivo o sábado que ven no equipo feminino vai ser de 5:50, porque de seguir así terianme que levar en angarellas
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 24 Feb 2018, 12:56
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Hoxe voume a agarrar á consigna de que " menos é mais". Por unha banda non fomos logrado organizar o entreno en grupo, e pola outra cheguei á conclusión de que mellor dedicar o dia de hoxe a estiramentos, automasaxes e sesións alternativas de xeo e calor a ver se na saída de mañá as sensacións son máis normais.
Cruzamos os dedos
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 25 Feb 2018, 22:23
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Hoxe saín ás 8.30 da mañá, con doble malla, no fose que o frío fose a afectar a zona.
Despois das multiples sesións de frío-calor de onte, masaxes e estiramentos , o mais que conseguín foi notar que podía abrir un pouco mellor a zancada, pero a sensación de ter un can trabándome de cada lado durante os primeiros 4 km foi a mesma.
Pasado o alto da Encarnación parece que xa ía algo anestesiada a musculatura, e coas costas abaixo antes do mercado de Chapela, parece que a cousa melloraba un pouco.
O crono final , algo mellor, 50:25 minutos, ritmo 5:40, como case todos os días nesta última temporada invernal. E daríao por bo, pero non é normal o das sensacións e molestias destas dúas últimas semanas.
A ver se antes do día 3 pode atenderme a fisio e imos solventando.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 27 Feb 2018, 16:06
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Alicia cuando leo a que media haces los entrenos flipo.yo ya no lo pongo en mi diario porque cuando pongo la manija a 10(son 6km hora y más de 500 m. Seguidos ni de coña...voy bien a 9'5.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 01 Mar 2018, 12:06
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Estan as listas encadeadas de tarefas. Estan as "parzas de aparcamento" conquistadas de miragre. E tamén está o tétrix... En calquera caso son estratexias varias de como ir colocando un entreno mínimo no medio da vida diaria, resistindo ferreamente á abducción.

A veces a cousa queda en tablas, coma hoxe, que puiden sair, pero só tiña media hora e fun pola Guía. Murphy nunca engana, como o algodón, así que foi chegar ó inicio de Doutor Corbal e botar a chover con toda (polo menos eran pingas finas e sen vento, podía ser peor).

Despois da sesión de xinmasio do martes , na que Alba me perdoou a vida ó tren inferior para evitar males maiores, as maniotas nos glúteos seguen a estar, pero bastante menos, a zancada sen molestias, pero os tempos e os ritmos lamentables. Creo que fixen o circuito en 32 minutos, en vez dos 28 ou 29 habituais. E digo creo porque o Garmin debe ter a batería viciada ou volveu mentir co tema do apagado, xa que hoxe non alcanzou a batería nin para ir en modo reloxo.

Perspectivas:
Hoxe: máis sesións de estiramento e xeo-calor
Mañá: A ver se hai momento para facer unha saída ata Chapela
Pasado: Visto o parte metereolóxico, remar en grupo pola zona do Náutico coas outras 6 Carmacompañeiras. Menos mal que imos por ese ritmo obxetivo de 5:50, porque se esperaban de min maiores rendementos, íalles sair ben farol.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 04 Mar 2018, 1:04
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: "Black saturday"

Se o Black Friday é un día cargado de ofertas comerciais a esgalla, este tería sido un Black Saturday dos diarios de CEG, porque penso que poucas veces o noso público vai poder gozar dunha oferta 6x1 para un evento deportivo : Desta volta quixo o destino que estivésemos presentes nada menos que 6 "diaristas" do foro na VI edición da contrarreloxo por equipos en Vigo. Oportunidade única para os afeccionados á lectura comparada.

A miña crónica desde o furgón de cola necesariamente debería ter banda sonora de Elmer Bernstein , porque salvando as evidentes diferenzas cos 7 magníficos de Struges, ás 7 magníficas anotadas no Carma Feminino tamén nos ía tocar facer fronte á adversidade e dalo todo nunha misión, por fidelidade ós propios principios e sen agardar recompensa .

Houbo adversidades previas que non deixaron moito tempo de entrenar: doenzas , gripes de última hora, conciliación familiar , oposicións por estudar... E tamén adversidades de última hora, pois pasamos a ser só 6 as que poidemos acudir á cita deste sábado.

Tal e como estaba previsto , houbo Carmafoto ás 18:30 na entrada do centro comercial A Laxe, pasada por auga, especialmente para ás sufridas fotógrafas oficiais.

Tocábanos sair ás 19:03 , e non quedaba moito tempo para estirar, quentar e todo o que debería facerse previamente, pero caían chuzos de punta. O 90% do equipo feminino quedamos a cuberto, ata que no quedou máis remedio que botarse á ducha de auga fría cara rampa de saída. Catro equipos ó completo tratando de aveirarnos baixo un toldo mínimo. Pero pouco a pouco foron dando a saída dos 3 primeiros , e abríndose oco ata que chegou a nosa vez.

E alá fumos , pola rampa abaixo , cara a nosa misión .

Tocou remar polas pozas e os baches na zona de paseo de pedra . E logo ir con Lisi e Aurora, axudando a que Ro atopase un ritmo e unha respiración que lle fose ben. Iamos tan pendentes dela, que no remate da primeira volta casi nin me entero de que estaban alí os Grumpy Cats animando con toda, cousa moi de agradecer.

Pouco a pouco ía escampando, en todos os aspectos. O chuvia parou, un solpor case de foto asomaba entre as nubes, e Ro xa ía con menos agobio no corpo. Cara a recta final todas as do equipo collímonos das mans para chegar a meta, aínda que a pobre de Aurora case bate cunha papeleira ó sair da última curva.

Pouco importa o crono nin a clasificación neste caso. Tratábase de conseguir que se inscribise un equipo Carma feminino e que chegase enteiro e compacto a meta. Así que obxectivo conseguido.

De volta xa no noso curruncho-gardarroupa na entrada do centro comercial, pasamos ó momento de comer o plátano da bolsa, comentar a xogada cos membros do equipo mixto e Sonsuso do Carma 2, e logo enfilar coa mochila cara as duchas do Náutico. Menos mal que me dera por poñerlle unha etiqueta á miña mochila, porque a pouco máis marcho coa de Sanmikel na man. É o que ten compartir o costume de correr na Carreira de Catoira e darlle uso a un agasallo xeitoso.

Nas duchas coincidín con Montse, mellor dito, ela conmigo, porque cando non teño as gafas postas ando mais despistada aínda do habitual. Bo momento para comentar resultados , e tamén darlle os parabéns pola súa praza en Nova Iork.

Logo, volta outra vez para o centro comercial A Laxe, para acompañar ó resto do equipo no momento de entrega de premios. Nos minutos previos fóronme informando que os do equipo mixto quedaran cuartos, e que os do Carma 1 correran fogueados e quedaran terceiros. Boa colleita!.

Cunha puntualidade británica e disciplina alemana , as premiacións foron rapidísimas. Tanto, que cando o Carma Mixto tiña que subir ó caixón faltaba xente , e "Beauvais" avisounos a algunhas persoas para ir de suplentes . Así que Aurora mais eu substituímos ás corredoras ausentes do equipo mixto, e tivemos o noso momento de gloria axudando a recoller a caixa coas centolas. Case daba a tentación de fugarse co lote... Cando baixei do caixón e mirei para atrás, vin que xa marchaban pola escaleira mecánica os Grumpy Cats, así que fun cara alí, para polo menos despedir a Doutor, Montse, Montxo, Isaías, Matogrosso e Papa-Léguas .
Volvín co tempo xusto de ver como subían ó caixón os do Carma 1 a recoller o seu lote, máis grande e lucido, con centolas e cigalas.

Final feliz da xornada, e varias tarefas pendentes na axenda:

1- Saír a correr mañá , se escampa, para ver como evoluciona a musculatura dos glúteos.
2- Concretar día para quedar as 7 do Carma feminino ó completo e tomar algo.
3- Pedir vez xa na fisio e non adialo máis, que quedan xa só 5 semanas para a Vig Bay e teño que recuperar.
4- Recordarlle ó Presi,cando chegue o momento oportuno, o que nos dixo hoxe: Que pola primavera teremos xantar do equipo, e que facendo gala do espíritu Carma, daremos conta democráticamente das centolas e cigalas que hoxe quedaron baixo a súa solícita custodia.


Última edición por Meigalicix o Dom, 04 Mar 2018, 13:06; editado 1 vez
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 04 Mar 2018, 11:19
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

As carreiras de equipo tamen están moi Ben,ese trofeo -marisco conxelaredelo imaxino
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 04 Mar 2018, 13:08
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

CORRIN escribió:
As carreiras de equipo tamen están moi Ben,ese trofeo -marisco conxelaredelo imaxino

Por suposto, ben conxeladiño e gardado nun arcón na casa do noso Presi Sorriso
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 04 Mar 2018, 13:47
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Felicidades Alicia.
Seguro que lo pasasteis en Grande Aplauso Aplauso Aplauso
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Dom, 04 Mar 2018, 14:29
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Espectacular crónica Meiga! Aplauso
Non caera na conta que somos 6 os diaristas que alí estabamos. Todos repartidos entre os Grumpy Cats e o Carma.
Meigalicix escribió:

Final feliz da xornada, e varias tarefas pendentes na axenda:
[...]
4- Recordarlle ó Presi,cando chegue o momento oportuno, o que nos dixo hoxe: Que pola primavera teremos xantar do equipo, e que facendo gala do espíritu Carma, daremos conta democráticamente das centolas e cigalas que hoxe quedaron baixo a súa solícita custodia.
Eu quédome con iso. Se xa o recordas ti, eu poderei facerme o despistado cando chegue o momento de apuntarme Mr. Green jejeje
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 05 Mar 2018, 12:08
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

1ª semana Pre V-B. DÍa 1.

Perece que poñéndoo así queda máis serio e real, como que me vou recuperar e preparar de verdade.

O baixón de tensión do venres pola mañán queda rexistrado como "efecto dinamo". Como nas nosas vellas BH da infancia, deixabas de pedalear e apagábase a luz da bombilla frontal. Foi baixar o volume de rodaxe por mor da sobrecarga dos glúteos e comezar a pasarme estas cousas, máns e corpo frío a cada momento, debilidade.

Así que o obxectivo é recuperar as 3 saídas semanais con sesión de ximnasio, e volver facer mínimo os 27 km doutros tempos.

Hoxe os 4700m pola Guía ás 9 da mañá, porque non daba tempo de máis e por se me pillaba o diluvio universal polo camiño. Sensacións de caixa ben, sen problemas coa zancada, pero os pinchazos nos glúteos aí continúan, e o caso é que a fisio non me vai poder atender ata dentro de 10 días. Crono: 30:04, imos mal pero non tanto como hai 5 días. Partindo destes niveis, só é posible ir a mellor.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 08 Mar 2018, 18:59
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

1ª semana Pre V-B. Día 2

Nova partida de tetrix nivel 7. A final o único xeito de encaixar a peza da sesión de entreno foi calzar as zapatillas ás 11:30 e ir correndo en roupa deportiva desde Teis ata a Porta do Sol para a concentración. Un bo día para reivindicar o 50% en todo.

O caso foi que esa opción complicou un pouco a loxística, porque se trataba de correr, para media hora ou máis , e logo volver a correr, e todo baixo un ceo gris ameazando diluvio. Así que houbo que recurrir á estratexia das capas de cebola: Sudadeira, camiseta de mangas , camiseta de asas, algo para a cabeza e no peto da sudadeira un chubasqueiro por si acaso. Polo medio de Sanjurjo Badía abaixo fun sacando cada capa de cebola , pero logo coa sudadeira atada á cintura e con petos ocupados, era como correr con alforxas. Moi pouco aerodinámico. Con todo iso, o obxectivo de hoxe era sumar kilómetros, non coller un ritmo determinado. E en calquera caso , por riba dese obxectivo estaba outro máis urxente: Recordarlle a toda a xente da rúa que hai moitisimos motivos, tristemente, polos que parar 2 horas de traballo ou 24, ou as que fagan falta

O garmin volveu fallar ( non sei se con catro anos xa hai que darlle a xubilación ou se lograrei que a batería viva un pouco mais).

Así que agora pola tarde, diante dos mapas da rede, reviso distancias e ritmos e a cousa queda máis ou menos como sigue:

Distancia percorrida total: 6 kilómetros aproximadamente
Ritmo medio no traxecto de ida , costa abaixo : 5:21
Ritmo medio no traxecto de volta (pola costa arriba do parque de M. Xosé Queizán e os calexóns da rúa Robleda): 6:11

Sensacións musculares: Aceptables

A miña filla a estas horas por fin rematou (coa axuda do seu pai) de preparar as pancartas para a mani das 20 horas. Mañá o Sr. Rajoy volverá a solidarizarse e pasado xente como o alcalde de Pontecaldelas seguirán ....., en fin, seguirán a ser eles mesmos por moito que se laven a cara organizando eventos, mentras teñen causas pendentes nos xuzgados, el como outros centos. Unha carreira , un ultratrail que non se acaba nunca.


pontevedraviva.com/xer...m/?lang=es



Pero para eso corremos tres días á semana , para que os músculos das pernas almacenen a forza que necesita o corazón para seguir.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 09 Mar 2018, 10:39
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

1ª semana Pre V-B. Día 3

Este fin de semana toca de novo viaxe traballo a Madrid, de sesión de formación non remunerada, por describilo dalgún xeito. Polo tanto onte tocou deitarse moi tarde por mor dos preparativos da viaxe.

Só tiña oco hoxe pola mañá antes de entrar a traballar, pero fun incapaz de erguerme ás 7. Así que cando logrei sair eran xá as 7:55 e non me quedeou outra que volver pola Guía. Circuíto curto pero ben variado, con esa guinda final que é a Baixada a Ríos pero en subida. Seguimos coas mesmas molestias musculares destes días atrás, pero indo a menos. Crono: 29:10, o cal ata case é unha boa noticia sendo 3 minutos menos do que fixen o luns.

Intentarei cumplir relixiosamente cos estiramentos nas horas libres da miña reclusión madrileña.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 11 Mar 2018, 15:16
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

"reclusión madrileña"...jeje parece que vas de ejercicios espirituales,ya que estamos en cuaresma.
En mi época es bastante habitual lo de los ejercicios...también es verdad que al menos aquí en Santiago había 2 colegios seglares y 3 religiosos masculinos y 4 religiosos femeninos...que pasadaaaaa





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos