Foros ›
Autor
Mensaxe
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 20 Feb 2017, 18:29
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Vengo a lamerme las heridas a la favela, donde los corredores siempre somos siempre bien recibidos.
Apreciada Meiga. Por tus fuentes te supongo bien informada....
"Corrí como nunca, Perdí como siempre...".
Jornada agradable postcarrera departiendo amigameblemente con archis de mentirijillas...
Lo peor... Dª. Pequeña Criatura me calificó de "perfecto caballero....". Yo que llevo toda la vida intentado ser un "Canalla" y se me ve a la légua (de Papá) que soy un "pagafantas".
En fin... Seguiré estudiando al Mejor...
www.youtube.com/watch?v=oRMsD8nRlUI
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 20 Feb 2017, 23:42
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Benvido pola favela, Don Andres, sempre " citta aperta".
Non vaia a pensar que tiven moitos informadores privados desta vez. E como me fallou internet aínda non fixen todo o uso que quixera das fontes públicas.
Aquí en Oliveville sabemos moi ben o que é competir coma nunca e perder coma sempre ( non só grazas ó Celta senón por outras moitas cousas). Así que pode vostede lamberse as feridas comodamente. Pero seguro que non han de ser tantas... E non malinterprete as palabras de Pequeña Criatura. Expresarse en extremos é só un xeito de falar. A realidade é máis complexa e chea de matices, nin cabaleiros nin canallas, nin triunfadores nin pagafantas, nin federados nin populares, nin podium nin fóra de crono, nin 14 de febreiro nin morrer de amor como Sabina, porque en xeral somos unha mestura de todo iso... Ah, si, que esto é o meu diario , pero non o de Meigiett Jones, senón o deportivo...

Vale, pois hoxe sesión de ximnasio por fin. Notei o parón da semana pasada, e Jota tiña ganas de dar caña. O das planchas incriblemente aínda o vou facendo pero os de cuadriceps lévoos fatal. Parecen unha parvada de exercicios, a cando el os explica con esa gracilidade de Billy Eliot facendo a carpa da escena final, pois ata parece que é pan comido,pero vas alá e as pernas néganse. Hoxe por vez primeira nestes seis meses perdooume a terceira serie da penúltima tanda de exercicios porque me viu sen folgos. Agradecinllo pero tamén me doeu no amor propio pinchar diante do profe. Mañá maniotas para almorzar Chorando
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 25 Feb 2017, 23:22
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Rescato o meu diario do farolillo de cola.

Foi esta unha semana no dique seco forzoso, de horas e máis horas extras de traballo. Moi entretido isto de refacer documentos porque non se axustan ó estandar nin á lexislación vixente.180 páxinas. Tiña que ser todo para o 23, e entregueino o 24 ás 8 da mañá. E se non vale como vai redactado desta vez, que me deteñan , coma á de David Cibera, pero outra semana coma esta non a volvo a pasar. E dígoo o puño en alto como a Scarlett O´hara, poñendo a Deus por testigo.

Hoxe por fin foi posible sair cara Chapela, máis ou menos sobre as 7:45 da mañá. Pensei que despois de 6 días as pernas xa non responderían, pero fun arrincando e tirando para adiante. Coma sempre algunha molestia no lado dereito, pero pouca cousa, e a medida que ía avanzando, boas sensacións de pernas e de tórax... Ó final vou ter que agradecerlle a Jota o moito que me tortura cada luns.

Aínda que ía sen gafas, había claridade de abondo para poder distinguir un pouco os números da pantalla do Garmin. Animoume bastante ver que non ía forzada e que aínda así os ritmos en llano eran de de 4:50 min/km e que nas costas non caía de 5:40 ou similares.

Efectivamente, cando cheguei a casa o Garmin marcaba 48:47 minutos totais. Debe facer ben 6 meses que non o consigo.

Certo que a semana vai rematar con só dúas saídas e un escasos 18 km, pero se maña repito crono , sentireime un pouco menos Gloria Swanson (Don Andrés sabe por qué o digo)
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 26 Feb 2017, 18:09
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Querida amiga..18 km ė unha mórea de km...non deixes ca burocracia te afogue en papéis..
Teñoche una nova(hoxe corrin correu 10 minutos en cinta)pouquiño a poco que o importante ė non estoupar
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 26 Feb 2017, 20:02
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Si que lo sé Meiga... Si que lo sé... Disimulando
www.youtube.com/watch?v=yIyDYQjf6Vo
Le diré que la noticia sobre "El Crepúspulo de los dioses" se ha visto muy exagerada en "otro" Diario. La verdad es que cansados pero gozamos de buena salud... Molón
Felices Entrenamientos para Vd y sus lectores (Sobre todo a Corrín).
Pd: Espere Crónica Gatuna para enterase de "su" Versión sobre C21. Espero que publique foto de su disfraz. Tremendo. Se lo juro. Ese Hombre no da puntada sin hilo (en su máquina de coser portátil)...
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 26 Feb 2017, 20:36
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Segunda e última saída da semana, máis ou menos na mesma hora en que unha selección de foreiros e habituais dos diarios chegaban á meta en Coruña.

Poalla fina + 14ºC = bochorno subptropical + transpiración... digamos que ese sería un bo resumo técnico. Fun maldecindo o uniforme de inverno a cada minuto. Evidementemente as sensacións foron peores ca onte, pero como me prometera a min mesma non empeorar a marca, funlle dando caña todo o que me permitiu o glúteo dereito.

De camiño fun confirmando algo que lle levo dando voltas un tempo. As Asics sempre me quedaron algo frouxas a pesar das plantillas, e iso acaba por notarse á hora de pisar. Onte e hoxe puxen as Adidas vellas, que ultimamente deixaba só para ir ó ximnasio. Están moito mais gastadas pero noto que o pé vai mais seguro. Estou considerando a idea de volvelas a levar para a Vig Bay ainda que sexan vellas... No medio destes e outros moitos pensamentos por fin vinme xa enfilando de volta para casa... e o Garmin marcaba un crono 48:13, un chisquiño mellor ca onte. Asi que doua a semana por boa, aínda que quedase escasa con respecto ó plan inicial.

Graciñas polos comentarios Corrin. E Don Andrés, xa lerei a crónica gatuna no seu momento (fotos do disfraz xa me chegaron de primicia por outras vías), pero de momento comentar que xa entrei na páxina de Carreiras Galegas a ver a clasificación, e penso que fixo vostede un tempo moi digno, que xa quixera para si algún que outro archirrival.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 03 Mar 2017, 22:12
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: "Chove chove, na casa do probe..."

Despois da sesión de ximnasio do luns, prometérame por escrito na miña axenda sair mécores, venres e domingo.

Pero sempre se complica todo... Se cadra podería incluir carreira doble pola Baixada a Ríos que me tiven que meter onte, vestida de paisano, co abrigo e mochila ó lombo, indo e vindo da reunión do Plan Comunitario de Teis,traendo e levando información duns para outros. David contra Goliat, a veciñanza da favela toreada e ninguneada nesa especie de partida de billar a 3 bandas que se traen a Xunta, o Concello e Zona Franca.... Como se non me chegase xa coa casa, a horta, o traballo, a familia, eu mesma. Pero aí estamos, non queda outra, a voltas coa "mágoa da ferida allea", como Celso Emilio.

Así que a primeira saída da semana foi hoxe, 10 voltas pola Balbarda, ben pasada por auga. Non collin o garmin por non tentar a sorte e que acabase con outra crise de humidade. Tampouco habería demasiado que cronometrar, hoxe tiña o día "galápago" (por aquelo de ser tartaruga de auga).

Aplicándome o meu propio método, deixo anotado aquí que toca sair mañá e pasado , de mañá cedo e tirada longa , que xa queda menos dun mes para a Vig Bay e non pode ser tanto andar de folgar
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 04 Mar 2017, 22:22
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

"Crónicas da favela: Non deixes para a tarde o que poidas facer de mañán".

O cerebro despertou coa alarma do reloxo pero o corpo negouse a madrugar. Polo tanto houbo que refacer o horario, e viñan sendo as 18:15 cando por fin enfilei para Chapela... É a hora que menos me gusta, porque a dixestión aínda está a medio facer e o corpo pesa un mundo. Pero non había outra hora.

Ceo despexado, e sensación de frío que axudaba a espabilar as pernas e ir tirando pola costa de Buenos Aires. Pouco a pouco fun collendo ritmo. Nunca uso cascos cando corro, é o meu cerebro o que vai poñendo melodías por dentro segundo me vou relaxando. Eu teño uns gustos moi clásicos, e o normal é que me veñan á cabeza cousas como "Not fade away" dos Rolling, ou "Every body needs somebody" dos Blues Brothers, pero hoxe, non sei a conto de que, andaba atrapada coa bicicleta de Shakira. Unha premonición, aínda que non me decatei ata pasados 4 km... Foi nese momento en que tiven que saltar do arcén cara a beirarrúa para zafar dun paisano disfrazado de algo de Star Wars que ía empurrando unha carretilla tuneada de dispositivo de combate. Ós poucos metros rebasei a dúas rapazas vestidas de soldados do Imperio. Outros metros máis, e a melodía de Shakira xa non era un subproducto spam no meu cerebro. Realmente estaba sonando pola megafonía que tiñan instalada os de Chapela no Alto da Encarnación.

Parón en seco e tecla de pausa para o Garmin. Toda a zona estaba invadida de comparsas de vikingos con cornos, de cavernícolas , pitufos, remolques e camionetas transformadas en carrozas, todas en formación.... Pero non era que o Antroido xa rematara o mércores e agora tocaba Coresma? Que é iso de facer un enterro da sardiña fora de temporada? Non se supón que esta estrada tería que estar medio valeira un sábado pola tarde? ... Por un momento pensei en dar a volta e facer os 4500 metros que me faltaban polo mesmo camiño da ida. Pero xa metidos no fregado optei por seguir a trote discreto e suave por unha das beirarrúas,e adiantar a todo o escuadrón de comparsas, aínda aparcadas e sen trazas de ir a desfilar.

Pasada a curva do río Fondón xa estaba toda a pista despexada. Realmente foi facer un descanso de 600m . Tratei de apurar un pouco para recuperar o ritmo perdido. Pero as sensacións das carreiras de sobremesa é o que teñen, que parece que vas aí a tope, con ritmo vivo, e vas mirar e o Garmin marca 6:12 min/km.

Pero o caso era rematar dunha vez. O final todo quedou en 8.270 m, en 47:17, a un ritmo medio de 5:43, e o corpo do revés e sen folgos. Está claro que non se pode rematar de xantar ás 16 horas e sair correr a media tarde . Pero é o que hai.
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Dom, 05 Mar 2017, 13:58
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Factor importante el tiempo que ha pasado desde la comida. Yo si no ha sido muy pesada tras dos horitas ya estoy listo para correr sin sentirme "pesado".

Desde luego, ya te vale no ir disfrazada ayer. Mr. Green
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 05 Mar 2017, 14:33
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Como que non sain onte disfrazada, Beu?... Co meu disfraz habitual de corredora popular. Sinceiramente creo que era o que pensaba a m,etade da xente coa que me ía cruzando no medio do desfile...

En fin, hoxe volvín polo Alto da Encarnación na terceira saida da semana, e xa estaba todo como cada domingo. 8950m en 49:25 minutos. Un ritmo de 5:31, non é gran cousa , pero si mellor ca onte,,, porque sain antes de xantar, supoño.

Mañá descanso e pasado ximnasio.

Un dia destes terei que ir pensando en formalizar a inscripción na Vig Bay,
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 05 Mar 2017, 17:32
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Precio "barato" hasta el 14 de marzo.
Espero que coincidamos en la Carrera. ánimo Meiga. Hay que sacar tiempo debajo de las piedras... Lo sé....
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 08 Mar 2017, 22:01
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Onte ximnasio, e hoxe primeira saída da semana.

Levo dúas sesión que xa non me toca estar baixo as rode de Rubén ou de Jota, senón que teño unha monitora nova (nova no lugar e nova de idade tamén). Alba. Está claro que cada quen ten o seu xeito de facer as cousas, e que as comparacións son odiosas, pero onte ó sair diría que esta sesión con Alba traballando so tren dianteiro pareceume do mais "light". Iso pensábao onte.
Hoxe tiña maniotas novas do trinque na base dos glúteos e outros lugares, asi que tan light tampouco debeu ser.

Vanse notando as tardes mais longas. Saín ás 19 horas , para dar marxe de abondo á dixestión. Pensei que ía ter toda a hora con luz, pero aínda non... O que si tiven foi moito trafico , moito subir e baixar da beirarrrúa por mor dos paseadores de cans, dos que abría en pechaban as portas dos coches xusto ó ir chegando eu, en fin, nada que ver coa miña Chapela tranquila dos domingos ás 9 da mañá.

Por unha vez deume por facer censo. Tres ciclistas, e 6 runners en distintos puntos do traxecto , todos en dirección contraria á miña. Dúas mulleres (contándome a min). Aínda estamos lonxe da paridade escandinava en moitos sentidos.

Cheguei en 50:08 minutos. Ritmo, 5:37 coas Adidas vellas e sen plantilla nin alza. Seguirei probando estes días.
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Ven, 10 Mar 2017, 23:20
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Dato anecdótico: en las 12 veces que he salido a correr este año no me he encontrado con nadie más haciéndolo.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 11 Mar 2017, 20:18
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

"Crónicas da favela: Nunca el tiempo es perdido..."

...solo un recodo más en nuestra ilusión... En fin, a miña filla que de vez en cando pon Kiss FM, e pegouseme desde onte o estribillo do Manolo García.

Hoxe Costoume apartar as sábanas . Imaxino que o cansancio acumulado do traballo da semana, e o plus que lle metín o xoves pola tarde ó tren superior (enténdase entrenamento cruzado coa Viking cortando o céspede na nosa casa e na da miña cuñada).

Case tres semanas antes do cambio de hora, despois do calor de antonte, decicín cambiar eu xa ó uniforme de verán. O ceo estaba gris, pero frío non facía ningún.
Seguindo co meu debate interno sobre as zapatillas, decidín volver ás Asics. Certo que as Adidas vellas nun primeiro momento nótoas moi cómodas e adaptas ó pe, pero xa observei varias veces que chegado ó km 5 ou 6, o pulgar dereito roza demasiado. Se multiplico esa sensación ata rematar 21 km e pico, penso que a cousa pintaría bastante mal. Así que a decisión está tomada, correrei a Vig Bay coas Asics, sen plantillas nin alza, nin tobilleiras , e ata creo que sen compeeds (o ano pasado coa choiva molláronse, soltáronse e ó final foi peor o remedio que a enfermidade).
Entre pensamentos, pirguizas e deliberacións, acabei saíndo a correr case ás 9 da mañá. Para min que ía trotando ó ritmo de sempre, se cadra máis lixeira polo fresco do ambiente, indo con roupa de verán. Pero o Gramin á altura de lema y Marina estaba empeñado en dicir que ía a un ritmo de 9:15 ... Sería o non levar gafas? Estaría medindo en velocidade e non en ritmo? Por si acaso apurei un chisco máis. E no "falso llano" da recta do Cemiterio marcaba 5:25... a quen lle debería facer caso, ó Garmin ou á miña propiocepción?. Por si acaso seguín mantendo, para non chegar con moito retraso a casa , xa que ás 10:30 me esperaban nunha xuntanza no centro... Na costa do Faro de Vigo o Garmin marcaba 4:49, logo xa me fun estabilizando en 5:05 ata pasar o Mercado de Chapela. Confiaba e rematar así coma sempre, o comido polo bebido, e non pasar de 50 minutos, e non asfixiar demasiado.

Cando cheguei a casa, colorada, abafando, e parei o Garmin, case non o podía crer: 47:27 minutos, ritmo de 5:19. Debe facer case 2 anos que non facía un crono así. A tres semanas da Vig Bay tomarei isto como un bó sinal.

Agora que descarguei os datos do Garmin no ordenador xa se aclarou todo o misterio: Non sei que demo pasou no primeiro km cos satélites. O caso é que no mapa do Garmin figura que comecei a miña carreira desde Sampaio e San Xoan do Monte por detrás das instalacións de Aqualia, salvando un desnivel de 250 m antes de volver cara Teis... En fin, aínda que non se poida fiar unha da tecnoloxía , as sensacións e o corazón non minten. Así que vai ter razón Manolo García : "nunca el tiempo es perdido"
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 12 Mar 2017, 15:09
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Hoxe tocou a terceira e preceptiva saída a da semana, mais ou menos na mesma hora en que outros xa remataban de dalo todo en Camariñas, Porriño, e tantos lugares da nosa xeografía.

Sensacións do día: Sobraba o chaleco/cortaventos da carreira de Catoira. Tamén sobraba a alza no pé dereito. E para o meu gusto tamén sobraban 2ºC no termómetro, e tráfico no traxecto.

Non se trataba de repetir o récord de onte, pero tampouco de ir coma tartarugas. Ó final foron 49:06 minutos a un ritmo de 5:31. Censo 0 runners , tampouco ciclistas. Iso sí, na costa de antes das "4 Pontes" acompañaba un arrecendo xenuino a caldo de berzas con unto do máis motivador. En realidade creo que corremos por iso, pola reconfortante sensación despois da ducha, e poder comer logo sen cargo de conciencia.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos