Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 23 Xul 2017, 22:22
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: " V Carreira do Carneiro ó espeto en Moraña".

Chegou o día D, a hora H. Horario e condicións climatolóxicas segundo o previsto. Saúdos antes da carreira, con Andrés61, Doutor, Moncho, e Matogrosso ( ó que identifiquei correctamente pero tiña bailado o dato de quen corria neste día, se él ou Papa-Leguas. Pola contra, unha hora despois a Papa-Léguas con gorra confundino con Matogrosso, qué desastre)
Sabía que non ía na miña mellor forma, e que nesta carreira hai miota élite e xente de nivel, pero facíaseme raro estar xa a altura do km 2 correndo practicamente soa, nesa terra de ninguén que queda entre os ultimísimos do pelotón intermedio e os primeiros da zona de cola final. Pero funme mantendo , levando como referencia un grupiño de 6 persoas que ían a uns 50 metros ou mais por diante... Axudaba moito o de ter os vasos de auga dispoñibles varias veces na carreira, moito mellor que un botellin de auga único no km 5. E por suposto os berros entusiastas de Mary Abal, e os saúdos de Papa-Leguas exercendo de fotógrafo no medio da rúa principal.
Na segunda volta ó circuíto o grupo lonxano de referencia foise disgregando e xa foi máis doado ir adiantando a algún dos descolgados.
Nunha das rectas desas nas que nos cruzamos os que veñen e os que aínda imos, vexo a Andrés61 que botou pé a terra e vai andando perxudicado. Bérrolle dando ánimos para que siga, pero a partir dese momento a súa carreira volveuse un Guadiana fluctuante (case mellor que o conte él se quere)
No último kilómetro comezo a notar molestias no pe dereito. Cousas de correr coas zapatillas vellas, sen plantillas e sen compeeds, debería ter calculado que podería sairme unha bocha despois de tantos días sen entrenar duro.
E por fin a liña de meta , con Terio Carrera retransmitindo en directo. Quixen pisar a fondo pero non había mais combustible nese momento, e acabei en 54 minutos, peor crono ca o ano pasado. Que lle iamos facer.
Agora o que tocaba era enterarse de como ía o tema da carreira de parellas. Un breve tempo para tomar un plátano, algo de auga, devolver o chip e poñer o dorsal novo, animar algo na carreira de alevíns, e xa tivemos que situarnos na zona de saída collidos reglamentariamente do cabo da corda que nos deron.

E alí estabamos, o Doutor mais eu, botando a andar este experimento chamado "El gato de la favela" sen saber moi ben se ía caer de pe ou sair escaldado. Competiamos con 29 parellas máis, moita xente xoven de boas pernas e moitas horas de entrenamento federado.

Como ben diagnosticou Moncho a posteriori, eu saín a toda pastilla ( o que no meu caso pode ser a ritmo de 4:20 ou 4:30), para abrir algo de oco e por non aburrir ó Doutor cun trote demasiado cansino para el... Debeu verme tan forzada na primeira costa arriba que incluso chegou a preguntar se quería andar un pouco. Diso nada, aquí non se apea ninguén. Fun regulando algo máis o ritmo, pero afeita como estou a correr soa , a veces respiro moi ruidosamente, co cal o Doutor debía ir mais preocupado. Cando estabamos xa na última costa arriba tiñamos por diante unha parella de rapaciñas de 1º da ESO ou 6 de Primaria. Había aínda unha pequena distancia, pero era unha boa oportunidade de que o Gato da Favela cazase unha presa, aínda que fose un ratiño pequeno... Pero como dí o refrán "en tempo de guerra non hai carta a favor": Conforme viron que xa as estabamos a adiantar , picáronse e andivemos á par, para atrás e para adiante un treito longo . Pero o que vale é a resistencia e finalmente deixámolas atrás (certo que logo vimos que só lle sacaramos 18 segundos de diferencia). Entramos na meta cun tempo neto de 8:35. Como o percorrido era de 1700m (ou 1750 segundo que fontes) iso ven a significar que o ritmo final oscilou entre 4:54 e 5:03. O que nos valeu para quedar de 19 entre 30 parellas participantes. Seguro que o Doutor terá a súa propia versión do asunto, pero desde o meu punto de vista penso que o Gato da Favela caeu ben de pe e salvou a honra. Para mostra un botón.




Xa máis tarde, despois do traxecto de ida e volta ó pabillón para pasar pola ducha, atopei xa comezada a entrega de trofeos. Ían xa cos senior e os veteranos A. E sorpresa, cando chegan ós veteranos D atópome con que tiña razón Doutor ,eu quedara de terceira. Polo visto Esther Pedrosa centrouse no premio da meta volante , e Celina nas labores de organización polo que non correu a carreira. Algo bo tiña que ter isto de ser muller e pasar dos 50, como somos poucas hai para todas (de momento... que cada día somos máis, e moitas de moito nivel).

Rematamos a xornada comendo enpanadas e carneiro ó espeto nas mesas da carballeira. Boa conversa e mellor compañía. Celina pendente de que non os faltara nada, e Manolo dándonos unha despedida do máis efusiva e entusiasta. Desde logo máis non se pode pedir.
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 24 Xul 2017, 6:45
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Felicidades Alicia. Y Gracias por los ánimos.
Esto de que este deporte es mental es (al menos en parte) una gran mentira. Todavía estoy "lamiéndome las heridas" cual gato apedreado. Se podría decir que me dio una "pájara" o que sobrevaloré mis fuerzas aunque tampoco es que hiciera un despliegue de velocidad en la primera vuelta...
En fin. Intentaré sacar lo positivo. Estoy muy lejos de mi mejor forma. Eso tiene remedio...
Aviso a Navegantes: ¡VOLVERÉ!
Pd: me lo pasé muy bien en la comida, bromas, chanzas y charla inteligente... ¿Qué más se puede pedir a la vida?
PequeñaCriatura

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/10/12
0 Carreiras
975 Mensaxes
Ferrol
Respostar citando Envío Lun, 24 Xul 2017, 6:53
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Enhorabuena Alicia. Ahora entiendo los "ciumes" de Andrés Molón Qué bonitas estampas, qué caras de felicidad... Mr. Green Mucho mérito atar en corto a Dani, que es más de ir por libre...
Envidia me da ver que coincidisteis todos, gemeliers incluidos.
Saludos y a seguir dando guerra...
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 24 Xul 2017, 10:27
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

PequeñaCriatura escribió:
Enhorabuena Alicia. Ahora entiendo los "ciumes" de Andrés Molón Qué bonitas estampas, qué caras de felicidad... Mr. Green Mucho mérito atar en corto a Dani, que es más de ir por libre...
Envidia me da ver que coincidisteis todos, gemeliers incluidos.
Saludos y a seguir dando guerra...

Muy bien. Coincido con Criatura. La foto es tal cual de la final de Supervivientes, con las cuerdas y tratando de obtener el premio churrasco. Me mola mucho que Meiga se acerque a los puestos de cabeza. Yo conozco a un par de veteranas que las carreras les dan un pico todos los meses.
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 24 Xul 2017, 18:08
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

www.youtube.com/watch?...9s8nXT4QTm
www.youtube.com/watch?...9s8nXT4QTm
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 27 Xul 2017, 17:12
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Cambiamos totalmente de dimensión.

No que vai de semana aproveitei para facer unha saída o martes, ximnasio o mércores e hoxe unha tirada breve pola Guía. Moi floxiño todo, pero polo menos cumplir algo coa rutina. ... total para agora ter que cortar con todo ata o día 2. A ver como sae o corpo desta: 6 xornadas para facer o Camiño de Santiago, ruta portuguesa, acompañando na organización do evento para 1300 persoas vidas de diversos puntos da xeografía española.... Actividade física desde logo vou ter. Agora, como van a acabar as pernas non o sei. O que máis me preocupa é o de durmir sobre esterilla sen colchoneta.... En fin, a estas alturas da vida e aínda me deixo apuntar a calquera bombardeo.
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
4361 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 28 Xul 2017, 9:05
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Enhorabuena por la carrera y gracias por las fotos, muy buenas. Se te ve concentrada, y al Dr. sonriente y saludando, parece que va bien, pero conociéndolo, estoy seguro que iba sufriendo pero hacía el paripé para las fotos. El gato de la favela, cómo no.
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Ven, 28 Xul 2017, 10:40
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

No os habéis fijado en la mano, pero el saludo que hago es el gatuno. La zarpa mortal. Con maullido.



Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Ven, 28 Xul 2017, 13:32
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Noraboa polas carreiras Aplauso Aplauso Aplauso
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Ven, 28 Xul 2017, 15:16
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

A las pruebas me remito.





Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
EnriqueC

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
24/01/17
7 Carreiras
200 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Ven, 28 Xul 2017, 16:25
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

jajajajaja....muy buenas estas dos últimas fotos. Dan fe si señor. Moi feliz
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 29 Xul 2017, 3:48
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Grazas polos comentarios, 101,Nando e Enrique, e polas fotos da arrancada explosiva Doutor (costa abaixo todos os santos axudan).

O único que podo contar da miña vida atlética é que onte tocou facer 18 km de andaiana de Tui a Porriño e hoxe tocará percorrer 8 entre Vigo e Redondela, e que esta noite tocará durmir en chan duro (cousa que me preocupa moito mais que o da andaina en sí mesma)
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 01 Ago 2017, 22:00
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Actualizamos: xa quedou atrás a etapa de Redondela , a de Pontevedra , a de Caldas e hoxe rematada a de Padron. Finalmente so tocou durmir 2 noites sobre esterilla e as cervicais non se resisten. Durmir máis ben só por momentos. Sen bochas nos pés pero con molestias na planta do pé esquerdo. Voltaren intensivo.- Decididamente non é o mellor xeito de prepararse para Carnota.


Última edición por Meigalicix o Xov, 03 Ago 2017, 8:15; editado 1 vez
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Mér, 02 Ago 2017, 12:25
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

La resistencia seguro que la estás trabajando; aunque lo importante en algo así es disfrutar la experiencia.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 03 Ago 2017, 14:21
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: " Ultreia!!!!"

Onte pola tarde por fin cheguei ó Obradoiro. Tanto me ten se os restos que garda a Catedral son de Prisciliano ou do Fillo do Zebedeo ( que non me escoite don Julián Barrio) . O verdadeiro quid do asunto está na experiencia en sí mesma, e algo de milagreiro debe de ter, pois nas condicións en que vivín nesta última semana ben podería ter collido unha gastroenterite, fungos nos pes, contracturas cervicais, e mismamente a fascitis plantar incipiente no pe dereito iniciada antonte podería chegar a ser hoxe unha lesión en toda regla... Pero non aconteceu ningunha desas cousas.

Certo que ainda teño a perna dereita tocada, sigo co voltaren, e por prudencia non entrenarei mañá e limitareime a facer un trote suave pola volta da Ferradura o domingo cedo ( lembrando vellos tempos , cando hai ...e tantos anos me dedicaba a preparar nunha semana a Pedestre de Santiago, bendita inconsciencia adolescente).

Todo un traballo de resistencia, tes razón Beu, pero non só física facendo quilómetros, tamén anímica e persoal recollendo e atendendo ós lesionados que se nos quedaban na cola do numeroso grupo, ou recollendo en tempo récord centos de caixiñas de catering procurando reciclar o lixo e ensinado a adolescentes nugalláns a facer o propio... Valoro todo como positivo, pero a día de hoxe non creo que volvese a repetir.

Veremos domingo cómo responden as pernas.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos