Foros ›
Autor
Mensaxe
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Dom, 28 Mai 2017, 13:20
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Corren malos tiempos para la lírica de las archirrivalidades, Meiga.
De todas maneras me hace gracia ver este foro transformado en una especie de RojaDirecta del running, desde el que poder ver a hurtadillas los partidos de medio mundo y parte del extranjero, dando rienda suelta a nuestros forofismos más desmelenados.
"Menganito tuvo un mal día, qué bien, que se j... ¡Toma bajada de humos!.... Zutanita va con la cara desencajada. Fenomenal. Ella que tanto presume, batiéndose el cobre como el resto de los mortales... Y a todo esto... ¿Qué se le habrá perdido en esta merienda de negros?"
Bellos pensamientos que afloran al contemplar los álbumes ajenos en la pantalla del ordenador mientras uno acaricia a un gato...

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 28 Mai 2017, 14:13
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Exactamente , Papa-Léguas, ese é o lado escuro ó que non quero chegar Sorriso
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 28 Mai 2017, 14:37
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

No será para tanto el lado oscuro, digo yo. Mientras no te tomes en serio nada de lo que aquí se dice ya está. Mal empezamos si algo relativo a la competitividad o a la rivalidad oscurece una buena parida de las que ponemos en los diarios.

El lado oscuro no está ahí Meiga, está en las lesiones, la falta de tiempo y la desmotivación, y la gula (en mi caso). Como dice Yosi: "Si preguntan por mi, tú di siempre que no estoy...", just in case.
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 28 Mai 2017, 16:27
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Bienvenida a mi Infierno, jajajaja (Risa Malévola)
La canción es demasiado obvia lo sé...
www.youtube.com/watch?v=jW89DwNY3Os
PequeñaCriatura

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/10/12
0 Carreiras
975 Mensaxes
Ferrol
Respostar citando Envío Dom, 28 Mai 2017, 18:51
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Pues yo no te veo en ese lado, mira tú... Pensando

Tú sigue disfrutando de las carreras, no tanto de correr, y no te preocupes de Archirrivales.
Si algún día te toca duelo ya se verá...¿para qué preocuparse antes? A lo mejor tiene ella el día bueno, y a lo mejor tú. Y eso en todo caso puede ser emocionante...también es verdad que te lo dice alguien que no suele picarse a no ser que la adelanten andando... Avergonzado
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 31 Mai 2017, 22:41
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

"Crónicas da favela: O día da marmota"

Marmota polo estado de abulia que arrastro desde que volvín da fin de semana, cansancio , dor de cabeza, sono... Pero tamén por sentirme un pouco como Bill Murray, atrapada nunha secuencia temporal repetida. Esta semana vai tocar outra vez 3 entrenos seguidos, por estar fora sábado e domingo.

Hoxe aínda por riba, doblete : Pola mañá non dou tempo de facer unha tirada de 9 ou 10 km. Limiteime a repetir un combinado A Guía- As Catro Pontes, pero en sentido inverso, por probar. Un pouco tolo pola miña banda, xa que implicaba facer Ríos, Travesía da Oliveira e subida á Carballeira todo xunto en costa arriba. Costou pero saín viva. 42:31 minutos a un ritmo medio de 5:58 máis ou menos.

Logo ás 6 da tarde ximnasio. Por fin con Jota despois de 15 días. Maltrátame os cuádriceps con saña, pero hai que recoñecer que os estiramentos os traballa con precisión.

Xa estou anotada para a carreira de San Xoan. Anda a tentarme unha compañeira do barrio a que me apunte tamén á nocturna da Florida, o día 10. Estaría ben correr acompañada. De momento non sei que facer, pero tampouco quedan moitos días para pensalo.


Última edición por Meigalicix o Xov, 01 Xuñ 2017, 23:36; editado 1 vez
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 01 Xuñ 2017, 19:37
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Como dijo (Ha tiempo) Nuestro Admirado Micifú: "¡No todo va a ser Correr!"
Mañana asisto a una interesante Charla sobre Geodas. Te mantendré informada porque sé que es un tema que te apasiona.
Mi canción dedicada de hoy:
www.youtube.com/watch?v=z0TPpxNeVnU
Tu entrenador personal (y sobre todo tú) sabéis que detrás no hay que admiración y respeto hacia tu persona.. y que me he levantado tarareándola... ¡Maldito TOC! Guiño
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 02 Xuñ 2017, 0:39
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

"Crónicas da favela: Menos sentido que un chincho"

Nestas 90 páxinas que levo de diario pseudodeportivo seguro quexa metín varias veces esta expresión tan xenuinamente favelense.(Para quen non sexa de Vigo, un chincho é un xureliño pequeno)
En fin, a poño porque é a frase que lle cadra a esta xornada. De certo hai que ter menos sentido que un chincho para poñerse a facer unha tirada de 12 km xusto ás 13:45, facendo a volta de Chapela por Arealonga sen lembrar que ó rematar o Mende tocaría subir a tremenda costa do Camiño do Laranxo e a Riouxa... Por segunda vez no meu historial de entrenos, tiven parar o Garmin, botar pé a cuneta e camiñar, ata chegar de novo á Avenida de Galicia. Ata ese punto quedaron rexistrados 8520m , en 49:29 minutos, ritmo medio de 5:49.
Logo foron 400m andando e 1400 m correndo de novo ata casa. O garmin non se me conectou nese segundo tramo, pero imaxino que ó ser o tramo fácil o fixen a ritmo de 5:20 ou 5:30 (polo tempo que me levou)... En fin, uns 10km correndo aproximadamente.

Para rematar a xornada en modo "cerebro de peixe", anoteime na carreira do día 10 de xuño , para a distancia de 10km (sabendo o moito que se me atragantan as longas rampas de Coia e a Florida)... o caso é que tirou moito de min saber que vou correr acompañada por alguen que fai mais ou menos os mesmos ritmos. Eu que sempre corro sola. En fin, xa se verá que sae.

PD: Grazas polas achegas sonoras desta semana Don Andrés. A miña ignorancia musical é moita, e sempre está ben saber que hai máis cantantes mexicanas que Julieta Venegas.
MIKOKO

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
16/09/10
0 Carreiras
280 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 02 Xuñ 2017, 7:27
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

benvida o clube dos que temos menos sentido cun chincho. o se levas tempo nel, que sepas que non estás sola. Eu temen son dos que sae despois dunha boa papada ou en Africa con 30 graos Muro
EnriqueC

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
24/01/17
7 Carreiras
200 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Lun, 05 Xuñ 2017, 10:12
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

No está nada mal. Felicidades. ("Ata ese punto quedaron rexistrados 8520m , en 49:29 minutos, ritmo medio de 5:49.")
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 05 Xuñ 2017, 12:18
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: " De como fun facer unha sesión de recuperación na Costa Ártabra , o meu paso polo I trail de San Sadurniño, e outros feitos que me aconteceron"

Comenzando con semellante título , o propio sería continuar coa prosa quevediana ata o final, pero iso excede as miñas capacidades, tanto as literarias como as de tempo e ganas.

Limitareime a dicir que o venres , unha vez máis pillada de tempo, saín só pola Guía, circuito básico de 4700m, rematados en 31 minutos a ritmo cansino.

Ás 16 horas , coa dixestión a medio facer, tocou marchar a facer "sesión de recuperación" en Ferrolterra. Dúas horas ininterrumpidas de camiño en coche pola AP-9 , para logo renuirme con A-61, os dous de paisano , coa idea de dar unha volta polo Museo da SGHN ( non todo vai ser correr ) e culturizarnos cunha charla sobre a orixe da Costa Ártabra. En total sumei 4 horas de posición sedentaria esa tarde... Non é o mellor xeito de tratar ás pernas unha semana antes dunha carreira.

Xa metida na racha en bucle de antirrecuperación, non estirei esa noite, nin tampouco na mañá seguinte. A xornada do sábado comezou en Pantín e rematou antes de Cabo Prior. Todo perfecto desde o punto de vista xeoturístico, pero desde o punto de vista atlético e biomecánico foi nefasto , porque non era un roteiro de facer andando a un ritmo constante, senón unha serie de paradas nas que alternabamos desprazamento en coche, con momentos a veces moi longos de estar parados de pe escoitando as explicacións do guía.

No domingo, máis do mesmo, pero pola Serra do Forgoselo. Comezamos por Igrexafeita e tiramos cos coches para o Alto de Racamonde. 32 xeoturistas baixando dos seu coches, deambulando dun lado a outro da pista forestal, escoitando ó noso guía , admirando as vistas e as formas das rochas, campando ás nosas anchas. Quen máis podía pasar por alí un domingo pola mañá?...
Cando vin pasar un par de ciclistas en bici de montaña, e ós 10 minutos outra persoa correndo, o único que pensei era que canto entrenaba a xente da bisbarra aproveitando o domingo.
Un tempo despois cando vin pasar a dous correndo á par e outro detrás, xa me fixei máis, e reparei que levaban dorsal " E este trail de quen ven sendo?" . Collin o móbil e consultei no calendario do foro, e cheguei á conclusión de que aquelo tiña que ser o I Trail de San Sadurniño.
De contado pasou o que debía ser o "pelotón perseguidor", no que ía a primeira muller. Aplaudín e animei con enerxía, a todos os do grupo pero moi especialmente a ela.
Cando un vai en plena carreira, sufrindo costa arriba, e soñando co cambio de rasante e o inicio da costa abaixo, unhas das cousas que máis amola é atopar a calzada invadida e ter que desviar o paso, por poucos centímetros que sexan... Eu veña a berrarlle ós meus compañeiros de grupo que se botasen ás cunetas e deixasen todo libre, pero había algúns de costas que nin se enteraban. Está claro que só os que corremos algunha vez nos decatamos deses detalles.
Se chegan a facer unha enquisa ás persoas chegadas á meta, unhas dirían que moi ben iso de ter xente no alto de Racamonde para animar, outros que ben tamén por poder preguntarlle a alguén onde seguía o camiño. Pero tamén estarían os que se queixaría dos invasores da calzada, incluso habería un par de corredoras do pelotón de cola que protestaría dicindo que por culpa duns freakys sentados no medio das pedras do monte con chaleco reflectante estiveron a piques de desviarse de camiño pensando que a carreira continuaba por medio das toxeiras.

En fin. Espero que todos chegaran ben a meta, e que o trail vexa mais edicións no futuro.

Volvendo ó meu balance de exercicio físico semanal, engadir que en toda a mañá o único que serviu para movilizar as pernas foi o paseo ata o mirador da fervenza do río Belelle . Polo demais, todo igual. Outras catro horas sentadas entre o xantar no pobo de A Capela, e a víaxe de volta a Vigo.

Plan para esta semana (que hai que cumplir si ou si)

Luns: ximnasio (por favor que me toque con Jota)
Martes pola tarde: saida de 9-10 km)
Mércores: Descanso
Xoves pola tarde: Saida de 9-10 km
Venres :descanso
Sábado : Carreira Nocturna do Runrun Vigo

Facer estiramentos cada mañá e cada noite, os exercicios de descarga do glúteo cada 3 horas, e suplemento de magnesio toda a semana.

E mentalizarme de que esta carreira do sábado é so un entreno semanal para a de San Xoan


Última edición por Meigalicix o Lun, 05 Xuñ 2017, 18:29; editado 1 vez
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 05 Xuñ 2017, 16:50
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Que título? Digno de la mejor escuela Slumpariana o Papa-Legüense!!!!!
Encantado de compartir contigo esa interesantísima charla. Tenías razón el conferenciante merecía la pena.
En S. Sadurniño hicieron podium algunas compañeras de club y el "Castro de Lobadiz" quedó de 1º por Equipos... Sin mi participación. xq como diría un admirado forista "yo soy poco amigo de Traileros..." Disimulando
Me alegro que tu jornada por Ferrol-Terra fuera fructífera. Ya coincidiremos con el traje de faena Moi feliz
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 07 Xuñ 2017, 20:26
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meiga... Meiga... Tan agotada quedaste de tu viaje por Ferrol-Terra?
Si tus múltiples ocupaciones te permiten pasarte por tu Diario te dejo un regalito... Angel
www.youtube.com/watch?v=OgOF2G0SZX0
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 07 Xuñ 2017, 21:12
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Andrés61 escribió:
Meiga... Meiga... Tan agotada quedaste de tu viaje por Ferrol-Terra?
Si tus múltiples ocupaciones te permiten pasarte por tu Diario te dejo un regalito... Angel
www.youtube.com/v/OgOF2G0SZX0

Don Andrés, Vou ter que pagarlle algún tipo de nómina polo labor de mantemento da miña axenda e da banda sonora deste curruncho

O do estado de agotamento é case consustancial nesta época do ano.

No tuven moito tempo de pararme a escribir aquí ata hoxe, pero si que vou cumplindo medianamente co plan semanal.

O luns ximnasio, e efectivamente con Jota, que me fixo morder a esterilla como só el sabe, con eses exercicios para cúadriceps que parecen unha parvada pero que non hai xeito de facer dignamente unha segunda tanda de 20 repeticións (moito me amola non poder rematar e ter que pedir papas)

A saída do martes fíxena esta tarde. Algo fora de prazo, pero imos indo.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 07 Xuñ 2017, 23:09
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: "Everybody needs somebody ..."

Mentras algúns andan a reflexionar sobre a súa condición de hámster ou de coello, eu veño de experimentar o meu traslado provisional á condición de "liebre"... E quen mo iba dicir a min , tan segura como eu estaba, coma a María Veranes.

Onte mércores sain correr coa compañeira que me enredou para anotarme na Nocturna deste sábado. Esta compañeira en cuestión é en realidade unha mociña de 30 anos de aquí da favela de toda a vida, que descubriu isto de darlle ás zapatillas hai ano e medio... E como toda neófita recén conversa, colleuno con moita paixón. Tanta, que o ano pasado por estas datas lesionouse por sobrecarga.

Como este ano xa estaba recuperada e indo ó ximnasio, pensei que xa volvera á súa tónica habitual, de facer unha de 10 km a ritmo de 5:05 sen despeinarse... E eu, coma a leiteira do conto, facendo os meus cálculos, pensando correr a carreira detrás dela adaptandome o tirón e mellorando algo a propia marca.

Pois non. Onte quedamos pola tarde para correr xuntas (por fin despois dun ano), e o primeiro que me dí é que non quere pasar dos 5-6 km, que leva unha tempada longa indo só ó ximnasio e ten que desoxidarse de aquí o sábado pero en plan tranquilo. Así que lle propuxen un percorrido a Arealonga indo por Ríos e as praias e volvendo pola Avenida de Galicia. Ata a depuradora do Mende non houbo mais incidencias pero a partir de alí pediume que baixara algo o ritmo. A subida de Arealonga á Avenida de Galicia fíxoa andando. Boa decisión, se tiña os cuádriceps cargados do ximnasio, mellor non forzar tan preto da carreira. Só me atrevín a apretar un chisco máis pasada a Riouxa e a gasolineira. Finalmente saíron 6710m en 37:51 minutos, a un ritmo de 5:38.

A ver como andamos de forzas as dúas o sábado, pero xa que "everybody needs somebody", nun momento dado, exercerei de "liebre" o mellor que poida.







Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos