Ven, 17 Feb 2017, 12:37
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)
Veña Corrín, seguro de que antes do que pensas estás facendo unha de 5 km en calquera lugar, ou unha andaina. Eses ánimos sempre arriba.
E efectivamente , Pollastre, "la niña" marcha a facer a súa carreira e o preparador físico marcha por aí ata a hora acordada, o malo é que non sempre en todos os sitios hai onde tomar unha cervexa ou un café. Pero non deixa de ser unha labor en equipo.
Pero vamos co tema deportivo en si... e o balance desta semana volve a dar negativo. Outra vez tiven que anular a hora de ximnasio para o luns que ven, marte e mércores xornadas intensas de moito traballo a sesion doble, e onte xoves confeso que tiña a roupa de deporte posta e non me apeteceu nada nadiña sair. Isto é o apocalipsis.
Asi que hoxe pola mañá, antes de entrar a traballar decidín que habia que sacar media hora de onde fose. Quedei na Balbarda, a trote cochinero sen mais pretensións que lembrarlle as pernas o que é moverse algo. A ritmo de 6:05 mais ou menos ... Será que o do glúteo dereito ten o seu toque reumático, porque desde que viu este amago de calor e primavera adiantada case non teño molestias.
Mañá volve a chover, e xa veremos. A intencion é sair cedo a Chapela, faga o tempo que faga. Esperemos que o método non caduque, e que xa con poñelo aqui quede esconxurado o ataque de nugalla que previsiblemente me vai dar mañá pola mañá.
De momento 1338 inscritos na Vig Bay, pero ata que non me avisen os colegas de que xa hai que reservar mesa para xantar en Torroña, eu de momento nin me preocupo polo tema, nin da inscripción, nin de planificar entrenos específicos. Se cadra tería que volver a retomar o das series e os fartleks ( se é que a tanto chegaba o que eu facía). Pero teño medo de volver sobrecargar e empeorar do glúteo outra vez.
Xa se verá ...