Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 10 Set 2017, 17:45
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

"Crónicas da favela: VIII Carreira das xornadas marisqueiras do Berbés"

O despertador sonou ás sete da mañá. Aínda que respetei na medida do posible a "xornada de reflexión", debería terme deitado mais cedo e ceado antes, se cadra dese xeito tería durmido mellor, pero sempre me pasa igual.

Despois do día tan cambiante que tivemos o sábado, optei por darlle o debut en competición ás zapatillas novas, non fora ser que houbese humidade no chan e as zapatillas vellas non respondesen. Afortunadamente tivemos o día ideal para correr, a temperatura xusta, sen vento cruzado.

Sobre as 9.15 da mañá o preparador físico mais eu xa deixaramos o coche aparcado e nos achegamos á zona do porto. Por ali de frente viña andando xa Andrés 61 de paisano, que ía cara coche a poñerse de uniforme.
Despois fumos seguindo a estela humana ata dar coa zona de saída. Arranquei a trotar un pouco e quecer, e de contado me saiu ó encontro Pollastre, sempre o primeiro en recoñecerme , porque aínda non ten idade para a presbicia, non coma mí. Fumos quentado xuntos un tempo e poñéndonos ó día desde a molladura da San Martiño.

De volta á zona de saída xa nos agrupamos Andrés mais eu no furgón de cola , para sair con calma e comodidade. Previamente un minuto de silencio, pois por desgracia este domingo sobraban os motivos.

Cando por fin sonou o disparo de saída o Garmin tiña localizados os satélites pero non lle dou a gana de reiniciar nova actividade, así que pasei del para o resto da mañá. Polo menos desta vez ían ser 10.000m homologados e ben medidos, e co tempo oficial xa me valía.

Andrés 61
decidiu que a primeira volta do circuíto ía facela en plan quecemento, así que desexoume boa sorte e deixoume marchar.
Costoume encontrar unha respiración que se me axustase ben ó ritmo, e ó ser a primeira vez que facía o percorrido víame un pouco sen referencias. Iso sí, os dous primeiros kilómetros adiantando a bastante xente. Logo xa chegou o momento de atopar "o sitio" na carreira. E era unha sensación rara, pois por un lado estaba alá diante, lonxe, o pelotón dos tres cuartos de xente rápida, e nalgún punto detrás, ese último cuarto de persoas que van no vagón traseiro. E no medio, eu soíña, con toda a pista para mín. Como xa estou afeita a iso, ía cómoda.

Fíxoseme algo longo chegar a rematar primeira volta, pero coa botella de auga do avituallamento , a primeira gominola, e sentir por megafonía o anuncio de que estabamos no minuto 26 e medio da carreira, logrei coller pulo. A cousa non ía mal e había posibilidades de facer ese sub 53.

E alá fumos a pola segunda volta. Quedaban dúas gominolas máis no peto para sobrevivir, pero case boto mal as contas, pois cando xa cría que estaba no tramo de volta, resulta que aínda me faltaba por facer un segundo desvío á dereita do circuíto. De todos xeitos quedaba algo de gasolina no depósito e o susto non chegou a maiores.

Xa non había pelotóns, só unha ringleira de a un, longa e estirada, coma nas etapas da Volta Ciclista. De cando en vez algún adiantamento e se reorganizaba a ringleira. Xusto no último kilómetro adiantáronme dúas veces, pero estas persoas tiñan claro aspecto de ser seniors ou veteranas A, así que a miña posición na "campana da Gauss" non ía a variar gran cousa por iso.

E por fin a recta final cara a meta. Por alí andaba Pollastre xa descansando e animando, cousa que foi moi de agradecer.

Ó pasar polo arco de meta non din visto o crono exacto, pero ó volver xa coa miña bolsa de avituallamento final, vin que os díxitos aínda acababan de marcar os 53 minutos. Xenial!! O sub53 estaba conseguido, só faltaba concretar por canto.

De camiño de volta tiven tempo de animar a Andrés na recta final, e logo aínda volvimos os dous a atopar a Pollastre de retirada, e efectivamente "facer unha minikedada sen chuvia".

A guinda final foi tomar un cafeciño nunha terraza do Berbés, para seguir coa charla animada e revisar con calma os resultados, acompañados do meu expectante preparador físico, interesado en saber se tanto madrugón dominical fora en valde ou non.

A xeito de balance, dicir que Pollastre volveu facer marca, que Don Andrés 61 quitouse por fin a espiña de Moraña, e volve a verse vivo de cara a media das Catedrais. E con respecto a min, doume por recuperada da picadura da faneca, do Camiño de Santiago , dos calores de Carnota, e declaro oficialmente domesticadas as zapatillas novas: Tempo oficial 51:45!!!! Ritmo medio 5:11 min/km . 4º posto de 12 veteranas +50. Posto 35 de 85 mulleres chegadas a meta. Se a iso lle sumamos os 300 puntos gañados para o circuito , as contas saen redondas. Certo que non nos tocou nada do sorteo, pero non por iso deixa de ser o domingo perfecto.


Última edición por Meigalicix o Dom, 10 Set 2017, 19:54; editado 1 vez
PequeñaCriatura

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/10/12
0 Carreiras
975 Mensaxes
Ferrol
Respostar citando Envío Dom, 10 Set 2017, 18:43
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

¡¡¡Enhorabuena Alicia!!! Tiempazo... Aplauso
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 10 Set 2017, 18:44
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Estás muy rápida Meiga, lo petas pero mucho. Vas a empezar a ganar un sueldo extra con las carreras como sigas así.

Noraboa tamén a Pollastre y a Andrés. Vaya día.
Pollastre

Foreiro Senior
Foreiro Senior
10/01/14
16 Carreiras
508 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Dom, 10 Set 2017, 20:45
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Estupenda carrera, Meiga. El día se prestaba para ir rápido, tiempo estupendo y el circuito más llano imposible.
La presbicia empieza a asomar la patita, no te vayas a creer, que la diferencia de edad es poca, pero certifico que lo del despiste tuyo es totalmente cierto Silbar . Encantado de saludarte y a la espera de que se te ocurra venir alguna vez al norte, una vez negocies las condiciones con tu preparador físico.
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 11 Set 2017, 5:56
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Non hay faneca que poida contigo!!!!!!!!!!!!!!
Gran Carreira e Gran Crónica. Felicidades Meiga.
Pd: Un placer conocer a Pollastre in person
Beauvais

Maratoniano
Maratoniano
1/09/08
234 Carreiras
8104 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 11 Set 2017, 11:45
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Grande compañeira!!!!

cronicasdelcarma.blogspot.com/
www.facebook.com/home....6312823999
www.facebook.com/home....0742123559
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Lun, 11 Set 2017, 13:09
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Gracias pola crónica e noraboa polo tempo Aplauso Aplauso Aplauso
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
4361 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 12 Set 2017, 8:02
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Enhorabuena.
Gran carrera y grandísima marca.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 12 Set 2017, 8:24
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

corredor101 escribió:
Enhorabuena.
Gran carrera y grandísima marca.

Debe ser MMP, al menos desde que yo la controlo en los diarios.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 12 Set 2017, 11:16
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Da gusto entrar por aquí e ver tantas felicitacións. Agradézovos moito os comentarios e o subidón de autoestima que da. Síntome tan popular que ata perece que me están saíndo orellas e bigotes gatunos Sorriso Sorriso

Pero non, Freaky , non é a mellor marca persoal en 10 km. A mellor foi en setembro de 2014, na 1ª Carreira Vikinga de Catoira, ritmo 5:08, crono 51:27 minutos, sacándolle mais de un minuto de diferencia a Celina Sobrino, a do Club de Atletismo de Moraña. Pero como nesa primeira edición eramos tan pouquiñas mulleres, fixeron só categoría única, e semellante proeza non pasou por ningunha foto oficial.

A verdade é que este circuíto do Porto de Vigo ven sendo o mais plano e horizontal que un se poida imaxinar (o mais llano de toda Galicia en palabras de Pollastre). Non tiñamos vento e a temperatura era perfecta. Ideal para facer marca. Non cheguei ó record de 2014, pero é con diferencia o mellor tempo en 10 km que fixen desde aquela, e iso anima moito. Iso, e por suposto tamén a vosa labor de siareir@s virtuais Guiño .

Onte tocaba descansar. Efectivamente non sain correr, pero estuven de pe na cociña toda a mañá, e pola tarde podando no xardín. En fin, isto non ten remedio. Polo menos antes de deitarme pola noite dediquei un bo tempo a estiramentos.

Hoxe pola tarde tocará fisio, botarame a bronca por non facer os deberes que me mandou para o da fascitis do pe dereito, pero capearemos o temporal.

Mañá tocará sair, pero con calma, reseteando, que de momento ata a San Martiño non hai obxectivos por diante, e quedan dous longos meses.
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Mar, 12 Set 2017, 11:27
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

No quedaría bien, Alicia.



Mejor sólo el atrezzo.



¡Felicidades!

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
Pollastre

Foreiro Senior
Foreiro Senior
10/01/14
16 Carreiras
508 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mar, 12 Set 2017, 19:15
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Perdón que se ha cortado a mitad...
Bueno, Meiga, no sé si cuentas siempre tiempo real, porque si contases tiempo neto estarías ahí ahí con tu mejor marca. La lástima es que en esta carrera el cronometraje no tuviera en cuenta el neto, que para los que no salimos en primera fila es un tiempo que cuenta. Yo particularmente, para mi ránking personal, como tardé 9 segundos en pasar por la salida, procedo a descontarlos, que me hace más ilusión.
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Mar, 12 Set 2017, 19:39
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meigalicix, no sé yo, pero me parece que tu archirrival de Sparkland va a tener que atarse los machos.
Enhorabuena!!! Aplauso

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 14 Set 2017, 14:53
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

"Donde dije digo, digo Diego". Se este é o lema que tantas veces nos goberna neste pais, a nivel político, de empresa, e ata de reparto de bens familiares, non debería darme reparo ningún aplicalo nos meus entrenos.

Pero algo sí que me remorde a conciencia, e sobre todo ós músculos das pernas, esto de andar a cambiar de plan sobre a marcha , e ter que deixar ocos e concentrar despois días seguidos. Total que a saída de onte pola mañá cedo convertiuse na de hoxe ó mediodía.
Obxectivo: soltar un pouco os músculos despois de tatas horas sentada hoxe diante do ordenador traballando, e de tantas horas onde pola tarde apañando noces do chan, e logo lavándoas e poñéndoas a secar (seguro que as noces de Borges caen xa limpas da árbore para unha caixa, pero non lle chegan á sombra do sabor das auténticas da favela)

Para evitar as obras que me teñen cortadas as beirarrúas da Avenida de Galicia e a zona do mercado de Chapela, volvín facer o circuíto pequeno de ida e volta de Ríos ás Catro Pontes con algunha variante para alongalo un chisco , e chegar polo menos ós 4700m, como cando vou á Guía.

connect.garmin.com/mod...1977071419

Unha das variantes que lle metín foi facelo en sentido inverso, saindo pola Avenida de Galicia, e volvendo polo camiño de Caxide, diante do Pavillón de Teis. E a conclusión e que faga o que faga neste barrio sempre se remata en costa arriba e abafando. Como se iso non abondase, tocou tamén gimkana perruna. Eu pensaba que os paseadores de cans só saían de mañá cedo ou pola tardiña. Pero non contaba eu con este terceiro turno das 14:15. Diríase que vivo nun barrio inzado de yorkshire terriers por todas partes, e cada vez que me cruzo con algún non podo evitar lembrarme de "Un pez llamado Wanda" e as escenas en que cada un dos cans lle cae algo enriba... O censo foi de 2 yorkshire e 2 palleiros de cruce campando ás súas anchas sen control ós que houbo que driblar, e un dogo grande, afortunadamente ben educado e ben controlado polo seu dono... Que sería dos nosos diarios sen os cans.

En total , 28 minutos a un ritmo medio de 5:59, as pernas algo mais tonificadas, pero de pouco vai valer porque esta tarde teño sesion doble de reunións.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 20 Set 2017, 9:20
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Pasou a semana anterior con esa única saída do xoves. Vergonza me da, pero foi imposible sacar máis tempo.

Esta semana imos camiño do mesmo, pero polo menos xa levo unha sesión de ximnasio ( botando de menos a Jota unha vez mais), e unha saída pola Guía hoxe ás 7:45. Estaba bastante escuro pola carballeira, e tamén ía medio durmida e sen desatascar. En total máis de 30 minutos, o cal implica ter feito un ritmo de caracol lesionado. Creo que o de facer (pseudo)series o domingo pola mañá vai ter que esperar.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos