Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 27 Dec 2017, 21:40
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Moitísimas grazas a tod@s polos comentarios.

101 e Freaky,de momento xa vedes que me costa ser sub 52, pero tampouco vou renunciar por iso ó voso voto de confianza.Non perdo a esperanza de polo menos repetir algunha vez ese 50:47 da úlltima San Martiño.

Criatura, tómoche a palabra de que vas volver, e a ser posible con Andrés dunha orella se fai falta.

E Papa-Léguas, impresionada me tes con esta mestura de saga nórdica e cantar de gesta que acabas de colgar no diario, como tapiz en salón medieval... Teño que confesar que hai 4 anos que non me cadra de estar en Catoira pola festa Vikinga, que non vin nin un episodio da serie Vikingos na tele, que a que aparece no vídeo promocional da IV Carreira de Catoira é Saleta Castro (creo), e que por méritos o título de caudillo debería levalo Carlos Busto, que entrou en meta de número 18 na clasificación absoluta con toda a élite... Pero as lendas son recreacións libres, así que deixaremos circular a túa versión, e que o tempo e folklore decidan sobre a verdadeira historia do culto a Odín e todo o demáis Sorriso

Xa de volta no Midgrad dos mortais, hoxe tocou facer traballar as pernas un pouco, e estirar ben , que desde o domingo co conto das festas e o brigas domésticas de Nadal, estaba atléticamente a monte.

Por non enredar a cambiarme, hoxe fun correr coas Nike vellas con plantillas. Debería ter planteado a saída como de recuperación e con calma, pero por medo a que me pillase o trebón forte acabei correndo ós ritmos habituais de sempre: 49:28 minutos de carreira a ritmo de 5:33

Mañá xoves, ximnasio pola mañá .

A idea e sair tamén sábado e domingo, e manter a rutina de 3 entrenos semanais ... Pero sin agobios, que ata febreiro non teño ningún plan.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 28 Dec 2017, 10:19
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meiga: Cuando vuelva a correr hemos de coincidir para un duelo tú y yo, de esos de época, con guante y todo. Estamos más o menos en las medias a la par. No era así hace 4 años. Has mejorado muchísimo en la edad en la que se debería desmejorar (ver diario Freaky).
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 28 Dec 2017, 21:29
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Qué biennn me suena ese duelo!!!!
Avisarme que me apunto ..a verlooo
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 01 Xan 2018, 20:09
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela : Resumen

Estas datas deixannos en xeral como serpe pitón dixerindo un antílope, e iso que a miña cuñada seica se esforzou e poñer menos comida na mesa que anos anteriores... En fin, por esa e outras razóns, non ando con moita inspiración e ganas , nin de correr nin de escribir.

A semana rematou atléticamente reducida a unha sesión de ximnasio ( con Gonzalo esta vez), e dúas saídas, unha o mércores, e a de onte domingo, facendo uns 50 minutos con ritmos entre 5:35 e 5:43

Un ano remata e outro comeza . Costou erguerse de cama, non só polo feito de deitarme onte tarde (as 2:30 é tarde para min, para os meus fillos foi o momento de irse de marcha cos colegas), senón polas extrañas microlesións que o corpo almacena en cada xornada doméstica : desta volta unha dor persistente no hombro esquerdo froito de estar traballlando co pasapuré cociñando para a cea. Xa o dixen centos de veces, e o repito unha máis, o que nos mata no é sair a correr, é o resto.

Como non tiña moito tempo, optei por facer a primeira saida do ano pola Guía. O tempo portouse mais ou menos ata despois de sair da Carballeira, pero xa tirando pola ETEA a poalla pasou a trebón e cheguei casa co Garmin necesitado de sesión preventiva de deshumificador, eu enchoupada como pito do cairo, pero tonificada ó mesmo tempo, en fin, ese tipo de sensacións que a xente normal non entende.

Antes tiñas os datos na páxina de Tiramillas, e resultábame mais doado sacar de alí os datos e comparativas, pero fai meses que "morreu". Se me fío do que saco dos informes do Garmin , a conclusión é que remata o 2017 con 1066 km, a un ritmo medio de 5:48 min / km. Creo que 150 km menos que en anos anteriores, pero con MMP na Vigo Baiona e na San Martiño. Xa firmaba con repetir asi no 2018.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 06 Xan 2018, 9:40
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Estamos na primeira semana do ano , e vai indo un pouco frouxa.
O martes sesión de ximnasio, con Alba, e polo tanto tocou padecer un pouco coa elíptica.
Tiña pensado sair xoves ou venres, pero estiven sen ánimo, un pouco pola chuvia, e sobre todo polas dores recurrentes de cabeza. Está claro que toca volver polo oculista.
Hoxe pegáronseme un pouco as sábanas , pero logrei espabilar e sair ás 9:30 da mañá. Sol e frío, ideal para min. Para ser Teis e a hora que era, non me atopei case ninguén de reenganche, será que este ano a noite de Reis a xente a rematou mais cedo.Iso sí, en contra do do que contaba, atopei dúas persoas mais correndo e un ciclista.

En total 49:50 minutos a un ritmo medio de 5:36. Creo que son tan predecible coma capítulo de culebrón.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 07 Xan 2018, 17:01
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Remata esta semana cunha terceira saída, curta tamén por falta de tempo. Esta vez tocou a ruta da Baixada a Ríos ata a praia de Arealonga. Era xa mediodía, pero sol de inverno alumea e non quenta, tanto foi así que por primeira vez que eu lembre, saín correr cun xersei de forro polar posto que non saquei ata pasados 3 km de entreno, non me recoñezo...
Saíron un 35 minutos de carreira a ritmo frouxo. O caso é saír , non perder a rutina, e sobre todo compensar na musculatura lumbar as moitas horas de traballo sedentario. De momento isos son os obxectivos.


Última edición por Meigalicix o Dom, 07 Xan 2018, 18:38; editado 2 veces
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 07 Xan 2018, 18:11
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Un amigo me decía que dedicamos tanto al atletismo como los profesionales. Exagerado? Puede ser.
Pero teniendo en cuenta que no vivimos de esto, que tenemos (por suerte) un trabajo y una familia, aún no tengo claro de donde sacamos el tiempo.
Bienvenida al 2018 Alicia. Tus marcas hacen que te tenga en cuenta como Archienemiga en nuestro próximo encuentro Silbar
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 11 Xan 2018, 22:58
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Xa vai sendo hora de contar algo da actividade atlética ( escasa) desta semana.
Aínda non conseguín que Hermion Granger me deixe prestado o viratempo. De momento vou conseguindo ser case igual de ubicua a base de cambios na axenda, adiar citas médicas e usar taxi para ir de recados ó centro.
Deste xeito acabei facendo oco para ir ó ximnasio o martes. Que alegría levei cando vin que era Jota quen me abría a porta. Os cuádriceps sufriron nas sentadillas todo o que disfrutaron logo os isquios nos estiramentos. Canto botei de menos a este home...
Hoxe tocou a cruda realidade. Case 51 minutos para facer a miña distancia estándar, o que da un ritmo cercano a 5:50, e iso que a sensación era de estar correndo a ritmo áxil e vivo. Se chego a ir lenta non remato en hora e media.
Mañá terei que facer a segunda saída, necesariamente ó mediodía xa que toca estar venres pola tarde e o sábado en Santiago traballando horas extras . A ver se o método de escribir para sentirse na obriga de cumplilo segue a funcionar.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 15 Xan 2018, 0:52
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Rematou esta semana , por unha vez , de xeito reglamentario: 1 sesión de ximnasio e 3 saídas de 50 minutos.

Se me quexaba dos ritmos pobres e engañosos do xoves, os do venres ó mediodía non foron gran cousa polas maniotas acumuladas.

Hoxe pola tarde as maniotas estaba plenamente superadas, pero pesaba no corpo o asado de cabra do xantar de traballo de onte, mais o tradicional cocido dominical de hoxe. Saiun un crono de 52:30, asi que aí seguimos, en ritmos de 5:55. Pero "maloserá" que de aquí ó 18 de febreiro cousa non mellore algo.

A Vig Bay véxoa infinitamente lonxe, pero entrei hoxe na páxina web, por buscar información para a miña archirrival ourensana, que parece animada a estrearse na media distancia. Fun en concreto por ver se aínda gardaban as follas con plans de entrenamento nalgún dos apartados.
E alí estaba aínda o cadro de plan para principiantes que teñan como obxectivo rematar en máis de 1h 30 min ... Viume un pequeno brote de risa tonta. O cadro está perfecto, iso non o discuto. O caso é que volvin a lembrar por qué nunca cheguei a descargar ese cadro. 5 días de actividade deportiva e 2 de descanso, cando os meus horarios semanais me levan a gardar xustamente a proporción inversa... 12 semanas de preparación, recontra, tería que comezar xa mañá mesmo se o quixera levar á práctica. E logo o volume de km semanais nas datas intermedias e finais: 45 km fronte ós meus 27 km habituais, vamos, lesión segura... Como moito, vou reconsiderar a intención de adicar o domingo pola mañá a facer as rutinas de series que xa hai un ano me pasara Jota, e que só debin facer 5 veces no ano.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 19 Xan 2018, 9:14
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Antes de que isto crie arañeiras será cuestión de deixar constancia de que algo imos facendo.
O martes sesión de ximnasio, con Alba e coa elíptica.
E onte xoves tocaba xa facer unha saída, pero como se me pegaron as sábanas, só deu tempo de facer 31 minutos pola Guía a ritmo floxiño de todo.
Mañá sábado saída de 50 minutos por Chapela, e a ver se o domingo retomo con calma o do "pseudo-fartlek".
Hoxe toca moita sesión de ordenador, así que para compensar, algo de estiramento de pernas e andaina ás 7 da tarde desde a Farola de Príncipe

www.vigoe.es/vigo/loca...-do-venres
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Sáb, 20 Xan 2018, 14:52
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Felicidades por esos numeracos tan buenos de 2017.

Un plan con tantos días de trabajo... digo... entreno suena a bajón para alguien que normalmente entrena menos; incluso teniendo el tiempo.

A mí me gusta este de la media de Gijón orientado a hacer 1:45 con 3 días a la semana.

plan asturiano....

Yo voy a empezarlo para la semana... pero no se lo digas a nadie, que cada vez que dejo negro sobre blanco estas cosas me pasa algo...
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 20 Xan 2018, 18:00
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Moitísimas grazas Beu, este que mandas da menos pereza leelo, e todo sería facer a conversión en cifras para o meu ritmo previsto de competición, que sería sobre 5:20. Como a Vig Bay é o 8 de abril , aínda estaría a tempo de facer algo adaptado... En todo caso, alégrome moito de saber que estás vivo, atléticamente, e con plans por diante. Espero que todo saia moi ben.

Hoxe tocou facer a segunda saída da semana. Mediodía, poalla viguesa auténtica e xenuina, fina e de intensidade media, ideal para correr , regada por aspersión, ata sentirme fresca e vizosa como leituga dunha horta do Salnés, ou unha naviza luguesa D.O.

Pero as boas sensacións non se corresponderon exactamente cun bos resultados: 50 minutos de carreira a un ritmo de 5:38

Mañá:

- Ocupación para as pernas: Pseudofartlek por Chapela entre as 9 e as 10 da mañá
-Ocupación para o cerebro:
- Decidir se me inscribo xa na Vig Bay ou espero coma sempre a que o faga algún correlega da favela primeiro
- enterarme de como vai o de inscribirse na do río Rato en febreiro (isto xa é como a declaración de Facenda, todos os ano a fago e sempre esquezo os pasos pertinentes)
- Ver como queda finalmente certa posible carreira en marzo e se acabo indo ou non
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 21 Xan 2018, 21:54
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

O pseudofartlek de hoxe foi finalmente de 1 a 2 da tarde, regada por aspersión igual que onte con esta poalla persistente.

Resultados, eu que sei, se me fío do Gramin, efectivamente fixen un primeiro bloque de 35 minutos e outro que non chegou a media hora, pero sin cumplir o número exacto de transicións lento- rápido en cada unha. Iso sí, o corpo está mazado.

Con respecto á lista das ocupacións non físicas, de momento só está formalizada a inscripción na carreira do Río Rato. O resto xa se verá.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 24 Xan 2018, 10:37
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Primeira saída da semana ás 7:15 da mañá. Sono frío e un ritmo algo penoso, pero ocaso é non perder a rutina. Tempo haberá de coller un mellor punto de aquí ó 18 de febreiro.

Por outra banda, novidades importantes, sobre a posible carreira de marzo. Esta carreira é exactamente a 5ª contrarreloxo por equipos que organizan en Vigo ADN Runners Telmo peluqueros F.C.

Noutras épocas da miña vida isto sería impensable, pero desde que Beauvais me pescou para o C.A.R.M.A., todo é posible. Nestes momentos xa hai 7 voluntarias para o equipo feminino. Será coma unha cita a cegas, pois aínda non coñezo a ningunha delas persoalmente, nin tampouco teño corrido en grupo nunca ata agora. Pero do que non teño dúbida é de que será unha experiencia interesante, partindo cada unha de situacións vitais, médicas, pero todas con ganas de pasalo ben ata onde dean os pes e os pulmóns. Non se me ocorre mellor xeito de seguir reivindicando en positivo o ascenso do noso 20%
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 24 Xan 2018, 19:40
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Contrarreloj por equipos,que bien suena!!!
Será parecido a cómo es en duatlon es decir salir todos juntos y no separarse más de unos metros...en este tipo de carreras ,prima el equipo por encima de la persona.a mí me emocionan mucho.
Ah sí sabes de algún plan de entreno para conseguir llegar a meta en un 10km.dime





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos