Sáb, 24 Mai 2008, 14:46
Asunto: Re: Campionato galego de montaña???
O campionato galego de montaña celebrase en Esgos, ainda que na folla de información de Faro Budiño anuncien a proba como tal non é campiontato galego. O importante non é que unha proba sexa campiontato ou non, se non a organización da proba e no caso das de montaña a beleza do percorrido. Ambas-las probas están perfectamente organizadas e descorren por unhas paraxes moi fermosas.
A proba de Faro Budiño levase sen celebrar un par de anos e botabase en falta. O percorrido son por pistas que permiten correr prefectamente sen ter que subir por zonas de rochas como ocorre en Esgos, pero iso vai en gustos.
O mais importante e que o vindeiro mes de xuño ven repleto de probas de montaña, Faro Budiño, Esgos, Tangaraño. As carreiras de monte van en aumento e temonos que alegrar por iso.