Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 20 Out 2017, 20:47
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Segunda saída da semana. Aproveitando un oco a media tarde. Unha sensación un tanto extraña esta de notar moito máis calor na rúa que dentro de casa. Debería ter saído con uniforme de verán é non de mallas longas.
Pesaba o calor, pesaba a dixestión pero sobre todo pesaban as maniotas da sesión de ximnasio do xoves. ... Alba está conseguindo convertir a eliptica nun instrumento de tortura.

En resumo, 8.900 metros en 51:10 minutos a un ritmo de transpiración absoluta.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 20 Out 2017, 22:03
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Goddammit elíptica le dicen algunos.

Yo no me subo más ahí.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 22 Out 2017, 20:53
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Hoxe domingo pesaba todo outra vez: As 5 horas de viaxe onte (ida e volta a Lugo) coas súas horas de reunión, o soño e as sábanas, e todavía as maniotas do ximnasio, a sobrecarga nos xemelos... Así que co tempo xusto, decidín pasar de facer series hoxe e ir en carreira contínua.

Aire fresco (8ºC) , ceo limpo, decididamente mellor sair á primeira hora da mañá que a media tarde.

Repaso do censo : 2 ciclistas en solitario e 2 equipos pedaleando en saída, dirección Redondela. De frente e pola miña beirarrúa 3 mulleres que eu situaría entre senior e veteranas A, dúas delas e modo andaina lixeira, e outra destacada por diante delas trotando a bo ritmo... As 3 de pantalón longo, túnica/gabán tres cuartos, e hiyab. Vivindo na favela global e eu sen decatarme ata hoxe...

Cheguei de volta a casa en 48:16 minutos, ritmo 5:25. Se cadra aínda podo lograr un ritmo de 5:11 na San Martiño (pero haberá que inscribirse primeiro )
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Mér, 25 Out 2017, 8:43
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

" decidín pasar de facer series hoxe e ir en carreira contínua."
Moitas veces, polo menos no meu caso, tamén fago isto como terapia mental.
Un saludo
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 26 Out 2017, 9:50
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Continuando co principio básico de que as axendas están para incumplilas sistematicamente, hoxe xoves logrei facer a primeira saída da semana.
É tanto o cansancio acumulado que non din madrugado de abondo, así que co tempo dispoñible optei por facer algo de "pseudofartlek" pola Balbarda .
En total 36 minutos, alternado tramos rápidos e lentos de aproximadamente un minuto... Menos é nada.

Tampouco quería darme mais caña pois esta tarde teño ximnasio (por favor, que me toque con Gonzalo e non me teña que subir á eliptica).

O venres descanso, e deixaría o sábado e domingo para dúas saídas por Chapela.

Xa estou anotada na San Martiño. A idea segue sendo correla a ritmo de 5:11, pero se todas as semanas van ser caóticas coma ésta, a saber que sae...
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 28 Out 2017, 19:23
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela : " Winter is coming... in somewhere else "

Non é normal este calor en visperas de Santos. Nada nestes días é normal, agás a miña dificultade persistente para erguerme cedo de abondo para facer un entreno tranquilo.

Cando logrei sair e poñerme en marcha xa eran as 9:30. Menos mal que o sol aínda no asomara por riba da Madroa... Sensacións cómodas, sen maniotas da sesión de ximnasio do xoves ( cousa rara, porque tocou sufrir na elíptica e facendo sentadillas en ángulo límite). Bo ritmo nas costas arriba. Rematei cun tempo de 49:07 a ritmo de 5:31. Non é un record, pero sí un día bo.

Estirei reglamentariamente ó chegar. O que non sei é que tal sentaría ó conxunto muscular a sesión de horticultura intensiva entre as 11 e as 14:30 , sachando e arrincando herbas... Pola tarde traballo do tren superior coa cortadora de setos e o cortacéspede. Esperemos que o corpo responda a pesar de todo mañá na terceira saída.

Quedan 22 días para a San Martiño. Exactamente 3 sesións de xinmasio e 8 entrenos. Xa podo espabilar ben.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 29 Out 2017, 18:31
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Terceira saida da semana, ás 9:45 da mañá pola hora nova. Non tiña moi claro o estado de forma despois da sesión hortícola e xadineira de onte.

O caso é que un pouco antes da recta do Cemiterio de Teis un corredor con pinta de veterano A adiantoume, pero non moi fogueado, circunstancia que disparou automáticamente o " efecto liebre"...Saquei ritmo de onde case non había, e púxenme como obxectivo manter o contacto visual a distancia ata polo menos o Alto da Encarnación.

Perdino definitivamente de vista cando eu aínda non pasara o instituto de Chapela e el xa ía mas alá do edificio do Faro de Vigo. Con todo iso pagou a pena , porque non baixei ritmo en todo o traxecto , e contra todo prognóstico logrei rematar en 48:51 minutos a un ritmo de 5:27.

Decididamente " Si yo tuviera una liebre, cuantas marcas barrería" , versioneando a Leslie, cando aínda era cantante cos Sirex (moito antes de ser "cantante" contratado por CiU en asuntos turbios de urbanismo... ai, así vai o pais)
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 30 Out 2017, 23:26
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

1ª sesión de 3 de ximnasio antes do día D.

Despois de case dous meses volveume a tocar con Jota. Xa lle tiña collido o punto ás sesións con Alba, pero para que mentir, alegreime do reencontro... Se cadra os meus cuádriceps non tanto , pero o corpo en xeral agradeceuno , porque como bo luns, hoxe foi moi estresante no traballo, e mazar un pouco o corpo alivia a mente.

Cando saín xa era de noite. Unha furgoneta de reparto lucía un eslogan especialmente dedicado a min ( e a tod@s @s pringad@s da bisbarra) : "Cada día es un regalo, también los lunes ".

Viña meditando no asunto, e disfrutando da lixeireza muscular das pernas, cando á altura do nudo de Isaac Peral pasou un coche derrapando sonoramente cara á dereita, acelerador a tope... Segundos despois un coche da policía coa alarma posta seguíndolle o rastro. Non sei en qué momento a favela se converteu no plató de Hawai 5.0 ou de Harry el Sucio, pero nestas andamos. A ver qué din mañá no Faro e na Coz
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 31 Out 2017, 10:48
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meigalicix escribió:


Non sei en qué momento a favela se converteu no plató de Hawai 5.0 ou de Harry el Sucio,

Justo en el mismo momento en el que Luis Tosar empezó a hacer de malo en U.S.A.

Al loro las corredoras de carretera. Con esos no valen prendas reflectantes.

Forza o día D.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 01 Nov 2017, 19:06
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Reorganización da axenda número 1000.

Onte pola tarde non tiña ganas ningunhas de sair, asi que quedou a cousa para hoxe, e foise adiando ata as 17:30 da tarde. O ceo anubado parecia anunciar aire fresco para correr, pero diso nada, bochorno camuflado.

Media tarde de día festivo debería equivaler a ruas tranquilas e sen tráfico para rodar, pero esquecín que hoxe a miña ruta pasa xusto por diante do cemiterio de Teis, asi que estaba petado todo de xente e coches (polo menos non estaba o clan dos 10 fox terriers invadindo a beirarrúa e atacando como ninjas).

Media tarde, dixestión a medias, contaba cun resultado tamén a medias, pero aínda menos mal: 49:48 minutos a un ritmo de 5:32.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 03 Nov 2017, 10:04
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Outra vez como Ariel Roth botando de menos un grolo para poderme estabilizar.

Chove o traballo extra por todas partes, moito máis que a propia chuvia que se supón que debería caer nestas datas. Nesa situación as horas laborales non chegan, e veñen deberes para casa, e o resultado ven sendo deitarse ás 2:30 da mañá , durmir catro horas mal durmidas, e acabar por rematar facendo só dúas saídas semanais , en franca regresión, cando o corpo precisamente pide máis para liberar tensión.

Así que hoxe segunda e última saída semanal , 52 minutos ás 7:30 da mañá para liberar corpo e mente a ritmo non digno de mención.

Por diante unha fin de semana de retiro de traballo , horas nunha silla programando, resumindo, debatindo, revisando, nun lugar pechado entre Madrid e o Escorial. Entre iso e a viaxe de ida e volta, a ver como quedan os glúteos. Confío en que , como sempre , me deixen habitación individual e así poder programar algunhas sesións de abdominais e estiramentos paliativos.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 08 Nov 2017, 11:07
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

E rematou a semana pasada con só dúas saídas e 0 estiramentos na fin de semana.

Onte, a penúltima sesión de ximnasio antes do día D. Outra vez con Alba, outra vez coa elíptica, outra vez sen lograr marcar as 30 calorías en 3 minutos (quedou en 26) .

A ver se logro salvar o plan desta semana e sair en xoves, sábado e domingo.

E entre medias , a sacar tempo para xestionar unha vez máis o "gafe" que teño con Emesports. Xa vai por dúas veces que a súa páxina de inscripcións me dou problemas na carreira de Moraña. Agora tamén coa inscripción en Catoira, a ver en que queda o tema.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 09 Nov 2017, 18:37
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Asunto da inscripción en Catoira resolto. Moi amables e eficientes tanto de Emesports como da organización da Carreira.

O plan da semana vai avanzando: saída as 7:30 da mañá con muñequeiras reflectantes e aire frío. 48:50 minutos por debaixo de 5:30 sen sufrir demasiado. Supoño que aínda podo seguir pensando en baixar dos 52 minutos o día D.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 09 Nov 2017, 18:41
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meigalicix escribió:
7:30 da mañá con muñequeiras reflectantes e aire frío.

Eso es otra liga Meiga. Menuda rasca.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 11 Nov 2017, 22:30
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Segunda saída da semana . Por frío e por vagancia na primeira hora da mañá en vez de botarme á rúa ás 7.30, acabei por facelo ás 14 horas.

Non eran as mellores condicións, o corpo algo encollido de estar case un par de horas vendimiando kiwis e apañando noces do chan, e algo de calor de máis para ir co uniforme de inverno.

Así e todo, procurei meterlle ansia dentro das posibilidades . E tanto me debin de aplicar que cando cheguei de volta e parei o Garmin, marcaba 47:54 minutos , ritmo medio de 5:23... Moi bo sinal para min, tendo en conta que nos sete anos e medio que levo correndo polos tobogáns da favela, só media ducia de veces logrei baixar de ritmos de 5:25 .

Xa só quedan 3 saídas e unha sesión de ximnasio de aquí ó xoves que ven. Venres 17 descanso, sábado 18 xa en Ourense pillando o dorsal, e domingo 19 a pelexar por repetir o sub 52 do 2013.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos