Dom, 23 Xuñ 2019, 23:56
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)
Crónicas da favela: XXXVI Carreira Nocturna de San Xoán
O de nocturna serviría en Copenhague, pero aquí, na beira atlántica e con horario de verán, entre as 21 e 22 horas gozamos sempre dunha luz estupenda nestas datas. Certo que estaba algo nublado, pero nada da chuvia que agoiraban os medios oficiais hai un par de dúas. Polo tanto, temperatura ideal para correr, e aínda así sudamos.
Non tiña nada claro o que ía a saír esta xornada: Finalmente o venres non fixen nada de nada, e o volume total da Operación Xouba quedou en 65 km, non os 81 planificados, e todo un pouco a salto de mata, como ven sendo a miña vida en xeral. Para compensar, tiña a intención de ter feito esta tarde exercicios de reforzo de glúteos como preparación e quencemento. Pero ó final marchei de casa sen ter feito nada de descansos e estiramentos previos.
Din que isto de correr non é un deporte de equipo , como o fútbol ou o baloncesto... que enganados están! Detrás de toda persoa que correr en carreiras populares hai un impagable equipo humano que fai que iso sexa posible: Porque marchar a correr unha carreira supón que alguén ten que quedar na casa dando de cear e deitando na cama a cachorros e/ou ancestros, alguén que ten que levarte en coche e aínda logo facer se cadra unha segunda viaxe para levarte o chip amarelo porque non che dan un específico para a carreira como pasaba en edicións anteriores. Incluso alguén que che preste o móbil antes de quentar e tomar a saída para avisar algo urxente a casa. Alguén do equipo que te da azos mentras te adianta "Veña veña que vas moi ben" Alguén que te espere cunha camiseta na man preto da liña de meta para que non te colla o frío ... Sirvan esta liñas para expresar toda a miña gratitude a esas persoas que, de xeito habitual ou esporádico, fan posible que eu poida ser da partida nunha carreira.
Volvendo ós detallesdesta tarde, dicir que todo se foi desenvolvendo coma sempre. Carmafoto e quecemento na praza do Concello. Saída máis ou menos en punto, conservadora e prudente desde moi atrás. Intentando non derrapar en Romil co pavimento en obras. Facendo disciplina mental de non deixarme levar polo ritmo de outros e decicarme ó meu.
O tempo e os kilómetros pasan case sen que me decate. A altura da Calle Coruña, coa euforia da costa abaixo logro chegar ata altura de
Montxo, que vou deixando un chisco atrás. En Tomás Alonso son
Montse e Doutor os que me rebasan alegremente, co seu ritmo habitual.
Camiño de Bouzas fago algún adiantamento, pero no interminable tramo de Orillamar algunhas das persoas adiantadas volven tomar dianteira. Pero non importaba, había que ir dosificando e plantear eses kilómetros coma unha doce e cómoda volta a casa, no ritmo que fose posible.... Moito me costou a curva do tramo final, estando como estamos afeitos a entrar pola beira dereita do parque no Berbés. Que lonxe o arco de meta, arredemo, pero por fin tocou chegar e pillar algo de beber. E aínda houbo tempo de volver a estar un anaquiño co Doutor e Montse, desexar bo verán e boa sorte para as vindeiras carreiras.
Xa de volta en casa me sentei a consultar os resultados: Non foi posible quedar de séptima na categoría porque houbo xente do fondo da táboa da F3 que lle deu por queimar gas a tope. Quedei de décima, e iso asegura 60 puntos para saca do club, así que creo que lle podo dar o o aprobado e visto bó á Operación Xouba. E xa postos, estando como estamos na semana na que van dar os boletíns de notas nos colexios, creo que merezo un aprobado en todo. Lonxe do Notable ou o Sobresaliente, pero sí un Suficiente:
- Porque logrei correr case 8 km (8600 m segundo a organización) a un ritmo de 5:11, sen pasalo mal, sen ninguén tirando de min (cousa que no mes de marzo, nos 5km da Contrarreloj por Equipos, me coustou moitísimo máis)
-Porque quedei no posto 10 de 20 da miña categoría, e de 70 de 159 mulleres
-Porque é un resultado moi parecido ó que fixen en 2016. Non é o ritmo espectacular de 5:06 que fixen no 2017, pero polo menos estou correndo e sen molestias especiais (cando o ano pasado destas datas estaba en plena lesión e o máis que puiden facer foi animar desde a beirarrúa)
Pouco a pouco imos recuperando. A forma e a confianza