Foros ›
I ULTRATRAIL SERRA DO BARBANZA
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
anxinho

Montañés
Montañés
3/04/08
0 Carreiras
418 Mensaxes
Rianxiño
Respostar citando Envío Mér, 10 Abr 2013, 7:50
Asunto: I ULTRATRAIL SERRA DO BARBANZA

Na páxina de AROUSA.COM aparece esta magnífica inciativa.


--------------------------------------------------------------------------------
15 de Xuño: ULTRA TRAIL DO BARBANZA (68 ou 35 km.)



Hora: 07:00 h. (9.00 h. Ruta B - 35 km.)
Saida e chegada: Ribeira (San Martiño de Oleiros)
Organiza: Concello de Riveira e Arousa Natureza e Ocio
Distancia: 68 km. –ou- 35 km.


PRESENTACIÓN

A Ultratrail do Barbanza pretende ofertar ó participante non só kilómetros de ruta, senon paraxes de extrema beleza. Porque o Barbanza é mais que praias, illas, lagoas e marismas. O Barbanza é sobre todo unha serra, encumbrada por un monte que lle da nome: Monte Barbanza.

Pretendemos levarvos non só a esa cumbre, senon ás dúas vertientes da serra: a da ría de Muros-Noia; e a da ría de Arousa. Aportando outra visión e outra fisonomía ó concepto que a xente ten das rías.

A ruta transitará por sitios tan emblematicos coma o alto dos Forcados, a Fervenza da Madalena, o Grallal, Iroite, as mamoas e dólmenes do Barbanza (incluindo a Casota do Páramo e moitas da ruta das mamoas), o Monte Barbanza, a Calzada Romana de Vitres, e a Ponte e ruinas da Misarela. Todo esto nunha única xornada. Unha ruta de 68 km. capaz de impresionar a cada kilómetro e á vez facer querer atoparte con algo novo. A oferta é inigualable, podendo percorrer toda a historia da bisbarra nun só día: dende os monumentos naturais que estaban ahí antes que o home (Forcados, Fervenza da Madalena), pasando polas primeiras pegadas que estes deixaron (mamoas e dólmenes), para continuar cos asentamentos das primeiras civilizacións (calzada romana de Vitres), e rematar na idade media (Ponte da Misarela e ruinas do mosteiro).

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS

A Ultratrail do Barbanza está composta de dúas rutas cos seguintes detalles técnicos:

Distancia Desnivel+
Pendiente máx.
Pendiente med.
Tempo max.
Avituallamentos

68 km.
2430 m.
37%
6,5%
14 h.
7

35 km.
1420 m
39%
7,5%
8 h.
4





MAPAS E PERFÍS

Como se espera dunha proba deste tipo, os perfís non deixan lugar a dudas da dificultade do recorrido. O reto é superar todas e cada unha das crestas cas que nos imos atopar.


RUTA A: 68 KM - 2430 m. de desnivel+


RUTA B: 35 KM. - 1420 m. de desnivel+


Ver ULTRA 68 KM en un mapa más grande



Ver ULTRA 35 KM. en un mapa más grande





REGULAMENTO

A Iª ULTRA TRAIL DO BARBANZA organizada polo Concello de Ribeira e por Arousa Natureza e Ocio, celebrarase o 15 de xuño do 2013. A proba estará suxeita ó seguinte:


REGULAMENTO XERAL

•PERCORRIDOS:
◦O percorrido desenrolarase sobre un circuito con piso de terra, e será de 68 km. na distancia da ruta A, e de 35 km. na distancia da ruta B, ámbalas dúas debidamente sinalizadas.◦O desnivel acumulado positivo para a ruta A é de 2400 m. (aprox.), e para a ruta B é de 1.400 m. (aprox.)◦A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido.◦A organización, nun punto determinado do percorrido, establecerá un control para retirar a todolos participantes sin dorsal. ◦Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada. ◦Establécense os seguintes tempos máximos a partires dos que a organización non garante a asistencia, polo que os participantes deberán abandonar a proba:■Ruta A:■Km. 21 – 4:00 h.■Km. 43 – 9:00 h.■Km. 68 – 14:00 h.■Ruta B:■Km. 17 – 3:30 h.■Km. 35 – 8:00 h.•PARTICIPANTES:◦Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.◦Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer, asi como a todos aqueles que corran sin dorsal. ◦Os participantes están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de axuda, así como a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.◦Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo.◦Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.◦A idade mínima é de 18 anos. Calquer membro da organización pódelle pedir a un participante que acredite a súa idade co DNI (ou similar).
◦Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.
•MATERIAL:
◦É obrigatorio antes de tomar a saida portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente que permita chegar ós avituallamentos indicados.
◦É obrigatorio levar un teléfono móvil con batería e saldo para estar en contacto ca organización si fora preciso.
◦É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba. A organización resérvase o dereito a retirar a calquer corredor que non cumpla esta recomendación.
◦A tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible ata o remate da carreira, sendo descalificado o corredor que chegue sen dorsal. ◦A organización ofrece a posibilidade de desplazar unha bolsa por corredor ata o km. 43 (km. 17 para a ruta Ojo morado que deberá identificar debidamente. A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material contido nesa bolsa.•INSCRICIÓNS:
◦As inscricións realizaranse unicamente a través da web www.arousa.com nun formulario habilitado para tal fin. Poderase comprobar na mesma web a listaxe de inscritos.
◦O prezo da inscrición é de 20 € para a ruta A, e de 15 € para a ruta B.
◦A inscrición da dereito a participar na ruta escolleita. Só se permiten cambios entre as rutas ata 3 días antes da proba.
◦O pago da inscrición facerase na conta bancaria 0049-2948-21-2895034221 nos vindeiros 4 días do envío da solicitude.
◦O prazo de inscrición ábrese o 15 de abril e remata o 2 de xuño. Aquelas que cheguen con posterioridade a esa data veranse incrementadas en 5 €, e só se aceptarán ata o 10 de xuño como máximo.
◦A non participación, retirada ou descalificación da proba non implica a devolución do importe.
◦A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do atleta que dispón da capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de proba.
◦A inscrición na proba implica a aceptación do presente regulamento sin reservas.
•AVITUALLAMENTOS:
◦A organización disporá de avituallamentos de líquidos e sólidos ó longo do percorrido, cun mínimo de 7 avituallamentos na ruta A, e 4 na ruta B. Aproximadamente cada 10 km.
◦A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases, a non utilización deles supondrá a descalificación do participante.
◦Relación de avituallamentos:
■Alto dos Forcados (A e Ojo morado km. 10
■Pousacarro (A) km. 21
■Iroite (A) km. 32
■Portela (A) km. 43 – km. 17 (B)
■Piñeiro (A) km. 50
■Alto dos Forcados (A) km. 59 – km. 28 (B)
■Balteiro (A) km. 68 – km. 35 (B)
•RETIRADA DE DORSAIS:
◦O mesmo día da proba dende as 6.00 h. ata 15 min. Antes da saída.
◦O día anterior da proba nas instalacións do Camping Ría de Arousa dende as 17.00 h. ata as 20.00 h.
◦Cada ruta estará definida por unha cor no dorsal.
•TROFEOS:
◦Entregaranse tres trofeos por categoría que quedan do seguinte xeito:
■Senior: ata 39 anos (masculino e feminino)
■Veterano: a partir de 40 anos (masculino e feminino)
◦Diploma acreditativo co tempo total empregado en realizar a proba.
◦A entrega de trofeos realizarase a partir das 19.00 h. no lugar da saida.
•DESCALIFICACIÓNS:
◦Si o participante amosara unha conducta antideportiva.
◦Si o participante retira sinais da carreira.
◦Si o participante non remata o percorrido.
◦Si o participante non atende as indicacións da organización.
◦Si o participante non porta o material obrigatorio.
◦Si o participante atenta contra o medioambiente.
•OUTRAS CONSIDERACIÓNS:
◦Calquer outra disposición non recolleita neste regulamento resolverao a organización. Non cabendo recurso.
◦A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.
abraham

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
18/05/12
0 Carreiras
167 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 10 Abr 2013, 8:07
Asunto: Re: I ULTRATRAIL SERRA DO BARBANZA

IMPRESIONANTE!! Aplauso Aplauso Aplauso
Lecop

Montañés
Montañés
12/02/11
10 Carreiras
714 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 10 Abr 2013, 8:22
Asunto: Re: I ULTRATRAIL SERRA DO BARBANZA

Esta xente de Arousa Norte non deixa de impresionarme!!!!!!!!!

Gracias!!!

Intentaremos estar para disfrutar dela,sau2
mcorredoira

Montañés
Montañés
21/12/10
0 Carreiras
966 Mensaxes
la coruña
Respostar citando Envío Mér, 10 Abr 2013, 9:05
Asunto: Re: I ULTRATRAIL SERRA DO BARBANZA

¡¡¡enhorabuena tiene un aspecto de carallo!! Si non morro na volta a Cerdanya intentarei ir.
guti290971

Montañés
Montañés
10/09/08
238 Carreiras
1876 Mensaxes
Boimorto
Respostar citando Envío Mér, 10 Abr 2013, 9:13
Asunto: Re: I ULTRATRAIL SERRA DO BARBANZA

non sei se darei recuperado tras o Courel....

o mais rápido dos gordiños



CLUBE ATLETISMO BOIMORTO
anxinho

Montañés
Montañés
3/04/08
0 Carreiras
418 Mensaxes
Rianxiño
Respostar citando Envío Mér, 10 Abr 2013, 10:19
Asunto: Re: I ULTRATRAIL SERRA DO BARBANZA

Guti o perfil e a paisaxe desta Ultra esta pensada para corredores coma ti e coma min. Corredores que nos gustan desfrutar das paisaxes e dos camiños.

Un dato importante é que a pesar do perfil non hai un so cortalumes. Todo camiños e sendas. E todo isto cunhas impresionantes vistas das Rias de Arousa e Noia-Muros. Incluso dias claros podemos ver dende as Cies ata Fisterra.
CALAZILLA

Montañés
Montañés
21/09/09
0 Carreiras
361 Mensaxes
Ferrol
Respostar citando Envío Mér, 10 Abr 2013, 10:41
Asunto: Re: I ULTRATRAIL SERRA DO BARBANZA

No voy a dar hecho con tanto Ultraaaaaaaaaaaaaaaaaaa BIEN
Xalma

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
19/08/11
0 Carreiras
166 Mensaxes
Riveira
Respostar citando Envío Mér, 10 Abr 2013, 11:00
Asunto: Re: I ULTRATRAIL SERRA DO BARBANZA

Perfecto..... ..por fin perderei a "virginidade". Demo sorrindo
mrcasal

Montañés
Montañés
26/12/09
0 Carreiras
153 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 10 Abr 2013, 12:14
Asunto: Re: I ULTRATRAIL SERRA DO BARBANZA

una pinta estupenda, creo que será una gran carrera, me encaja mal por fechas lástima de no haberla conocido antes.
Muro
Mucha suerte con la organización, será una gran prueba seguro
guti290971

Montañés
Montañés
10/09/08
238 Carreiras
1876 Mensaxes
Boimorto
Respostar citando Envío Mér, 10 Abr 2013, 12:53
Asunto: Re: I ULTRATRAIL SERRA DO BARBANZA

os tempos de corte son razonables, pois permite ir a 11:25 minutos por kmt.

apuntada queda na miña axenda

o mais rápido dos gordiños



CLUBE ATLETISMO BOIMORTO
Ragnar

Foreiro infantil
Foreiro infantil
23/03/13
0 Carreiras
75 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 10 Abr 2013, 14:02
Asunto: Re: I ULTRATRAIL SERRA DO BARBANZA

Pensando a ultra das Pontes non é por esas datas?
bravo pola organización,creo que xa temos 3 ultras en Galicia! Aplauso Aplauso
anxinho

Montañés
Montañés
3/04/08
0 Carreiras
418 Mensaxes
Rianxiño
Respostar citando Envío Mér, 10 Abr 2013, 15:21
Asunto: Re: I ULTRATRAIL SERRA DO BARBANZA

O mellor despois do percorrido que é fermosísimo, é o prezo da inscripción de 20 euros, cando noutros ultra-trails non baixa de 35 euros.

Grazas a arousa.com por mirar polos petos dos corredores nesta época de crise.
bemarpa

Foreiro Senior
Foreiro Senior
8/12/10
14 Carreiras
694 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 10 Abr 2013, 16:10
Asunto: Re: I ULTRATRAIL SERRA DO BARBANZA

A ultra das pontes e o 30 de xuño( segundo o calendario)
Aguita

Super Veterano
Super Veterano
21/12/05
0 Carreiras
2825 Mensaxes
Avda. Aeropuerto, vigo
Respostar citando Envío Mér, 10 Abr 2013, 16:26
Asunto: Re: I ULTRATRAIL SERRA DO BARBANZA

Vaia por deus, 3 ultras en galicia, e as 3 en menos dun mes; eu iria, pero xa estou inscrito a freita, 15 dias despois desta, e seria moito 2 ultras en 15 dias, queda anotada pra outro ano.
Fai anos xa se fixera un intento po la zona que non prosperou, eu participei nun free running de reconocimento, e gustoume a zona.
boa sorte

Como un pájaro en el alambre, como un borracho en un coro de medianoche, he intentado a mi manera ser libre. L.C.
Ragnar

Foreiro infantil
Foreiro infantil
23/03/13
0 Carreiras
75 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 10 Abr 2013, 17:34
Asunto: Re: I ULTRATRAIL SERRA DO BARBANZA

bemarpa escribió:
A ultra das pontes e o 30 de xuño( segundo o calendario)

15 dias despois entón....unha pena que non están un pouquiño máis distanciadas entre ambas,como di Aguita 3 ultras nun mes....(casi nun mes);
Grazas pola info Bemarpa!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos