Foros ›
Autor
Mensaxe
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 18 Ago 2017, 8:51
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

www.wiggle.es/rodillo-...60602621es

Ya sé que es hacer publicidad, pero ese u otro similar es el que me paso todos los días para liberar tensión alrededor de la rodilla. Es automático. No cura pero libera en el momento.

Como hablas del automasaje, ese trasto es como un fisio en casa. Si quieres más detalle te digo lo que hago con él.

Forza en Catoira.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 20 Ago 2017, 18:37
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: " XXVI carreira das areas de Carnota"

De Carnota , por favor, e non de Carballo, como lle saíu dúas veces á persoa encargada da megafonía.

Vixésimosexta para o concello, a séptima para min.
Co da fascitis collida no camiño de Santiago , a falta de sesións no ximnasio, e aínda por riba a picadura de faneca brava na praia de San Francisco o venres pola tarde, as cousas non pintaba ben este ano... Por outra banda tamén intentei coidarme o mellor posible estes dias, e confiaba en que correndo ás 10 da mañá iria fresco de abondo e habería un mínimo de condicións favorables... Pero non , a sensación térmica para min foi igual de abafante que o ano pasado ás 12. Fun mantendo o tipo pero gastando máis gominolas que noutra carreira normal.Ia coa idea de ter aviruallamento de auga antes do asfalto no tramo de volta e non houbo. Fixoseme eterno, e unha vez mais na volta do hórreo quedei moi xusta de forzas e acabaron por adiantarme todas as persoas, poucas, que adiantara anteriormente. Debaixo do arco o tempo oficial foron 57:18 minutos, tempo neto 56:59, bastante peor ca o ano pasado, pese ás racións de sorte que mandastes no foro.
Pero todo nesta vida é relativo. Mantiven un ritmo de 5:42, que ven sendo similar ó que fago sempre en area, quedei de 4 en medio das 7 veteranas + 50, en fin , o centro da campana de Gauss de sempre. 27 de 44 na xeral feminina ( non estou no centro pero tampouco moi abaixo)... En fin, non foi o meu mellor día carnotense pero tampouco estou tan rota de todo. Mentras o corpo aguante, como dicía a canción.
Podería caer na tentación de pensar que o ano que vén toca volver para mellorar marca pero non... O ano que vén toca volver para seguir abrazando ó Monte Pindo cos ollos camiño da Boca do Río, e seguir gozando do trato excelente da organización, da compañía dos amigos e as interminables horas de praia .


Última edición por Meigalicix o Xov, 24 Ago 2017, 16:51; editado 2 veces
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 21 Ago 2017, 5:13
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Eres una Campeona Alicia.
¡Nunca te rindes! Aplauso Aplauso Aplauso
Para el día que hacía no me parece que lo hicieras mal,
¡Venga! ¡Que estamos en pretemporada!
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 24 Ago 2017, 17:54
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Xa vai tocando actualizar isto un pouco.

Seguindo a tradición habitual, o luns tocou facer algo de carreira de recuperación pola zona do Faro de Monte Louro. A comparación doutras veces foi todo a ritmo mais floxo e facendo menos distancia. 2 km ata o faro a un ritmo mais ou menos de 6, e logo camiño de volta con paso pola Praia de San Francisco ,aí meténdolle 4:40 nas baixadas e 5:40 nas subidas.

O martes xa tocou retornar á favela, moito tempo para desfacer maletas, limpiar , ordear, botar fondamente de menos as racións de navallas e o plácido ritmo de rañar o bandullo a tempo completo.
Por fin hoxe animeime a sair ás 8 da mañá. 18 graos, ai quen mos dera o pasado domingo en Carnota... En fin , no momento de arrancar sentía moito mais o pinchazo da picadura da faneca brava no pe esquerdo que a punzada da fascitis no dereito... Ó ir rodando e quecendo xa case non se notaba nada.
É o primeiro entreno en que as zapatillas novas non me rozan coa costura da lengüeta. A ver se é verdade que pouco a pouco as logro domesticar.

Polo demais seguimos nas mesmas , ritmo medio de 5:44 . Haberá que ir pedindo cita coa fisio xa dunha vez, antes de seguir acumulando mais sobrecarga.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 26 Ago 2017, 22:42
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Segunda saída da semana, sábado ás 20 horas, mentras outras persoas estan a demostrar aquelo de "this is afouteza" dándoo todo en Castrelos.

Eu tamén tiña a sensación de estar dándoo todo desde o Alto da Encarnación ata as Sete Torres, contenta de non notar a picadura da faneca, nin o pinchazo da fascitis e dando as zapatillas novas por domesticadas. Pero todo pura apariencia. Unha vez mais un corno de 51 minutos xustos e un ritmo medio de 5.44. Polo menos non imos a peor.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 27 Ago 2017, 19:22
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Terceira saída da semana. Ás 19:30, nun estado físico bastante arrastrado ( suponse que o domingo é dia non laborable, pero a veces as tarefas domésticas concéntranse xusto aí) ... Tomei a saida simplemente coma unha sesión de descarga para as pernas despois de estar tanto tempo limpando e planchando.
Pensei de facer ritmos peores ca onte pero finalmente rebaixei o crono nun minuto . Para ir tirando vale.

Plan para a vindeira semana:
Luns: ximnasio
Martes : fisio
Mércores e venres : saídas ás 6:30 da mañá, a ver se así logro zafar do tráfico, das obras en Chapela e do bochorno da tarde.
Domingo: Terceira saída da semana, pero sen madrugón.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 28 Ago 2017, 13:04
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Veña Alicia, eu estou desconectado, pero é entrar aquí e ver que cumpres coas túas 3 saídas! Iso e unha motivación extra. Recordo de meterche un grito de ánimo na Nocturna de Vigo, pero nin te decataras!! Xa pasou tanto tempo!!
Ánimo rapariga!
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 01 Set 2017, 10:52
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

sanmikel escribió:
Veña Alicia, eu estou desconectado, pero é entrar aquí e ver que cumpres coas túas 3 saídas! Iso e unha motivación extra. Recordo de meterche un grito de ánimo na Nocturna de Vigo, pero nin te decataras!! Xa pasou tanto tempo!!
Ánimo rapariga!

Co xa che dixen o outro día, toda unha alegría saber que sigues vivo e activo. Por outra banda resútlame sorprendente que a un crack galáctico coma tí os modestos entrenos dunha chaíñas coma min che sirvan de motivación extra, cousa que evidentemente me resulta de grande motivación a min. Imaxino que para rematar correctamente o trabalinguas tería que escribir que "o motivo que nos motive, bo motivador será Sorriso Sorriso

Xa pasei polo ximnasio e pola fisio. Teño deberes de estiramentos específicos que non me acaban de sair correctamente e non sei se estarei facendo peor con iso... Como me dixeron que rebaixase un pouco a actividade aínda que non descansase de todo, as saídas deste mércore e de hoxe venres foron pola Guía. Vale que só son 4700m, pero non sei se tanto tobogán será o mellor para o meu corpo agora mesmo. De feito, aínda que mellorou a planta do pe dereito , o glúteo volve a protestar, pero non sei se é de correr pola Guía , ou do traballo na horta, o de que toca volver a traballar e estar sentada horas diante do ordenador.

Sigo a darlle voltas ó de inscribirme na carreira do día 10 no Berbés. Hai días o tiña claro, pero hoxe tal e como me atopo, xa non tanto.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 04 Set 2017, 7:42
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Onte domingo, por fin a terceira saída da semana. Ó mediodía, con 22ºC e moi pouca sombra, se o chego a saber saio pola tarde cando empezou a poallar, que tería ido mais cómoda.

Por fín saiu un crono por debaixo dos 50 minutos no traxecto de Chapela, despois de tanto tempo. Parece que o paso pola fisio e o retorno ó ximnasio van facéndose de notar. Aproveitando ese repunte de optimismo , finalmente acabei por anotarme na carreira das Xornadas Marisqueiras do Berbés. Xa veremos que sae de aí.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 08 Set 2017, 20:43
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Xornada de reflexión... Póñoo aquí por escrito a ver se así logro non deixarme abducir mañá, coma case todos os sábados , polo traballo da hora e da casa, e coidar e descansar ben as pernas por unha vez. Especialmente despois do como foi saindo esta semana.

O luns tocou ximnasio pola tarde, con Alba. Comprendo que cada quen ten o seu estilo, e non ten porque ser mellor ou peor. Alba sabe darlle caña ás secuencias na elíptica e nas progresións de exercicios, e tende a "subirlle o volume" ós electrodos do chaleco. Pero no momento de facer os estiramentos nunca chegamos a ter a empatía necesaria , debe ser que ten medo de que se me estrague algún tendón, e queda todo a medias.

O martes ía ser un día de descanso, pero coincidiu co pasamento definitivo da Bosch e o seu traslado ó Punto Limpo da Rúa Caramuxo, e a incorporación en nómina da Stihl, polo que rematei a xornada traballando intensamente o tren superior podando e recortando o sebe de tuias que temos polo lado de fora da casa, que facia dous meses que estaba feito unha selva.

Así que o mércores pola mañá estaba feita un saco de maniotas incapaz de reaccionar. Por fin a última hora da tarde animeime a saire media hora, sen mais pretensión que intentar disolver un pouco o ácido láctico acumulado nas pernas. Percorrido curto por Ríos, Camiño Real, A Chumba e regreso pola Avenida de Galicia desde As Catro Pontes. Non chegou nin a 25 minutos de percorrido, pero entre iso e a ducha fría de despois parece que logrei recuperar un pouco a nivel muscular.

Hoxe venres saín ás 8:30 da mañá, por probar sensacións e ver se as zapatillas novas xa estaban domesticadas de todo de cara ó domingo... Xa non lembraba o agradable e agradecido que é correr cun chisco de frío. Tanto foi así que logrei un crono na ida e volta a Chapela duns 48:31 minutos, ritmo de 5:27. Creo que non o conseguía desde antes do verán.

O caso é que ó mediodía tocaba ir xantar ó centro, para a despedida dun compañeiro, e puxen unhas sandalias que me deixaron rozaduras nun par de dedos do pé esquerdo. Espero solucionalo de aquí ó domingo a base de compeeds.

Xa que vai ser xornada de reflexión, terei que decidir dunha vez se lle fago o debut oficial ás zapatillas novas, ou se lle rindo unha última homenaxe ás zapatillas vellas. A día de hoxe aínda non o teño claro.

O que si teño claro é que somos 14 veteranas +50 na carreira do domingo, e que polo tanto quedarei de 7, sempre no medio da campana de Gauss. Se ademáis logro rematar en menos de 53 minutos , xa sería o domingo perfecto.
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 09 Set 2017, 3:33
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

¡Que bien Meiga. Volveremos a coincidir!
Intentaré seguir tu estela Bailar
www.youtube.com/watch?v=PSr1kFrHLew
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 09 Set 2017, 8:19
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Andrés61 escribió:
¡Que bien Meiga. Volveremos a coincidir!
Intentaré seguir tu estela Bailar
www.youtube.com/v/PSr1kFrHLew


Tomo nota!!.... Se o experimento de Moraña foi bautizado co nome do Gato da Favela, pregúntome como debería ser bautizado este. Admitense suxestións Moi feliz
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Sáb, 09 Set 2017, 9:07
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Por aquello de que son las Xornadas marisqueiras, yo estaría un poco menos nostálgico del "gato da favela", y más pendiente del "garfio de la faneca", que seguro que algún día, no demasiado lejano, cuando Abel Caballero aún coloreaba pañales, hubo una playa en el Berbés, de arena fina y blanca, y que, entre el trasiego de pescantinas y sus redes repletas de jureles frescos y todavía coleantes, invitaba a descalzarse y sumergir los pinreles (solo hasta los tobillos) en un cándido y despreocupado paseo por la orilla.

Espero no dejaros a ti y a Andrés61 algo "escamados" con mi sugerencia. Angel

Sugerencia también de calzado deportivo (muy vintage): Aunque no hay más que serigrafiarles el logo del Circuito CenG para ponerlas de rabiosa actualidad... Es la moda, y hay que ir con los tiempos... Mr. Green



Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
Pollastre

Foreiro Senior
Foreiro Senior
10/01/14
16 Carreiras
508 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Sáb, 09 Set 2017, 9:42
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meiga, también coincidiremos. Esta vez minikedada sin lluvia (eso parece) y a darlo todo
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 09 Set 2017, 11:09
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Despois da miña mala experiencia cos garfios dunha faneca en visperas da pasada carreira de Carnota non sei se me cadra ben o nome, pero moitas gracias pola idea Papa Leguas. Tamén tomo nota das fanequeiras oficiais ( que cousas máis molonas usabamos canda faciamos a EGB)

Pollastre, será estupendo poder intercambiar saúdos sen chuvia. Son novata na proba e non sei cal é o mellor sitio para quedar, polas 9:30 a xa andarei por ali 9:45 . Di un punto de encontro e xa me achego. Levo o dorsal 304, e a habitual cara de despiste por ir sin gafas





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos