Foros ›
Autor
Mensaxe
vacatola

Foreiro Senior
Foreiro Senior
19/12/08
0 Carreiras
499 Mensaxes
Oleiros
Respostar citando Envío Lun, 10 Xuñ 2013, 13:20
Asunto: Flebitis y atletismo

Hmmm...gustaríame saber se alguén que tivera algúnha vez flebite e unha vez remitida puido seguir correndo con intensidade (sub 40 nun 10 e sub 90 nunha media). Sinalo o do "certa intensidade" porque de momento xa me dixeron que rodar tranquilo sí, pero o das "series" non o teño eu tan claro.

...se alguén prefire enviarme un privado, por favor que o faga a vacatola73 @ gmail.com e que non atopo o xeito de cambiar o meu correo no perfil de correrengalicia.org.

Moitas grazas.
XelaBlan

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/09/05
0 Carreiras
278 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mar, 11 Xuñ 2013, 9:18
Asunto: Re: Flebitis y atletismo

Hola: Deberías aclarar un poco más lo que te pasó. Es posible que pueda ayudarte con mi experiencia personal, ya que yo sufrí una trombosis venosa profunda que derivó en un tromboembolismo pulmonar bilateral. Bueno, si no quieres hacer públicos tus datos, envíame un pm. Saludos.
Alex

Alex
vacatola

Foreiro Senior
Foreiro Senior
19/12/08
0 Carreiras
499 Mensaxes
Oleiros
Respostar citando Envío Mar, 11 Xuñ 2013, 12:03
Asunto: Re: Flebitis y atletismo

Veña, será por datos:

40 anos, peso 59, altura 165 cm

Correndo populares dende hai cinco anos e medio (decembro de 2007)

Marcas: 39:10 en 10K | 1:28 en MM | 3:25 en Maratón

Adestramento, normalmente 3 días por semana: 1 de series, 1 tirada longa 1 día de técnica con algo de pesas (sentadillas, xemelgos, etc...)

Qué pasou? Creo que me "lesionei" na carreira de Carral, concretamente na última baixada, notei que tanto golpeteo contra o asfalto non me estaba sentando nada ben na planta do pe e na espinilla-tibial...o día seguinte tiña unha hinchazón enriba do tobillo, un edema quente e se vía claramente a vena moi dilatada, esperei uns días, foi baixando a inflamación con reposo,
con frío e con masaxe suaves. Visitei ó fisio e xa me dixo que iso non era cousa del, senón do médico que a vena estaba moi inflamada e que mellor sería facer unha eco. Visita ó médico, comentou a posibilidade de que tivera un episdio de flebite con algún pequeno trombo, pero que aparentemente (aínda algo inflamado) estaba moito mellor, recetoume antiinflamatorios e volta a consultan nunha semana (mañá tócame outra vez médico) pero aínda que a hichazón vai mellorando, non se acaba de ir e ademais en canto fago un esforzo físico (coller unha bombona de butano), camiñar uns quilómetros, subir escaleiras, etc...vólvese a hinchar e quencer case inmediatamente (tamén é certo que a inflamación baixa con reposo moi rápido), pero claro pasaron case 3 semanas e isto non acaba de remitir...

Xa por último (menudo ladrillo estou soltando) comentar que no ano 2009 foi cando se me empezou a formar unha variz no mesmo sitio que agora saiu o edema. Variz que no seu día viu o médico e non lle dou importancia algunha, e máis incluso me recomendou que seguise correndo.

Un saudo.
XelaBlan

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/09/05
0 Carreiras
278 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mar, 11 Xuñ 2013, 13:00
Asunto: Re: Flebitis y atletismo

Primero, que se aseguren de que non tes un trombo que se poida soltar e ir ós pulmóns, por exemplo, algo moi perigoso, que pode ser, incluso, mortal. Eu ainda estou aquí. O que non comprendo é que o médico, ante a posibilidade de esto non te receitara eparina por via subcutánea para tratar de disolver o posible trombo, antes que nada. Ben, xa nos contarás. Animo.
Alex

Alex
blas62

Montañés
Montañés
6/10/10
0 Carreiras
716 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 11 Xuñ 2013, 14:06
Asunto: Re: Flebitis y atletismo

eu penso que ademais dos antiinflamatorios deberian de darte unha heparina e pinchala durante unha semna para evitar o risco de tramboembolismo. si de esto fai 10 dias , tamben esperari polo menos unas 15 dias mais para facer deporte de maneira intensa ... o que si faria seria camiñar todolos dias.
Vove ao medico e comentalle a actividade que fas para que te aconselle.
vacatola

Foreiro Senior
Foreiro Senior
19/12/08
0 Carreiras
499 Mensaxes
Oleiros
Respostar citando Envío Mér, 12 Xuñ 2013, 7:32
Asunto: Re: Flebitis y atletismo

O da heparina comentouno o médico no caso de que despois dunha semana seguise o edema ou a inflamación, pero esta tarde me verá e decidirá (penso que non vai ser o caso, porque a inflamación case non se nota se non se compara coa outra perna)

Igual que tamén me informou da posibilidade dunha "trombose pulmonar" por un episodio agudo de flebite, por iso preguntaba, xa que aínda que me gusta moito correr, e facelo coa maior intensidade que podo (alomenos nas carreiras), quedei alarmado polas posibles consecuencias dunha flebite (e polo que puiden ver máis habitual do que pensaba en atletas e cicilistas), ergo, por iso buscaba a opinión/experiencia de alguén que lle pasara o mesmo, é dicir, "pois foi un episidio anecdótico por un golpe, un sobre esforzo", ou "a min repíteseme tódolos anos, teño que ter moito coidado", "eu puiden seguir correndo, pero evito series cortas" etc...
Un pouco ter referencias de primeira man (por suposto, con tódalas reservas que cómpre ter ó pescudar información en internet).
Eu teño varices dende os 20 anos e, normalmente, non me molestan pero non sei se chegou o momento de ter máis precaución e deixar de correr a intensidades elevadas.
Un saúdo.
XelaBlan

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/09/05
0 Carreiras
278 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mér, 12 Xuñ 2013, 9:27
Asunto: Re: Flebitis y atletismo

Eu non a notaba hinchada e, cando empezóu a doerme a perna, xa tiña a trombose pulmonar bilateral. Xa nos contarás que te di o médico e, despois, reláto a miña experiencia. Saudos.
Alex

Alex
vacatola

Foreiro Senior
Foreiro Senior
19/12/08
0 Carreiras
499 Mensaxes
Oleiros
Respostar citando Envío Xov, 13 Xuñ 2013, 7:13
Asunto: Re: Flebitis y atletismo

Ben, pois unha semana máis tarde é outro médico novo (sustituto, do sustituto, do sustituto...seguridade social habemus) resulta que segundo él non teño, nin tiven flebite, senón un esquince. Recomendacións 15 días parado, voltaren emulgel (3 veces ó día) e tobillera.

Total que despois destes dous diagnósticos tan dispares, estou máis perdido que ó principio, así que a estas alturas se alguén me orienta por un médico (vascular, medicina deportiva) na Coruña (falaronme no seu día do Santa Teresa e da Dépor Clínica) estareille moi agradecido.
Un saúdo.
XelaBlan

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/09/05
0 Carreiras
278 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Xov, 13 Xuñ 2013, 12:17
Asunto: Re: Flebitis y atletismo

Mira, sen desmerecer o diagnóstico de ningún médico, eu tiña crise de ansiedade que me producían disneas e, para o dor na perna reconmedáronme Reflex... A realidad e que tiña unha trombose venosa profunda e que, o soltarse os coágulos, foron a ambos pulmóns, producíndome unha trombose pulmonar bilateral. Total, queestiven casi un mes sen diagnóstico correcto ata que fun a urxencias por que miña muller e miña filla me viron cianótico. O cansanzo e as disneas non eran crise de ansiedade, que pasa ó cabo dun intre, senon continuadas e o corazón intentaba levar osíxeno ós texidos ainda que os pulmóns non daban a basto por estar taponados cos trombos.
O meu consello e que, ante dous diagnósticos tan dispares, pidas outra opinión e, si persisten os síntomas, vaias a urxencias xa. Xa nos contarás. Saudos.
Alex

Alex





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos