Foros ›
Autor
Mensaxe
Franki

Maratoniano
Maratoniano
1/06/06
0 Carreiras
425 Mensaxes
Vigo - Teis
Respostar citando Envío Xov, 18 Abr 2013, 11:44
Asunto: Re: Diario de Franki

Hoxe xoves ou mañá venres debería tocar unha sesión suave (40´ coa metade a ritmo de maratón) e estiramentos, pero non sei aínda como e cando o vou facer, a ver se atopo un momento...
lybri

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
12/10/11
0 Carreiras
1287 Mensaxes
la guardia
Respostar citando Envío Xov, 18 Abr 2013, 17:02
Asunto: Re: Diario de Franki

Franki escribió:
Hoxe xoves ou mañá venres debería tocar unha sesión suave (40´ coa metade a ritmo de maratón) e estiramentos, pero non sei aínda como e cando o vou facer, a ver se atopo un momento...

suerte para el domingo , seras sub 3h de sobra . nos vemos
Beauvais

Maratoniano
Maratoniano
1/09/08
234 Carreiras
8104 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 19 Abr 2013, 17:43
Asunto: Re: Diario de Franki

Suerte el domingo!!!!

MARATONIAN@S

cronicasdelcarma.blogspot.com/
www.facebook.com/home....6312823999
www.facebook.com/home....0742123559
yomismo

Experto no foro
Experto no foro
16/12/05
0 Carreiras
5631 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 20 Abr 2013, 8:28
Asunto: Re: Diario de Franki

Mucha suerte mañana, te veo haciendo esa marca sin problemas!!!!
Franki

Maratoniano
Maratoniano
1/06/06
0 Carreiras
425 Mensaxes
Vigo - Teis
Respostar citando Envío Sáb, 20 Abr 2013, 8:57
Asunto: Re: Diario de Franki

Pois ao final non puiden facer nada, era sair ás 11 da noite e mellor descansar, nunca entreno a esas horas... vemonos o domingo, sorte a tod@s!
Franki

Maratoniano
Maratoniano
1/06/06
0 Carreiras
425 Mensaxes
Vigo - Teis
Respostar citando Envío Lun, 22 Abr 2013, 12:30
Asunto: Re: Diario de Franki

Obxectivo conseguido. 2h57´54" netos

Fun como un tiro até os 35 km, a 4:11, camiño das 2h 55´. Peeero as pernas dixeron basta, e os últimos 7 foron a 4:25, en regresión, acabando a máis de 4:30.

Tentarei en breve contar a experiencia polo miudo, será bó para min, e ao mellor serve a alguén.

Saúdos a tod@s.
Franki

Maratoniano
Maratoniano
1/06/06
0 Carreiras
425 Mensaxes
Vigo - Teis
Respostar citando Envío Lun, 22 Abr 2013, 12:38
Asunto: Re: Diario de Franki

Paso Qm Tempo Ritmo
ROTONDA CASA DE LOS PECES (PASO 1) 2,41 0:10:19 0:04:17
ROTONDA AVDA DE LABAÑOU (PASO 1) 5,63 0:23:50 0:04:14
GIRO CASA DEL AGUA (PASO 1) 6,585 0:27:38 0:04:12
CONTROL (PASO 1) 7,032 0:29:23 0:04:11
ROTONDA PUERTO DE OZA (PASO 1) 10,625 0:44:25 0:04:11
ROTONDA PUERTA REAL (PASO 1) 14,065 0:58:55 0:04:11
ROTONDA CASA DE LOS PECES (PASO 2) 16,475 1:09:03 0:04:11
ROTONDA AVDA DE LABAÑOU (PASO 2) 19,695 1:22:31 0:04:11
GIRO CASA DEL AGUA (PASO 2) 20,65 1:26:18 0:04:11
MEDIO MARATON 21,097 1:28:03 0:04:10
ROTONDA PUERTO DE OZA (PASO 2) 24,69 1:42:45 0:04:10
ROTONDA PUERTA REAL (PASO 2) 28,13 1:57:09 0:04:10
ROTONDA CASA DE LOS PECES (PASO 3) 30,54 2:07:18 0:04:10
ROTONDA AVDA DE LABAÑOU (PASO 3) 33,76 2:21:00 0:04:11
GIRO CASA DEL AGUA (PASO 3) 34,715 2:24:55 0:04:10
CONTROL (PASO 3) 35,162 2:26:45 0:04:10
ROTONDA PUERTO DE OZA (PASO 3) 38,755 2:42:14 0:04:11
Meta 42,195 2:58:03 0:04:13


Última edición por Franki o Lun, 22 Abr 2013, 16:25; editado 3 veces
VICTORALVAREZ

Experto no foro
Experto no foro
13/10/10
196 Carreiras
5440 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 22 Abr 2013, 12:39
Asunto: Re: Diario de Franki

Franki escribió:
Obxectivo conseguido. 2h57´54" netos

Fun como un tiro até os 35 km, a 4:11, camiño das 2h 55´. Peeero as pernas dixeron basta, e os últimos 7 foron a 4:25, en regresión, acabando a máis de 4:30.

Tentarei en breve contar a experiencia polo miudo, será bó para min, e ao mellor serve a alguén.

Saúdos a tod@s.

Tiempazo Aplauso Aplauso

Sub 3h en maratón ya es hablar de palabras mayores.

Felicidades y ahora a recuperarse Guiño
Bareixa

Maratoniano
Maratoniano
18/12/06
0 Carreiras
1268 Mensaxes
Beade capital
Respostar citando Envío Lun, 22 Abr 2013, 12:45
Asunto: Re: Diario de Franki

Noraboa Franki! Un gran resultado e, agora que vexo os teus adestramentos (ás 15.00, ás 5:30 da mañá, sempre en solitario) para min ten moitísimo máis mérito.
Xa volveremos a vermos nalgunha carreira proximamente.
Parabéns.
Franki

Maratoniano
Maratoniano
1/06/06
0 Carreiras
425 Mensaxes
Vigo - Teis
Respostar citando Envío Lun, 22 Abr 2013, 12:47
Asunto: Re: Diario de Franki

Bareixa escribió:
Noraboa Franki! Un gran resultado e, agora que vexo os teus adestramentos (ás 15.00, ás 5:30 da mañá, sempre en solitario) para min ten moitísimo máis mérito.
Xa volveremos a vermos nalgunha carreira proximamente.
Parabéns.

Grazas e unha aperta.
lybri

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
12/10/11
0 Carreiras
1287 Mensaxes
la guardia
Respostar citando Envío Lun, 22 Abr 2013, 13:46
Asunto: Re: Diario de Franki

enhorabuena franki , ya te dije que lo conseguirias. ahora a recuperarse del esfuerzo
Franki

Maratoniano
Maratoniano
1/06/06
0 Carreiras
425 Mensaxes
Vigo - Teis
Respostar citando Envío Lun, 22 Abr 2013, 16:11
Asunto: Re: Diario de Franki

A Maratón: esa experiencia extrema.

Despois dunha semana complicada que me impediu facer un par de sesións suaves con estiramentos completos chegamos ao sábado á noite, deitome tarde, demasiado tarde, menos mal que durmin ben o venres, á 1 da mañá entro nas sabas.

Iso si, ían ben alimentado, saín da casa con case 77 quilos, o ano pasado andaba en 75.

Érgome ás 6:15, zume de laranxa, un plátano, unhas poucas galletas e un café. Media hora camiñando rapidiño e ás 7:50 un cafe cortado na Avd.da Marina, guardarropa e a quecer un chisco, uns chimpos uns progresivos e pouco máis.

Saída detrás do globiño das 3 horas, pouco dura, póñome chulo e imos máis rápido do entrenado (para 4:15) a ver que pasa Molón .

Primeira volta ben, un minuto menos do tempo obxectivo, boas sensacións, eu nunca teño problemas de respiración, diso vou sobrado, o meu problema son as pernas lentas que teñen que dar máis.

Vou desde Oza detrás de dous cascarilleiros moi agradables que despois me deixarán atrás pero aguanto con eles a ritmos de 4:10, e paso a segunda volta más rápido, case 2:51 por baixo do ritmo obxectivo. Levo as pernas coa sensación de que non van poder chegar así até o final pero sigo o ritmo ben, aínda que non me equivocaría.

Chegamos á subida ao Millenuim e apuran e quedo só, manteño o ritmo até o paso do 35 e pico e a partir de aí comeza o sufrimento, físico e sobre todo de cabeza, e o duro que se fai o paso por Oza, sol, calor, firme, pernas agarrotadas, unllas doridas (de loito a do pé esquerdo, o ano pasado foi o dereito Bailar )... un horror.

Aguanto e non sei como, debe ser o espiritu do Maratón ou o que eu creo, motivación e amor, que axuda a ir un chisco máis aló dos que cremos son os nosos límites, e iso creo que é algo que hai que vivir se se pode, e son moi afortunado por poder facelo. Moi feliz

Superado o paso polo Inferno de Oza Demo sorrindo e a non menos dura grella de Linares Rivas, Cantóns e chegamos ao paraiso da Avenida da Marina, que fermosa, as galerias, a xente animando, aplaudindo como se fóses o primeiro, dá igual, e así até a chegada Bailar unha sensación intensa e emocionante porque remata o sufrimento e polo agradecemento da xente.

Ao pasar a meta non sei como non caín Muerto nunca sentira esa sensación de bloqueo nas pernas, é impresionante, había algún que me miraba: cae non cae? Moi feliz

Coa deda gorda do pé esquerdo de loito e as pernas mazadas pero moi satisfeito.

Disposto a recuperalas esta semana, e comezar canto antes a darlle duro á bici, xa que en menos de 5 meses, o 13 de setembro, agárdame o Medio Ironman na praia do Vao: 1,9 quilómetros nadando, 90 en bici e 21 correndo. 5 horas e media de nada, ou máis, quen sabe.

E para entreterme e ir preparándoo, as probas de Vigo: a Media de Maio, a de San Xoán, e algún triatlón ao que poida achegarme.
Franki

Maratoniano
Maratoniano
1/06/06
0 Carreiras
425 Mensaxes
Vigo - Teis
Respostar citando Envío Lun, 22 Abr 2013, 16:23
Asunto: Re: Diario de Franki

lybri escribió:
enhorabuena franki , ya te dije que lo conseguirias. ahora a recuperarse del esfuerzo

Moitas grazas, é un pracer poder compartilo.
Franki

Maratoniano
Maratoniano
1/06/06
0 Carreiras
425 Mensaxes
Vigo - Teis
Respostar citando Envío Lun, 22 Abr 2013, 16:24
Asunto: Re: Diario de Franki

VICTORALVAREZ escribió:
Franki escribió:
Obxectivo conseguido. 2h57´54" netos

Fun como un tiro até os 35 km, a 4:11, camiño das 2h 55´. Peeero as pernas dixeron basta, e os últimos 7 foron a 4:25, en regresión, acabando a máis de 4:30.

Tentarei en breve contar a experiencia polo miudo, será bó para min, e ao mellor serve a alguén.

Saúdos a tod@s.

Tiempazo Aplauso Aplauso

Sub 3h en maratón ya es hablar de palabras mayores.

Felicidades y ahora a recuperarse Guiño

Creo que tod@s temos o mérito do esforzo e da superación, as distancias e as marcas son o de menos, de verdade.

Unha aperta.
Franki

Maratoniano
Maratoniano
1/06/06
0 Carreiras
425 Mensaxes
Vigo - Teis
Respostar citando Envío Ven, 26 Abr 2013, 5:24
Asunto: Re: Diario de Franki

Venres 26.
Volta a rodar, hoxe tocoume madrugar, as 5:30.
14 quilometros para recuperar as pernas ainda machucadas, lentos, en 69 minutos.
Debería ter empezado o mércores pero teño a deda gorda do pé esquerdo ainda algo inflamada, e estou dandolle unha pomada con antibiótico.
Bó día!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos