Foros ›
Autor
Mensaxe
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Dom, 28 Xan 2018, 19:50
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Pues a mí también me suena muy bien, aunque sea por la novedad. Bueno, me suena bien si no son las 24 horas locas esas... que me suena más a castigo que a otra cosa.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 29 Xan 2018, 8:19
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

beuckelssen escribió:
Pues a mí también me suena muy bien, aunque sea por la novedad. Bueno, me suena bien si no son las 24 horas locas esas... que me suena más a castigo que a otra cosa.

Tranquilo Beu, non son as 24 horas. Son exactamente 5 km por zona absolutamente plana, un sábado pola tarde. Neste momento, e se non cambia a información seremos 8 no equipo. Como o tempo que puntúa é o da 6ª corredora que entra en meta, termos que adaptar o ritmo a 5:30 ou 5:40 para que non se quede ningunha persoa descolgada e chegar máis ou menos en piña. O importante é que é das primeiras veces que se consigue equipo feminino ó completo, e que hai xente ilusionada co tema porque vai ser a primeira vez que compita despois de longo tempo.

De momento o pensamento está na carreira do Río Rato, a escasos 20 días vista. O problema é que está mais o pensamento que as pernas: Esta semana quedouse curta de mais, só a saída do martes, o ximnasio do venres e o pseudofartlek de onte. Espero rendir mais esta semana.

Por certo, que se alguén de vos via ir ó Río Rato como o ano pasado , avisade para que vos colla o dorsal de víspera se queredes
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 30 Xan 2018, 23:36
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Qué envidia sana me das,no solo formas ya parte de un equipo,sino que tiene un montón de miembros femeninos.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 31 Xan 2018, 20:21
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

CORRIN escribió:
Qué envidia sana me das,no solo formas ya parte de un equipo,sino que tiene un montón de miembros femeninos.

Non me envidies demasiado tampouco, Corrin: Sigo entrenando soa pola favela, e ainda non coñezo en persoa a ninguna das compañeiras deste experimento. Se cadra de aquí ó 3 de marzo sería necesario quedar para facer unha saída todas xuntas de proba, pero tal e como sospeito que temos a vida, vai ser complicado.

De momento sigo co punto de mira sobre o Río Rato, pero sen matarme demasiado na práctica.

Hoxe por fin tiña todo planificado para poder facer a primeira saida da semana. Como de mañá cedo non foi posible, apliquei a estratexia Clark Kent: levar posta xa a roupa de deporte debaixo da roupa de traballo, para sair o máis cedo posible e non perder tempo a cambiarme , e poder facer unha rodaxe antes de xantar.

Todo marchaba sobre o plan previsto, pero xusto o meu xefe me pilla para facerme un encargo extra cando xa ía marchar para casa. Non foi mías de media hora, pero iso supuxo renunciar a facer a tirada de 50 minutos e conformarme coa alternativa curta multiusos de ir pola Guía.

Fermoso día de sol para ir, pero xusto nesa hora (preto das 14:30), tocou e Doutor Corbal zafar de toda a morea de nenos e adolescentes que saian do Colexio San Xosé e do Instituto. E logo na carballeira evitar tamén un par de cans soltos (afortunadamente eran dos de carácter tranquilo e non sobrepasaron o perímetro de seguridade). Saíndo da carballeira pisei mal, no vin o croio que había na beira do carreiro e torcin o pe esquerdo. Non houbo caida nen maiores consecuencias, pero levei un bo susto.

Pese a todas esas incidencias e a falta de chispa destes días, rematou saindo un crono de 28:18 minutos, minuto e medio por baixo da miña media habitual, asi que daremos por boa a xornada. Mañán máis ( se dou despertado)
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 02 Feb 2018, 19:34
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Despois da saída á Guía do mércores, quedei algo sobrecargada, tanto de axenda como dos músculos, así que onte no saín.

O que trouxo como consecuencia un reparto un pouco tolo do resto da semana, pois mañá toca xutanza de traballo extra non remunerado, e para poder manter o das 3 saídas semanais había que correr hoxe, aínda sabendo que tocaba ximnasio pola tarde.

Sigo a darlle a razón ó escribidor Pedro camacho cando insiste en que a mellor da vida é a cincuentena, pero algo debe estar cambiando no meu metabolismo: Xa é a segunda vez nesta temporada que saio a correr o mediodia con sudadeira de forro polar posta , e sen dala sacado ata pasados os 4 km de trote, xa non parezo eu... En fin , onde sigo sendo eu mesma é nesta tónica de ritmos frouxos. Creo que as molestias persistentes dos glúteos hoxe teñen que ver no só coa saída á Guía. Algo de culpa debe ter tamén a estratexia destas últimas semanas de traballar co portátil no sofá. Resulta que comecei a facelo para evitar a inflamación no cóbado dereito cando traballo moito na mesa do estudo. Pero está visto que o que se amaña por un lado escangállase por outro. O único que me tranquiliza é que as molestias son exactamente de maniotas proporcionalmente repartidas en ambos paquetes musculares. A mítica molestia do glúteo dereito amenazando lesión de momento anda de vacacións, e espero que prolongadas.

O trote da mañá saíu en 51:20 minutos , no camiño de ida os ritmos ían a 5:30 e case 6, na volta un pouco mellor, entre 5:10 e 5:25, pero desde logo nada do outro mundo. Tampouco quería apretar moito, non fora a ser que non me deran os folgos no ximnasio pola tarde.

Hoxe tocou con Gonzalo. En contra do que esperaba, mandoume á eliptica. Pero desta volta deixouma suaviña de todo, e fun capaz de facer o 4 minutos sen morrer, e completando as colorías que me pedira.

Traballo de planchas na esterilla, sentadillas varias e equilibrios, pero nada de pesas nen abdominais. Rematei a sesión bastante enteira.

Cando saín tiña unha mensaxe no móbil: Era de Jota dicindo que volve a ter máis horas no ximnasio e que a ver cando se fai cargo de min. Moi boa nova, tendo no punto de mira o Río Rato en 15 días , e a carreira por equipos a un mes vista.

A ver que tal o pseudofartlek deste domingo.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 04 Feb 2018, 19:26
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Remata a semana máis ou menos sobre o plan previsto : Unha sesión de ximnasio e 3 saídas. Certo que en vez de 27 km quedamos en 23 escasos. O peso vaise mantendo pese o moito que me da por picar entre horas ultimamente.
O pseudofartlek de hoxe non cumpliu os requisitos estándar de recuperación e estiramentos intermedios, por ter que axustar o número de series o tempo escaso dispoñible, pero foi. O caso é que o Garmin púxose de folga, non conectou en todo o tempo e funcionou só en modo cronómetro , polo que non poderei ver nos graficos se vou mellorando na alternancia de ritmos.

13 días exactos de aquí a Lugo
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Lun, 05 Feb 2018, 22:14
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Parece que vas a llegar con un buen zurrón de entrenos y km al río Rato.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 07 Feb 2018, 23:46
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

beuckelssen escribió:
Parece que vas a llegar con un buen zurrón de entrenos y km al río Rato.

Non sei se con zurron, ou cunha bolsiña pequerrecha de conxelados sen encher. Hoxe sain en carreira contínua no meu circuito habitual e saíu un crono de case 52 minutos, ritmo cutre de 5:50 ou así.Podería botarlle a culpa a ir cargando cunha sudadeira das de algodón gordo e capucha, que me pesaba como se fose cota de malla, en fin , eran as 7 da mañá , demasiado frío para ser a favela e era a primeira prenda de abrigo que me veu á man... Pero non , non é cousa da indumentaria senón defecto do animal.

Mañá ximnasio. Igual lle terei que rezar un pouco a San Sebastián para que me toque con Jota.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 08 Feb 2018, 23:06
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Sempre andan algunhas voces prudentes en exceso a dicir que tanto practicar deporte é un risco... e a verdade que hoxe si resultou selo, e grave, non para min, senón para a miña monitora Alba.

O conto foi que mentras eu estaba facendo os meus 5 minutos de elíptica, feliz estreando máquina nova, voando case sen esforzo, a pobre da muller foi a atender a unha clienta que supostamente quería mercar uns suplementos vitamínicos. Pero nin clienta nin farrapo de gaita, o que quería era timarlle 50 euros do caixón, e como non o conseguiu, acabou amaeazando con volver acompañada de toda a "súa familia".

Ó final todo quedou nun susto sen maiores consecuencias, unha chamada á policía, e pouco máis.

Recuperada a normalidade, tocou despois facer as consabidas tandas de sentadillas e planchas, pero desta volta con algo que Alba denominaba discos e que para mín eran só dous rectanguliños de "gomaeva" de cor negra. O conto era facer esvarar os pes de xeito controlado durante os exercicios. Se cadra un día probo a facer o mesmo en casa, pero pousando os pes nunhas balletas microfibra a ver que pasa...
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 10 Feb 2018, 18:41
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Espero que tengas entrenamientos "menos emocionantes".
Rio Rato está bien. Pero no te olvides que nos vemos en la Vig-Bay Bailar
Cancioncita que no viene a cuento pero que la coloco porque supongo que te gustará
www.youtube.com/watch?v=myVi6pVYYb8
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 10 Feb 2018, 23:43
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Joderrrr atraco y todo...flipo.
Lo que no te pase !!!
Mañana me tocará correr algo.esto va muy lento quería ampliar los entrenos pues casi nunca hago más de 5km.pero me han cambiado la medicación y los efectos secundarios empiezan a aparecer.osea que tengo que tener cuidado para no "romper u escarallarme"je
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 11 Feb 2018, 17:28
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Andrés61 escribió:
Espero que tengas entrenamientos "menos emocionantes".
Rio Rato está bien. Pero no te olvides que nos vemos en la Vig-Bay Bailar
Cancioncita que no viene a cuento pero que la coloco porque supongo que te gustará
www.youtube.com/v/myVi6pVYYb8

Garzas coma sempre pola contribución sonora.

Non me esquezo da Vig Bay, Xa sabe vostede que para min é cita obrigada, e este ano con incentivos Sorriso
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 11 Feb 2018, 17:44
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

CORRIN escribió:
Joderrrr atraco y todo...flipo.
Lo que no te pase !!!
Mañana me tocará correr algo.esto va muy lento quería ampliar los entrenos pues casi nunca hago más de 5km.pero me han cambiado la medicación y los efectos secundarios empiezan a aparecer.osea que tengo que tener cuidado para no "romper u escarallarme"je

Corrín, se logras manter eses 5 km con regularidade xa estarás facendo moito.. Ti non perdas o hábito agora que o recuperaches.

Polo demais a semana remata tranquila O único atraco que padecin hoxe foi a intensa molladura entre as 13 e 14 horas cando saín correr. De feito decidín non facer fartlek e ir so en carreira contínua para non mollar moito o Garmin nin enchouparme eu.

En resumo : 1 sesión de ximnasio e 3 saídas, cronos de 51:30, 48 e 49:56, ritmos floxiños de arredor de 5:50, e desde esta noite outra vez as molestias no glúteo dereito.... as larvas , que diría Pollastre
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 11 Feb 2018, 17:45

Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos