Foros ›
Autor
Mensaxe
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 16 Mai 2017, 19:16
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Siempre buscando sorprenderte (Cantó algún dúo con Luisa Sobral).
www.youtube.com/watch?v=2BxQqlorPkU
Gracias por el consejo. Ya lo compartí con Corrín (cito Fuentes Moi feliz )
www.youtube.com/watch?v=x6ilWlzbJOc
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 18 Mai 2017, 5:09
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

"Sesión de recuperación en Santiago.....GUSTAMEEEEEE
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 18 Mai 2017, 6:09
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

No foi en martes pola mañá, senón en mércores pola tarde, pero polo menos imo cumprindo co de non facer as tres saídas tan seguidas e tan ó final da semana.

Despois de pasar a mañá de pe na cociña prepararando xantar para sete persoas, e coa prolongada sobremesa, as pernas estaban bastante pesadas. Costou na primeira metade, pero na segunda, vindo de volta, xa fun capaz de darlle mais caña. En total 49:44 minutos, a un ritmo de 5:35. Imos mantendo.

PD:

a) Don Andrés, grazas por seguir actualizando a banda sonora. A Zambujo non tiven a sorte de velo en directo, nin coñezo del como de Luisa Sobral, así que unha canción máis para a lista.
b ) Corrín, o sábado tócache de manager, xa podes ir preparando a axenda do día Guiño
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 20 Mai 2017, 22:27
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Por unha vez imos cumplindo mínimamente co plan semanal.
O xoves ximnasio, como foi ás 12 da mañá tocoume con Gonzalo e non con Jota. Non digo que fose pan comido, pero Jota sempre inventa cousas moito mais endiañadas para os meus cuádriceps.

O venres logrei facer a segunda saída, pero entre as 2 e as 3 da tarde. Tiven sorte que había brisa e algunha nube, e a temperatura non subiu dos 18 graos. Por ese lado ben. O problema foi que , por algunha razón que se me escapa, o corpo debía estar a "pedirme comisaría", coma a Julián Hernández... O caso foi que nos breves 44 minutos que durou a saída metínme en mais líos xuntos que nos 7 anos que levo correndo.

O plan era facer un combinado A Guía- Arealonga sen pasar polo faro nin pola ETEA. Ata a carballeira todo dentro do normal (zafando das obras da Avenida de Galicia, dos paseadores de cans...) . Logo doume por seguir un anaquiño polo camiño que leva da carballeira ó campo de fútbol, con idea de coller algún calexón pola dereita que me levase de volta a Dr Corbal. E aí comezaron os problemas: Collo o calexón mais ancho e vexo que hai unha valla atravesada " Será para que non pasen motos" pensei, e furei por un lado. Xusto nese momento decátome que estaba o cemento fresco recén botado. Confeso que a miña reacción foi liscar acelerando, non fora ser que alguén viñera a botar a merecida bronca. Pero como dicía a miña avóa "Deus castiga sen pau nin pedra". O calexón non tiña saída e tiven que volver pasar outra vez polo cemento, e desa vez si que asomou alguén. Pedin desculpas o mellor que puiden, sen deixar de correr a lume de carozo.
Por fin atopei a saída cara Dr Corbal. De alí á Travesía da Oliveira para cruzar a Avenida da Mariña Española ata a Baixada a Ríos. Por non parar o garmin nin parar eu, pasei de recuar cara o paso de cebra. Atallei de frente, xuraría que naquel momento non pasaba ningún coche, cando caio na conta de que acaba de frear un pola miña dereita. Outra ración de desculpas por mímica mentras lisco cara a Baixada a Ríos.
Conócese que aínda non levara ración de abondo. Xusto na curva para coller o Camiño da Igrexa ven unha furgoneta ancha pisándolle un pouco mais do que debería nun sitio coma ese. Típico lugar estreito sen beirarrúa nin arcén. Pegueime ó muro coma unha lapa, encollida de brazos.
Con tantas idas, voltas, paradas e sustos, o tempo foise indo . Para estar de volta en casa antes das 3 , tiven que acortar. Xa non baixei pola Rotea, tirei polo Camiño Real, e na primeira costa cara a dereita que atopei, tirei para arriba para coller a Avenida de Galicia, mais ou menos á altura das Catro Pontes.

O garmin andaba baixo de bateria e só rexistrou os 16 primeiros minutos de todo este caos. Tiven que pasar dos satélites e deixalo só como reloxo normal. Aproximadamente 44 minutos correndo, cun ritmo medio probable de 6 min/km.

En fin, tamén dicía a miña avoa que "nunca choveu que non escampara". Así que despois dunha xornada coma a de onte, tiña que tocar unha coma a de hoxe para compensar: Recuperación muscular (e anímica) nun bar calquera de Santiago, unha milanesa de polo no prato, escoitando en vivo e en directo as habilidades de Mr Ed , os detalles da Ironman das Pontes e a esforzada vida dos triatletas. A Harley fora, candada nunha farola ben vixiada, suscitando a curiosidade dos turistas... A ver se é verdade que a vindeira xornada (en Coruña, Vigo ou Santiago), é coas zapatillas postas. Un obxectivo ben motivador para as nosas axendas deportivas.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 21 Mai 2017, 12:24
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Eu apuntome o de por as zapatillas pero para non desentonar .volos dous levadesme moitos anos de experiencia en esto de correr
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 22 Mai 2017, 12:33
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Actualizamos.

Onte tocou a terceira saída da semana. Confeso que non tiña ganas ningunhas, e que só fun capaz de sacudirme a nugalla a iso das 20:30. Por unha banda o corpo pedía ir ó seguro e tirrar cara Chapela pola ruta habitual. Pero ó final picou o orgullo e decidín repetir o que tiña previsto facer o venres (A Guía- Arealonga), a ver se desta volta no había erros, sobresaltos nin infraccións.

En xeral todo tranquilísimo, case sen tráfico. Paseantes de cans, os xustos, algunha que outra parella rematando o seu paseo dominical, e ata dous rapaciños de non mais de 20 anos correndo tamén polo Camiño da Igrexa.... e unha corredora!! Empate técnico de 50%.

Iso sí, as pernas pesadísimas, como non podía ser doutro xeito despois de toda unha tarde sentada adiantando traballo diante do ordenador. Con todo iso no tramo final, case de noite e con mais fresco, logrei apretar o ritmo algo mais. En total 11.100 metros en 1hora e 5minutos. Ritmo medio aproximado de 5:51 min / km. Tendo en conta o estado de ánimo e as costas entre Arealonga e Avenida de Galicia, aínda menos mal.

Remata a semana con 28 km. Dareime un aprobado alto.
EnriqueC

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
24/01/17
7 Carreiras
200 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Lun, 22 Mai 2017, 12:38
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

wow
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 24 Mai 2017, 9:00
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

EnriqueC escribió:
wow

Grazas por saúdar e polos ánimos, Enrique. Nunca sobran .
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 24 Mai 2017, 9:12
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Non vou a crear polémica. Xa sabemos que a verdadeira "Escuela de calor" é Sparkland, onde teñen estudos superiores, másters e campus de excelencia.

Pero aquí en Oliveville tamén temos un bo nivel de Primaria e Secundaria no tocante a temperaturas altas. Entre a sesión de ximnasio ás 4 da tarde, e os trintaetantos grados das horas seguintes, quedei baldada. Hoxe pola mañá pegáronseme as sábanas con Loctite, e cando por fin acordei de calzar as zapatillas xa só me quedaba media hora útil, que empreguei no circuíto da Guía.

Pernas pesadas, ambiente xa pesado ás 9:30 da mañá, e o que nos queda por diante. 31:15 minutos para facer o que noutras circunstancias tería feito en 28 ou 29.

O plan da semana queda de novo moi apretado. Como o venres ó mediodía me toca ir a Madrid e non volvo ata domingo pola noite, a segunda e terceira saida semanal terán que ser mañá e pasado, de mañá cedo... Tes razón, Freaky, a miña axenda é un burato negro con pescozo estreito de funil.
EnriqueC

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
24/01/17
7 Carreiras
200 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mér, 24 Mai 2017, 9:23
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

En Madrid un lugar muy bueno para salir a correr es la Casa de Campo. En la Parrilla del Embarcadero. Una bonita vuelta por el lago (son unos 6 km aprox) www.google.es/maps/pla...-3.7323663
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 24 Mai 2017, 12:29
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Graciñas Enrique. seino... Pero a miña viaxe a Madrid é de traballo e estarei recluída facendo planificacións varias en certo local de Galapagar sen posibilidade de calzar as zapatillas , snifff
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 25 Mai 2017, 8:59
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Segunda saída da semana. 6:30 da mañá, volvendo ás orixes.
Muñequeiras reflectantes e uniforme de verán. Xe ra case de día, xa facía calor. Pernas pesadas e ritmo cansino. Todo o corpo feito "unha máquina inficiente", que diría Papa-Léguas. Pouco rendemento mecánico e moita disipación de calor.
Na volta do alto da Encarnación o cronómetro xa marcaba 29 minutos longos. Ó chegar foron 54:11minutos, a un ritmo de mais de 6min/km, PMM desde hai polo menos tres anos.

É o que hai.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 26 Mai 2017, 8:37
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Terceira saída da semana. A tronada fíxome quedar a pensar que facer. Realmente na cama estábase moi ben... En vista de que non paraba de diluviar, e que xa non me quedaba moito tempo de marxe, houbo que botar man do último recurso : 10 voltas pola Balbarda.
Pasei de coller o Garmin, non fora que se me enfermase outra vez coa humidade. Ademais, para qué rexistrar un dia mais ritmos cansinos en lamentables.

Agora toca fin de semana sedentario total, entre as horas de tren e as de reunión. A ver se polo menos me toca habitación individual na que poder facer estiramentos con certa libertade ( e que me quede marxe de tempo e ganas de facelos)
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 26 Mai 2017, 14:56
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meigalicix escribió:

Muñequeiras reflectantes e uniforme de verán.

Eres una influenzer. En poco tiempo nos ponemos en instagram y lo petamos Meiga.

Yo me llevo mi pulsera.

www.cotilleo.es/paula-...l-momento/
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 28 Mai 2017, 8:05
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: "All about Meiga"

Hoxe síntome un chisco como Eve Harrington, lucindo unha apariencia de moza boíña e inofensiva, pero comida por dentro polo verme da ambición e o exceso de amor propio.

En medio deste fin de semana madrileño forzoso fun logrando atopar momentos libres, porteime ben e fixen duas tandas de estiramentos diarias , e as rutinas de flexións entre horas. Ata aí o lado bo.

O caso é que onte pola noite doume por revisar os resultados da Carreira do Couto, por ver como quedaran os nosos "irmáns Brownie" e algun que outro sparklandiano.... E entón decateime. Realmente xa o tiña diante da vista desde a última San Martiño, pero non fun quen de admitirlo ata onte: Teño unha archirrval. Unha archirrival de verdade, con cara, nome e apelidos, e unhas marcas que non paran de mellorar. Na San Martiño entrei diante dela , con 11 segundos e 9 postos de diferencia na xeral feminina. Nas veteranas cincuentonas estamos aí á par. Na Carreira do Couto de onte case fixo podium. Quedou cuarta por menos dun minuto, e fixo un ritmo neto de 4:59 en 6 km . Tenme impresionada. Alégrome moito por ela , pois sei que o traballou moito, e ten quen a axude.... Pero teño que confesar que á par diso , teño unha especie de verme por aí no fondo que me pica, e me di que teño que pelexar a fondo por volver a correr unha de 10 km a ritmo de 5:09 como nos meus días de gloria, e como moito entrar á par e nunca detrás na liña de meta... Eu, que son unha chaíñas, pensando nestes termos???... En fin admito consellos e suxestións dos que estades afeitos ás archirrivalidades . Isto para min é novo. Espero non deixarme arrastrar polo lado escuro.


Última edición por Meigalicix o Dom, 28 Mai 2017, 14:08; editado 1 vez





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos