Foros ›
XXXIV Media Maratón Volta a Ría-Memorial Adolfo Ros 1-12-19
Forum Index / Carreiras Populares en Galicia
Reply to topic

Author
Message
paidacana

Novo foreiro
Novo foreiro
18/06/18
100 Carreiras
33 Posts
Santiago
Reply with quote Post Tue, 03 Dec 2019, 19:29
Post subject: Re: XXXIV Media Maratón Volta a Ría-Memorial Adolfo Ros 1-12-19

Que boas crónicas. A min o percorrido pareceume moi chulo, sobre todo desde Xubia ata a Praza de España de Ferrol. Vistas da Ría en Neda, Ferrol, Fene, e a zona de árbores ao lado do Museo que hai na Bazán, precioso.
A carreira vina moi ben organizada, ben sinalizado e con moitos voluntarios, aínda que me sorprendeu o lenta que foi a entrega de dorsais. O percorrido pareceume esixente e divertido. Non tiña claro se a remataría dentro do tempo máximo, pero cheguei uns minutos antes. Máis alá das dúas horas, pero bueno, eu sempre digo que polos mesmos cartos disfruto máis tempo do xogo que os que chegan de primeiros.
O divertido, facía tempo que non me relacionaba tanto coa Garda Civil... en Sigueiro control de alcoholemia, aínda que o Garda Civil ao verme en chándal, pantalón corto e cara de sono entendo que lle valeu a niña afirmación de "acabo de sair de cama e vou a unha carreira en Ferrol" para decirme que seguira, e chegando a meta un motorista da Garda Civil animoume decindo "después de la paliza que se acaba de pegar no irá a dejarlo".
Unha boa carreira, espero volver o ano que ven.
Kalimero

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
7/02/10
0 Carreiras
343 Posts

Reply with quote Post Tue, 03 Dec 2019, 20:58
Post subject: XXXIV Media Maratón Volta a Ría-Memorial Adolfo Ros 1-12-19

Boas,

Este domingo completei a miña novena participación na Adolfo Ros. Como xa comentei noutra ocasión paréceme unha das carreiras emblemáticas do calendario galego.

Gustaríame destacar o atractivo do percorrido, porque eu non lembraba ningunha outra edición na que fixésemos a parte do percorrido que chegou ata a porta do arsenal en Ferrol, subindo por diante do Jofre. Unha parte dura, pero atractiva. Neste sentido é unha magoa que non se estire un chisco o percorrido para poder achegarnos con máis fidelidade á distancia da MM. Aínda que nalgunha ocasión tense comentado a posibilidade de homologar a distancia, tendo en conta o carácter rotativo das saídas/chegadas, entendo que non se aposte polo homologación, aínda que si sería desexable tratar de redondear a distancia.

Pola miña parte afrontei a carreira sen expectativas deportivas concretas, (apúntome á desculpa do mal tempo), de xeito que puiden ir desfrutando da carreira ata Ferrol, e sufrindo un chisco dende a costa de Bazán ata a liña de meta. Nisto tampouco existen milagres. Se non te preparas toca sufrir (máis).
Kinvara

Novo foreiro
Novo foreiro
2/09/19
25 Carreiras
9 Posts

Reply with quote Post Tue, 03 Dec 2019, 21:29
Post subject: Re: XXXIV Media Maratón Volta a Ría-Memorial Adolfo Ros 1-

JuanBellas escribió:

No seu momento abrín un fío dedicado a ese tema, pero non parece que interesara moito. Se che parece podes seguir nel: http://www.correrengalicia.org/index.php?name=Forums&file=viewtopic&t=21887

Moitas gracias, Juan. Máis que suficiente para introducirme no tema
vacatola

Foreiro Senior
Foreiro Senior
19/12/08
0 Carreiras
454 Posts
Oleiros
Reply with quote Post Wed, 04 Dec 2019, 8:46
Post subject: Re: XXXIV Media Maratón Volta a Ría-Memorial Adolfo Ros 1-12-19

paidacana escribió:
Que boas crónicas

É que cómpre escribir un pouco.

Buscando un dato estiven mergullándome no foro e cheguei ao fío da Volta á Ría 2012, é dicir, hai 7 anos.

40 páxinas de comentarios houbo nese ano sobre a "Adolfo Ros", seguramente eses tempos pasaron e non volverán pero diso a que haxa carreiras nas que nin se abre fío Nono Nono Nono
JuanBellas

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
21/08/18
25 Carreiras
293 Posts
Cedeira
Reply with quote Post Wed, 04 Dec 2019, 10:39
Post subject: Re: XXXIV Media Maratón Volta a Ría-Memorial Adolfo Ros 1-12-19

vacatola escribió:
[
Buscando un dato estiven mergullándome no foro e cheguei ao fío da Volta á Ría 2012, é dicir, hai 7 anos.

40 páxinas de comentarios houbo nese ano sobre a "Adolfo Ros", seguramente eses tempos pasaron e non volverán pero diso a que haxa carreiras nas que nin se abre fío Nono Nono Nono

Dunhos anos para acó os foros estanse abandonando en favor das redes sociais.

Á xente cada vez lle interesa menos o feito de escribir, e mais darlle un "me gusta" a selfies e videos de gatiños.

É o que hai e có que nos toca vivir agora.

Este foro inda se vai mantendo, pero sei doutros, moi importantes no seu momento, e que agora están abandonados totalmente.

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
recetasbellas.com/
vacatola

Foreiro Senior
Foreiro Senior
19/12/08
0 Carreiras
454 Posts
Oleiros
Reply with quote Post Wed, 04 Dec 2019, 11:40
Post subject: Re: XXXIV Media Maratón Volta a Ría-Memorial Adolfo Ros 1-12-19

JuanBellas escribió:
Dunhos anos para acó os foros estanse abandonando en favor das redes sociais.

Á xente cada vez lle interesa menos o feito de escribir

Certo, pero nós tamén temos algo que ver.
As redes socias, fbs e demáis tamén existían hai sete anos.

Escríbese moito sobre cómo facer que unha carreira medre e veña xente de todo o mundo, de ser referencia e non sei cantas vainas máis, pero non tanto de carreiras. É curioso porque na carreira temos información de primeira van, do outro (organizacións de eventos) son todo suposicións (na maioría dos casos).

Redes socias, likes, gatiños e dmeaís non deberían de ser incompatibles cos foros.
Daría para un novo fío e este é o da Adolfor Ros, pero a modo de peche: "nunca houbo tanto fotógraf@ nas carreiras e nunca tampoucas fotos se subiron ou compartirón".

Os tempos son chegados...? Sí, pero tamén reversibles!!!
JuanBellas

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
21/08/18
25 Carreiras
293 Posts
Cedeira
Reply with quote Post Wed, 04 Dec 2019, 11:52
Post subject: Re: XXXIV Media Maratón Volta a Ría-Memorial Adolfo Ros 1-12-19

vacatola escribió:

Os tempos son chegados...? Sí, pero tamén reversibles!!!

Certo, e nas nosas mans está Wink





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum