Foros ›
Autor
Mensaxe
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 01 Abr 2017, 8:28
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meigalicix escribió:


- Acelerar pola baixada á Praia América mentras unha veciña nos vai regando coa karcher , coas vistas da ría de decorado de fondo.


Esa es buena. No hay mejores, palpables e importantes objetivos que los que describes. Lo de la vieja y la Karcher sólo lo entendemos por aquí, es pura metafísica. A mi también siempre me moló el señor con 200 cm de contorno abdominal, sentado en su casa y con el purito en la boca, pasas corriendo y él te anima con infinita condescendecia.

Sorte mañana a todos.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 02 Abr 2017, 23:02
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

"Crónicas da favela: Vig- Bay 2017"

A número XVIII nos carteis, a séptima para min.
O día perfecto para correr (nada que ver co ano pasado, afortunadamente).Sol, pero sen calor .Tampouco vento en especial.
Outros anos iamos todo un equipo de corredores da favela, este ano só 3.
Corredoras na carreira: non máis dun 16 %, pero non vou cambiar o título do diario por iso (hai máis carreiras que axudan a manter a media, e só o cambiarei cando o normal sexa un 30%).

Xunto a estas diferencias, hai cousas que non cambian por máis que me empeñe o planifique: Quería deitarme cedo, deixar todo listo para o esta mañá , pero o devenir doméstico e familiar fixo que me deitase á 1:00 AM . Durmin con máis interrupcións das desexadas, e aínda que me erguín ás 7, de contado o reloxo xa marcaba as 8:40, e había que ir marchando. Coas presas esquecín o garmin e algún amuleto máis. Pero lle dixen ó meu preparador físico, hoxe utillero e chófer, que non pagaba a pena dar volta, que o imprescindible ía todo na bolsa, e que me fiaba da cronometraxe oficial.

Ás 9:15 xa estabamos na zona habitual dos parques de Samil, estirando, quentando, pasando polos servizos (os normais, que quedan máis lonxe pero feden menos que os químicos).

Sempre corro sen gafas, e por iso non distingo con nitidez mais alá duns metros. Pero o meu utillero, que é moi agudo avisoume de que "por alí andaba o de Tomiño, o dos gatos, coa muller". Cando por fin logrei enfocar debidamente, o Doutor xa non estaba, pero cheguei a tempo para saudar a Montse , que xa estaba enfilando para facer a súa saída longa, 34 km, aí queda iso.

A continuación, seguindo os consellos de Pollastre, andiven por alí trotando sen quitar ollo da zona da fotokedada. Entre volta e volta, vin como os do Carma sacaban a súa foto de familia numerosa, e algún outro grupo máis.
Xa saíran as dúas tandas de participantes de "Discamino", e por alí seguía sen aparecer ninguén. Cando estaba por pensar que xa volveran a poñer a funcionar a "capa de invisiblidade" que usaran na San Martiño, por fin atopo a un dos sparklandianos. Tíñame cara de Guillermo, pero por si acaso limiteime a dicir "Bos días, que tal!" seguindo a estratexia gatuna.

Pouco a pouco foron chegando máis foreiros. Preguntei por Andrés61, e alguén dixo que por alí cerca o viran , pero conócese que nesta temporada estamos destinados a non coincidir. Quen si se deixou convencer para estar na foto foi Doutor , deixando a un lado por un momento a mala experiencia de Coruña... Se cadra outros anos eramos máis, pero quedaron un par de fotos xeitosas (que poden verse no apartado de kedadas). Ademáis de saudar a Sanmikel e outros habituais, por fin puiden facelo personalmente con Litho mais a Amina. Así que este primeiro obxectivo da lista quedou amplamente cumplido.

Ía tocando cumplir con todos os demáis. E o pánico escénico seguía facendo das súas: As tiras tamaño pequeno de compeed parecía que quería molestar, o glúteo dereito que levaba días tranquilo doulle por espabilar un pouco, o corpo pedía ir unha última vez ó baño, pero as colas seguían sendo quilométricas e xa habia que ir cara os caixóns correspondentes... Así que optei polo pensamento zen-budista (non sinto nada, non desexo nada) e alá me fun.

Nunca me acabo de aclarar co sistema de globos de cores. Certo que este ano eran de globoflexia de nivel avanzado, pero non había numeriños indicando os tempos. Intuín que os verdes serían para a xente de 1 hora e 55, e alí quedei, escoitando a arenga de Don Abel I de Oliveville, e cantando o Himno Galego despois ( sentindome un pouco bicho raro entre tanta xente que nin o cantaba nin lle facía moito caso)... E xa por fin, moi a modo , pasando o arco, e procurando non ser descortés, poñendo dalgún xeito o intermitente antes de cambiar de carril para adiantar, e cos cóbados pegadiños ó corpo, porque desde logo non había moito sitio. Ata pasado Mide non tiven a sensación de ter espazo para correr ó meu aire sen estorbar a ninguén.

Non sei se foi por ter xa interiorizado e sabido o percorrido, ou porque ó ir sen garmin no quedaba outra que correr por sensacións , o caso é que esa parte se me ía facendo curta, chegando ás primeiras esponxas e as primeiras botellas de auga sen estar realmente perxudicada... Ó ser tantos e ir tan xuntos facíaseme dificil atinar para coller botella sen estorbar. A piques estiven de dicir "paso de coller botella", pero un corredor con máis psicomotricidade ca min fixo un axil pase de relevos , dándome a súa botella e collendo outra para el. Agradecinllo alí mesmo, pero quero deixar constancia do bo xesto aquí tamén.

Cousas da inercia que se colle da saída da carreira, o corpo ía tirando sempre polo carril dereito. Demasiado sol dese lado, pero a zona de sombra estaba petada de xente, e unha e outra vez remataba inconscientemente no tendido de sol.

Como non facía moito calor, notaba que podía meterlle ritmo. Pero non era o compás e as respiracións que me tiña marcado nos entrenos. Por explicalo en termos musicais, sei que son máis eficiente a longo prazo a respiracións longas que se axusten a un 2x4. Pero hoxe o corpo ía en 3x4, ritmo de vals vienés, o típico que leva a facer máis inspiracións, cando vou en costas arriba e hai que gastar máis. O caso é que ía cómoda, pero dubidando se aguantaría así toda a carreira.

Estando nesas reflexións , sinto como unha voz me vai dando ánimos desde atrás primeiro, e rebasándome por diante despois con garbo e salero: Era o Doutor!! Atinei a dicirlle, cos folgos que me quedaban, que a vindeira vez que me lesionase quería facelo coma él, con esa soltura e enerxía... Non só lle deu o corpo para facer os km que se propuxo e a bo ritmo, tamén lle alcanzou para animarnos en dous puntos máis da carreira. Para os que vos gusta alcumar ós archirrivais, creo que polos don da case ubicuidade, e ese estilo inconfundible, tense gañado o de ser "archigatuno - Bond" ... A saber se este empeño de ir a Londres non será unha tapadeira para ir dar parte de novidades a M no MI6.

Mentras, a carreira seguía o seu curso, e por fín chegou a baixada a Praia América. E si que estaba a karcher regando por aspersión no ángulo xusto, instalada en posición fixa aproveitando a barra do toldo dunha cafetería . Algún vicioso pedía que a cargaran de cervexa.

Primeiros "veteranos A" apeados na cuneta na subida do pavillón . Aproveitei a baixada cara a praia para sacar do peto do pantalón unha das gominolas de avituallamento (esas que dicía Aprendiz que levaban droga, pero en realidade non levan nin cafeína). Outros anos o corpo xa ma pedía antes do km 10, se hoxe me acordaba dela pasado o km 12 era bo sinal.

Non é que haxa moita xente animando na Vig Bay en todo o percorrido, pero a xente que anima, o fai con certa continuidade e sentimento, e hai de cando en vez algunha pandilla de nenos que che poñen a man para saudar e nunca me resisto a facelo, ainda que hoxe case batemos outro corredor mais eu por facer a gracia. Pero como somos xente civilizada e que compartimos interese por "traballar a futura canteira atlética", quedamos mutuamente desculpados, e ata intercambiamos ánimos.
O que sí é certo é que hai sitios emblemáticos onde a xente se anima algo máis, e ata se ven arriba. Un deles é praia América. E se alguén sabe virse arriba con absoluta entrega é a miña cuñada, que estaba alí ó borde do paseo animándome personalizadamente con tanta ansia , que os corredores que tiña ó lado se me quedaron mirando un pouco .

E así chegamos a Monte Lourido, e como son unha de tola e me notaba ben , na baixada onde estaban os gaiteiros a tocar un ano máis, doume por erguer os brazos en plan paso de muiñeira, agradecendo con mímica o detalle de poñer un pouco de marcha... Logo pensei "Alicia non tes sentido ningún, mira que se era xusto aí onde Papa-Léguas estaba cubrindo a reportaxe, menuda foto ía sair"... Pero isto de correr no medio de centos de persoas que non te coñecen é como sair do armario, perdes un pouco o sentido do ridículo, falas , animas ós que están parados na cuneta, bailas , protestas, aplaudes, avisas ós que levan cara de novatos que anden con ollo que de Monte Lourido saese en costa arriba, coma se foses da organización.

Cando cheguei a Sabarís o glúteo non molestaba, nin a vexiga desde case a saída, pero os pes levaban claros síntomas de ampollas en puntos diversos das plantas. Está claro que hai que correr con varios parches grandes de compeed e de ir sen plantillas, ten que ser con zapatillas máis axustadas ó pe. Así que tocaba desplegar ración doble de pensamento zen ( non sinto nada, isto é un sono e estou tirada plácidamente na cama, é a miña mente a que vai nunha carreira). Por outra banda fixen entrar en razón ó meu corpo para que deixase xa a respiración en ritmo de vals vienés, que había que pasar a respiración en 2x4, que quedaban os kilómetros máis longos e difíciles... E tanto, pois de contado pasou unha ambulancia a recoller a un "veterano A " desmaiado e medio convulsionando na cuneta. Ós que iamos no lado dereito da calzada case nos fixeron frear en seco, e nese cambio de ritmo perdín varios postos na xeral feminina... "E iso tanto ten, Alicia, a que olimpiada vas ir? seica agora andas preocupada polos puntos do RunRunVigo?" iame dicindo a min mesma. Efectivamente, o importante era estar alí, sen calambres, e non na ambulancia. Así que cambiei de tema na miña autoconversación "Necesito tomar a última gominola? Non. E ir botando man dalgún dos "mantras" ? Mellor esperar ata que queden 2 km"... Algo máis tarde, ben regada coa ultima das botellas de auga do último control, e recitando mentalmente a ritmo de 2x4 esa frase, ese estribillo de canción cheguei por fin a recta final, coa sensación de ir incluso adiantando.

Moito ambiente de xente, aplausos, berros, e alí recibin unha inesperada ración de folgos. Nese meu lado dereito, case ó alcance da man, estaba unha campiona como Celina chamándome campiona a min, animando a todo meter. E por se iso non abondase, uns metros máis adiante sentin o meu nome outra vez: Era Manolo, o seu home, tamén exercendo de siareiro incansable.

Uns pasos máis, e xa o arco de meta : 1:53 e 30, 40 eu que sei, fose o tempo que fose de tempo bruto era menos do 1:55 tempo neto que me marcara. Outro obxectivo cumplido da lista, e a polo seguinte,que viña sendo ir onde o preparador físico e ver se estaba impresionado ou non .
Atopeino cos outros dous correlegas da favela, que estaban contentos tamén cos seus cronos. Andaban por alí tamén outras compañeiras da favela, das que teñen familia en Baiona e pasan alí os domingos e tiveron o detallazo de irme ver á liña de meta. Uns e outras preguntaban que como me fora . "Creo que mmp, pero ainda terei que ver o tempo neto en internet".

E coa mesma , petate ó lombo, fun camiño das duchas , os pes cada vez máis resentidos das bochas, pero sen que iso impedira ir con paso lixeiro a polos obxectivos que aínda quedaban... Non estaba segura de todo da mmp, pero segundo me fun adentrando no pavillón souben que a marca deste ano era boa: Non había case cola para entrar na zona de mulleres. Unha vez dentro case non tiven que esperar atopar billa libre, había auga abundancia, incluso auga quente. E andaba por alí aínda Esther Pedrosa... Calquera CSI confirmaría con esas probas que rematei máis cedo que en anos anteriores.

Levaba secador de pelo, e as encargadas amablemente dixeron os sitios onde podiamos usalo con comodidade, pero ó final decidín que ós meus oídos propensos a coller infeccións non lles ía pasar nada por secar o pelo ó aire nun día de sol tan fermoso... E sobre todo tiña presa por cumplir cos dous últimos obxectivos da lista: Primeiro ir ata o coche , que este ano estaba exactamente no quinto pemento e máis alá. Mentras o meu esforzado utillero cargaba amablemente co petate, eu aproveitaba para ir medio trotanto, medio marchando, e non sentir as maniotas que xa ían subindo polas pernas.
E xa por fin, ás 14:30, na hora acordada, fumos a polo último obxectivo de todos. Cómodamente instalados nunha terraza dun restaurante na praia do Bao, comezamos o xantar familiar celebrando os logros do día.

Posto 2832 de 4236 na xeral
Posto 232 de 679 mulleres
Posto 18 de 71 na categoría feminina 3

Tempo oficial 1:53:47 , tempo neto 1:52:12. Ritmo neto 5:20 min/km pero aguantando un ritmo de 5:15 ata o km 14, e mantendo ata 5:17 ata o km 18. Isto vai ser moi difícil de superar en edicións futuras. Pero de momento a disfrutalo!!!
AUGUSTI

Foreiro Senior
Foreiro Senior
25/03/12
2 Carreiras
529 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 03 Abr 2017, 4:53
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Noraboa pola MMP!
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 03 Abr 2017, 6:05
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Noraboa Meiga. Merécelo polo teu esforzo (e a tua clase claro) Aplauso Aplauso Aplauso
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Lun, 03 Abr 2017, 6:18
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Noraboa Meigalicix, gran carreira a túa. Un enorme placer coñecerte en persoa
PequeñaCriatura

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/10/12
0 Carreiras
975 Mensaxes
Ferrol
Respostar citando Envío Lun, 03 Abr 2017, 7:18
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

¡Pues mis felicitaciones Meiga! Objetivo cumplido y ahora no pienses en el año que viene, como bien dices, a disfrutar de estos resultados. Bailar Aplauso
VICTORALVAREZ

Experto no foro
Experto no foro
13/10/10
196 Carreiras
5440 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 03 Abr 2017, 7:38
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Enhobuena Meiga por esa MMP Aplauso Aplauso
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 03 Abr 2017, 9:09
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Muy bien Meiga. Estás potentísima, noraboa.

La karcher no decepcionó, entonces.
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Lun, 03 Abr 2017, 9:13
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Ya te veía lanzada y con fuerzas (en tu caso folgos) para hablar. ¡Enhorabuena!

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 03 Abr 2017, 10:06
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Moitas Felicidades Rapaza!! Ole esa MMP.
Últimamente moitos diarios van de marcar persoais, xa che tocaba a ti!!
Estas feita toda unha Titán.
mateotn

Maratoniano
Maratoniano
27/11/13
0 Carreiras
1524 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 03 Abr 2017, 13:53
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Noraboa meiga. A disfrutar de la rica esencia de las mmp! Bailar
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4695 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Lun, 03 Abr 2017, 14:05
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

enhorabuena por esa MMP Alicia,y como te dije también un placer conocerte de una vez que ya tocaba,tenía muchas ganas,agradecerte igualmente esta pedazo crónica Aplauso Aplauso Aplauso

" Corre la primera parte con tu cabeza,la segunda con tu personalidad,y la tercera con tu corazon."

Mike fanelli,entrenador
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 03 Abr 2017, 14:22
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Con tantas felicitacións de tod@s, hoxe si que me sinto unha corredora "popular" :- )
Moitísimas grazas polas vosas visitas e comentarios.
matogrosso

Multimedia
Multimedia
24/07/09
101 Carreiras
1348 Mensaxes
Aquae Urente
Respostar citando Envío Lun, 03 Abr 2017, 14:41
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Portentosa actuación Meigalicix.
Felicidades por la merecida MMP!!!
Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso

Homo homini gallicus canis
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Lun, 03 Abr 2017, 16:30
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Excelente carrera y excelente crónica. En tu paso por delante de la cámara ibas en trance, y ni siquiera reparaste en mi aluvión de ánimos, en absoluto melifluos. Pero ya me percaté, ya, que nuestra habitualmente neutral y conciliadora Meigalicix, entraba en Baiona con la bayoneta calzada.
¡Enhorabuena por el gran éxito!
Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos