Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 26 Set 2019, 23:29
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

E por fin zapatillas novas!!
Isto xa é un clásico: Quedarse mirando para suela das zapatillas novas ó carón das vellas, e preguntarse como era posible poder correr enriba dalgo tan gastadiño que case se lle ven as tripas por dentro.
Fun esta tarde a unha hora estupenda, toda a tenda para min, e o mellor dependente que me podía atender, pois tamén corre, e corre ben. As persoas de Vigo xa sabedes de que tenda falo. Andivemos a dar voltas a varios modelos e tamaños e finalmente collín unhas New Balance 880,cun 30% de desconto ademáis, incluíndo uns minutos de charla agradable sobre os coñecidos comúns que van ir a Tokio e outros temas comodín.
Seguindo o consello de Jota, que sigo considerando como o meu monitor de cabeceira, aínda que me ten abandonada, sain da tenda coas zapatillas postas. Para comezar a domesticalas desde xá.
Ir andando toda a Avenida de Castrelos e a Rúa Camelias penso que foi unha estupenda dose de proba. Nos primeiros momentos era tal a sensación de amortiguación que ata parecía que cada paso era impulsado por muelles.... Logo dun tempo xa apareceron as molestias no empeine, o que me pasa sempre pola forma dos pés e o que alzan as plantillas. Tocan semanas de afacer o tecido a que se estire e pillar o punto de afrouxado dos cordóns. Pero polo menos o axuste ás plantillas é bo e non hai desprazamentos.
Costará o seu tempo domalas (ata a San Martiño hai tempo) pero penso que vai ser o comezo dunha boa amistade...
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 26 Set 2019, 23:29
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

E por fin zapatillas novas!!
Isto xa é un clásico: Quedarse mirando para suela das zapatillas novas ó carón das vellas, e preguntarse como era posible poder correr enriba dalgo tan gastadiño que case se lle ven as tripas por dentro.
Fun esta tarde a unha hora estupenda, toda a tenda para min, e o mellor dependente que me podía atender, pois tamén corre, e corre ben. As persoas de Vigo xa sabedes de que tenda falo. Andivemos a dar voltas a varios modelos e tamaños e finalmente collín unhas New Balance 880,cun 30% de desconto ademáis, incluíndo uns minutos de charla agradable sobre os coñecidos comúns que van ir a Tokio e outros temas comodín.
Seguindo o consello de Jota, que sigo considerando como o meu monitor de cabeceira, aínda que me ten abandonada, sain da tenda coas zapatillas postas. Para comezar a domesticalas desde xá.
Ir andando toda a Avenida de Castrelos e a Rúa Camelias penso que foi unha estupenda dose de proba. Nos primeiros momentos era tal a sensación de amortiguación que ata parecía que cada paso era impulsado por muelles.... Logo dun tempo xa apareceron as molestias no empeine, o que me pasa sempre pola forma dos pés e o que alzan as plantillas. Tocan semanas de afacer o tecido a que se estire e pillar o punto de afrouxado dos cordóns. Pero polo menos o axuste ás plantillas é bo e non hai desprazamentos.
Costará o seu tempo domalas (ata a San Martiño hai tempo) pero penso que vai ser o comezo dunha boa amistade...
Pollastre

Foreiro Senior
Foreiro Senior
10/01/14
16 Carreiras
508 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mér, 02 Out 2019, 16:22
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Bueno, Meiga, llego un poco tarde, pero gracias por acordarte de mí en el Berbés. Para mi gusto es una carrera estupenda para correr rápido y hacer buen tiempo, casi diría que la mejor homologada que hay para ello.
Parece que esta vez afectó el calor, pero en cualquier caso está muy bien cómo mantienes el nivel, que unas veces puede ser un poco más y otras un poco menos, pero lo mantienes, y sobre todo también las ganas.
Un saludo y disfruta la nueva adquisición
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 03 Out 2019, 16:18
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: "Co medo no corpo"

Vergonza debería darme dicilo, e se me chega a escoitar a Señora Minducha habíame dar unhas boas triscas no cu. Pero sí, ando desde o domingo co medo no corpo... Cando xa parecía recuperada da inflamación de tendóns no pe dereito, cando xa tiña as zapatillas novas pertinentes para volver ó asfalto e á normalidade, o domingo pola noite descubro que teño inflamado o xeonllo esquerdo, non exactamente ó redor da rótula, senón polo lado esquerdo, cara afora, como arredor dun dos tendóns. Sen saber por que, sen ter corrido nada en días anteriores, sen ter levado golpes. Non hai dor nen molestia, só a presencia dunha especie de rulo invisible que me impide flexionar a perna de todo, cando subo e baixo escaleiras, cando intento facer estiramentos de cuádriceps.

O luns ó volver de traballar, con certo tempo de horas de pe, a cousa estaba peor. Poñendo xeo ou calor e en posición horizontal a cousa mellora... A piques estiven de non ir o martes ó ximnasio, pero finalmente decidinme, e parece que os exercicios fóronlle ben. O mércores pola mañá pensei que xa curara pero foi volver ás sesións de pe no traballo e volver ás andadas. Pola tarde tocaba fisio. O diagnóstico foi que o pe dereito estaba ben, o piramidal estupendamente, e a bolsa de líquido, non causando dor e non indo a máis , non era impedimento para retomar os entrenos. Iso sí, con moderación: Non máis de 5 km e en días alternos. E que se na vindeira semana o da acumulación de líquido continúa, entón toca volver e darlle máis voltas ó tema.

Así que hoxe ás 7:15 collín as zapatillas novas para usalas por fin en modo carreira, e tirei por ruta doada e segura: Baixada a Ríos (costa abaixo e non cara arriba), Camiño Real, Chumba, volta nas Catro Pontes e regreso pola Avenida de Galicia. Media hora en total, o cal indica que non perdín demasiada forma nestes días de parón, e que o líquido no xeonllo non é impedimento... pero non deixa de ser algo que me desacouga, que non sei por qué apareceu nin como o podo controlar.

Aquí estamos todos máis afeitos a presencias de carne e oso: Musculitos cabrones, culebrillas de localización variable, "señoritos" de diferentes condicións, non a estas manifestacións fluídas sen carné.

A ver en que acaba todo isto. Pero seguirei o teu consello, Pollastre, e na medida do posibles, tratar de disfrutar
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Ven, 04 Out 2019, 13:08
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Como se portan esas zapatillas novas Srta. Meiga? O importante e que se che adapten ben as plantillas e non che creen molestias, vamos, que te sintas cómoda con elas.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 06 Out 2019, 21:00
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

cK13 escribió:
Como se portan esas zapatillas novas Srta. Meiga? O importante e que se che adapten ben as plantillas e non che creen molestias, vamos, que te sintas cómoda con elas.

As zapatillas vanse portando en. O que non se está portando é o meu corpo. Ademáis do tema da acumulación de líquido no xeonllo dereito, agora hai que sumar molestias nos glúteos e unha contractura no lombo na zona esquerda.
Aí andamos a base de parches de xeo e de calor , mantendo tipo. Pero sen perder de sair. De momento saíadas curtas, de non máis 5km , obedecendo á fisio.

Hoxe volvín sore as 10 da mañá a facer o circuito das 4 Pontes, ida pola Chumba, volta pola Avenida de Galicia. Se me fío dos datos de tempo do meu vello cronómetro, saíu un ritmo de 5:13. Demasiado bonito para ser certo. Vou ter que repetir mañá para saír de dúbidas
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 07 Out 2019, 10:09
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Pois vai ser que sí. Hoxe repetín o circuíto e saiu un ritmo de 5:15 para os 4700m totais... É a diferenza entre facer Ríos baixando en vez de Dr Corbal subindo.
A contractura da esplada xa está solucionada, e as molestias dos glúteos tamén (será por ter traballado onte no ordeador sentada sobre o balón de pilates da miña filla, se cadra).
Hoxe o que toca son molestias no talón dereito, no medio da carreira e tamén en repouso.
Está claro que felicidade nunca pode ser completa Chorando
anpefi

Maratoniano
Maratoniano
5/02/11
100 Carreiras
1020 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 07 Out 2019, 13:10
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Tampouco pretendas quedar sen molestias en ningún lado, si non sería moi aburrido Silbar bah, ánimo, que parece que as cousas van indo sempre a mellor.

Unha pregunta, que tal se corre pola Chumba? Hai moitos cans? Nunca fun por alí, pero parece unha boa alternativa para facer algún bucle cando toca alongar o circuito de Chapela. Onte mesmo me viría moi ben, xa que os 5 Km extra os fixen por Corbal, Pedro Alvarado, Enrique Lorenzo, Guixar, Julian estevez, Sanjurjo, outra vez E. Lorenzo, Purificación Saavedra e Sanjurjo para voltar ó circuito habitual subindo Bos Aires. Pensara en facer algún bucle Rios, Camiño Real, Riouxa pero esa última rampa botoume para atrás, non pensara en seguir pola Chumba, que parece unha boa alternativa.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 13 Out 2019, 20:35
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

A vida sigue, e todo vai "digievolucionando".
Ó longo da semana apareceron outras molestias e tamén marcharon. O que sigue aí é a acumulación de líquido no xeonllo esquerdo. Non me impide vivir nin entrenar pero xa me mosquea un chisco de máis. Haberá que tomar algunha decisión ó respecto.
Aparte diso, remata unha semana "estándar": 3 saídas e 1 sesión de ximnasio. Escasa de km ( só 18) e sen sesións en casa de reforzo de glúteos. Haberá que mellorar iso para a semana que entra. Aínda que non están abertas de momento as inscripcións, toca xa irse poñendo en modo "San Martiño".
Con esa idea saín esta mañá. Considerei que xa cumplira de abondo coa recomendación de non pasar dos 5 km, así que despois dun mes volví por Chapela. Primeira tirada de 9 km coas zapatillas novas.
Co conto de que a mañá pintaba de inverno, e por seguir domesticando a horma das zapatillas, decidín poñer calcetíns gordos e acolchados. Ata o Alto da Encarnación a cousa ía aceptablemente, pero a partir de alí as molestias dos dedos dos pes, especialmente do dereito, case me fan apearme. Pero aguantei.
A falta de Garmin, sigo co cronómetro vello. Crono de 48:52 minutos, e un ritmo medio de 5:29. Onte no circuito habitual pola Guía acabei en 28 minutos e non en 30 ou 32. De todo isto saco a conclusión que por fin estamos de novo na "normalidade". Un ano e medio despois creo que ando en rendementos similares ós anteriores á lesión. Se cadra teño ó alcance volver a facer unha San Martiño en 52 minutos... Iso si, despois do que pasei hoxe, xa teño claro que vai ser con calcetíns finos
anpefi

Maratoniano
Maratoniano
5/02/11
100 Carreiras
1020 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 14 Out 2019, 9:45
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Pois nada, a traballar para chegar a esa San martiño en óptimas condicións.

PD. Grazas polo comentario sobre a Chumba no meu diario, xa probarei a ver que tal....
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 14 Out 2019, 16:41
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meigalicix escribió:


sigo co cronómetro vello


Ten cuidado Meiga, a ver si vas a empezar a ver el Big Lebowsky en bucle.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 20 Out 2019, 22:25
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da Favela: " Wilmaaa !! "

Remata unha semana que case se foi en branco pola sobrecarga laboral: O martes tiven que renunciar por iso á sesión de ximnasio. Cheguei ó xoves sen facer saída ningunha, e o corpo, o cerebro e o ánimo chegaron ó limite... a ese punto en que o agotamento total impide descansar e aparece o insomnio. A noite do xoves para venres só fun quen de durmir tres horas, polo que decidín que tiña que volver coller as zapatillas como fose para poñer remedio á situación.

O venres cedo, máis durmida que desperta, fun media hora pola ruta de ida e volta ás Catro Pontes. Sábado e domingo tocaba estar fora de Vigo: Unhas xornadas de formación en Xinzo de Limia. O único xeito de sacar un par de saídas máis, era levar as zapatillas e tratar de correr alí ás 7 da mañá, e incorporarme sobre as 8:15 ó horario establecido para a actividade. Cousas máis raras tiña feito na miña vida.

Así chegamos á mañá do sábado. Despois de ter durmido xa mellor ca a noite anterior, logrei erguerme antes das 7. Comezo a calzarme e vestirme para correr e descubro que, coas presas de facer a maleta, non metín mallas, só camisetas e calcetíns. En fin , nada que non se poidese solventar adaptando un pouco o pantalón do pixama ata que parecese unha malla debaixo da camiseta... Xa lista baixei ó vestibulo do hotel. Como vin que a porta principal non estaba pechada con chave e abría sen problema, decidín a última hora volver á habitación e deixar as chaves alí, pois eran das antiguas, cun chaveiro desdes de medio kilómetro cadrado e ía ser un atranco correr con elas na man. Total, seguro que cando volvese, o meu sufrido utillero xa estaría desperto e a pé para abrime cando petase na porta. Deixeino durmindo e marchei por fin á rúa.
Chovía, non arreciaba, pero mollaba ben. Mellor. Terapia de choque para espabilar . Había como vinte anos que non paraba en Xinzo de Limia. Non tiña nin idea por onde tirar. A intuición foime levando a facer unha especie de percorrido triangular por asfalto semiurbano, procurando zafar das pozas, e aproveitando a luz das farolas. Non máis de 3600 metros, pero de abondo para calmar o mono e entonar o corpo. Todo parecía ir sobre o previsto ata que cheguei de novo á porta do hotel . Empuxo cara adentro pensando que abriría, cal porta de supermercado, pero non : tiña o mítico mecanismo que podes abrir desde dentro pero non desde fora... Como fun tan burra de non decatarme diso antes de marchar???. A recepción do hotel non ía abrir ata as 8, sen móbil do que botar mán , que me quedaba? Conxelarme coa roupa mollada da chuvia esperando máis de media hora???... A nosa habitación daba cara a rúa, balcón do segundo piso. Nun momento de desesperación marqueime un "Pedro Picapiedra" e desde o medio da rúa chamei cara o balcón. Unha sóa vez, porque non era plan de despertar a toda a veciñanza (as persianas das xanelas estaban todas baixadas aínda).
Non houbo resposta. Nin de nigún veciño encabuxado (menos mal) , nin tampouco do meu sufrido utillero.
Metinme no oco dun portal a facer estiramentos, flexións, sentadillas, o que fose para non enfriarme. Pero o tempo non daba pasado , así que non quedou máis remedio que sair a facer unhas carreiras rúa arriba, rúa abaixo. En fin, esta frase feita non ten moito sentido en Xinzo de Limia, onde non hai arriba e abaixo, senón que está todo a ras.
Afortunadamente, despois de catro carreiras, xa atopei aberta a recepción do hotel, e algunhas compañeiras de actividade sentadas agardando para ir a almorzar na cafetería. Entrei con toda naturalidade, como se chegase de rematar o circuíto xusto nese momento.
Ó chegar á habitación , o meu sufrido utillero dixo que me sentira chamar , que se erguera da cama e se asomara ó balcón pero que non vira a ninguén. Eu pensaba que estas cousas só pasaban nas pelis de Buster Keaton Confuso
Hoxe domingo volvín sair, mesma hora, mesmo circuito. Pero coa lección aprendida, e o mazacote de chaveiro na man dereita, coma se fose unha carreira de relevos e lle tivese que pasar o testigo a alguén. Polo menos non chovía e non había case pozas no asfalto.

En total , 3 saídas. Escasamente 11700 metros, absolutamente atípicos, pero o corpo e o cerebro xa un pouco máis no seu sitio.

Inscripción na San Martiño xa formalizada. 20 días por diante . A ver que rendimento lle saco


Última edición por Meigalicix o Dom, 20 Out 2019, 22:31; editado 1 vez
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Dom, 20 Out 2019, 22:31
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meigalicix escribió:
Entrei con toda naturalidade, como se chegase de rematar o circuíto xusto nese momento.

¡Ésa es la actitud! Que luego contemos nuestros ridículos en un foro público donde lo leen cientos de personas no importa, pero que no se enteren en directo cuatro o cinco.

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Lun, 21 Out 2019, 15:07
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

O que non che pase Srta. Meiga.... Mr. Green Mr. Green Mr. Green
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 21 Out 2019, 17:59
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Vas atopar unha pantalla, ás sete da mañá.

Que la cabeza siga al cuerpo o viceversa, sí señora.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos