Foros ›
Diario de Meigalicix (no taller)
Forum Index / Diarios de adestramento
Reply to topic

Author
Message
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2810 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sun, 27 Oct 2019, 23:11
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela : "operación San Martiño. Semana 1"
Superada como estiven polas circunstancias laborais, a semana quedou un pouco escasa.
Martes ximnasio, outra vez monitor novo e estiramientos light de todo.
Xoves, saída exprés, con tempo so para dar as 10 voltas mínimas pola Balbarda.
Sábado outra vez só 40 minutos dispoñibles, que utilicei facendo microseries pola ETEA, ás 14 horas. Calor inesperado e o corpo pouco afeito.
Hoxe domingo, tocou Chapela ida e volta. 20 graos ás 13 horas. Tocou transpirar o indecible, e volver a reflexionar sobre o asunto dos calcetíns. Hoxe era máis finos que a outra semana, pero non de abondo, o pé dereito volveu a amolarme unha chea por iso.
Remata a semana outra vez con só 19 km, e uns ritmos de 5:37, as series como moito a 5min/km
Moito vai ter que cambiar o conto nos 21 días que quedan
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
1408 Posts
Caldas de Reis
Reply with quote Post Mon, 28 Oct 2019, 6:42
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

E mentres pensamos nos calcetins...os kms. vanse facendo. Moito animo e que todos os problemas sexan acertar cos calcetins
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2810 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sun, 03 Nov 2019, 22:26
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: Operación San Martiño. Semana 2

cK13 escribió:
E mentres pensamos nos calcetins...os kms. vanse facendo. Moito animo e que todos os problemas sexan acertar cos calcetins


Resolta por fin a ecuación dos calcetíns ( xa din con dous pares que me van ben), queda por despexar a incógnita de que vai pasar nestes 15 días co xeonllo esquerdo. O luns volvín pasar pola fisio, fixo varias probas e detectou algo de resentimento nalgunha das manipulacións, pero visto que non me molestaba para correr e na vida diaria, doume luz verde para todo tipo de entrenos.

Pero esta semana foi moi gris, no climático, no laboral e no atlético. O martes tiven que anular a sesión de ximnasio. O xoves pola tarde quixen facer algo de estática, pesas e planchas na casa, pero con tanta interrupción doméstica so logrei uns escasos 20 minutos de pedaelo suave en tres tramos.

Para salvar o plan , non quedaba outra que facer saida venres, sábado e domingo, como fose. Venres logreino ó medidodía, pero onte e hoxe tocou na miña hora maldita, ás 17:30, coa dixestión a medio facer. Moito vento de cara, e onte chuvia aínda por riba. Con todo iso a sensación térmica no era de frío, senón de humidade quente e transpiración inevitable. O xeonllo esquerdo en quente vaise portando. Aínda con todos os factores en contra, os ritmos andiveron entre 5:36, 5:37, ningunha maravilla pero tampouco desastroso... o que xa me empeza a preocupar é que polas noites, segundo a postura continuada que teña a perna, acaba molestando e facéndome despertar . Ó final vou ter que acabar nalgunha consulta médica, pero espero que sexa despois da San Martiño, e sen ter que aparcar as zapatillas
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
3098 Posts

Reply with quote Post Mon, 04 Nov 2019, 14:40
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Están bien esos ritmos, para lo habitual en ti, sobretodo si andas pisando huevos. Forza na San Martiño Meiga, un clásico teu.
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2810 Posts
Vigo
Reply with quote Post Fri, 08 Nov 2019, 9:24
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

freakyrunning escribió:
Están bien esos ritmos, para lo habitual en ti, sobretodo si andas pisando huevos. Forza na San Martiño Meiga, un clásico teu.

Seguimos pisando ovos. O xeonllo esquerdo continúa coa súa progresión negativa, pero a unha semana vista do evento non vou desertar. Así que o martes fun ó ximnasio, e sain con boas sensacións.
Como esta fin de semana toca reunión de traballo en Madrid, o plan era facer unha saída xoves, outra hoxe antes de pillar as maletas, e logo outra o domingo, mentras van pechando os colexios electorais.
A de onte acabei por facela ás 16:30, unha hora bastante suicida tendo en conta que rematamos de xantar ás 15:30. Pero como quen manda é o cerebro e non as pernas, a cousa non saíu tan mal.
Máis suicida foi a carreira do can incontrolado que me saíu pola beirarrúa cando xa estaba chegando a casa... Doume un bo susto ó cruzárseme por diante. Saiume un xuramento que debeu de escoitar o seu dono, que estaba ocupado metendo cousas no maletero do coche. Chamou de lonxe polo can, pero nin se parou a amarra lo nin nada. É como o animal era teimudo e de ideas fixas, seguiu a xogar correndo detrás miña e a cruzarse dando voltas. O caso é que nun deses cruces, saíu moi entusiasta da beirarrúa para o asfalto, xusto no momento en que cruzaban coches, e levou un bo golpe coa defensa e unha perna traseira quedou debaixo dunha roda. Outra vez sauime un berro de susto, pero non puxen pé a terra para nada. Sen cargo de conciencia ningún. O problema é de quen ten un can solto pola rúa, que non distingue con quen debe xogar e cara onde non debe correr. Penso que se chego a parar aínda me ía tocar tragar un marrón que non ía conmigo . Aí, os cans, sempre os cans...
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
444 Carreiras
5317 Posts
CdA, Tomiño
Reply with quote Post Fri, 08 Nov 2019, 9:28
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)



Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2810 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sun, 10 Nov 2019, 23:14
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: "Operación San Martiño . Semana 3"

Pois sí, Doutor, visto o desenvolvemento da semán, ganas me daba de darlle ó mundo en xeral unha patada/navallazo con eses zapatos de Rosa Klebb.
O venres foi imposible sacar un momento para trotar antes de marchar a Madrid. Por facer algo de utilidade, o sábado antes de almorzar e ir ñas sesións de traballo, fixen algo de sentadillas e reforzo de glúteos.

Sexa en coche ou en avión Madrid vai a estar sempre a 6 horas de viaxe de Vigo (entre taxis, cercanías, metro, embarque e todo o demáis) Por iso hoxe tocou durmir só catro horas, e un chisco de nada de siesta que botei.

Pola tarde, máis ben xa noite, tratei de salvar a semana atlética ( xa que o de salvar os resultados electorais era imposible)... O líquido do xeonllo esquerdo segue aí, agora tamén se vai sumando dor no lado interno da pantorrilla cando arranco en frío, ó ir quentando remite. Entre unhas cousas e outras se me van vindo abaixo todas as expectativas de facer sub 53 minutos o vindeiro domingo.

Casi me conformo xa con non escachar definitivamente e volver a dique seco, e con que non nos caia unha sarabiada como lles tocou hoxe na Behobia - San Sebastián
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2810 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sun, 17 Nov 2019, 22:46
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela : XLIII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO 2019

Esta semana 4 da Operación Sanmartiño comezou da peor maneira. A perna esquerda bastante perxudicada despois da saída do domingo. Jota aconsellou anular as sesións de ximnasio desta semana e da seguinte. A fisio mandou ir pedindo xa vez en traumatoloxía. O xoves cedo probei a facer en casa bici estática, pesas e abdominais, e a cousa parecía que ía ben.
Así que cando o venres saiu algo o sol, doume por ir a Chapela e probar sensacións. Ata o km 4 non foron nada boas, pero logo xa en quente non houbo molestias e os ritmos parecían aceptables.
O problema foi ó día seguinte, coa inflamación do xeonllo esquerdo no seu punto máximo ata a esa data... Pero como somos así de tol@s e teimud@s, puxen unha rodilleira, fixen a equipaxe e marchei cara Ourense igual, e xa vería sobre a marcha se ir correr ou non o domingo.
Hoxe pola mañá, despois do descanso da noite, sesións de xeo,estiramentos, calor, e cuns parches de lidocaína, decidín sair de casa e arriscarme.
Poncho de plástico por se volvía a diluviar, andando e non correndo , por non esbarar en ningunha lameira.
Púxenme a quentar na espiral habitual das dúas rotondas entre o Pavillón dos Remedios e a Ponte do Milenio. A perna esquerda seguía dando a lata. Sobre as 10:30 as sesións fotográficas. Ó final a Carmafoto non foi posible por falta de fotógrafo, e na Fotokedada do Foro faltaron bastantes dos habituais, aínda que polo menos dou para saúdar a Anpefi , Lourdes e algúns máis.
Por fín a saída, a hora da verdade, e sorprendentemente desapareceu toda molestia, e a carreira foi avanzando tal e como a tiña imaxinado semanas atrás, coma unha seda, sen pasalo mal. Certo que no km 8 os dedos do pé dereito comezaron a discutir coa zapatilla aínda sen domesticar de todo, e que a costa de Francisca Herrera sempre se atraganta un pouco, pero todo foi indo.
A sorpresa do último km foi ser alcanzada por Aurora, que sempre me deixa atrás no primeiro . Unha sorte ir xuntas, apretando, adiantando incluso algún posto, ata cruzar o arco de meta en 54:07.
Iso viña sendo para min un tempo neto de 53:17. Non o sub 53 que eu buscaba, pero sempre están as estadísticas para consolar e levantar os ánimos: 38 segundos menos que na carreira do Berbés e un recorte de 1:08 minutos ó tempo do ano pasado.
Posto 1832 de 2934 persoas chegadas a meta
Posto 175 de 644 na xeral feminina
Posto 9 de 24 veteranas de 55 a 60 anos
Visto como estaban as cousas onte, hai que dicir que isto é unha miragre máis do San Martiño. Nunca hai que perder a fe e a devoción.
De momento contenta e celebrando.
Mañá tocará cambiar a condición de romeira a penitente, pedir cita en traumatoloxía e cruzar os dedos.
Pero ninguén me vai quitar o bailado e corrido no día de hoxe
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2810 Posts
Vigo
Reply with quote Post Tue, 26 Nov 2019, 21:09
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (no taller)

A utilidade principal dun diario suponse que é comprometerse por escrito cos plans de entreno.
Nos "diarios de cifras" dun xeito matemático-estadístico. Nos "diarios de letras" estimulando a motivación desde a creatividade, a greguería, o costumbrismo, a etnografía, tan variados son os xéneros estilísticos que manexan.

Pero éste non é un diario nin de cifras nin de letras. É un furancho perdido na favela, ó que lle toca pechar por tempo indefinido.

Hoxe pasei pola consulta do traumatólogo privado. Articulación do xeonllo esquerdo lesionada, con inflamación e derrame, pero sen precisar nada ata que faga unha resonacia. 300 euros . Este venres tócame volver pola clínica onde traballa, a ver se hai xeito de conseguir facela co meu seguro de Muface sen ter que esperar demasiado... Neste momentos non me importaría pagar se me dixeran que o que teño se amaña sen operar, e que o parón atlético non é de máis de tres meses.

Polo de agora, unha semana de antiinflamatorios (espero que o estómago non se estrague), nada de actividade de impacto (carreira = 0), algo de bici suave e abdominais e planchas, pero non ximnasio (para no forzar coa electroestimulación).

Vamos, que estou outra vez en dique seco, coa diferenza de que desta volta podo facer algo de bici... Inevitable rumiar ideas na cabeza . Suponse que desde o episodio do isquio debería saber escoitar mellor ó meu corpo, evitando este tipo de cousas. E fago repaso mental do que fixen o sábado 29 de setembro, que detalle se me escapou ese día, que cousa non escoitei , que forcei para rematar así ... Ou simplemente non fixen nada , a parte de ir vella, cumplir anos , e ser un sistema vivo, con compoñentes que teñen data de caducidade que un bo día escachan porque lles toca.

En resumo, que non habendo plan de entreno nin obxectivos , toca deixar este espazo en estado de hibernación, deslizándose pouco a pouco cara o final da páxina, colgándolle as arañeiras.

Imaxino que Amina ou Pequeña Criatura seguirán a facer visitas esporádicas polos demáis diarios, mantendo vivo dalgún xeito o espírito do 20%.

Nestas latitudes galifornianas os furanchos volven a abrir despois do inverno. Esperemos que o meu inverno atlético remate nun momento dado, e este furancho poida volver abrir tamén.
anpefi

Maratoniano
Maratoniano
5/02/11
90 Carreiras
986 Posts
Vigo
Reply with quote Post Tue, 26 Nov 2019, 21:24
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (no taller)

A primavera sempre chega, aínda que tarde un pouco de máis. Paciencia e moito ánimo!
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2056 Posts
Sparkland
Reply with quote Post Tue, 26 Nov 2019, 22:19
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (no taller)

Ya se que no sirve de mucho en estos momentos de tanta frustración y temor, pero que sepas que cuentas con nuestros ánimos. Espero que el pronóstico mejore con los días, y de "susto morrocotudo" pasemos a "tampoco era para tanto".
La favela es insustituible y confío en que este contratiempo puntual, grave o leve, no produzca el indeseable efecto secundario de silenciarla.
Ánimo Alicia!!!

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
matogrosso

Multimedia
Multimedia
24/07/09
101 Carreiras
1258 Posts
Aquae Urente
Reply with quote Post Tue, 26 Nov 2019, 23:09
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (no taller)

Esperemos que la lesión no sea tan grave. Los médicos de la privada suelen ser muy catastrofistas.
Cuesta hacerse a la idea de que nos quedamos sin otro diario, y no uno cualquiera. Ánimo Alicia y sea lo que sea a tirar pa'lante.

"to run and to rec"
matogrosso

Multimedia
Multimedia
24/07/09
101 Carreiras
1258 Posts
Aquae Urente
Reply with quote Post Tue, 26 Nov 2019, 23:12
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (no taller)

Esperemos que la lesión no sea tan grave. Los médicos de la privada suelen ser muy catastrofistas.
Cuesta hacerse a la idea de que nos quedamos sin otro diario, y no uno cualquiera. Ánimo Alicia y sea lo que sea a tirar pa'lante.

"to run and to rec"
Amina

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
1/09/14
0 Carreiras
2849 Posts
A Coruña
Reply with quote Post Wed, 27 Nov 2019, 7:38
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (no taller)

Alicia, por experiencia propia he de decirte que lo de los médicos/traumatólogos/fisioterapeutas es casi como lo de las zapatillas: hay un modelo perfecto para ti, pero tienes que probar varios hasta encontrarlo. Espero que esta vez sea la tuya, que el traumatólogo sea tu modelo de zapatilla ideal, que la lesión se cure pronto y que en breve reabra tu furancho para deleite de los que te leemos. Te envío un abrazo fuerte Smile
PequeñaCriatura

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/10/12
0 Carreiras
966 Posts
Ferrol
Reply with quote Post Wed, 27 Nov 2019, 8:31
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (no taller)

Alicia, mucho ánimo...este "furancho" es único y no puede desaparecer...serán solo unos puntos suspensivos, mientras te recuperas. Entiendo más de lo que imaginas lo que es ver las carreras desde la barrera, pero es, sin duda, algo pasajero.
Todos en algún momento, sufrimos una lesión, una molestia o incluso la falta de ganas o motivación que tienes a veces de hacer nada. Pero todo pasa y espero que vuelvas con más fuerza y sobre todo, totalmente recuperada.
No dejes de visitar el diario y contarnos cositas. Todo será "devorado"...
Bicos y apertas mil.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You cannot download files in this forum