Mar, 04 Set 2018, 10:46
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)
Resumo da fin de semana do 1 e 2 de setembro de 2018
A continuación comentamos as probas nas que estiveron as nosas nécoras esta fin de semana.
Ultratrail Valle del Tena
O noso compañeiro
daniel4734 desprazouse ata o Pirineo de Huesca, onde participou nesta carreira súper dura, como el mesmo nos conta, cun 50% do percorrido onde era imposible correr. Foron 78km cun desnivel positivo de 6800 en 14h03'21".
II Trail Vila de Padrón – Desafío Vértice
Nesta carreira tan técnica participou
Kmpon666. Unha carreira á cal, ademais da súa propia dureza, uniuse que comezase ás cinco da tarde. De feito, tan só 58 corredores entraron en meta, 5 non pasaron o corte e houbo ata 18 abandonos (máis dun 20%). Isto fala da esixencia que tivo. Sobre a organización, o propio
Kmpon666 nos comenta que foi sobresaínte, e asegura que "on me resta máis que darlle os meus parabéns ó Vértice Club de Montaña polo seu bo facer nesta carreira".
Ultra Güeyos del Diablo
En Lena, Asturias, estiveron
Kapioviedo e
j.m.pedrosa, unha gran carreira na cal os participantes afrontaban 12700 metros de desnivel acumulado, con cotas de 2125 m de altitude ao paso polo cumio de Peña Rueda. Abandonaron os nosos compañeiros no km 19, como di
Kapioviedo "no era ni sitio ni lugar".
Carrera Popular de Noia
E como non, falta o de sempre, o que nunca falla,
Karames! E por suposto, de novo no podium! Primeiro de categoría tras ser segundo e terceiro nas outras dúas participacións. Noraboa!
CARMA dominicales
Para rematar, facer mención aos CARMA dominicales que volven a aparecer agora que comeza a tempada.
O máis numeroso tivo lugar en Vigo, onde
Beauvais,
Moussambani,
assis,
jgvillanueva (só o quecemento),
sonsuso, Miguel Freire e Javier Conde arrancaron ás 9:20 para facer 10 km a ritmo obxectivo de 4'10"/km.
Tamén en Pontevedra houbo un CARMA dominical, coa presenza de
Txabi,
Papabaloo e o seu amigo Suso. Duro adestramento e sufrindo as consecuencias da "feira franca". Foron 18 km para baixar esa cervexa, churrasco e excesos varios deses días, pero con moi boas sensacións.
---------
Isto foi todo por esta fin de semana. Como sempre, podedes consultar todo tipo de detalles, fotografías e minicrónicas que escribiron as nosas nécoras no enlace:
Minicrónicas da fin de semana do 1 e 2 de setembro.