Foros ›
Andaina do Mexillón - Rianxo
Foros de debate / Andainas
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 10 Xul 2013, 11:15
Asunto: Andaina do Mexillón - Rianxo

Data: 11 de Agosto
Hora: 9:30 h.
Saida: Praza de Castelao (fronte ó Concello de Rianxo)
Organiza: Festa do Mexillón de Rianxo
Colabora: Clube de Remo de Rianxo, Arousa Natureza e Ocio e o Concello de Rianxo
Distancia: 15 km. (aproximadamente)
Dificultade: Baixa
Tempo máximo: 4 horas
Custe da inscrición: 5 €
Data límite inscrición: Xoves 8 de agosto
Información e inscricións: www.arousa.com



Con motivo da Cuarta Festa do Mexillón de Rianxo, a organización da festa quere presentar unha andaina que leve ós participantes a descubrir un dos concellos máis vencellados co mar e ca auga; por isto discorre polo paseo marítimo de A Torre, pola senda do río Te ata o lugar de Araño, e por parte das praias máis emblemáticas deste territorio que fai porta de entrada á bisbarra do Barbanza pola zona da ría de Arousa.

Pero non só se vai poder camiñar e descubrir recunchos de beleza salvaxe, senon que tamén se vai poder degustar o producto típico que se ensalza estes días en Rianxo: o mexillón. Xa que cos 5 € da inscrición ademais de incluir o dereito a participar na andaina, o avituallamento ó longo do camiño, e a ducha ó remate; tamén teremos a posibilidade de degustar un prato de mexillóns con bebida (auga, refresco ou cervexa).

Non só será unha xornada deportiva, senon tamén cultural (Rianxo é cuna de grandes escritores galegos que cas dúas verbas acompañarannos ó longo do paseo), e gastronómica e festiva.




Última edición por Edu_Iglesias o Ven, 12 Xul 2013, 11:46; editado 1 vez
anxinho

Montañés
Montañés
3/04/08
0 Carreiras
418 Mensaxes
Rianxiño
Respostar citando Envío Mér, 10 Xul 2013, 13:04
Asunto: Re: ANDAINA DO MEXILLÓN - RIANXO

Paréceme unha iniciativa estupenda o de mezclar gastronomía e deporte.

Esperemos que sexa un éxito, ademais a ruta que se propón é superfermosísima e vai sorprender a propioos e extranos.

Animádevos a participar.
mariano

Maratoniano
Maratoniano
18/01/11
0 Carreiras
440 Mensaxes
rianxo
Respostar citando Envío Mér, 10 Xul 2013, 16:58
Asunto: Re: ANDAINA DO MEXILLÓN - RIANXO

Sen duda, percorrido fermoso e de dificultade baixa, apto incluso para levar os cativos de paseo. Seguro será un éxito de participación o incluir a degustación de mexilón.
Espero poder ser da partida.
basibasi

Foreiro Senior
Foreiro Senior
15/03/10
219 Carreiras
595 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 10 Xul 2013, 17:17
Asunto: Re: ANDAINA DO MEXILLÓN - RIANXO

Data???????
anxinho

Montañés
Montañés
3/04/08
0 Carreiras
418 Mensaxes
Rianxiño
Respostar citando Envío Mér, 10 Xul 2013, 23:03
Asunto: Re: Andaina do Mexillón - Rianxo

11 de agosto a partir das 9.30 horas na Praza do Concello.
anxinho

Montañés
Montañés
3/04/08
0 Carreiras
418 Mensaxes
Rianxiño
Respostar citando Envío Xov, 11 Xul 2013, 20:05
Asunto: Re: Andaina do Mexillón - Rianxo

Hoxe fomos facer Edu Iglesias e un servidor a ruta e a verdade e que é fermosisima. Dificultade tecnica baixa, pero dunha beleza paisaxistica impresionante.
Animadevos porque vale a pena e por rina poderedes disfrutar dunha degustacion de mexillons.
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 12 Xul 2013, 11:46
Asunto: Re: ANDAINA DO MEXILLÓN - RIANXO

basibasi escribió:
Data???????

Editado o mensaxe principal para incorporar a data. Sorry!! Rezar
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 12 Xul 2013, 11:49
Asunto: Re: Andaina do Mexillón - Rianxo

anxinho escribió:
Hoxe fomos facer Edu Iglesias e un servidor a ruta e a verdade e que é fermosisima. Dificultade tecnica baixa, pero dunha beleza paisaxistica impresionante.
Animadevos porque vale a pena e por rina poderedes disfrutar dunha degustacion de mexillons.

Ratifico o dito por anxinho: preciosa a ruta a carón do río Te, e o tramo do paseo marítimo fai descubrir a faciana máis cultural e vencellada ó mar de Rianxo, acompañando cada paso das verbas dos galegos (e rianxeiros) máis ilustres.

Os mexillóns non dudo que estarán moi bos, pero logo de ver a ruta van ter unha dura competencia Moi feliz Moi feliz Moi feliz

A verdade e que pode ser unha mañá de domingo moi completiña e satisfactoria.
anxinho

Montañés
Montañés
3/04/08
0 Carreiras
418 Mensaxes
Rianxiño
Respostar citando Envío Ven, 12 Xul 2013, 13:34
Asunto: Re: Andaina do Mexillón - Rianxo

Edu gustaríame saber se é verdade que a organización tenlle vetada a presencia ao amigo Castinheiras argumentando que se el participa na Andaina a Festa do Mexillón de Rianxo corre serio risco... podendo ser que o jalopín este esjote os máis de 1.000 kilos de vianda de mexillón que teñen pensado repartir, non deixando nada para o resto de participantes na Andaina e máis na Festa.
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Mensaxes
Castiñeiras
Respostar citando Envío Dom, 14 Xul 2013, 10:25
Asunto: Re: Andaina do Mexillón - Rianxo

A calidade do mexillón na festa de Rianxo é excepcional, as racións son xenerosas, a cervexa vai estar exquisita, a todo esto lle unes o apetito que vai provocar os 15 kms da andaina, e si, efectivamente, 1.000 kilos de vianda de mexillón igoal se van esgotar rápido, eu penso contribuir a elo.
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 23 Xul 2013, 8:02
Asunto: Re: Andaina do Mexillón - Rianxo

Un lamentable feito das mans duns vándalos, non vai permitir disfrutar dun tramo espléndido da andaina:
www.diariodearousa.com...34812.html

Pero xa hai previsto un plan B, que permitirá pasar igual pola zona sen ter que empregar a pasarela.

(Tendes na web, algunha das fotos do tramo de referencia antes de que o queimaran).

Triste
basibasi

Foreiro Senior
Foreiro Senior
15/03/10
219 Carreiras
595 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 23 Xul 2013, 17:34
Asunto: Re: Andaina do Mexillón - Rianxo

Que animalada xD Enfadado , co chulo que estaba o paseo hasta a praia pola ponte.
anxinho

Montañés
Montañés
3/04/08
0 Carreiras
418 Mensaxes
Rianxiño
Respostar citando Envío Mar, 23 Xul 2013, 18:42
Asunto: Re: Andaina do Mexillón - Rianxo

O dito o plan B xa está en marcha. Espero que o peso da xustiza caia sobre os malnacidos que cometeron este acto. Non vou dicir mais porque se non voume a quentar.
correro

Montañés
Montañés
16/10/12
69 Carreiras
690 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Dom, 28 Xul 2013, 19:00
Asunto: Re: Andaina do Mexillón - Rianxo

ahí estaremos disfrutando desta andaina,perdínme o trail pero a andaina no,no. Moi feliz
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 28 Xul 2013, 21:09
Asunto: Re: Andaina do Mexillón - Rianxo

Disfrutar por partida triple: da andaina, dos mexillóns e da festa!!!

Moi feliz





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos