Foros ›
Autor
Mensaxe
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 14 Xan 2017, 15:55
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Método OSMIN. Pescado-verdura-agua. No sexo. Saltar coches.

Era así la cosa creo. Y el tío llevaba un gorro de ducha todo el rato puesto. Y te aparecía en el trabajo y tenías que ir corriendo con él vestida de enfermera.

Maravilloso.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 15 Xan 2017, 23:37
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Si sr freak era ese
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 16 Xan 2017, 8:14
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Desde logo que cousas mais raras vedes na tele , mozos. Iso, e a miña ignorancia consustancial... Non coñecía o método OSMIN, e visto así sobre o papel tampouco vexo que vaia co meu estilo Sorriso

Polo demáis, deixar claro que aínda que hai días que non entro, non quere dicir que estivese parada.

Esta fin de semana tocou reunión de traballo en Santiago, e botei de menos non estar en Lugo correndo a Nocturna de CCN, pero era o que tocaba.

Aínda asi podo alegar ó meu favor que si cheguei a facer unha saida en xoves e outra sábado pola mañá , completando así o minimo de 3... A outra cara da moeda foi que , para variar, andiven xusta de tempo e limiteime a facer saídas curtas pola Guía. A do xoves facendo o percorrido habitual. Pero o sábado quixen experimentar , e probei a facer o percorrido en sentido inverso, por probar aquelo de que a orde dos factores non altera o producto... Mentras tocou comezar pola Baixada a Ríos (baixando e non subindo, para variar) todo parecía pan comido, pero cando houbo que subir a Avenida da Mariña Española e a Travesía da Oliveira, xa me estaba arrepentindo seriamente do experimento, pero fun sobrevivindo.
O inexplicable chegou cando tiven que virar da Oliveira para Doutor Corbal. Mira que facía unha mañá de sol perfecta, chan seco, zapatillas ben axustadas e atadas, ningún obstáculo nin imprevisto no camiño... pero non sei como fixen que me vin de fuciños no chan. Saiume o típico xuramento de arrieiro do Araño, e botei as máns para frear o planchazo en tempo de desconto... Non pasou ninguén pola rúa nese momento , pero se alguén me chegase a ver diría que estaba tola... A única explicación que lle encontro é que ó meu corpo non se lle da nada ben iso de ter que facer un xiro pronunciado á dereita e indo costa arriba, así de republicanos e libertarios somos na favela de Teis.

Recuperada a compostura, e comprobado que só tiña un leve rabuñazo na palma da man dereita, seguín ruta subindo ata a carballeira, e saindo xa polo aparcamento antes da ermida da Guía... En xeral sentín que esta ruta inversa me facía sufrir máis, pero todo quedou compensado con creces no momento de facer a Avenida de Dona Fermina baixando, sol radiante e a silueta das Cíes ali diante coma un regalo para os ollos... Polo menos podo fardar de que a miña pecera particular ten unhas boas vistas (se fose tan apañada como Beu enchería isto de fotos, pero non teño esa habilidade)

E así todo en baixada e llana ata chegar a casa. O experimento deu como resultado que, aínda co tempo de freada pola caida, acabei facendo uns 20 segundos menos que indo no sentido de sempre, pero creo que de momento no vou repetir.

Hoxe pola tarde ximnasio e o mércores fisio. Con tantas voltas de traballo, viaxes e demais, aínda non acabei de facer de verdade a rutina de deberes que me mandara para estes 15 días , asi que me vai tirar das orellas, pero que lle imos facer. A carne e débil, e o espíritu ultimamente ainda máis.


Última edición por Meigalicix o Xov, 26 Xan 2017, 21:32; editado 2 veces
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 20 Xan 2017, 10:27
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Xa non era sen tempo ....

Primeira saída da semana en venres, iso xa di de abondo de como andamos organizativamente.

A fisio o mércores fíxome xurar que faría os deberes puntualmente, pero é que isto de flexións da perna tumbada cada dúas horas, coa miña vida laboral e doméstica é imposible, vamos, nin que estivese nun plató de rodaxe, estilo Lala Land, como para deixalo todo no medio do traballo e poñerme co asunto.

Polo menos fixen saída de 9 kilómetros, en pleno luar con ceo despexado, e ata estrelas, que coa contaminación lumínica viguesa non é doado velas.
51:35 a día de hoxe. Hai dous anos seguro que tería feito esto mesmo en 3 minutos menos, pero é o que hai. O importante é que a perna dereita non molestou case nada.
PequeñaCriatura

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/10/12
0 Carreiras
975 Mensaxes
Ferrol
Respostar citando Envío Ven, 20 Xan 2017, 11:23
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Con el frío que hace y el poco tiempo, ya tienes mérito. Yo hice dos salidas esta semana que hacen por la tuya, así que imagínate.

Sé que estuviste de cumple después de Catoira, porque lo comentaste, no sé si dijiste 20 días después, (o lo soñé), el caso es que me olvidé, hasta hoy. Felicidades con meses de atraso!!
No vale la pena echar la vista atrás. Lo pasado pasado está. El caso es seguir con buen ánimo hoy y que esa pierna deje de dar la lata...biquiños!
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 22 Xan 2017, 21:40
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Tranqui, Criatura, o cumpleanos foi o 12 de decembro, así que só pasou un mes e poucos días, e en calquera caso agradécese o detalle.

O da tregua da perna vai por días , vese que o frío non lle senta nada ben. Hoxe por fin puiden seguir (mais ou menos) a pauta de flexions que mandou a fisio, pero tampouco vexo eu moita melloría.

Polo menos remata a semana con 3 saídas. Non chego ós 23 km pero polo menos 3 saídas, sen ir excesivamente a peor no que a ritmo se refire, e a conciencia runera algo tranquila por iso.

Como moito 8 entrenos e 3 sesións de ximnasio antes da carreira do Rato. A ver canto cunden.
PequeñaCriatura

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/10/12
0 Carreiras
975 Mensaxes
Ferrol
Respostar citando Envío Xov, 26 Xan 2017, 12:30
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Xa non se me pasa para a próxima Guiño ...unha dúbida...irás a Padrón? Por ver máis que nada se por fin facemos foto finish Bailar
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 26 Xan 2017, 14:34
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Eso Meiga. Anímate Bailar Bailar Bailar Bailar
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 26 Xan 2017, 22:04
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: "Nin lesionada, nin en forma, senón todo o contrario"

Vale, a frase non é de todo miña (seguro que Don Andrés , que é tan retro para algunhas cousas, sabe cal é a orixinal sin tunear)... Pero é asi como me sinto.

Paseime a semán borrando eventos da axenda para poder facer frente a encargos de última hora: Unha reunión de formación o luns, outras dúas informativas o martes , e tan grave foi a cousa que o mércores, snifff, tiven que cancelar a sesión de ximnasio. Onte pola noite o meu corpo todo queixábase do estres e o sedentarismo forzoso do doble turno de traballo, e hoxe outro tanto... Pero dixen, xa vale. Aí sigue toda a pila de traballo atrasado que teño que entregar antes do 31 ós meus xefes, pero había que poñer as zapatillas xa.

Despois de varios días usando as Adidas vellas de diario con plantillas, hoxe volvín ás Asics , sin plantillas... Teño que revisar, pero creo que están a piques de cumplir os dous anos, a aínda que non fago demasiados kilómetros á semana non sei se estarán xa algo gastadas.

Supoño que todo axudou, as zapatillas , o agotamento destes días, o non ter saído desde o domingo... O caso é que fixen "peor marca persoal" no circuito de Chapela 53:22 minutos, coa sensación de correr a ritmo forte pero indo en realidade a 6 min/km. En fin, mañá será outro día.

E falando de días e calendarios, a carreira de Padrón creo que é o 18 de febreiro . Ese día tócame de estar en Gondomar, así que , Criatura e Andrés, a foto de familia vai ter que esperar. E ben que o sinto, que teño aí a espiña clavada e a conta pendente desde a San Martiño e a de Catoira... Onde si vou estar é en Lugo o domingo 12, na do Río Rato, que non sei que tal vos cadra á xente de Ferrol , ou se forma parte do voso circuito habitual.
PequeñaCriatura

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/10/12
0 Carreiras
975 Mensaxes
Ferrol
Respostar citando Envío Xov, 26 Xan 2017, 22:52
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Hoooola again!
Pues yo me animaría a Lugo, pero si tengo que ir el día anterior a por el dorsal me fastidia un poco...ya podían estirarse un pouquichiño... Confuso
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 26 Xan 2017, 23:42
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

PequeñaCriatura escribió:
Hoooola again!
Pues yo me animaría a Lugo, pero si tengo que ir el día anterior a por el dorsal me fastidia un poco...ya podían estirarse un pouquichiño... Confuso


Teño amigos en Lugo que me van coller o dorsal e non creo que tivesen maior problema por coller o teu chegado o caso.
Se te animas manda un privado e concretamos.... Mellor dito, xa me estás tardando en mandar a mensaxe que conto contigo en Lugo si ou si Bailar
PequeñaCriatura

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/10/12
0 Carreiras
975 Mensaxes
Ferrol
Respostar citando Envío Ven, 27 Xan 2017, 11:17
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Ay, ay, ay cómo me dejo liar...bueno, al final me apunté... ¡¡¡ARDE LUCUS!!!

No voy a ser la única, así que te mando privado cuando se una el resto, para molestar lo menos posible.

Titititi... Bailar
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 27 Xan 2017, 17:27
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Xenial !!!!!! Aplauso Aplauso
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 27 Xan 2017, 19:27
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Siento perderme el encuentro. Os vais a caer bien (Auguro).
Ya coincidiremos (Si consigues arrastrar a a peqcri) a la Vig-Bay. Hay un plan desde el Castro de Lobadiz (Ferrol) para ir en Microbus...
Si. Meiga. Reconozco el original.
No tiene mucho mérito...., ya sabes: "Ya sabe el diablo por viejo más que por diablo".
Otra cita/Adivinanza:
"Lo bueno de los años es que curan heridas. Lo malo de los besos es que crean adicción...".
Es fácil... acaba de sacar disco Silbar
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Ven, 27 Xan 2017, 22:25
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Yo quizás también vaya a la carrera de Lugo, que es una ciudad que me fascina. Podemos hacer una quedada en plan "reunión de lesionados anónimos". Moi feliz





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos