Foros ›
Autor
Mensaxe
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
4361 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 12 Abr 2018, 13:21
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Enhorabuena por esa Vig-Bay.

Espero que esas molestias pasen pronto. Es normal que al llevar una ampolla pises raro, y siendo muchos km, llegue a provocar molestias en la musculatura. También es normal que si tienes tocado el piramidal de un lado, también tengas algo en la otra pierna pero más abajo, es porque involuntariamente intentamos compensar (en mi caso es piramidal izquierda y tendón rotuliano derecho, pero a veces también el gemelo).
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 15 Abr 2018, 11:58
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Grazas pola entrada e os comentarios 101. tes toda a razón.

O caso é que fun á fisio o xoves. Por prudencia, e tamén por traballo acumulado, non saín ata hoxe: Circuito habitual, ritmos habituais desta última temporada (entre 5:30 a 5:40 de media, con tramos de 4:50 nas zonas favorables). Pero as molestias do lado esquerdo seguen aí exactamente igual, e non só no momento de correr, tamén ó estar parada de pe, ó subir escaleiras... Isto xa empeza a ser serio e preocupante.
Tocará volver á fisio e ver tamén como reorientar as sesións de ximnasio.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 16 Abr 2018, 21:19
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Sen esquecer o "sentidiño" que tanto mencionamos nos diarios, hoxe decidin probar unha saida curta pola Guia, cun sol reaparecido que case pedía uniforme de verán.
As molestias e dores do lado esquerdo aí coma sempre, menos mal que de pulmóns ben, aínda que sendo as 2 da tarde e con calor , a subida desde Ríos á Balbarda nunca é doada.
Rematei en pouco menos de 30 minutos. O meu récord neste traxecto está entre 27 a 28, en fin un indicador de como ando agora ... e pensar que fai xusto un ano me atopaba tan ben que ata lle estaba a dar voltas a facer unha saída de 30 km, desde logo que atrevida é a ignorancia.
Ó chegar a casa unha boa tanda de estiramentos. Hoxe probei cunha variante diferente para os isquiotibiais e parece que vai dando resultado. O que non quita que mañá pola tarde volva a pasar pola fisio a facer un repaso, non vaia a ser .
Censo de hoxe: Tres paseantes de cans ben educados e atados á súa correa, dous traballadores do servizo municipal de xardins, e unha moto sen unha roda tirada xusto na entrada da Carballeira ( se cadra unha modalidade de abono químico experimental)... En fin , como diría Don Abel, vivimos nunha cidade fermosa
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 17 Abr 2018, 22:36
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Espero que te vayas recuperando,seguro que si ya veras
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Mér, 18 Abr 2018, 5:10
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meigalicix escribió:
Hoxe probei cunha variante diferente para os isquiotibiais e parece que vai dando resultado

Qué estiramientos son esos? También ando tocada de los isquiotibiales...
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Mér, 18 Abr 2018, 7:09
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Amina escribió:
Meigalicix escribió:
Hoxe probei cunha variante diferente para os isquiotibiais e parece que vai dando resultado

Qué estiramientos son esos? También ando tocada de los isquiotibiales...

Agua muy fría hasta que casi no sientas las piernas (bueno, con 2 minutitos también seria suficiente). Yo lo hago después de cada entreno. Probadlo unos días
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Mér, 18 Abr 2018, 14:22
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Anoche me puse un pack de estos de frío durante un rato y la verdad es que me alivió bastante. Habrá que hacer lo del agua fría...aunque suena de todo menos apetecible jajaja
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 18 Abr 2018, 21:14
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Grazas polos ánimos Corrín. Despois do repaso e as puncións secas que me meteu a fisio, moito mellor xa.

E si que é certo, Nando, a auga fría vai sempre ben. Xa lle meto chorros ó final da ducha todos estes dias desde o remate da Vig- Bay, pero non 2 minutos enteiros, 1 por perna máximo, a miña afouteza céltica non da para máis.

Respondendo a Amina, con respecto ó dos estiramentos, eu ata agora viña facendo os típicos de estar de pe, perna estirada en ángulo recto sobre barandilla, mesa, etc. Pero realmente así so estiraba a zona máis interna da perna. O exercicio que fago agora é pousando o pé nunha banqueta baixa , travesaño baixo de silla ou asi, pé en angulo recto coa perna e flexionar o corpo cara abaixo. Hai que regular porque segundo como o fagas pode estirarse só a pantorrilla, e de meterlle outro ángulo si que estira ben pola parte de atrás do muslo. Ben sendo algo así




Última edición por Meigalicix o Ven, 20 Abr 2018, 8:30; editado 1 vez
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Xov, 19 Abr 2018, 21:11
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Gracias por el consejo de los estiramientos. Tomo nota!
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 23 Abr 2018, 16:59
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: "Quen moito medo ten..." (1)

Como se repita o vivido nesta semana ( na que non pasei dos 3 km), vanme quitar o carnet oficial do "Minducha's think tank".

As mensaxes da fisio o martes pasado trataban de ser tranquilizadoras, do tipo: " E menos mal que facías estiramento de glúteos senón aquí xa tiñas bursitis , ou o trocánter esmagado", ou " se lesión grave non é, non temos rotura de fibras, nin de ligamentos, pero cos pes que tes, a medida que sumes kilómetros vas acabar así sempre".. Que vou dicir que non teña saído centos de veces nos diarios.

O mércores sentinme ben, e tiña pensado saír ó día seguinte, sendo obediente e non facer máis de 4 km a trote lento. Pero chegou o xoves e non me atrevín , por medo a escangallar outra vez o isquio esquerdo... E resulta que o que me foi a escangallar a musculatura foron as dúas tandas de reunión sentada que tiven esa tarde.

Chegou o venres e xa me remordía a conciencia de non coller as zapatillas en toda a semana. Así que decidín facer 5 miserables voltas pola Balbarda, nin 3 km a ritmo de 7 min/km, a primeira hora da mañá. E pola tarde ximnasio con Jota, o eterno optimista, a quen lle tiven que explicar polo míudo o estado da cuestión "Pero se no último entreno antes da Vig Bay estabas fresquísima", pero non , hai que rendirse á evidencia . Desde antes da Carreira do Rato aquí algo xa non marchaba ben, e non o atallei en serio a tempo. Para zafar fixen sesións máis de brazos que de pernas, abandonei o ritmo de kilometraxe antes da contrarreloxo do mes de marzo, cheguei máis escasa de kilómetros á Vigo Baiona que outros anos, e así acabei.

Despois da sesión de ximnasio , en quente, parecía máis recuperada. Pero o sábado pola maña tocou tamén 3 horas de reunión sentada e acabei fatal. Ningún estiramento dos que fixen pola tarde parecía aliviarme. Así que no domingo pola mañá, por medo a poñerme peor, optei por non correr. Fixen 5 minutos de bici estática, unhas tandas de movemento de remo , abdominais (un desastre de fondo físico, tiña que ir en tandas de 10 , cando hai un mes podía facer 40 dos básicos seguidos). E estiramentos . Todos os que se supón que deberíamos facer sempre, a diario, estando ben igual, pero os seres humanos somos así.

Hoxe, luns pola mañá, decidín poñer en práctica (igual que se supón que fixo Papa-Léguas na do Vinteún) aquelo de "eu non teño medo, eu poño medo". Sin chegar en absoluto ós niveis de afouteza de Señora Minducha, porque a cousa quedou en 5300 m en 42 minutos (case a 8min/km) pero foi ... E curiosamente levo mellor todo o día. Non se é que coa chegada do calor marcha a reuma , o se lle estaba a facer demasiado caso á perna esquerda porque ata agora a só tiña protestado a dereita. En fin, nunca acabarei de facerme co manual de instruccións do meu corpo. Non vou dicir que teña que saír do túnel, porque o meu é máis ben un burato, pero xa me tarda un pouco ver a luz, nadar libremente pola miña "pecera" da favela, sen molestias, agora que ven o bo tempo.

(1) (quen queira saber como remata este aforismo da señora Minducha , que consulte nunha das entradas que aparecen aquí:
www.correrengalicia.or...;start=105 )
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 25 Abr 2018, 8:37
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Gracias por tus aportaciones a mi diario Meiga. Hoy me acordé de ti por dos cuestiones:

Cuestión 1:

www.lavozdegalicia.es/...5C8993.htm

Creí que estabais del todo incluidos en la zona metropolitana.

Cuestión 2:

www.bilderbergmeetings.org/

Creo que 130 de estos tíos son gallegos. Para la siguiente reunión voy a proponer que en la lista de 2018 se hable del pulpo á feira.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 30 Abr 2018, 11:53
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

freakyrunning escribió:
Gracias por tus aportaciones a mi diario Meiga. Hoy me acordé de ti por dos cuestiones:

Cuestión 1:

www.lavozdegalicia.es/...5C8993.htm

Creí que estabais del todo incluidos en la zona metropolitana...

Chapela é favela redondelana. Teis, Balbarda incluída, somos favela viguesa (incluso con concello independente un breve tempo antes da Guerra Civil). De todos xeitos, grazas por ternos presentes
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 30 Abr 2018, 11:57
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Outra semana máis baixo mínimos. Polo menos cumplín coa sesión de ximnasio, coa visita á fisio, pero só fixen dúas saídas de 5km na pecera... Ademáis de ser un aburrimento, é unha especie de bucle de desaceleración, de luz que que apaga porque a dinamo no da voltas.

E as molestias siguen e non me atrevo a forzar máis. A ver se de hoxe a mañá hai cousas mellores que contar
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 30 Abr 2018, 12:38
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meigalicix escribió:
freakyrunning escribió:
Gracias por tus aportaciones a mi diario Meiga. Hoy me acordé de ti por dos cuestiones:

Cuestión 1:

www.lavozdegalicia.es/...5C8993.htm

Creí que estabais del todo incluidos en la zona metropolitana...

Chapela é favela redondelana. Teis, Balbarda incluída, somos favela viguesa (incluso con concello independente un breve tempo antes da Guerra Civil). De todos xeitos, grazas por ternos presentes

Ya sé algo más de geografía pontevedresa. Gracias Meiga, esos detalles sólo los sabéis los de ahí.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 30 Abr 2018, 20:12
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Finalmente teño algo máis que contar no dia de hoxe, xa veremos mañá se é bo ou malo.

O asunto foi que xa a última hora da tarde decidín probar a facer outra vez un 2X1, é dicir, ir de recados coa roupa de deporte e aproveitar para trotar algo (sen chegar ó grado de virtuosismo de 101 en Coruña simultaneando compromisos sociais cos seus sobriños, que para iso hai que estar no seu estado de forma).

O plan inicial era achegarme ata o Carrefour da Travesía de Vigo trotando, facer o recado que tiña pendente, e volver trotando, arrimando algunha volta máis pola Balbarda ata completar 5 km... pero foi sair do centro comercial e ver o sol lucindo que non o puiden resistir "From lost to the river" a perna esquerda non tería porque poñerse peor do que xa está por trotar un pouco mais. Así que tirei todo recto ata Chapela, Alto da Encarnación e volta para casa. Suponse que teño ordes da fisio de non forzar ritmo nen quilometraxe. Pero estou tan desentrenada do parón forzoso destes días, que non tuven que frearme en absoluto para que saise un ritmo medio de 7 min/km, todo o que o corpo dou de si en case 55 minutos.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos