Foros ›
Autor
Mensaxe
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 21 Set 2018, 15:50
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Bueno pequecha!!
Tocan cambios,adaptaciones el volver a vivir con gente mayor es difícil para ellos y para ti.te lo digo por experiencia busca a alguien que te eche una mano unas horas de vez en cuando.se necesita respiro familiar.
Y con lo de correr tú puedes !!
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 26 Set 2018, 17:19
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Actualizamos despois de case unha semana. Só fixen 9 km o domingo e menos de 5 o martes. Mellores sensacións, pero hoxe no repaso da fisio o isquio seguía igual de sobrecargado. Paciencia, polo menos non hai prohibición de correr
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Mér, 26 Set 2018, 21:45
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Me alegro de que puedas seguir sumando kms. Son batallas ganadas. A ver si nos vemos en alguna carrera luguesa o en otro terreno neutral.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 30 Set 2018, 23:02
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: "A cidade que nunca durme"

Iso dicían de NY, ainda que desde o o Vigo-challenge de don Abel e as luces de Nadal, xa lle temos arrebatado o título... E aínda sen luces de Nadal, aquí na favela de Teis, tanto ten que sexan as 6 ou as 7 da mañá dun sábado ou un domingo. Sempre vai haber alguén que non durme: milenials regresando after hours, baixando dun taxi ou durmiñando na parada do bus, algún coche que obriga a deixar o asfalto e volver á beirrúa, e como non, unha tola correndo en camiseta de asas e con muñequeiras reflectantes.
Esta semana logrei sair 3 veces, unha saída curta o martes, de menos de 5k, e este sábado e domingo duas de 9 km. Sensacións variables. O martes a fisio centrouse no obturador esquerdo e masaxes no abdome (por se algún problema xinecolóxico está a afectar a musculatura pélvica). No ximnasio Gonzalo fartouse de dicirme que o meu era medo e nada máis, que respondo ós exercicios sen problemas nen molestias. Pero o certo foi que o venres anduven coa perna esquerda doente todo o día, e o sábado pola mañán todo o tempo do entreno sentindo a maldita "trabada no cú" , e logo por dúas veces poñendo xeo na zona. Ata que sucedeu unha especie de miragre.
O sábado ó mediodía tiña reunión e xantar de traballo en Vincios,a persoa que me viña recoller e facer de chofer decidiu por esta vez traer a moto. Estou afeita a "ser paquete" en cuestións deportivas desde a miña infancia, pero ser paquete de moto só fun tres veces na vida, incluindo a deste sábado. O caso é que non sei que compoñente mecánica da postura foi a que fixo o efecto, pero ó baixar notei sorprendida que xa non tiña molestia ningunha no lado esquerdo, e asi seguin todo o día.
No entreno do domingo as molestias foron mínimas e por primeira vez en moito tempo sentinme cómoda correndo , certo que a un ritmo lentísimo, pero con confianza. A ver se dura, e se realmente isto é o punto de inflexión.

Polo menos o que si podo dicir é que ésta foi a primeira semana estándar despois de meses: 3 saídas e 1 sesión de ximnasio


Última edición por Meigalicix o Mar, 02 Out 2018, 21:35; editado 1 vez
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Mar, 02 Out 2018, 13:33
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Unha duda meiga....Tes feito algún estudio da pisada?
Coméntocho porque a miña muller estaba a ter seguido problemas, e veña fisios, exercicios varios, plantillas, ....pero nada. O final, cun estudio da pisada, recomendaronlle unha serie de zapatillas e as molestias remitiron case o 100%...Agora so ten as molestias típicas dos entrenos.
So e unha idea pero nunca se sabe....
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
4361 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 02 Out 2018, 15:47
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

A mí con el piramidal, lo que más me ayudó fue reforzar la zona.
Así que yo, en vez de un milagro, me imagino que lo que te pasó fue que en la moto ibas en una posición tal, y quizás haciendo fuerza inconscientemente, de manera que hiciste sin pretenderlo un ejercicio de refuerzo.
Sea como fuera, pues mira tú que bien, a ver si sigues mejorando de esas molestias.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 02 Out 2018, 21:49
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

cK13 escribió:
Unha duda meiga....Tes feito algún estudio da pisada?
...
Agradécese a idea e o comentario, Nando. Nestes 8 anos teño feito 2 estudios de pisada e pasado por dous modelos de plantillas a medida. A actual fisio coa que estou me recomenda/ esixe zapatillas de pisada neutra e uso contínuo das plantillas actuais, tanto para entrenar e correr como para toda a miña vida en xeral, dado os pes cavos rebeldes que teño. O seu diagnóstico é que a lesión da que estou saíndo agora viu, entre outras cousas, de non usar durante unha longa tempada as plantillas para correr e conformarme coa corrección das zapatillas de pisada pronadora. Hai xente que dí que as plantillas non lle fan nada, pero polo que me conta a fisio, no meu caso está clarísimo que evitan as descompensacións nas cadeiras e no piramidal dereito. O que si me avisou é que nuns meses debo revisar as plantillas, xa que teñen case dous anos.

corredor101 escribió:
A mí con el piramidal, lo que más me ayudó fue reforzar la zona.
Así que yo, en vez de un milagro, me imagino que lo que te pasó fue que en la moto ibas en una posición tal, y quizás haciendo fuerza inconscientemente, de manera que hiciste sin pretenderlo un ejercicio de refuerzo.

A miña fisio é tamén da mesma opinión, 101. A ver se resulta que agora vou ter que mercar unha moto para poder correr Moi feliz


Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 08 Out 2018, 11:34
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: As excepcións e as reglas
Gustaríame que a norma , a regularidade sempre cumplida , fosen esas 3 saídas semanais, unha de 5 km os martes, e dúas de 9 km en sábado e domingo, intercalando a sesión de ximnasio os mércores e sen saltarme os exercicios de reforzo de glúteos nin un so día, gozando de sensacións normais, e sen padecer en ningún momento esa especie de nudo/pinchazo/trabadura de can que vai migrando por distintas posicións no glúteo esquerdo.
Gustaríame que a excepción de ter que anular as citas de ximnasio acontecese só unha vez no ano, e non unha vez cada 15 días (como esta semana, que toca doblar turno de traballo pola tarde do mércores) e que os nudos musculares non aparecesen nunca, e que non se me pegasen as sábanas o sábado pola mañá ata o punto quedar tempo só de facer unha segunda saída curta en vez dunha longa (como pasou antonte)...
En fin, que a semana pasada rematou con dúas saídas curtas e unha longa, todas a ritmo lento, menos mal que cómoda de caixa. O día do ximnasio con boas sensacións, pero xoves e venres moi doente do lado esquerdo. Será que os efectos das viaxes en moto caducan ós 4 días. Aínda así as saídas de sábado e domingo non me deixaron peor, é mais, ata parece que axudaron a desfacer un chisco o nudo.
Hoxe, morta de sono sobre a esterilla , cumplin cos exercicios de reforzo a primeira hora da mañá. de momento o lado esquerdo está absolutamente pacífico. Xa non sei o que é a normalidade e o que é a excepción, pero de momento "imos indo" , que xa é de abondo


Última edición por Meigalicix o Lun, 08 Out 2018, 22:50; editado 1 vez
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 08 Out 2018, 17:33
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Sin palabras con ese último mensaje Meiga.

"Imos indo".

Yes.
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Mar, 09 Out 2018, 19:47
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Imos indo sen renderse!
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 13 Out 2018, 17:02
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Unha semana máis empantanada na normalidade das excepcións:

Martes 9: revisión na fisio, que me di que a lesión está superada pero que está claro que hai un desequilibrio muscular que hai que traballar. E como a súa hipótese de traballo neste momento é que non se debe descartar unha raiz xinecolóxica do problema, dedicouse a hora enteira a masaxes abdominais que me fixeron botar de menos os días que me pincha coas agullas.
Mércores 10: sesión de ximnasio anulada por ter turno de traballo de tarde
Venres 12: Festivo que quería aproveitar para correr cedo, pero os virus e o picor de gorxa e conxestión me deixaron pegada ás sabanas
Sábado 13: Por fin logrei erguerme e sair ás 7:30 da mañá, recitando para dentro todos os mantras positivos posibles: non hai dolor, so ferruxe, os pulmóns poden, hoxe vas rebaixar crono, e ver a luz ó fondo do túnel ... polo menos así debería ser , tendo en conta que o camiño de volta me pilla de Chapela a Vigo, e se lle facemos caso a un meme que anda rondando por aí sobre as nosas luces de Nadal.
Pero ó chegar de volta o único que recollín como resultado foi un crono de 56 minutos nun traxecto no que facer 50 ou 52 era un resultado francamente fulero hai un ano... E suponse que mentalmente xa estou en modo San Martiño. Moito lle vou ter que rezar ó santo de Tours a ver se hai miragre.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 13 Out 2018, 17:31
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Para tener virus está perfecto Meiga.
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Dom, 14 Out 2018, 12:12
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Por todo lo que cuentas, otr@s en tu misma situación, ya hubiesen tirado la toalla hace muuuuucho tiempo. Gran merito el tuyo compañera, a ver si un día coincidimos. Un saludo
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 14 Out 2018, 16:05
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

cK13 escribió:
Por todo lo que cuentas, otr@s en tu misma situación, ya hubiesen tirado la toalla hace muuuuucho tiempo. Gran merito el tuyo compañera, a ver si un día coincidimos. Un saludo

Grazas polos ánimos Nando. Se te animas á Sanmartiño alí espero estar, aínda que xa sei que tí eres máis de canicross, trails e cousas desas
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 14 Out 2018, 17:21
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

"Crónicas da favela: ... más que ayer pero menos que mañana"

... igualiño que aparecía na famosa "medalla del amor" nos anuncios da tele da nosa infancia. A verdade é que non deixa de ser unha especie de historia de amor esto das zapatillas, o asfalto e a predilección por determinados lugares e carreiras.
Se cadra un amor imposible, algo inxeplicable e revirado, sacado dalgunha novela das irmás Brontë, pero amor de calquera xeito. Por iso volvo a certos sitios sempre, o primeiro deles é a San Martiño en Ourense... Seguro que alguén se bota as máns á cabeza e dí que como podo sentir esa querencia polas rúas "silenciosas" de Sparkland despois de ter probado o que é pasar por Rentería camiño de Donosti. Pero xa dicía Leonard que "there ain't no cure for love".
Estreneime na San Martiño un mes 11 do ano 11, e espero volver a estar alí o penúltimo día 18 do ano 18.
Gústame ir de víspera a coller o dorsal, deixar que me paguen cea e me dean pousada as tres persoas ourensanas que realmente contan como público, ou como archirrivais segundo vaia a temporada . Gústame no día seguinte sacarme a foto ó lado do Milenium cos kamaradas foreiros . Gústame deixarme ir costa abaixo pola Ponte Vella Cada paso polo arco final sempre foi unha alegría. A máis grande, a do ano pasado, mmp en 10 km (50:46 tempo neto)... se este ano chego a lograr un crono de 54:16 como no 2011 xa sería un récord memorable, e alegraríame tanto ou máis.
Que posibilidades teño? Esta mañá cando saín diría que moi poucas ou ningunha, as pernas aínda pesadas pola costa de Buenos Aires, o paso intermedio de máis de 28 minutos no Alto da Encarnación, o garmin empeñado en dicirme que o meu ritmo llaneando e costa abaixo non baixaba de 5:25, e eu coa sensación de ir dándoo todo para nada... Pero con todo iso, ó chegar ó portal de casa a esfera marcaba 52:05, 4 minutos máis rápida que onte , e a ver se é verdade que un chisco máis lenta que mañá. Soñar é de balde .
Decididamente, modo San Martiño "on".


Última edición por Meigalicix o Dom, 14 Out 2018, 20:11; editado 1 vez





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos