Foros ›
Autor
Mensaxe
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 10 Xul 2015, 16:26
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Oye meiga pues es una suerte lo de la esterilización gratuita .No se,como te da el cuerpo para hacer tantas cosas,huerta,correr,casa...Ajora disfrutaras de una merecidas vacaciones ...ah y pasalo muy bien este donde....nada de zapatillas toca poner taconazo y dejar "pasmado"al marido con el modelito.....
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 12 Xul 2015, 20:20
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Por fin unha semana que remato co mínimo das 3 saídas, Finalmente a do xoves a cambiei para o venres pola mañá, e hoxe domingo outra vez de mañá. Chapela, para non variar.

Non dou baixado dos 50 minutos nunca (venres 50:26 e hoxe 50:30). Sería doado botarlle a culpa ó calor, ou ás case 14 horas de coche que me metin con de ir e volver á boda en Madrid... Pero non, simplemente non estamos en racha e xa está.

O martes máis.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 15 Xul 2015, 16:08
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Primeira saída da semana. Chapela ás 7:30 da mañá. Boas sensacións pero resultados grises. 8900 m en 51:50 minutos, a un ritmo de 5:49 min/km.

No panorama, cabos soltos de diverso tipo, coas datas das vacacións como telón de fondo: Por unha banda vai para un mes que chamei ó concello polo tema da esterilización dos gatos okupas, e no dan sinais de vida. Son capaces de chamarme co tema de que veñen a atendernos o 13 de agosto que é cando marchamos.

Pola outra banda, falando cos colegas do barrio, entereime que a Carreira das Areas de Carnota este ano é o sábado 29 de agosto... e nos volvemos da viaxe de vacacións o xoves 27 case ás 12 da noite, se as distintas compañías aéreas das que dependemos non nos deixan tirados nalgún punto intermedio.

As cabras tiran ó monte, xa se sabe, e foi inevitable que se me encendese unha luceciña dentro nada máis escoitar as datas... Faleino co meu "preparador físico", pensando que tería un pouco mais de sentidiño ca min, pero en contra do que eu pensaba, díxome: " Mira que ben, que asi chegas a tempo para ir correr a carreira e ainda podemos pasar unha noite en Louro, total ata o 1 de setembro non entramos a traballar"... Desde logo no me podo queixar do apoio doméstico que teño nesta tolería miña.

O caso é que xa teño metido o formighillo no corpo, e ando xa a darlle voltas de como podo sacar 6 días de entreno entre o 13 e 27 de agosto, sabendo que a última saida que farei será o 25 de agosto, e que estarei 3 días sen correr ata a carreira, pero que teño que levar fondo de abondo para poder facela en 56 minutos ( logralo en menos xa me parecería un acto de heroísmo insospeitado).

Calquera sabe que pode pasar de aquí a alá, pero o caso é que a decisión xa está tomada, por todo canto dixen, e por unha razón máis, de peso definitivo: A edición deste ano recauda fondos solidarios para Asociación Española contra o Cancro. Polo que teño que estar o 29 de agosto en Carnota si ou si.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4269 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 16 Xul 2015, 9:46
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

51 minutos. Xa verás. La anterior fueron 52, creo. Pos eso.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 16 Xul 2015, 16:12
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

freakyrunning escribió:
51 minutos. Xa verás. La anterior fueron 52, creo. Pos eso.

A túa fe incondicional conmóveme, dígocho en serio. 52 minutos para un 10 km en asfalto ata podería ser, pero na praia de Carnota hai moitiiiiiiiisima area, chea de pozas e regueiros onde frear os pes, con sorte 5 km levas o vento a favor, pero os outros 5 o levas de cara, coma un muro. E todo iso a 20 ou 25ºC entre as 11:30 e as 12:30 da mañá ten a súa complicación. En Carnota sempre fixen tempos de 55 a 56 minutos ou máis... Outra cousa é que o resto das cincuentonas das dúas últimas edicións corresen menos ca min, e iso me dese certa sona (para algúns) de ser a galiña que mandaba no poleiro. Pero non se pode vivir de rentas.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 17 Xul 2015, 21:26
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Segunda saíada da semana. Chapela ás sete menos cuarto da tarde. Segundo o Garmin, non subaiamos dos 24 ºC, pero o meu corpo chegou suando a mares comos se estivesemos a 28, tal era a sensación térmica... Polo menos cheguei viva. Ritmo de 5;51 min kilometro. Está claro que hai que sair mellor ás 7 da mañá...
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 19 Xul 2015, 21:46
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Terceira saída da semana , xa en tempo de desconto, só 10 voltas pola Balbarda porque as obrigas familiares non deixaron tempo de máis. 5260 m en 32:43 minutos a un ritmo bastante lamentable (coma sempre que saio na Balbarda) , pero polo menos a semana remata con 3 saídas, algo é algo.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 20 Xul 2015, 12:07
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

muy bien esas 3 salidas
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 22 Xul 2015, 23:12
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Algunhas coma a Belén Esteban matarían polos seus fillos... Eu non chego a tanto (que non son princesa de pueblo nin teño tanto glamour). Non mato polos meus fillos, pero si que me deixo matar por culpa deles con certa frecuencia:

"Mira, que marcho de vacacións coa moza unha semana, e van vir os de R a instalarme internet a primeira hora , e un dos meus colegas a coller unhas cousas, e... encárgaste tí??".

Os que aínda andades na fase de pañais e mocos, o na das malas caras da adolescencia , xa vedes que clase de cousas vos poden esperan na fase seguinte do videoxogo

Así que entre unhas cousas e outras ata o mércores no foi a primeira saída da semana. Chapela entre as 8:30 e as 9:30 da mañá. Suor de abondo, coma sempre, pero as sensacións non eran malas de todo. Pensei que rebaixaría algo o crono por fín ,pero non, outra vez 52:10... Parece que o 52 xa se está volvendo algo inevitable... 52 minutos no crono, 52 kg de peso, case 52 anos no carné de identidade... Debería vivir no 52 e non no 31 da miña rúa... Non, mellor debería de vivir na rúa 52 de NY, pero cando aínda existía a Swing Alley, e se cadra aínda me cruzaba cos Aristogatos cantando aquelo de "Todos quieren ser gato Jazz"... Coincidencias, sinais, isto eche todo culpa de estar vendo onte "Serendipity" tumbada no sofá en vez de facer unha tanda de estiramentos.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4269 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 23 Xul 2015, 8:01
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Videoxogo. Sí señora. Yo en la fase 1. Tu ya estás en las pantallas del final, cuando acaba el juego y liberas a la princesa.

El problema es que el puñetero videoxogo non remata. Eso no lo saben los que no hicieron eso de "insert coin".

No desesperes con los tiempos.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 24 Xul 2015, 17:17
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Este día comezou poallando persistentemente. Dado que non estaba día para continuar co ritual de poñer a clareo no chan do patio as mantelerías e e sábanas da casa da miña sogra , pensei que si estaría unha boa mañá para facer a segunda saida da semana.

A verdade é que se estaba ben, 20ºC, as pingas de auga fresca dando na cara coa suavidade dos ventiladores con aspersor. Pensei de polo menos facer un sub 52, pero ó chegar a casa vin que a cousa quedou en 52:56, peor aínda que onte... Non desespero Freaky, pero sempre motiva algunha pequena mellora de cando en vez.
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Ven, 24 Xul 2015, 17:57
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Interesante el tema del videojuego Aplauso . Yo todavía sigo en la pantalla que da a elegir entre uno o dos jugadores.
Pero algo me dice que no se debió cargar bien del todo, porque una y otra vez presiono la tecla Y (yes), pero no pasa nada... Pensando

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 27 Xul 2015, 16:47
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Papa-Léguas escribió:
Interesante el tema del videojuego Aplauso . Yo todavía sigo en la pantalla que da a elegir entre uno o dos jugadores.
Pero algo me dice que no se debió cargar bien del todo, porque una y otra vez presiono la tecla Y (yes), pero no pasa nada... Pensando

Non lle deas maior importancia, Papa- Léguas. Ata onde eu controlo do videoxogo, as teclas activanse soas cando un menos o pensa...
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 27 Xul 2015, 17:09
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Crónicas da favela: Emisión en diferido

A terceira saida da semana fíxena o sábado . Ten razón o Dr Slump que o "modo Meigalicix" é facer a terceira en domingo, e a ser posible con compoñente sociofestiva, pero tocaba ir a Catoira, a estar cos meus pais e tiven que cambiar a pauta habitual... Logrei facer o circuito de Chapela en 50:56 minutos, despois de tantos días de estar por riba dos 52 minutos case o considerei un triunfo.

Hoxe luns pola mañá aproveitei a estadía catoirense para facer cola na sala de espera do fisioterapeuta local. O asunto era acompañar á miña nai, que segue resentida dun costado despois dunha das súas caídas. Cando me tocou o turno o diagnóstico foi rápido e claro: Pinzamento lumbar. Tratamento tradicional de fregas de alcohol e ventosas de calor. O lombo e os glúteos quedaron coma unha seda, pero imaxino que con isto no vai a abondar. Terei que volver polo quiropráctico a que remate a faena... Iso si, dixo que nada de correr nunha semana sentar pouco diante do ordenador, e que en cinco días nadiña de varrer nin de andar coa fregona... Aí creo que si temos acordo total: O que me maza o corpo non é o que saio a correr, senón o moito traballo doméstico que cae enriba de min.... Mágoa que non me dese o tratamento por escrito, que lle pegaba unha copia a cada un dos meus fillos na pantalla do ordenador, a ver se iban captando a indirecta...
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 28 Xul 2015, 13:15
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Ay Alicia!!fuches donde o enrique ou ao neto do sr.ventura?
Eu fun al enrique fai uns anos menudo "emporio"ten.....está montado no dolar!!!!
Ah y moitas grazas pola chamadiña.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos