Mar, 21 Ago 2012, 16:31
Asunto: Dobre xornada de sendeirismos en Ribeira
Os días 8 e 9 de setembro, Arousa natureza e ocio, vai organizar unha dobre xornada de sendeirismo.
O sábado vaise sair da Praza do Concello de Ribeira as 10 da mañan para facer un percorrido de uns 25 kms aprox. Vaise facer pernocta (tendas de campaña) preto das Lagoa de San Pedro de Muro no veciño Concello de Porto do Son.
O domingo regreso a Ribeira facendo aprox. uns 20 kms. A saída esta prevista para as 8.30 e o remate entre as 2 e 3 da tarde.
A organización vai poñer a disposición dos participantes un vehículo para o traslado de unha mochila por participante e as tendas de campaña que teñen que traer os mesmos. O mesmo tempo vai facilitar auga e froita o longo de todo o percorrido e a cea do sábado e o almorzo do domingo.
Os participantes están obrigados a traer o xantar do sábado e tamén un bidón, cantimplora ou botella donde poder repostar auga.
O coste é de 20 euros por participante, toda a información na páxina web
www.arousa.com e tamén no facebook.