Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 12 Nov 2017, 17:21
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Terceira saída da semana, outra vez ó mediodía, para respetar polo menos 24 horas entre cada saída e non abusar... Notábase o gasto de forzas de onte pero con todo iso saíu un crono de 48:27 minutos a un ritmo de 5:27.

Ímonos mantendo.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 14 Nov 2017, 23:49
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Nin me decatara de que este diario xa está na páxina número 100...

Hoxe tocou a última sesión de ximnasio antes do día D. Ultimamente Alba apíadase un pouco mais de min, e ponme un minuto menos de elíptica e a menos intensidade, pero nin con esas consigo facer as 10 calorías por minuto... Nin as sentadillas perfectas, nin a coordinación impecable nos saltos da escaleira, pero polo menos as planchas de brazos van saindo con dignidade.

Mañá descanso atlético para poder compaxinar a axenda de traballo. Xa só quedan as saídas de xoves e venres.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 16 Nov 2017, 12:58
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Saída do xoves... Tiña pensado que fose ás 7:30 da mañá pero finalmente puido a pìrguiza e o magnetismo das mantas, así que rematei saíndo ás 9:10... E ainda bo foi, que os termómetros marcaban 8ºC (mellor temperatura que en Coruña seguramente , pero fresco de abondo para min).

En total 48:10 minutos a ritmo de 5:28 mais ou menos, mantendo o nivel un día máis... Que pouquiño queda xa.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 17 Nov 2017, 18:40
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Ultima saída antes do día D .

Entre as 2 e as 3 da tarde, sentindo as maniotas acumuladas en distintos paquetes musculares, pero non molestias no glúteo dereito o cal debería ser bo sinal.

49:58 minutos a ritmo de 5:37 (o tráfico humano e rodado a estas horas do día tampouco axudaron moito)

Xa non hai nada mais que facer, non sendo a mochila para marchar mañá a Ourense
Pollastre

Foreiro Senior
Foreiro Senior
10/01/14
16 Carreiras
508 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Ven, 17 Nov 2017, 20:14
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Buena suerte Meiga, sobre todo la suerte del tiempo, que con esto del cambio climático va a resultar que lo normal es no llover.
¿Cuántas San Martiño van ya?. Un montón, ¿no?
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 19 Nov 2017, 0:25
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Moita sorte para manan e abrigate que vai moito frió por ourense
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 19 Nov 2017, 10:39
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Ahora estaréis corriendo en Ourense. Aquí y ahora en Coruña hace una rasca importante. Es día bueno para correr los que odiamos el calor.

Forza y saudos para todos en Ourense.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 20 Nov 2017, 0:47
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: " 41 Carreira Pedestre Popular San Martiño de Sparkland"

Sete.
Como os Sete Mares, as sete estrelas da Osa Maior, os sete pecados capitais e as virtudes contrarias, os sete das setenta da escoba... En fin, a miña participación número sete na San Martiño Ourensana. Se cadra non son tantas ocasións como pensaría Pollastre, pero sí de abondo xa para ser rutina no meu calendario, e falar con coñecemento de causa.

Toda festa comeza de víspera. Algúns terán a súas boas razóns para queixarse de ter que recoller os dorsais un día antes. Para min ven sendo o pretexto perfecto para marchar en sábado e ir quentando ambiente.

Sain de Oliveville ás 16:30, non me gusta conducir de noite. O caso é que desde antes do mes de outubro non tiña collido a autovía das Rías Baixas, e ó pasar polas Neves e A Cañiza encolléuseme o corazón de ver os montes negros, sentenciados. No mp3 sonaban The Zombies cantando " The Butcher's tale", xusto nese momento, dándolle máis intensidade aínda a toda esa negrura. Pero pouco a pouco foi quedando todo atrás , e ás 17:30 xa estaba aparcando o coche e poñéndome en marcha dirección Expourense.

Si me preguntasen da organización, eu seguiría votando por recoller os dorsais no Pavillón dos Remedios, pero aínda así tocaríame de ir a Expourense igualmente, porque ás 18 horas tiña lugar a entrega de premios do Circuíto Correndo por Ourense, e tocaba ir ver á miña archirrival recibindo o seu trofeo de 3ª clasificada da categoría veteranas C.

Despois diso unha cervexa sen alcohol, e cea de pasta a unha hora prudente, ás 23: 30 xa na cama, luz apagada, pero inevitablemente os mesmo nervios precarreira e as dificultades para durmir, especialmente en cama de prestado... Soñei con ceos cheos de remuíños de nubes presaxiando a tormenta perfecta. E cando despertei o ceo estaba efectivamente cuberto, pero nada de tormenta, simplemente a habitual brétema ourensana de primeira hora. Estaba claro que o inicio de carreira ía ser fresquiño.

Tan fresco como o presentían Corrín e Freaky, ou peor, ata o punto que marchei cara a Ponte do Milenio máis a ritmo de carreira que de quecemento. Así que de contado cheguei, e sen case decatarme xa estaba dando voltas e voltas entre o Nexus e o Pavillón dos Remedios, integrada na marea humana trotante.

Entre volta e volta fun localizando visualmente ó lonxe a Baoes, logo a Litho pero perdino de vista, e despois foron el mais Amina os que me saudaron a min. Unha volta máis e xa andaban por alí PapaLéguas e Matogrosso, e desta vez si que chamei correctamente a cada un polo seu nome. Outra voltiña máis e xa tocou saúdar efusivamente a Doutor,, xuntarse coas demais persoas no céspede do Nexus e pousar para a foto.

Quedaban uns minutos máis para quentar . Vin rodar por alí á miña archirrival coa súa lebre e acopleime, só un pequeno tramo, pois xa chamaron para ir cara os caixóns de saída. Eu quedeime plantada ó carón dos globeiros de 50 minutos, correctamente situados no límite do caixón amarelo, pero a miña archirrival, que andaba pletórica de forma, e motivadísima para plantarlle loita a outras archirrivais súas de máis nivel , marchou coa súa lebre para os lonxanos límites do globo de 45 e máis alá.

Este ano non se escoitou tanto reguetón, e agardamos o pistoletazo de saída coreando "Thunder", un detalle clásico que os meus oídos agredeceron sinceramente.

A saída foi algo máis lenta e chea de codazos do que eu recordo con respecto a outras ocasións, de feito , no momento de por fin pasar polo arco , os globeiros de 50 xa ían lonxe, na mitade da ponte. A subida pola Avenida das Caldas fíxena fisicamente empurrada polo instinto de fuxir do frío , pero mentalmente en estado sonámbulo, coma se fose un soño mais da noite anterior... Dalgún xeito iso axudou a facer a subida sen notar se os folgos faltaban ou non, pero nese estado de apampanamento case se me pasa de longo a miña imaxe favorita, a da vista do primeiro paso pola Ponte Vella desde a cima da costa .

Ata pasado Doutor Fleming non logrei a sensación de correr con espazo de abondo sen bater con ninguén.

Na Avenida de Portugal unha voz saudoume desde atrás polo meu nome, pero sen gafas non identifico a ninguén que estea a máis de metro e medio, e menos correndo costa arriba. Así que pido disculpas publicamente, non é que sexa pasota ou maleducada, só pitoña.

Antes de que aparecese o cartel do km 5 xa o corpo mo estaba avisando, e tirei da primeira gominola do peto. Botella de auga do avituallamento e a seguir.

Aínda que había xente polo casco vello mirando con cara calada e hierática, eu diría que este ano, ó non chover, o aplausómetro marcaría un par de puntos máis de nivel ( seguro que Doutor dirá que son demasiado magnánima no veredicto). Pero polo menos na rúa do Paseo había nenos e nenas poñendo a palma para saúdar, e non deixei ningún sin atender pola banda esquerda... Capítulo aparte son as persoas adultas que se poñen a cruzar de lado a lado case sen mirar ... "Vale que non somos da élite en cabeza, e que xa estades aburridos e queredes marchar, pero deixarnos correr con seguridade e sen obstáculos para un día en que a rúa e nosa, digo eu".

Xa íamos polo km 8. Segunda gominola, con idea de que fixese efecto á saída da Ponte Nova. Por un momento cometo a debilidade de consultar o Garmin, e comprobo que vou facendo uns ritmos moi similares ós dos entrenamentos. Sendo así, o probable é que remate a carreira a ritmo de 5:20 como ano pasado... "En fin, que lle imos facer, os entrenos foron bos, desta vez estirei ben antes de sair, o avituallamento fíxeno impecable, pero se a forma física non da máis de si que lle imos facer, pois veña, a rematar en 53 minutos, pero por si acaso, agora que xa enfilamos pola Ponte Nova imos apretar un pouco, por salvar a honra"

Perdida nestes pensamentos véxome xa subindo por Francisca Herrera. Inevitable sufrir un pouco. Na beirarrúa dereita unha pandilla de cativos berran aínda dando ánimos a todos. "Gracias filliños!!" saiume así, do fondo, coa falta de vergonza que me caracteriza nas carreiras.

Despois, dando a curva vexo do lado esquerdo unha veterana que ía diante, pero arrastrando os pes e co lombo dobrado cara adiante. "Pobre muller, ésta se apea aquí"... pero diso nada , conforme remata a costa recupera. E por unha segunda vez parece que volve a virse abaixo e que queda atrás, pero chegando á Ponte Vella volve a remontar "Corre ben, que o tes sufrido moito máis ca min e merécelo máis" pensei véndoa marchar.

Uns segundos para prepararme para o momento final, por Pardo de Cela ata meta, e xa se ve ó lonxe o arco co cronómetro. Acaba de virar a 00:51:00, e non dou crédito. As pernas non dan para moito máis pero o ánimo si. Os segundos avanzan pero tanto ten. Eu sei que vai sair o mellor tempo neto de todos. E non o podo evitar, e dou o cante outra vez, erguendo os brazos e berrando en voz alta "bravo por min mesma!!" ou algo asi. Menos mal que a megafonía está máis alta , e que cada quen anda ó seu.

Dando por sentado que a miña archirrival e a lebre xa chegaron 5 minutos antes, marcho directamente cara o punto de encontro: a carpa de Atletas Veteranos de Ourense . Aínda non chegaran, pero as persoas do clube que estaban alí, todo amabilidade, pasáronme unha camiseta, un anaco de bica e un sitio baixo o toldo ata que chegaron eles.

O resto dos rituais da xornada fóronse cumplindo punto por punto . Ducha reparadora, xantar de confraternidade e revisión oficial dos resultados : A miña archirrival contentísima porque adiantou a todas as súas seguidoras directas. Eu contenta porque non me sacou 5 minutos senón só 2:30. Na xeral feminina e na miña categoría quedei uns 3 postos máis abaixo ca o ano pasado, pero iso só significa que correron máis persoas e a un ritmo mellor.

Indo ós datos concretos:

Posto na xeral 2084 de 3671
Posto Sexo 181 de 748 mulleres
Posto Categoría 15 de 67 Veteranas +50
Tempo Oficial 00:51:27
Tempo Neto 00:50:47
Ritmo 05:09 / km
Ritmo Neto 05:05 / km (ou 4:59 , se facemos caso ós ourensáns de toda a vida, que xuran que o percorrido son 10.200 m reiais)

En calquera caso: MELLOR MARCA PERSOAL EN 10KM , rebaixando nun minuto a mellor das expectativas para este ano, e mellorando os resultados de 2013

Hoxe toca durmir ben.


Última edición por Meigalicix o Lun, 20 Nov 2017, 12:52; editado 1 vez
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 20 Nov 2017, 6:15
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Miña Naiciña Meiga! Esta Carreira saca o mellor de ti!
Bravo por la Crónica y por la Excelente Marca. Aplauso Aplauso Aplauso
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4695 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Lun, 20 Nov 2017, 11:13
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Alicia,lo primero enhorabuena,tiene mucho mérito,es una pasada de marca,eres un espejo donde mirarse,y lo segundo un placer verte de nuevo y poder charlar contigo que creo que no tocaba desde la Vigbay.Nos vemos en Catoira...

" Corre la primera parte con tu cabeza,la segunda con tu personalidad,y la tercera con tu corazon."

Mike fanelli,entrenador
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 20 Nov 2017, 15:48
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Te saliste Meiga. Noraboa.
Pollastre

Foreiro Senior
Foreiro Senior
10/01/14
16 Carreiras
508 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 20 Nov 2017, 20:55
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Tiempazo, Meiga Aplauso Aplauso . Menuda progresión llevas este año. ¡Enhorabuena!
matogrosso

Multimedia
Multimedia
24/07/09
101 Carreiras
1348 Mensaxes
Aquae Urente
Respostar citando Envío Lun, 20 Nov 2017, 22:07
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Actuación sublime Alicia. Cuanto has luchado, sacando tiempo de debajo de las piedras, pasando por incontables sacrificios físicos, para llegar a este apoteósico final de tu preparación para el San Martiño. Que orgullosa debes estar.
Quizás no pudiste con una archirrival a la sinceramente creo que has forzado a dar su "best" para poder doblegarte, pero de lo que no hay duda es que has dejado el sub50 a una zancada y obligas a revisar la jerarquía en "El Gato de la Favela". Mis respetos y enhorabuena. Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso

Homo homini gallicus canis
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 20 Nov 2017, 22:14
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

lihto escribió:
Alicia,lo primero enhorabuena,tiene mucho mérito,es una pasada de marca,eres un espejo donde mirarse,y lo segundo un placer verte de nuevo y poder charlar contigo que creo que no tocaba desde la Vigbay.Nos vemos en Catoira...
Buff , Litho, iso do espello onde mirarse xa me pon un pouco colorada Angel Angel ... Creo que todos somos espello para todos aquí nos diarios. Cada quen ó seu xeito (uns con cifras e outros con letras) contaxia motivación, superación ... A ver se en Catoira temos un día tan bo e revalidamos tempos. Vémonos.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 20 Nov 2017, 22:19
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

freakyrunning escribió:
Te saliste Meiga. Noraboa.

Pollastre escribió:
Tiempazo, Meiga Aplauso Aplauso . Menuda progresión llevas este año. ¡Enhorabuena!

Mil grazas , mozos. Pollastre , faltabas ti na foto, a ver se outro ano pode ser. E Freaky, imaxinarte a ti na foto supoño que entra no campo da ucronía, pero soñar é de balde, así que o bo desexo de que algún día cates a San Martiño queda aí por si acaso.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos