Foros ›
ANDAINA DE ZAMÁNS (Vigo)
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
DISCIPLINA

Novo foreiro
Novo foreiro
22/01/08
0 Carreiras
6 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 07 Mai 2008, 19:46
Asunto: ANDAINA DE ZAMÁNS (Vigo)

Hoxe correndo por Castrelos vin o cartel e atopei isto por internet.

___________________________________________________________

ANDAINA POPULAR DE ZAMÁNS 17 KM

7 DE XUÑO DE 2008

A andaina popular de Zamans percorrerá os camiños do monte do Galiñeiro e as beiras do encoró de Zamáns.

ORGANIZACIÓN

Esta proba está organizada pola Comisión de Festas de Zamáns 2008.

SAÍDA

A saída será ás 10:00h. dende o Parque Forestal de Zamáns. Sendo preciso persoarse no punto de saída 30 minutos antes do inicio da proba.

ROTEIRO

O circuito estará perfectamente sinalado co cintas brancas e vermellas, cunha distancia máxima de 100 metros. Ademáis, o longo do percorrido haberá persoal da organización para solventar calquera problema que poida xurdir.

CONTROL DE PASOS E AVITUALLAMENTOS

Aínda que é una proba de poucos Km. Haberá uns controis de paso, onde selaremos o carnet de ruta, nestes mesmos controis os participantes poderán retirarse nos vehículos dos que dispón a organización.

Haberá dispostos 3 puntos de aviatuallamento ó longo dos 17 Km. Con auga, froita e rosquillas.

Ó final da proba celebrarase un xantar no Parque Forestal de Zamáns, onde se repartirá de forma gratuita entre os participantes, racións de empanadas de carne, bonito, bacalao ademáis de chourizos fritos, viño, cervexas e refrescos.

Por último e para rematar, realizarase un sorteo de agasallos.

OBSERVACIÓNS

A organización non se fai responsable dos accidentes ou danos que poidan sufrir os paticipantes, se ben , tentaremos por tódolos medios paraq minimizar calquer tipo de risco.

Pode participar calquer persoa maior de 14 anos.




INSCRICIÓNS

* O prezo da inscrición é de 12€, excepto os incritos na Federación de Montañismo (federados), para os que a cuota será de 10€.



* O ingreso da cuota deberá facerse na conta aberta na Oficina de Caixanova de Valadares. Nº de conta:

2080 / 0082 / 45 / 0000072210 indicando no concepto (andaina, o nome e os apelidos).

* Unha vez teña o xustificante de pago deberán envíalo xunto co boletín de inscrición ó Nº de Fax seguinte:

986468039. Ou ben ó correo electrónico: tas @ electronicatas.com

* Rogamos cubran tódolos datos do boletín de inscrición.



* Para rematar lembrarvos que para consultar calquera dúbida, deberédevos dirixir ó correo electrónico anterior.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos