Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 22 Abr 2017, 18:15
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Seguindo na liña da apatía primaveral, erguinme unha hora e media despois de que sonase o despertador. O corpo pedía almorzar, e xa se me botaba enriba a hora de facer un par de recados que tiña pendentes.

O caso é que volvían a casa antes das 10:30. Era unha hora estupenda para sair a correr, pero o aligustre do valado da entrada estaba a mirarme con cara acusadora, recordándemo que o tiña feito unha selva desde hai semanas. Asi que en vez de correr tocou traballar o tren superior. Exactamente ata as 13 horas... Total que cando por fin sai correr xa pasaba das 13:30. Ir por Chapela sería chupar demasiado sol. Así que decidin facer un combinado pola Guía e Arealonga, a ver canto saía en kilómetros e tendido de sombra, por comparar... Desde logo sombra tiven en bastantes sitios, incluso incentivos refrescantes para esa hora do día, como atoparme con dous aprendices de trombón de varas repasando ritmos latinos sabrosóns na carballeira da Guía... Ata tiven certa ración de vento mareiro na Rotea. Pero non faltaron costas, e ademais , 25ºC . Menos mal que o preparador físico estaba entretido facendo o xantar, senón xa o tería detrás da orella chamándome tola.

connect.garmin.com/mod...1692310195

Pero rematei, en 1hora e 4:21, ritmo de 6:08. Non cheguei fogueada que se diga, pero viva, que xa é de abondo dadas as circunstancias.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 23 Abr 2017, 20:12
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Que suerte Alicia.musica ambiente para correr y luego seguro que una fantástica comida.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 23 Abr 2017, 21:18
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Hoxe terceira saída da semana. O aconsellable sería correr en días alternos ou polo menos deixar pasar as 24 horas. Pero o único momento que ía ter era as 9:30 da mañá.

Os termómetros non subían dos 15 grados e había moi as zonas de sombra. Pero aínda me duraba o desgaste do día anterior, así que o resultado foron 51:48 minutos a un ritmo de 5:49 min/ km .

A ver se nesta semana que ven remonto un pouco.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 28 Abr 2017, 21:29
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Isto xa parece como un cartel publicitario de ABANCA, onde todo se aplaza.

Comecei adiando a sesión de ximnasio para mércores . Como Jota me viu demasiado descansada, doume caña coa electroestimulación e os exercicios de cuádriceps. Así que o xoves apetecía descanso. Resultado : primeira saida da semana en venres pola tarde. 51:33 minutos a un ritmo de 5:47 min/ km, coa enganosa sensación de estar avanzando a ritmo axil , pero as costas deste barrio e o meu fondo físico son o que son.

Se todo fose planificado e cumplido segundo a Norma ISO 9000 , hoxe xa tería feito duas saídas e mañá tocaría descansar en Santiago á saida da capela da Corticela. Pero resulta que vai tocar ir ó enterro do sogro dunha compañeira , e antes, ou despois, facer oco para a segunda saida da semana. As axendas son como as utopías, nunca se cumplen, pero de vez en cando axudan a trazar o camiño.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 29 Abr 2017, 8:42
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meigalicix escribió:
Se todo fose planificado e cumplido segundo a Norma ISO 9000 , hoxe xa tería feito duas saídas e mañá tocaría descansar en Santiago á saida da capela da Corticela. Pero resulta que vai tocar ir ó enterro do sogro dunha compañeira , e antes, ou despois, facer oco para a segunda saida da semana. As axendas son como as utopías, nunca se cumplen, pero de vez en cando axudan a trazar o camiño.

Amén a ese párrafo. Yo me pondría más técnico, y diría que por mucha éxcel con cortafuegos que tengamos siempre estamos expuestos a los hackers rusos. So be it.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 29 Abr 2017, 22:07
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Finalmente logréi facer oco ó mediodía. Como ía algo mais de fresco, logréi rematar e 49:57 minutos , e se non viñese tanto vento de cara ata igual me saia en menos. Pero honradamente, pouca diferencia hai de correr a 5:42 a facelo en 5:36. O caso é sair.

Pola tarde, sesión de recuperación ( tanto do entreno como da vida en xeral) : recollida a man dos penúltimos nísperos e das primeiras cereixas.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 30 Abr 2017, 17:44
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Anímicamente é importante para min rematar a semana e poder dicir que rematei a semana facendo 3 saídas e unha sesión de ximnasio... Sei que isto de facer as tres seguidas, venres,sábado, domingo, non é o máis aconsellable, pero desta volta foi o único posible.

Hoxe a tirada foi ás 13:30, o que neste barrio ten a vantaxe de no pillar tràfico e contar en puntos dispersos do percorrido co arrecendo a churrasco e rustridos varios. Eso en si mesmo é bastante motivador, pero o que me facía acelerar hoxe era tratar de chegar a casa antes de que caese o trebón. Non por medo a mollarse, non me molesta correr con chuvia, máis ben o contrario. ... non, o asunto é que deixara no tendal secando 4 xogos de cama e un feixe de toallas e contaba con recoller todo seco ó chegar... O de acelerar foi misión imposible poi pasado o Alto da Encarnación o vento do sur daba de cara ben forte. Entre a 4 Pontes e a Riouxa botou a chover finalmente. Así que nin sabanas secas nin ritmo de entreno decente, aínda que o gasto muscular fose tan intenso ou máis que calquera día bo. 50:07 minutos a un ritmo medio de 5:37 min / km.

Non foi unha semana especialmente digna de mención , pero polo menos remata coa sensación de obxectivo cumprido , e sen molestias significativas no glúteo dereito , o cal tamén me anima.

Mañá, merecido descanso.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 02 Mai 2017, 7:34
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Apunte a un comentario tuyo hecho en el diario de Tintin. Tu frase es algo así como que no podrías preparar un maratón por el ritmo de vida que llevas. Eso es nuevo. Mi cerebro interpreta que si te tocara la lotería y te dedicases a la vida contemplativa, SI contemplarías la posibilidad de 42 kms.

Hace tiempo dijiste que eran razones musculares. Something has changed? O eres como Bejamin Button?
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 02 Mai 2017, 12:11
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

freakyrunning escribió:
...Mi cerebro interpreta que si te tocara la lotería y te dedicases a la vida contemplativa, SI contemplarías la posibilidad de 42 kms.

Hace tiempo dijiste que eran razones musculares. Something has changed? O eres como Bejamin Button?

Indo ó grano: Se me tocase a lotería e me dedicase á vida contemplativa, e tivese moito tempo e descanso para poñer algún plan de preparación en marcha , igual probaba a intentar prepararme... Despois deste ano indo ó ximnasio, entrenar case sempre sen plantillas, as rutinas cos glúteos e outros detalles, a miña visión dos meus problemas musculares ten cambiado un pouco.

Nesta última Vig Bay vinme ben, e admito que a nivel teórico, como pregunta intelectual, teño curiosidade por saber se chegaría a ser capaz de facer unha tirada longa , probablemente a un ritmo de 5:50 ou 6 . Pero iso non pode improvisarse dun día para outro... Así que por un lado algo ten cambiado á hora de pensar no asunto, pero non pasa de aí, porque o de tocarme a lotería e a vida contemplativa , vai ser que non.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 02 Mai 2017, 13:12
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Me parto Meiga.

"igual" = condicionante
"probaba" = condicionante
"intentar" = condicionante
"prepararme" = condicionante tamén (non dis facelo)

20%*20%*20%*20%=0,0016 sobre 1 = Posibilidades de que Meiga HAGA un maratón.

Estimando un condicionante en el 20%, que es bastante alto. Con un 20% casi siempre te salvas de una expulsión en Supervivientes o GHVIP.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 03 Mai 2017, 22:20
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Jaja yo también pienso que en un año meiga si caerá en una maratón...caer de correrla EH...que con el gimnasio ese la están poniendo "cachas"
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 05 Mai 2017, 10:26
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

"Crónicas da favela: Fuxindo dos soños"

Hoxe durmin mal. Despertei varias veces, e nunha desas puiden quedarme coa historia que estaba soñando : O meu fillo, outra vez con 10 anos (en vez dos 25 que ten agora) correndo conmigo unha carreira de relevos na que o testigo era un pau/bastón longo cun gancho ou colgador arriba, e tratábase de correr sempre co pau na man ó lado da parella sen pasar o testigo. Meu fillo levaba o pau . Corríamos por unha costa arriba a un ritmo espectacular. Pero a escena seguinte é que xa estou en casa, seica no último momento pasei de chegar á meta, porque tanto me tiña rematar a carreira e o noso portal quedaba de camiño...

Din que os soños son o xeito en que o cerebro inconsciente descansa das preocupacións acumuladas en estado consciente... Así que supoño que o que se mesturou na cocteleira foi:
- o correo dos de CCN avisando da carreira de relevos por equipos do 20 de maio.
- o ter que tachar tamén do calendario a carreira nocturna de Vigo do 10 de xuño porque estarei fora.
- o ver que esta semana tamén é outro caos de planificación. Fun ó ximnasio ó martes, pero fun incapaz de sair correr nin mércores nin xoves.

Xa despexada dos pesadelos, saín facer a facer a primeira saída da semana ás 7:30 da mañá . Trote cochinero ó comezo, e apurando algo ó final para escapar da chuvia e a mala conciencia de corredora vagoneta. 51:19 minutos a un ritmo medio de 5:45 min/km.

E despois andades algúns facendo cálculos infinitesimais de se algún día farei ou non unha marathon. 0,0016 é o mesmo que dicir 0 se temos que redondear.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 05 Mai 2017, 13:01
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meigalicix escribió:
[b]
E despois andades algúns facendo cálculos infinitesimais de se algún día farei ou non unha marathon. 0,0016 é o mesmo que dicir 0 se temos que redondear.

Mentira cochina. 0,0016 es una probabilidad como otra cualquiera, y por supuesto no es cero. El pesimista cree que 0,0016=0. El optimista cree que 0,0016>0. El idiota cree que 0,0016=1.

Que cada uno se coloque en su cajón.

Menda = 1.
PequeñaCriatura

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/10/12
0 Carreiras
975 Mensaxes
Ferrol
Respostar citando Envío Ven, 05 Mai 2017, 13:11
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Yo también creo que Meiga se va a liar la manta a la cabeza y nos va a sorprender apuntándose a un maratón...yo también 1 Molón
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Ven, 05 Mai 2017, 14:08
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meigalicix escribió:
As axendas son como as utopías, nunca se cumplen, pero de vez en cando axudan a trazar o camiño.

freakyrunning escribió:
El pesimista cree que 0,0016=0. El optimista cree que 0,0016>0. El idiota cree que 0,0016=1.

Este diario rebosa sabiduría.

Nota: Apuesto al no.

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos