Foros ›
I carreira popular Toffe- concello de Rianxo
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Dieji

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
28/03/10
0 Carreiras
180 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 28 Set 2013, 14:36
Asunto: I carreira popular Toffe- concello de Rianxo

Anunciovos que o proximo 1 de novembro vaise celebrar en Rianxo a primeira edicion desta nova carreira no calendario.

Desenvolverase a partires das 11 da mañan empezando con mais pequeniños e a carreira absoluta a partir das 12.De momento ainda non dispoñemos do reglamento para poder poñer toda a informacion,o unico que as inscripcions xa se poden realizar na paxina web de championchip e pos menores na paxina www.rianxo.com ou ben chamando o telefono 981-86-63-81

o percorrido da carreira absoluta realizarase sobre un circuito de 3 voltas e 10km en total aproximadamente

nada mais que decirvos que esperamosvos o 1 de novembro en Rianxo e esperamos que sexa unha festa do atletismo para todos


Última edición por Dieji o Ven, 04 Out 2013, 22:36; editado 3 veces
mariano

Maratoniano
Maratoniano
18/01/11
0 Carreiras
440 Mensaxes
rianxo
Respostar citando Envío Sáb, 28 Set 2013, 15:28
Asunto: Re: I carreira popular concello de Rianxo "Xosé Neira Hermida"

E os que gusten das marcas , aqui tedes un recorrido chan e moi favorable para acadalo.a organización esta traballando arreo para que non vos falte de nada, esperamos a vosa participación
anxinho

Montañés
Montañés
3/04/08
0 Carreiras
418 Mensaxes
Rianxiño
Respostar citando Envío Sáb, 28 Set 2013, 16:24
Asunto: Re: I carreira popular concello de Rianxo "Xosé Neira Hermida"

Noaboa pola inici tiva
jesusb

Maratoniano
Maratoniano
11/05/07
2535 Carreiras
6615 Mensaxes
Ferrol (Coruña)
Respostar citando Envío Sáb, 28 Set 2013, 20:08
Asunto: Re: I carreira popular concello de Rianxo "Xosé Neira Hermida"

Buena iniciativa, esperamos la publicación del Reglamento y que se abra pronto el período de inscripción.

saludos,

www.facebook.com/jesus.bernalgomez
basibasi

Foreiro Senior
Foreiro Senior
15/03/10
219 Carreiras
595 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 28 Set 2013, 20:09
Asunto: Re: I carreira popular concello de Rianxo "Xosé Neira Hermi

Ole, ole y ole.
Ya echaba de menos yo una carrera en Rianxo, donde tengo familia. Esta no me la pierdo ya que ademas es en homenaje a mi buen amigo Hermida.
Nos vemos en Rianxo.
anxinho

Montañés
Montañés
3/04/08
0 Carreiras
418 Mensaxes
Rianxiño
Respostar citando Envío Dom, 29 Set 2013, 8:27
Asunto: Re: I carreira popular concello de Rianxo "Xosé Neira Hermida"

Penso que as inscripcións xa están abertas en championchip
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
470 Carreiras
3676 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 29 Set 2013, 9:18
Asunto: Re: I carreira popular concello de Rianxo "Xosé Neira Hermida"

Era o único concello da zona que non tiña unha carreira. Noraboa pola iniciativa.
Eu creo que nesas datas non vou a estar por Galicia, pero se estou, espero ser da partida.
lucax

Novo foreiro
Novo foreiro
16/03/10
0 Carreiras
42 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 29 Set 2013, 14:02
Asunto: Re: I carreira popular concello de Rianxo "Xosé Neira Hermida"

Por fin imos ter unha carreira en Rianxo, faime moita ilusión poder correr na miña terra. Desde logo, intentarei ir. Gracias os que levades esta iniciativa adiante e oxala se repita todolos anos.
miñoco

Novo foreiro
Novo foreiro
20/05/12
10 Carreiras
29 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 30 Set 2013, 12:01
Asunto: Re: I carreira popular concello de Rianxo "Xosé Neira Hermida"

Paraceme moi boa iniciativa, os meus parabens para a xente que a organiza que seguro que lle están adicando toda e ilusión e moito traballo. Intentarei asistir....
correro

Montañés
Montañés
16/10/12
69 Carreiras
690 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Lun, 30 Set 2013, 12:13
Asunto: Re: I carreira popular concello de Rianxo "Xosé Neira Hermida"

Noraboa pola iniciativa e ahí estaremos,sempre axudando as carreiras no seu inicio.
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 30 Set 2013, 14:03
Asunto: Re: I carreira popular concello de Rianxo "Xosé Neira Hermida"

Buen lugar y Buen día. Que más se puede pedir?
Mariquiña

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
28/08/12
0 Carreiras
180 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 30 Set 2013, 22:11
Asunto: Re: I carreira popular concello de Rianxo "Xosé Neira Hermida"

Pareceme unha boa idea, unha carreira en Rianxo, onde pasei os mellores veráns da miña vida. Alí estaremos!
mariano

Maratoniano
Maratoniano
18/01/11
0 Carreiras
440 Mensaxes
rianxo
Respostar citando Envío Ven, 04 Out 2013, 14:50
Asunto: Re: I carreira popular concello de Rianxo

Xa votou andar , nuns dias colgamos reglamento e mapa circuito
Dieji

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
28/03/10
0 Carreiras
180 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 04 Out 2013, 22:38
Asunto: Re: I carreira popular Toffe- concello de Rianxo

I Carreira Popular Toffe-concello de Rianxo
Data: Venres, 1 de novembro de 2013
Horario: Menores 11:00 h.
Adultos 12:00 h.
Organizan: Concello de Rianxo
Club Atletismo Rianxo

o proximo dia 1 de novembro vaise celebrar en Rianxo a 1ª edicion da carreira popular Toffe-concello de rianxo,convidamosvos a tod@s a participar e pasar unha boa mañan de atletismo.

1.- INSCRICIÓNS
Menores (dende xoubas ata cadetes) na web www.concelloderianxo.es/deportes
Ata o martes 28 de outubro de 2013 ás 14:00 horas no teléfono 981866381 en horario de
9:00 a 14:00 horas ou presencialmente na oficina do Servizo de Deportes no Cuartel Vello
(Praza Castelao).
Absoluta
Ata o martes 28 de outubro de 2013 ás 24:00 horas na web www.championchipnorte.com
Non se aceptarán inscricións fora de prazo ou con datos incompletos.
O prezo da inscrición é gratuíta para o carreira menores.
O prezo da inscrición para carreira absoluta é de 5 €.
Haberá un límite de 300 inscritos en categoría absoluta.

REGULAMENTO
2.- CATEGORÍAS (masculinas e femininas).
Menores
Xoubas 2008 e posteriores
Sardiñas 2006-2007.
Benxamín 2004-2005.
Alevín 2002-2003.
Infantil 2000-2001.
Cadete 1998-1999.
Absoluta
Xuvenil 1996-1997.
Júnior 1994-1995.
Promesa 1991-1992-1993.
Sénior 1979-1990.
Veteranos A 1966-1978.
Veteranos B 1953-1965.
Veteranos C 1952 e anteriores.

3.- PERCORRIDO
Saída e chegada: Praza Castelao.
Distancias:
Xoubas: 100 m.
Sardiñas/benxamín: 500 m.
Alevín/infantil: 1.500 m.
Cadete: 6.600 m.
Xuvenil/Júnior/
Promesa/Sénior e Veteranos: 10.000 m.

4.- TROFEOS

Menores

Trofeo ó 1º clasificado de cada categoría feminina e masculina.
Medallas para todos os participantes (ata fin de existencias).

Absoluta

Trofeo ós tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina.
Trofeo e premio para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na
proba, tanto en categoría feminina coma masculina, cos seguintes premios:
Masculino Feminina

1º Trofeo + 150 € 1º Trofeo + 150 €
2º Trofeo + 100 € 2º Trofeo + 100 €
3º Trofeo + 50 € 3º Trofeo + 50 €

Trofeo “Xosé Neira Hermida” ó primeiro e primeira corredor/a locais.
Todos os participantes na categoría absoluta recibirán un agasallo técnico.


5.- RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS

Realizarase o mesmo día da proba a partires das 10:00 h. na Praza Castelao.
Control con chip: a proba absoluta estará controlada a través dun chip que se entregará a cada participante xunto co dorsal. Deberá colocarse na zapatilla antes da saída. Os
propietarios de chip amarelo poderán utilizar o seu propio chip.

6.- OUTRAS CONSIDERACIÓNS E INFORMACIÓN

Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de
apoio. A non observancia desta norma implicará a descualificación dos atletas
acompañados.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder
facer ningunha modificación no mesmo.
Dado o espírito deportivo e popular desta proba son se admitirán reclamacións.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou
materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento.
En caso de cancelación do evento por causas alleas a organización, non se devolverá o
importe da inscrición.
Servizo de gardarroupa: no pavillón polideportivo de Rianxo.
Vestiarios e Duchas: pavillón polideportivo e piscina Municipal.
Aparcadoiros: arredores do pavillón polideportivo, aparcadoiro municipal e nas
inmediacións da zona portuaria.

Os resultados oficiais das probas poderán consultarse nas web:

www.championchipnorte.com
www.concelloderianxo.es
Dieji

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
28/03/10
0 Carreiras
180 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 04 Out 2013, 22:54
Asunto: Re: I carreira popular Toffe- concello de Rianxo

ahora si que estan as inscripcions abertas asi que a animarse, aqui un servidor que xa esta inscrito Bailar Bailar





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos