Foros ›
Sorteo 2 dorsais TRAIL SAN ANDRÉS TEIXIDO (13/10): PECHADO
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 15 Set 2019, 21:32
Asunto: Sorteo 2 dorsais TRAIL SAN ANDRÉS TEIXIDO (13/10): PECHADO

6º TRAIL/ANDAINA SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO
Domingo 13 de Outubro de 2019


Que se sortea?
2 dorsais

Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento

REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores do trail:

Lugar: San Andres de Teixido (Cedeira), Domingo 13 de Outubro de 2019.
Web da carreira: inscripciones.galitimi...e-teixido/
Enlace ao calendario: www.correrengalicia.or...e=20191013
Enlace ao fío do foro: www.correrengalicia.or...524#592524

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o 16/09/2019 ao 19/09/2019, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 19/09/2019. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo. Por favor, incluide a frase: quero participar no sorteo
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 16/09/2019 ao 19/09/2019). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Dom, 22 Set 2019, 21:34; editado 1 vez
Nes

Foreiro Senior
Foreiro Senior
2/07/12
415 Carreiras
592 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Lun, 16 Set 2019, 7:54
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais TRAIL SAN ANDRÉS TEIXIDO (13/10): ata 19/09

Quiero participar en el sorteo para un dorsal del 6º TRAIL/ANDAINA SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO.
¿O no? Nunca he ido, pero me han hablado de que es muy chulo pero uno de los más duros de nuestro calendario, por lo que me asusta un poco. Veo que este año ya sólo hay una distancia (la pequeña), ¿es por que nadie se atreve a hacer la grande?
En cualquier caso, vamos a intentarlo por primera vez y a ver que pasa, todo sea que no llegue a comer, pero a ver si llegamos a dormir......
AJACAST

Montañés
Montañés
19/05/16
0 Carreiras
873 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 16 Set 2019, 18:10
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais TRAIL SAN ANDRÉS TEIXIDO (13/10): ata 19/09

Pues dicen que "a San Andrés de Teixido vai de morto o que non foi de vivo" y yo aún no he ido así que... Quiero participar en el sorteo Sorriso
Me pasé por Loiba cuando fui a hacer el trail Montes de Couzadoiro pero quedó pendiente esa zona de Cedeira. Le tengo unas ganas en todos los sentidos... verla, correrla y disfrutarla.
Siempre me coincidió otra carrera el mismo finde (2018: fuimos a Parada de Sil; 2017: tocó el Terras do Xallas; 2016: fuimos al primer Urban Trail Night...) y me he prometido que de este año no pasaba.
Llamaremos a la suerte una vez más Rezar
Baralloco

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/14
3 Carreiras
366 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 19 Set 2019, 18:43
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais TRAIL SAN ANDRÉS TEIXIDO (13/10): ata 19/09

Estou interesado en participar no sorteo de estes dorsais. Nunca participei por coincidir algún ano en C10 ou por imprevistos non desexados. A ver si pode ser nesta ocasión, conozco a zona Serra da Capelada e é espectacular. E logo si o tempo acompaña a remata-la xornada por Cedeira
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 19 Set 2019, 22:06
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais TRAIL SAN ANDRÉS TEIXIDO (13/10): ata 19/09

Sorteo cerrado. En unas horas publicaremos los nicks de los ganadores. Suerte a todos!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 19 Set 2019, 22:16
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais TRAIL SAN ANDRÉS TEIXIDO (13/10): ata 19/09

Sorteo 2 dorsais TRAIL SAN ANDRÉS TEIXIDO (13/10): ata 19/09

Resultado: Nes, Baralloco

¡Enhorabuena! Para que el premio se haga efectivo hay que enviar un correo a la siguiente dirección de email:

infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

NOMBRE:
APELLIDOS:
NIF/NIE/PASAPORTE:
SEXO:
F. NACIMIENTO:
LOCALIZACIÓN:
EMAIL:
TELÉFONO MÓVIL:
CLUB:

Es importante recordar que pasadas 48 horas de la publicación de este resultado, si no recibimos los datos, se perderá el derecho al dorsal y será repetido el sorteo entre los suplentes

Link al resultado: www.sortea2.com/versor...ata_241685

Nes

Foreiro Senior
Foreiro Senior
2/07/12
415 Carreiras
592 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Ven, 20 Set 2019, 7:57
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais TRAIL SAN ANDRÉS TEIXIDO (13/10): ata 19/09

Datos enviados y muchas gracias a todos por los sorteos, a los organizadores de las pruebas por facilitaros los dorsales y a vosotros por todo vuestro trabajo y gestión.
Baralloco

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/14
3 Carreiras
366 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 21 Set 2019, 14:42
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais TRAIL SAN ANDRÉS TEIXIDO (13/10): ata 19/09

Moitas grazas, acabo de enviar os datos. Tentarei liar a varios correlegas para que me acompañen a San Andrés.
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 23 Set 2019, 10:15
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais TRAIL SAN ANDRÉS TEIXIDO (13/10): PECHADO

Baralloco escribió:
Tentarei liar a varios correlegas para que me acompañen a San Andrés.

Convencer aos teus colegas para que tamén se inscriban no trail é a mellor maneira de agradecer ao organizador que regalase eses dorsais. Bravo!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos