Lun, 21 Xan 2008, 9:43
Asunto:
Hola
Nemen. Ante todo, benvido ao noso foro/calendario/etc. Logo, comentarche que eu non acostumo a entrenar en Castrelos (xa me gustaría), pero hai outros foreiros que sí entrenan alí (
Charly, por exemplo, é un habitual das tardes de Castrelos, ainda que agora mesmo non sei cómo anda). Polo que respecta a correr polo monte, en Vigo está a foreira
Morangui (ainda que anda medio desaparecida por motivos laborais) que é moi afeccionada á montaña... non sei se estaría moi disposta para o tema. En calquera caso a miña recomendación é que te pases polo subforo de orientación e montaña, onde ten o seu territorio o compañeiro
Bugarín... que é de Pontevedra pero adoita correr polos montes dos arredores (Morrazo) e é moi boa xente.
Ainda que non fora de moita axuda, espero que atopes o que buscas e non perdas as bóas costumes