Foros ›
Autor
Mensaxe
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Mér, 07 Ago 2019, 21:56
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

No todos los días se acuerda de mí alguien en Kirguistán.

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Mér, 14 Ago 2019, 7:50
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Acabo de ponerme un poco al día en tu diario Srta. Meiga y leo con agrado que haces honor a tu frase.....SEN DEIXAR DE CUMPRIR....Siempre con las zapas por lo que pueda surgir.
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Mér, 14 Ago 2019, 12:46
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Si no te hacen control antiradiacción lo petas en las arenas de Carnota. Podium asegurado. Mr. Green
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 18 Ago 2019, 19:31
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: XXVIII Carreira das Areas de Carnota

A última entrada no diario foi do 7 de agosto. Dende entón so corrin ó sábado 10 e domingo 11, algo de exercicios en casa o martes 13 ,e unha saída media hora pola Guía o mércores 14. Iso foi todo canto puiden facer nos últimos días .
É xenial poder sair coa filla en bicicleta, coa cadela da correa, ou retando a un cachorro adolescente a batir marcas... Pero os entrenos cos ancestros por veces levan outros rumbos, e chega un momento en te ves, inevitablemente, de acompañante no tramo final da derradeira maratón .
Con toda esta equipaxe de esforzos, desentrenos e ausencias, cheguei a Carnota. Se remataba en menos de 60 minutos xa sería dabondo. O obxectivo hoxe era simplemente chegar con azos a meta.
Quen me dera que eses cinco entrenos por terras kirguisas a máis de 2000 m. me tiveran subido de verdade o hematocrito, pero ese tipo de cousas só pasan nas series americanas. Tocaba correr coa gasolina da reserva, e cruzando os dedos para que as molestias dos últimos días no tendón de Aquiles da perna dereita non fixeran acto de presencia. Por se acaso un pouco de Voltadol de víspera e pola mañá. E coidando un pouco as horas de sono, alimentación e estiramentos ( polo menos un chisco mais ca outras veces).
Pensei que as nubes da primeira hora da mañá ían seguir así e asegurar un pouco de fresco na carreira, pero xa as 11 había un ceo superdespexado e moito sol. Mal asunto.
Sobre as 11:15 xa tiña o meu dorsal. Dediqueime a quentar algo, afacerme á nova organización da saída no campo do hórreo, e de paso devolver o saúdo a Amina e Litho ( coma sempre, eu sen gafas case paso de longo , menos mal que eles si teñen boa vista).
De alí a pouco ,pistoletazo de saída, uns metros de trail por campo acabado de desbrozar, un par de costas pequeniñas pero traidoras , e xa o tramo de asfalto cara a praia, buscando un ritmo cómodo e o meu sitio na carreira, que viña sendo moi atrás pero non de todo.
Cara Maceiras vento a favor, e ó dar a volta o detalle da karcher dando folgos para encarar a longa tirada ata Boca do Río co vento en contra. Cando cheguei a recoller o primeiro botellín de auga vinme arriba , ademáis estaban ali os meus animando. Non importaba cantas pozas había que saltar nin o enchoupados que ían os pes. En todo ese tramo adiantei a un puñadiño de corredores. É o bó de ir tan atrás, só queda adiantar.
De contado xa o último tramo co vento a favor, mais ducha do coche de bombeiros para encarar o treito final de asfalto. Longo, solitario, pero a moito mellor ritmo ca outras veces.
Afortunadamente xa non había que facer a curva en costa arriba doutros anos ó pasar a igrexa. E xa por fin chegada a meta. Menos de 58 minutos. 7 de 14 na categoría +50 feminina. Ritmo de 5:48 en area, cando últimamente en asfalto os meus entrenos tampouco eran moito máis rápidos .
Obxectivo cumplido, e xa toca pensar no inicio de temporada, en volver pola fisio e o ximnasio despois de tanto tempo, e prepararse a conciencia para a do Berbés.
De volta a casa, un sofá desocupado, e unha voz que xa non está para preguntarme se gañei algo desta vez. Pero afacerme a iso xa é outra carreira de fondo que levará o seu tempo.
Simplemente que a xornada de hoxe vaia coma homenaxe
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Dom, 18 Ago 2019, 20:59
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Gracias por compartir, Alicia, un abrazo.

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Dom, 18 Ago 2019, 21:04
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Me alegré mucho de verte Alicia. Te mando un abrazo fuerte.
Pollastre

Foreiro Senior
Foreiro Senior
10/01/14
16 Carreiras
508 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Dom, 18 Ago 2019, 21:09
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Justo hoy estábamos de turismo por la zona, y a la hora adecuada a la que llegabas, ni antes ni después, se nos ha ocurrido visitar el hórreo de Carnota y me he encontrado el tinglado. Más casualidad imposible. Así que no te has dado cuenta pero te he saludado de refilón casi a la entrada en meta.
Mucho ánimo, Meiga. Las cosas de la vida se irán superando.
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4686 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Dom, 18 Ago 2019, 21:21
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Ya hacía tiempo que no nos veíamos,pero siempre es un placer hacerlo,porque eres uno de esos ejemplos que todos deberían tener,ánimo y enhorabuena por tu valentía.
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Dom, 18 Ago 2019, 21:22
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Felicidades por ese gran tiempo, pero especialmente por haber podido disfrutar de una carrera en un sitio tan especial. Además por lo que leo el lugar de salida/meta ha mejorado respecto al año pasado.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 19 Ago 2019, 13:34
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meiga eres una máquina. Noraboa, sigue con tu tiempo de entreno a ferrón, a pesar del que demandan los ancestros. Eles estarán encantados de que sigas siendo del 20%.

Te dejo un regalo.

www.planetatriatlon.co...ntal-race/

La historia define muy bien el papel de cada uno al afrontar un problema. Si profundizas un poco en el planteamiento de la carrera flipas. El espíritu práctico de Fiona, además de un estado de forma imposible, que le permite rodar 400 km al día (16 horas diarias), consiguió vencer la poca plasticidad del cerebro masculino, voy a decir, los cerebros masculinos.

Una historia cojonuda.
matogrosso

Multimedia
Multimedia
24/07/09
101 Carreiras
1348 Mensaxes
Aquae Urente
Respostar citando Envío Mar, 20 Ago 2019, 9:20
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

No hay ningún tipo de entrenamiento que nos prepare para esos otros maratones, aquí el hombre del mazo golpea siempre y en todos los kms.
Ánimo y un abrazo Alicia.

Homo homini gallicus canis
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Mar, 20 Ago 2019, 12:12
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Ánimo Alicia, un abrazo fuerte.

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Mar, 20 Ago 2019, 13:31
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Felicidades por la carrera Meiga Aplauso Aplauso Aplauso
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 22 Ago 2019, 23:35
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: "Inicio oficial da temporada"

Dalgún xeito volvemos pouco a pouco á vida normal na favela. Leo todas as mensaxes que me deixastes estes días e me invade un sentimento de gratitude. Por todos os ánimos que mandastes nestes días duros , desde Carregal, Coruña, Sparkland... e tamén polo cariño con que valorades algúns as miñas marcas, como Freaky, Nando ou Beu (o meu mellor tempo en Carnota está case 2 minutos por debaixo do que fixen este ano).

Onte por fin saquei media hora de trote , supostamente rexenerativo post carreira, sobre as 9 de mañá. Logo pola tarde visita á fisio despois de mes e medio. Dixo que o piramidal dereito estaba mellor que nunca, que as plantillas novas estaban a facer ben o seu traballo, e coa mesma púxose a traballarme o nervio vago a base de masaxes craneais, segundo ela co obxectivo de conseguir maior relaxación muscular e ter un tono axeitado para os entrenos. Mañá toca sir outra vez, a ver que resultado dou a sesión.

Xa toca volver o ximnasio tamén despois de case 2 meses, e un día destes facer a inscripción na carreira do Berbés, e marcar no calendario un "plan Ponds de recuperación da forma en 20 días", que o circuíto RunRun Vigo continúa, e algo haberá que contribuir para que o equipo siga de terceiro .
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 24 Ago 2019, 16:15
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela : "operación Berbés"

O plan debería ser o seguinte
24 de agosto: saída de 9 km mediodía
25 de agosto: saída de 9km media mañá
26 de agosto: estática, abdominais e reforzo de glúteos en casa
27 de agosto: ximnasio
28 de agosto : saída 9 km cedo
29 de agosto: exercicios en casa
30de agosto :saída 9 km
31 de agosto: exercicios en casa
1 de setembro : saída 9 km
2 setembro :exercicios en casa
3 setembro : ximnasio
4 setembro : saída 9 km
5 setembro : exercicios en casa
6 setembro: saída 9 km
7 setembro : exercicios en casa
8 setembro: saída 9 km
9 setembro : exercicios en casa
10 setembro: ximnasio
11 setembro : saída 9 km
12 setembro: físio, revisión
13setembro: saída 9 km
14 setembro : descanso e estiramentos
15 setembro : Carreira do Berbes

De momento xa está feita a primeira das 10 saídas previstas. 53 minutos a un ritmo cansino de 5:57/km. Certo que facía sol e que pesaban os días de intenso traballo de xardinería e horticultura, pero está claro que máis baixo disto non podo ir. A ver mañá.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos