Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 16 Feb 2018, 0:40
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

O martes tocou sesión de ximnasio con Gonzalo, planchas, sentadillas cruzadas en circuito con conos e outras cousas para poñer a proba a resistencia das pernas.
Hoxe pola tarde só tiña libre para sair entre 18:30 e 19:30, mais ou menos cando caeu o diluvio. Entre iso, e as maniotas na base pélvica que me impedían abrir a zancada, a saida de hoxe non dou moito de sí.
Iba a poñerme a redactar unha entrada en plan choromica, queixándome dun crono cutre de 52:25, do mal que me vexo para o domingo, pero unha chamada telefónica viu a darme unha labazada e lembrar o que é importante de verdade.

O de menos para min neste preciso momento son as miñas maniotas e os meus resultados. O que me importa é esta compañeira e amiga, Laura, camarada de mil batallas desde hai anos, que agora está na liña de saída da súa maratón particular contra un cancro de mama . Espero estar á altura como utillera , e sobre todo confío en que chegue á meta con ben.

Efectivamente Corrín, a carreira máis importante é a da vida. Que nunca nos falte quen nos dea un relevo.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 16 Feb 2018, 9:44
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Mucho ánimo a Laura.
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 16 Feb 2018, 10:53
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

La realidad nos tiene que abofetear a veces para que valoremos lo que tenemos. Así somos los Seres Humanos.
Animo a Laura (y a ti también)
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 16 Feb 2018, 22:51
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Agradecense os ánimos, falta farán.
Hoxe fixen a segunda saida da semana. Sen tanto bloqueo nas pernas coma onte pero case igual. Está claro que as seis da tarde non é a miña hora. Non teño nin idea do que pode saír o domingo. A ver se poñendo o traxe "necora" me volven os superpoderes...
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 16 Feb 2018, 23:12
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Alicia,que te voy a decir que mucho ánimo y que si estarás a la altura,que si tanto tú como Laura queréis hablar,que si Laura tiene preguntas en las que yo pueda ayudar le das mi teléfono y hablamos,o por wasap como prefiera.
Qué siempre surgen 1000 preguntas y a veces las quieres escuchar de alguien que pasó por lo mismo
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 17 Feb 2018, 0:48
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

CORRIN escribió:
Alicia,que te voy a decir que mucho ánimo y que si estarás a la altura,que si tanto tú como Laura queréis hablar,que si Laura tiene preguntas en las que yo pueda ayudar le das mi teléfono y hablamos,o por wasap como prefiera.
Qué siempre surgen 1000 preguntas y a veces las quieres escuchar de alguien que pasó por lo mismo

Mil grazas por este foro tamén, Corrín. E repito outra vez : vos sodes as verdadeiras loitadoras e o exemplo a seguir
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Sáb, 17 Feb 2018, 6:28
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Mucho ánimo a ambas. Que nunca falten las ganas de seguir luchando
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Sáb, 17 Feb 2018, 9:50
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Lamento leer lo que le ha sucedido a tu amiga. A veces las cosas se tuercen de verdad y las bregas cotidianas quedan reducidas a la condición de anecdóticas.
Por cierto, este año no estaremos en la Río Rato, y mucho que lo sentimos, porque pensábamos aprovecharnos de tu buena fe Guiño , y pedirte que nos cogieras los dorsales del CCNós, pero hemos estado muy liados, y al final, el uno por el otro, se nos pasó el plazo de la inscripción.

Nada, suerte, y a ver si coincidimos en la del crono por equipos, que se está fraguando algo al respecto (no digo más). Mr. Green

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 17 Feb 2018, 21:30
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

A verdade Papa-Leguas, que eu contaba precisamente con coller 4 ou 5 dorsais da familia do foro, e logo o domingo volver facer a foto de grupo na liña de meta no Rato. Pero nin Beu, nen Criatura, nin os insignes representantes de Sparkland. Don Andrés figura nos inscritos no circuito pero xusto a ésta non ven... Tomo nota da posible presencia ourensana na contrarreloxo do 3 de marzo, non deixedes de saudar.
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Dom, 18 Feb 2018, 23:11
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Mucho ánimo para tu amiga en un trance tan duro. Triste


Yo ando escasito de tiempo y me he impuesto el límite de 1 carrera por mes, salvo que sean de la comarca e impliquen poco desplazamiento. Bueno, en abril puede que me salte esta norma. Pero en febrero toca Padrón; no me da para más el tiempo.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 18 Feb 2018, 23:17
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

beuckelssen escribió:
Mucho ánimo para tu amiga en un trance tan duro. Triste


Yo ando escasito de tiempo y me he impuesto el límite de 1 carrera por mes, salvo que sean de la comarca e impliquen poco desplazamiento. Bueno, en abril puede que me salte esta norma. Pero en febrero toca Padrón; no me da para más el tiempo.

Gracias polos ánimos, Beu.

E se andando corto de tempo aínda chegas a unha carreira por mes, xa fas máis do que facemos outros. Estaremos pendentes dos resultados de Padrón.
Pollastre

Foreiro Senior
Foreiro Senior
10/01/14
16 Carreiras
508 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Dom, 18 Feb 2018, 23:34
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Mucho ánimo y fuerza para tu amiga y para ti misma, Meiga. Hay que luchar y seguir adelante y no perder nunca la esperanza.
Un saludo
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 19 Feb 2018, 0:13
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: "XVIII Circuíto CCN. Estrada do Río Rato"

Hai quen é velocista, ou quen é mediofondista, triatleta (insolvente ou con posibles)... Eu son corredora social, como ben sabedes xa algúns.

Así que o obxectivo esta fin de semana era ir de víspera, pasar media tarde de palique coa amiga que me foi coller o dorsal, e logo cear e durmir en casa doutro amigo, coa súa correspondente dose de palique tamén.

Deiteime case ás 12 da noite, iso tratándose de min é unha hora do mais normal. O problema é que isto de durmir en cama prestada cada vez o levo peor: Almofada moi baixa, colchón algo duro, calefacción alta, catro ou cinco visitas ó baño... Cando me levantei ás 8 da mañá a piques estiven de tomarme un ibuprofeno, pero fun espabilando. Chorro abundante de auga fría nas pernas para acabar de estar a tono.
Tomei a mañá con demasiado relax, e cando acordei xa había que ir para a Tolda, e marchei sen facer a sesión de estiramentos prevista. Chegamos á zona sobre as 11:45, e como desta vez non había que facer entrega de dorsais a ninguén, deixei ó meu preparador físico tomando o sol na zona do antigo parque infantil, e marchei a trotar e quentar pola zona do paseo cara o Miño.
Afortunadamente a néboa xa ía levantando, e quedaba unha mañá soleada. Pero como a perfección non existe, o chan dos camiños do paseo estaba bastante lamacento nalgúns lugares e había que ir "regateando". Como dificultade engadida , alí estaba a sensación de atenazamento baixo os glúteos outra vez, como se as maniotas do ximnasio do martes non se fosen marchar nunca. Así que ente volta e volta de quecemento metin algún parón para estirar, e no caso concreto dos glúteos un par de veces . Malas sensacións de todos xeitos. O Garmin estaba tamén por sumarse a esa liña gafada. Suponse que o traía de Vigo apagado e con batería de abondo, pero desta volta volveuma a xogar: Non é a primeira vez que me pasa que en vez de apagarse de verdade acaba por volverse a iniciar. Así que en realidade estivo todo o tempo encendido , e xa non tiña bateria para conectar cos satélites, só a xusta para funcionar como reloxo normal. En fin, menos é nada.
De contado xa deron as 12:40 e xa tocou sacarse a última prenda de abrigo e marchar cara a liña de saída. Situeime pola metade. Arranque cómodo, intentando non pensar nin en glúteos nin en tenazas . Adiantando pouco a pouco polo lado dereito da estrada, e sentindo outra vez o mesmo "efecto Penrose" do ano pasado, como quen observa un triángulo imposible. Non sei que ten esa estrada, pero o caso é que as miñas pernas a van subindo mentras que o efecto óptico nalgúns puntos para min é de ir costa abaixo... Cousas de correr sen gafas, supoño.
Entre estas meditacións , e varios momentos "goma elástica" con determinados membros desa zona do pelotón, xa chegou a media carreira e o punto de viraxe. Miro o reloxo e marca 13:01, e por un momento me crin superwoman, pensando que me quedaban outros tantos minutos para volver e acabar en 26 minutos toda a carreira sen despeinarme... "Que non Alicia, que non, que non o tes en cronómetro, que está en modo reloxo, e está a marcar as 13 horas e 1 minuto, total que levas 16 correndo , miñaxoia".
Pero non por iso perdín o optimismo, agora tocaba todo costa abaixo, así que a tumba aberta e a por todas.
Metinlle demasiada alegría á baixada, sen recordar exactamente canta curvas me quedaban aínda por pasar, así que chegou un momento en que tiven que afloxar o ritmo, e o efecto "goma elástica" resolveuse definitivamente a favor de varios adiantados que me volveron a adiantar.
Escoitei como un compañeiro bromeaba e picaba a outro recordándolle que só quedaban 700 metros. Pois sería só 700 , pero fixéronseme longos e sufrinnos un pouco. Pero finalmente alí estaba o arco de meta e pasei por baixo cando marcaba 29:50, e pareceume unha boa cifra.
Botei un pouco de menos non poder repetir a foto de familia foreira do ano pasado na liña de meta. Esperemos que outro ano sexa posible volver a coincidir.
Será que foi unha boa mañá para correr, serán os poderes da camiseta nécora, será todo xunto e algo máis, pero repasando agora os resultados , a cousa ata luce algo ben:
Tempo neto para 6 km: 29:33 (24 segundos menos ca o ano pasado)
Ritmo: 4:56
Posto na categoría: 9 de 16 veteranas +50
Posto na clasificación feminina: 60 de 186 mulleres ( 28% na carreira!! como me alegra ver que o título do meu diario a veces se cumple)

En resumo, a estas alturas da vida poder dicir que unha carreira che sae máis ou menos como ano pasado e que te vas mantendo, creo que é o mellor que pode pasar Sorriso
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 19 Feb 2018, 10:17
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Muy bien Meiga. Tiempos por debajo de 5. Sí señora.
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Mar, 20 Feb 2018, 23:23
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

No te ha salido más o menos como el año pasado... te ha salido mejor! 24 segundos en tan poca distancia es buen botín. Aplauso Aplauso





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos