Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 15 Nov 2015, 22:30
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Un pequeno resumo do paso pola San Martiño deste ano ( para crònicas heroícas e extensas xa están o diario Gatuno e Papaleguense, que seguro que terán mais que contar)

Xa sabía que co conto da perna dereita, o catarro, o paso pola Behobia, é as poucas horas de entreno, esta ediciòn non ìa saír tan lucida coma outros anos. Magoa , porque para min fixo unha temperatura ideal para correr, fresquiño e anubado.

Con todo iso, a festa sempre està asegurada. Indo o día anterior sempre queda tempo para quedar cos colegas de Sparkland, e non ter que madrugar moito no día seguinte e chegar ben à fotoquedada.Este ano non chegou a tempo Doutor, pero si que estivo Sanmikel.

Con tanta multitude que eramos,xa non contaba de encontrame con máis ninguèn, pero, casualidades, cruceime con Beauvais o xusto para desexarlle sorte. É ata me atopei a Nando, compañeiro da expediciòn a Behobia a semana pasada.

Por suposto houbo quen me atopou a min ,e no medio da carreira, como Mary ( tamen da Behobia) que me rebasou sen esforzo en plena subida da Avenida de Portugal, e ainda con folgos para dar conversación. Unha crack de muller.

Entre unha cousas e outras, case sen pensar xa estaba saíndo da Ponte Nova, e tirando pola costa penúltima. Non quixen mirar o Garmin en ningún momento para non agobiarme. Último paso pola Ponte Romana e xa tramo final. Debaixo do arco 55 minutos e 4 segundos. No Garmin xusto un minuto menos, e na páxina de Championchip un neto de 54:01 Así que ese mínimo de sub 55 que me marcara podo dalo por cumprido.

Se ademais me quedo cos resultados oficiais, 19 de 60 veteranas +50. 320 de 992 mulleres ( bennn, xa somos un 20% é non o 10), E 3034 de 4538... Ata sona ben de abondo coma para darme un aprobado.Xa haberá outros anos para volver a facer ritmos de 5:09 e demais proezas.

vindeira parada: Catoira...


Última edición por Meigalicix o Lun, 16 Nov 2015, 6:13; editado 1 vez
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 15 Nov 2015, 23:01
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Ves como lo lograste!!!maquinaaaaa
Miraré la foto de la kedada a ver que guapos salis
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 16 Nov 2015, 9:36
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Bos días, veña rapaza, que estás que te sales. En menos de 15 días 2 carreiras.
Non existe forma de poder ir falar con calma aínda que sea 5 minutos. Sempre andamos apurados, quizais en catoria por o menos no quecemento.
Felicidades, foi unha gran San Martiño. Eu por o menos este ano disfruteina moito máis que o anterior.
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 16 Nov 2015, 19:32
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Un placer conocerte en persona y poder intercambiar 4 palabras en la Fotokedada.
Un Saludo para tus seguidores (yo soy uno más) y aprovecho para mandarle saludos y ánimos a Corrín que te trasmití personalmente.
Seguiremos coincidiendo. Yo al contrario que mi admirado Papá-Léguas si que admito Archirrivales mujeres Ríndose
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 16 Nov 2015, 20:26
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

alicia te localize en las fotos de runphotos,no se si te viste estas en el album3
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 16 Nov 2015, 23:09
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Encantada eu tamén Andrés ( e tes que perdoar que te chamase Nado un par de veces, é que son moi despistada). Acepto o da invitación de archirivalidade, pero se Papa-Léguas anda entre hamsters e coellos, eu debo andar entre caracois con muletas, asi que creo que só son rival para mi mesma de momento. Pero aí queda a idea e nunca se sabe, jeje.

E grazas por localizarme nas fotos Corrin, andiven ocupada e ainda non me puxera co tema. Terei que pagarte un plus de asistente persoal... E si, se me adiantou Andrés, pero tiña pendente mandarche os seus ánimos e saudos. Agora xo os tes por partida doble.

Hoxe tomei o día de descanso. Tal e como teño o horario mañá, creo que non vou poder coller as zapatillas... Pero do mércores non pode pasar ir a ata Chapela, e se ademais o deixo anotado aqui, xa sei que o compromiso é firme, senon xa haberá quen me tire das orellas.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 17 Nov 2015, 0:32
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Muchas gracias Andres por los ánimos.buenas noches que tengáis buenos entrenos
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 18 Nov 2015, 12:03
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Efectivamente cumprín co compromiso de sair hoxe... Pero sen tempo de abondo para ir a Chapela antes de entrar a traballar, quedeime unha vez máis na Guía... Saiume un crono de 30:07. Non está rematadamente mal, pero tampouco ben de abondo tendo aí ás portas a carreira de Catoira.

En Behobia mais en Ourense sabía que non ia dar o mellor de min, polo dos antibióticos, as plantillas aínda se correxir de todo, o menos número de saídas, as molestias na perna... Pero en Catoira faime particular ilusión volver a facer sub 52, coma o ano pasado, pero sei que o teño dificil no estado de forma que ando.

33 mulleres inscritas na carreira ata este momento ( o ano pasado non pasaramos de 15, fermosa progresión). De momento son a única +50 na lista, pero confío en que, para darlle algo de marcha ó asunto, por fin nestes días se inscriba Celina, do club de atletismo de Moraña, e compañeira de viaxe na Behobia... Seguro que aínda segue a recuperarse dos puntos que lle tiveron que dar nun corte no xeonllo, pero mancada e todo é capaz de sacarme varios minutos sen depeinarse.
Pollastre

Foreiro Senior
Foreiro Senior
10/01/14
16 Carreiras
508 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mér, 18 Nov 2015, 23:30
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Hola Meiga
Lo mío es muy fuerte, realmente. Llegué a la foto kedada con el tiempo justo, nos dispersamos enseguida y no te pude saludar. Puedes verlo, tú en Boston y yo en California. Para una vez que llego a la foto.... En fin. La novatada. Imperdonable Rezar . A ver si para la próxima.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 19 Nov 2015, 8:27
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Polo menos se saes na foto Pollastre, dime en que posición estás e asi te identifico. Eu son a que está diante á esquerda, con dorsal 624.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 20 Nov 2015, 23:27
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Crónicas da favela: A palabras sabias oídos necios

Seguimos con esta cruzada en contra da miña perna dereita, ou a favor, según se mire.

Pendente ainda os últimos retoques das plantillas, apalabradas algunhas sesións máis co quiropráctico, decidín complementar cunha sesión de fisio o pasado mércores... En conclusión, que teño a cadeira rotada pero iso è de toda a vida e non ten amaño , que a perna esquerda é a culpable do que pasa na dereita, que hai que facer pilates.e abdominais. .. E todo iso de conversa mentras me tivo 1 hora na camilla, tratando de estirar todo o estirable da anteperna dereita polo lado de diante.... Un tanto inquietante a masaxe destinada ò psoas ... porque.entraba a saco cos dedos na xunta das coxas producindo unha mestura de dor, grima e cóxegas. ..
Por suposto estiramentos obrigados e correr prohibido ata luns. .. pero hoxe Chapela chamaba insistentemente por min... E facendo caso omiso das advertencias saín correr... Resultado : 8880m en 51:16 minutos onde me sentín desfondando . Polo menos a perna nin mellor nin peor que o mércores o saír da fisio. .. En fin, algún día volverei a facer isto mesmo en 49 minutos, espero.
Para redimirme mañá cedo farei abdominais.
Pollastre

Foreiro Senior
Foreiro Senior
10/01/14
16 Carreiras
508 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Dom, 22 Nov 2015, 13:44
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Meigalicix escribió:
Polo menos se saes na foto Pollastre, dime en que posición estás e asi te identifico. Eu son a que está diante á esquerda, con dorsal 624.

2956. Ya te digo. Cada uno en una punta. Así no hay forma
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 22 Nov 2015, 21:11
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Crónicas da favela : "Azul e negro"

Negro, o tramo da costa de Buenos Aires esta mañán, que no daba movido o cú en condicións, floxa de caixa e floxa de pernas.

Azul, a sensación de esperanza e optimismo cando ó rematar reviso o Garmin e vexo que sairon 49:17 minutos no entreno de hoxe. Había ben tempo que non o lograba, ainda que hoxe foi a costa de moito forzar.

"Azul y negro" eran uns tecno-pop que cantaban aquelo de "No tengo tiempo para pensar, no tengo tiempo de programar"... Pois asi estou, que non me queda case tempo para a carreira de Catoira, que é o domingo que ven.

A ver como programo as saídas, e se logro alternar algo de quiropráctico de por medio... Polo menos facer un papel digno, e rebaixar un pouquiño os 54 minutos da San Martiño, a ver...
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 22 Nov 2015, 22:23
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Alicia seguro que la carrera de catoira te saldrá fenomenal y s lo mejor le pones vino en la mesa a tus padres en una copa especial.:))
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 24 Nov 2015, 10:41
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Crónicas da favela: "O corpo as fai e corpo as paga"

O propio sería ter saído luns, mércores e venres, sábado descanso e domingo carreira. Pero a tarde de onte foi complicada, así que hoxe madruguei. Non quixen forzar , pois as molestias do lado dereito onte foron un pouco a máis, supoño que por darlle tanta caña o domingo. Saíron 8920 m en 50:39 minutos, ritmo 5:41 min/km.

A idea é sair tamén mañá, e o venres.

Polo demáis, coma sempre, por pasar o tempo, voume facendo as miñas quinielas mentais. 50 mulleres inscritas na Carreira de Catoira. Todo un éxito tendo en conta que o ano pasado debiamos ser só 15. A meirande parte delas mozas noviñas da categoría absoluta, xente de clubes que ven puntuar. Asi que vai a haber nivel. Se quedo entre o posto 30 a 35 xa sería bo (nin me atrevo a soñar cun posto 25)... O da categoría +50 feminina é xa outra cousa aparte. De momento estamos só anotadas Celina mais eu. E Celina é moita Celina, con ou sen ferida con puntos no xeonllo, como correu hai 15 días.

Certo que o ano pasado quedei eu por diante dela, pero o ano pasado eu estaba como unha rosa (e a dia de hoxe estou de prognóstico reservado)... Así que imaxino que este ano me sacará polo menos 5 minutos de vantaxe, e non dará nin para facer unha especie de amago de archirrivalidade frustrada, como a de Nandopr e Doutor na Behobia, e os famosos 38 segundos da discordia.

O meu cerebro ten iso moi claro e asumido, pero con todo, noto que de vez en cando algunhas neuronas se me rebelan, e andan por aí a matinar en que posición me deberei poñer desta vez na saída, e como sacar proveito do tapón que se vai facer na primeira costa entre a Corredoira e as Lombas, nese primeiro kilómetro, e zafar habilmente como fixen o ano pasado... En fin, mentras se pensan estas cousas un se distrae dos disgustos da vida, pero sinceiramente , a quen pretendo enganar, eu, que no gráfico de Papa-Leguas estaría escasamente un milímetro por diante do Gallimimus e a unha distancia palpable do último caracol...

A ver que tal sae o entreno de mañán.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos