Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 02 Dec 2017, 17:34
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

"Crónicas da favela: Tarde ou cedo o que ha de vir chegará..."

Iso dicía un dos moitos versos cheos de sabedoría que deixou tras de sí Celso Emilio.

Abraracourcix só temía que o ceo lle caera enriba. E as persoas que nos dedicamos a esta tolemia de correr só tememos dúas cousas: A lesión que nos retire da carreira, e un virus collido a destempo. Tal parece ser o meu caso.

Eu aquí toda ilusionada, coa equipaxe nova lista para estrear en Catoira, tratando de verme a min mesma con pinzas de nécora diante do espello, preparada para repetir marca en Catoira... Pero este frío, o baixón de defensas pola vida que levo, e sobre todo un ambiente de traballo cargado de tusidos irrefrenables, me teñen nesta situación.

De momento esta semana vai saindo cunha dubidosa sesión de ximnasio xoves (monitor novato, con medo a que se me rompese algo nos exercicios e nos estiramentos, snifff, agora que xa Alba mais eu nos tiñamos collido o punto...). Onte tocaría sair, pero quedei toda a tarde na cama a base de ibuprofeno e frenadol.

Hoxe decidin levantarme a iso das 12, espabilar facendo un par de recados, e logo sair correr en uniforme de semi-inverno, ante a mirada preocupada e reprobatoria do meu preparador físico. "E vas ir con gripe co frío que fai!!!" Pois xustamente por iso, os catarros cúranse sudando, ou algo asi lle contestei.

As sensacións foron en modo zombie adurmiñado, nos sei se grazas ou a pesar do frenadol... En calquera caso sai un crono de 49 minutos, o que quere dicir que con virus e todo aínda me manteño.

En fin, mentras hai vida hai esperanza. Asi que o obxectivo segue a ser sub 52 en Catoira. Polo menos facer un debut digno coa "negra".


Última edición por Meigalicix o Dom, 03 Dec 2017, 10:02; editado 1 vez
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 02 Dec 2017, 19:05
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Vas bien Alicia. Ánimo
Hace mucho frío. Los ferrolanos corremos mañana A volta a ría. Ya te contaré si sobrevivimos al frío. Porque salir salimos seguro.
www.youtube.com/watch?v=fFFNaGsH_HM
La canción no viene a nada. Me gusta y la comparto contigo y con tus (numerosos) seguidores
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 03 Dec 2017, 18:25
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Outra sesión de trote baixo os efectos do frenadol, ás 13:30 do mediodía, e non facía calor precisamente.

Crono: 48:36 minutos, ritmo 5:27 min km

Pechamos semana outra vez con só 18 km de rodaxe, pero dadas as circustancias non se pode aspirar a máis.

Plan previsto:

Luns e martes : descanso atlético ( quen me dera poder descansar do resto)
Mércores: Penúltima saída , ben cedo, e logo colaborar de anfitriona en casa (13 comensais, non somos xente supersticiosa)
Xoves: Ximnasio ( a ver quen me toca e como resulta)
Venres: derradeira saída
Sábado :descanso
Domingo : Catoira
Beauvais

Maratoniano
Maratoniano
1/09/08
234 Carreiras
8104 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 04 Dec 2017, 11:28
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Ánimo compañeira!!!! Seguro que o farás moi ben!!!

cronicasdelcarma.blogspot.com/
www.facebook.com/home....6312823999
www.facebook.com/home....0742123559
Beauvais

Maratoniano
Maratoniano
1/09/08
234 Carreiras
8104 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 04 Dec 2017, 11:30
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Ánimo compañeira!!!! Seguro que o farás moi ben!!!

cronicasdelcarma.blogspot.com/
www.facebook.com/home....6312823999
www.facebook.com/home....0742123559
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 05 Dec 2017, 16:55
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Esta vez me lo he currado un poco más. Si esto no te inspira ánimos ya no se yo... Disimulando
www.youtube.com/watch?v=rRR9Kbv8VIk
¡¡¡¡¡¡¡¡¡Forza Meiga!!!!!!!!
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 05 Dec 2017, 23:42
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Vou a estar fora ,así que aproveito para desexarte moi boa carreira
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 07 Dec 2017, 1:50
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Moitas grazas a todos polos comentarios.

Xa aparquei hai dous días o frenadol, ( as cancións de Zambujo e Sés tamén resultaron vitamínicas, quede tranquilo por iso Don Andrés).

O que non din aparcado este mércores foi o lote de traballo doméstico que tiña por diante (atender a 12 comensais, aínda que sexa en equipo, non deixa marxe ).

Total, que en vez de sair cedo a facer unha tirada de 50 minutos, saín ás 21:45 a dar 10 voltas pola Balbarda, máis que nada por relaxar o corpo despois de tanto recoller e fregar pratos...En total 31:16 minutos. A primeira volta moi lenta, logo as seguintes a ritmos de 5:40/ 5:50.

Nestes momentos non sabería dicir que sensacións nin que expectativas teño cara este domingo... O caso é que ambiente vai haber : 500 participantes na proba absoluta e case o 20% de mulleres. E na miña categoría imos ser 7, o que practicamente é unha multitude comparado coas edicións anteriores. Coincide ademáis que cinco desas persoas poden ser rivais moi asequibles. Así que a motivación para intentar repetir o sub 52 sigue viva, pero con só motivación non abonda... Xa veremos.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 07 Dec 2017, 18:09
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Eso de coñecer as rivales esta moi ben.acordome cando o "rapaz" competía a alto nivel.eu siempre levaba apuntado os rivais a batir por el e os seis compañeros de otras categorías..
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 07 Dec 2017, 21:02
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

CORRIN escribió:
Eso de coñecer as rivales esta moi ben.acordome cando o "rapaz" competía a alto nivel.eu siempre levaba apuntado os rivais a batir por el e os seis compañeros de otras categorías..

Coñecer tampouco é que coñeza ás rivais, Corrin, pero sí que che acaban sonando nomes nas clasificacións , sendo poucas como somos , e indo mais ou menos ás mesmas probas. Tampouco é algo que me preocupe, con cumplir conmigo mesma xa sería de abondo.

Esta tarde sesión de ximnasio.Tocoume Alba, e doble ración de elíptica, pero por unha vez cumplir co obxectivo de calorías que me marcou ( xa sería por ter posto a intensidade do dispositivo mais baixa...). Poucas sentadillas e abdominais a mazo. Con todo iso fíxose curto. Mellor. Estiramentos aceptables.

Xa vai quedando menos.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 09 Dec 2017, 21:05
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

"Crónicas da favela : Nunca chove a gusto de todos..."

... E desta volta menos. Despois de semanas vivindo baixo a amenaza da sequía, xusto ten que ir chover todo de golpe este domingo. Polo visto ata xa teñen bautizada á borrasca con nome de Ana.

Onte tocaba facer a última saída , pero despois de ver as novas, e o comunicado da organización da Carreira Romería Vikinga de Catoira, cambiei os plans. Fixen a saída hoxe e mañá quedarei en casa por si acaso. Remata a semana con só 14 km e unha sesión de ximnaso. Moi pouca cousa, pero quedan dúas semanas por diante para volver coller o tono.

Desde que son nai de familia, para min o normal nun 24 de decembro é andar ás carreiras, coas compras e os preparativos da cea... Quen me ía dicir que este ano andaría ás carreiras no sentido máis literal e atlético da expresión.

Miña nai , que é destas que sempre dín aquelo de "vas caer" nos anuncios do Gadis, está absolutamente espantada.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 10 Dec 2017, 10:35
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Se avecina carrera épica. Acuérdate de las Anas famosas: Ana Frank, Ana Bottle, Enrique&Ana... y motívate.

Ánimo Meiga.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 13 Dec 2017, 0:04
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Miralo desde el punto de vista practico...jeje escaqueate de hacer la cena.pon a todos a trabajar.
Estaremos atentos a tus crónicas
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Mér, 13 Dec 2017, 15:45
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Outro punto de vista e que teras mais tempo para recuperarte e preparar Catoira....hai que ser positivos... Silbar
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 14 Dec 2017, 19:13
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

cK13 escribió:
Outro punto de vista e que teras mais tempo para recuperarte e preparar Catoira....hai que ser positivos... Silbar

Intento ser positiva, Nando, pero isto de ter máis días de por medio tamén acaba por dar oportunidade a que todo se torza . Librei da gripe pero co frío e as horas de traballo sentada volveu a dor e pinzamento do lado dereito. E a sesión de ximnasio desta tarde quedou anulada por mor dunha reunión urxente no traballo, xustamente destas que te deixan ganas de ir ő ximnasio a desafogar diante do saco de boxeo.

O único que podo dicir de atlético esta semana é os 50 minutos de carreira está mañá aun ritmo floxiño de 5:45... Isto xa se parece su soufle desinflado, a unha mahonesa cortada, un arroz pasado... o punto de forma o tiña para o dia 10.En fin a ver se polo menos logro saír sábado e domingo e levarlle a cara ős resultados desta semana





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos