Foros ›
Sorteo 5 dorsales Coruña Corre-Mesoiro (03/11): ata 10/10
Forum Index / O Circuíto 2018-19
Reply to topic

Author
Message
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1068 Posts

Reply with quote Post Sun, 06 Oct 2019, 22:14
Post subject: Sorteo 5 dorsales Coruña Corre-Mesoiro (03/11): ata 10/10

Coruña Corre-Mesoiro
Domingo 03 de Novembro de 2019


Que se sortea?
5 dorsales

Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar: Coruña, domingo 03 de Novembro de 2019.
Web da carreira: www.coruna.gal/carrera...Idioma=es#
Inscripcións: championchipnorte.com/...vo-mesoiro
Enlace ao calendario: www.correrengalicia.or...e=20191103
Enlace ao fío do foro:
www.correrengalicia.or...056#591056

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o 07/10/2019 ao 10/10/2019, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 10/10/2019. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo. Por favor, incluide a frase: quero participar no sorteo
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 07/10/2019 ao 10/10/2019). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsabilidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.
Paticorto

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
25/09/18
10 Carreiras
222 Posts
A Coruña
Reply with quote Post Tue, 08 Oct 2019, 16:29
Post subject: Re: Sorteo 5 dorsales Coruña Corre-Mesoiro (03/11): ata 10/10

Quero participar no sorteo para conseguir un dos cinco dorsais que se sortean para esta carreira de Novo Mesoiro pertencente ao circuito de CoruñaCorre.

Faime especial ilusión esta carreira xa que foi unha das primeiras nas que comecei a correr fai uns meses.
Esta edición do Circuito Coruña Corre ten a peculiaridade de ofrecer ración dobre en Mesoiro e nos Rosales, onde se rematará o presente circuito.
Tendo como referencia a carreira de fai uns meses (que foi a primeira do circuito) espero poder recortar un par de minutiños.
Ao igual que todas as carreiras do Circuito, disporá de avituallamento final, servizos de ducha e gardarroupa, no polideportivo de Novo Mesoiro.

Consiga o dorsal ou non, serei partícipe desta carreira.

Sorte a tod@s!
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1742 Posts
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Reply with quote Post Wed, 09 Oct 2019, 7:13
Post subject: Re: Sorteo 5 dorsales Coruña Corre-Mesoiro (03/11): ata 10/

Tamén quero participar no sorteo dun dos dorsaís para esta carreira. Nunca fixen esta carreira e teño gañas de continuar có circuito, que de momento, me esta a sorprender gratamente todalas provas que disputei.

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
loischantada

Novo foreiro
Novo foreiro
29/03/11
11 Carreiras
11 Posts

Reply with quote Post Wed, 09 Oct 2019, 10:47
Post subject: Re: Sorteo 5 dorsales Coruña Corre-Mesoiro (03/11): ata 10/10

Ola!!!

quero participar no sorteo dun dos dorsais para esta carreira. A min gustoume o circuíto das edicións anteriores e está moi animada. 5,5 k e a dar zapatilla!!!
Primo

Novo foreiro
Novo foreiro
20/12/18
1 Carreiras
6 Posts

Reply with quote Post Wed, 09 Oct 2019, 14:42
Post subject: Re: Sorteo 5 dorsales Coruña Corre-Mesoiro (03/11): ata 10/10

Buenas, me gustaría participar en el sorteo de los dorsales.
Nunca participe en esta prueba pero seguro que es dura, que en Mesoiro es todo cuesta.
Espero veros allí.
Un saludo
dias

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/10/11
69 Carreiras
154 Posts
Narón
Reply with quote Post Thu, 10 Oct 2019, 21:14
Post subject: Re: Sorteo 5 dorsales Coruña Corre-Mesoiro (03/11): ata 10/10

Eu tamén quero participar no sorteo dun dos dorsales para Mesoiro, posto que é unha zona da Coruña que non coñezo, e ademáis teño boas referencias desta proba.
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1068 Posts

Reply with quote Post Thu, 10 Oct 2019, 22:32
Post subject: Re: Sorteo 5 dorsales Coruña Corre-Mesoiro (03/11): ata 10/10

Sorteo cerrado.

Sorteo 5 dorsales Coruña Corre-Mesoiro (03/11): ata 10/10

Resultado*: Paticorto, Maxi, Loischantada, Primo, Dias

*No ha sido necesario realizar el sorteo. Los dorsales han sido asignados directamente.

¡Enhorabuena! Para que el premio se haga efectivo hay que enviar un correo a la siguiente dirección de email:

infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

- Nombre y apellidos
- Fecha de nacimiento
- DNI
- Localidad
- Talla de camiseta
- Nick personalizado para el dorsal
- Email
- Teléfono
- Club al que perteneces
- Si estáis o no federados
- Nº de federado
- Nº de chip de CCNorte (en caso de tenerlo en propiedad, si no, indicar que no lo tenéis)

Es importante recordar que pasadas 48 horas de la publicación de este resultado, si no recibimos los datos, se perderá el derecho al dorsal
loischantada

Novo foreiro
Novo foreiro
29/03/11
11 Carreiras
11 Posts

Reply with quote Post Sat, 12 Oct 2019, 12:38
Post subject: Re: Sorteo 5 dorsales Coruña Corre-Mesoiro (03/11): ata 10/10

Moitas grazas !!!!
Paticorto

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
25/09/18
10 Carreiras
222 Posts
A Coruña
Reply with quote Post Sat, 12 Oct 2019, 15:57
Post subject: Re: Sorteo 5 dorsales Coruña Corre-Mesoiro (03/11): ata 10/10

Moitas gracias polo dorsal, datos enviados!
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1742 Posts
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Reply with quote Post Sat, 12 Oct 2019, 17:23
Post subject: Re: Sorteo 5 dorsales Coruña Corre-Mesoiro (03/11): ata 10/

Datos enviados! Casi que me despisto.
Gracias!!!

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum