Foros ›
Autor
Mensaxe
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Lun, 09 Set 2019, 18:58
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Cada vez que entro neste diario, non e o diario de Meiga, e o diario de ..."sen deixar de cumprir". Que gran frase esta da que me acordo os días de menos gañas. Falabas dos entreos en solitario, antes case do amencer......Son os que mais disfruto sen duda. Hoxalá un día coincidamos
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 11 Set 2019, 14:00
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

"Operación Berbés : días 17,18 e 19"

Os exercicios do luns foron a medias e antes de ir para cama a unha hora un tanto intempestiva (é o que ten iso de anotarse en cursos de formación "on line" e deixar todo para o final)
O martes ximnasio, outra vez con Pedro, o novo. No me acabo de adaptar ó seu estilo, pero haberá que darlle unha oportunidade. Todos fumos novos algunha vez nalgures.
Hoxe penúltima saída, de mañá cedo, con muñequeiras reflectantes... "Winter is coming", a modo, de lonxe, con Galicia aínda ardendo dos incendios, pero vai vindo inexorablemente.
Ritmo máis lento que o do domingo (5:44 min/ km ), pero tampouco é cousa de desfondarse 4 días antes da carreira
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 13 Set 2019, 20:47
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

"Operación Berbés: Os tres últimos días"
... Y ahora vas, y lo cascas... ó máis puro estilo Jose Mota. Tanto planificar, tanto intentar cumplir, chegando a conseguilo, polo menos nun 90%, e resulta que estes últimos días todo se tornou un caos. Deitarme tarde redactando textos urxentes e remexendo en carpetas de papeis. Erguerme cedo, pero non para entrenar, senón para gastar o meu tempo polos mostradores de Facenda, o Catastro, a oficina do IBI do Concello, o centro de atención de Naturgy, antes Gas natural, antes Fenosa... As varices a tope con esta vaga de calor, as pernas absolutamente agotadas. Por riba ocurríuseme calzar nunha desas comparecencias uns zapatos de verán que non se adaptaban ben ás plantillas e case me lesiono por iso .
Total que dos exercicios previstos para xoves só fixen os de reforzo de glúteo e abdominais, nin pesas nin estática.
E hoxe rematei por suspender a última saída antes da carreira: non fun quen de madrugar, e despois xa tocou sesión papeleos, e ó mediodía xa ía moita calor.
Non sei canto lograrei descansar e estirar mañá. Teño un panorama doméstico que non o vai permitir moito , pero sobreviviremos.
Agora mesmo marcho a darme masaxes de Voltarén e poñer as pernas en alto.
A estas alturas da "operación" xa non se pode facer máis.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 14 Set 2019, 8:47
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Se respira tu realidad con el último mensaje Meiga. Ánimo que sobrevivirás, quiero decir, sobreviviréis. Hay que seguir, hay que moverse, aunque sea de a pocos. El caso es no dejarlo del todo, siempre hay tiempo de recuperarse. Ya lo dice uno de los padres de la filosofía occidental:

www.youtube.com/watch?v=zhqzipudeL4

Conste que lo dice con el whisky puesto, probablemente.
Pollastre

Foreiro Senior
Foreiro Senior
10/01/14
16 Carreiras
508 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Sáb, 14 Set 2019, 11:17
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Eso está bien, Meiga, ya verás. A las piernas les has dado un descanso de correr, y con eso de los masajes recuperas y en el Berbés a tope, que ya sabes que es un recorrido muy propicio y agradecido.
Saludos
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 15 Set 2019, 20:09
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

"Crónicas da favela: 10K do Berbés"

O día comezou coma outras veces: Almorzo ás 7:30 da mañá para que dea tempo de facer a dixestión antes. Saída de casa ás 9:15. Carmafoto ás 9:30. Ambiente cálido: Polo calor humano de reencontrar á "familia nécora" despois deste particular verán, e polo sol que xa arreaba ben, nesta especie de agosto alongado que nos está tocando. Mal asunto, pois o meu elemento para correr é o frío.
Botei de menos no quentamento a algúns dos que eran habituais nesta carreira, como Andrés61 e Pollastre, pero non faltaban por alí foreiros coma Orión, que se achegou a saúdar.
Por fin a hora de saída. Atasco e paso lento ata deixar atrás o arco de cronometraxe. Despois de dous anos sen participar aquí, xa non lembraba todas as idas e voltas do percorrido. Tratei de non deixarme despitar polos ritmos doutras persoas, e medir ben as forzas para a segunda volta, porque a calor se me estaba a facer pesada, e ata pensei que me estaba facendo ver ilusións ópticas, como se fose no deserto: Nun deses tramos onde as persoas lentas aínda imos e as máis rápidas xa volven, vexo (sen gafas máis ben albisco) a Anpefi, que vai un bo treito diante de Sanmikel. Ou moi rápido ía un, ou moi lento o outro, ou as dúas cousas. En calquera caso moitas grazas ós dous polos ánimos, tanto na primeira volta coma na segunda.
Eu todo o tempo ó meu, no furgón de cola, pero aínda rebasando a algunha que outra persoa. Medindo forzas e contando as reservas de gominolas. Tomara dúas antes de saír, outra no km 4 máis ou menos, e quedaban outras 2 para tomar no km 6 e antes do rematar por se fallaba o depósito no tramo final.
No paso da 1ª volta o marcador do arco sinalaba 27 minutos máis ou menos. Non iamos mal , e a botella de auga do avituallamento resucitoume un pouco. Pero a chegar de novo á zona de sol entrei en crise: Quixen coller outra gominola para ir tirando e descubrin que tiña o peto limpo, non quedaba ningunha!!!. Seguro que caeran ó chan cando collin a do km 4 e nin me enterei. " Tanto calor, sen gasolina extra, bufff vou rematar arrastrada correndo a 8min/km... Ei, diso nada, control mental xa. E logo, non estou farta de correr sen almorzar cada mañá, e ademáis polas costas de Teis???. Veña Alicia, aquí toca aguantar ata o seguinte tramo de sombra. Pensamento zen, bota man de todos eses mantras que gardas na memoria"
Por outra banda os deuses do running apretan pero non afogan. Un rapaciño senior fou un anaco de tempo conmigo á par, achegouse animándome polo meu nome e dicindo que iamos ben:
- "Seguro que te coñezo de algo pero sin gafas no me dou conta"
- " Que va!. É que antes escoitei como te animaban berrando o teu nome"
- " Pois moitas grazas"
- " De nada. Tira, tira , que ti vas máis forte"

Díxome o seu nome , pero xa non me lembro. Polo menos que quede constancia aquí da axuda prestada.
E así, de zona en zona de sombra logrei ir sacando forzas, e ata diría que facendo mellor ritmo que na primeira parte.
No tramo final, diría que a menos de 100m de meta, chega Orión, adiántame, anímame, e fai o amago de esperar para tirar de min, pero eu dígolle que siga, que el vai moito mellor.
Cando entro en meta andan pola megafonía pedindo que poñamos cara de felicidade ó chegar , para que queden as fotos bonitas. Para min non foi un grande esforzo. Estaba contenta despois de todo . O cronómetro marcaba menos de 54 minutos, que era a idea que me fixera. O de volver a rematar unha de 10km en 51 ou 52 minutos aínda vai para longo.
Mentras recuperaba e collía un botellín a de auga en un plátano , volvín a estar con Oríon. Comentamos os resultados. A él saiulle un ritmo de 5:17, polo que eu calculo que debín andar a 5.18 ou 5.20, non ese ritmo de 5.25 que puxeron no tempo oficial.
Uns breves momentos para despedirme dalgúnhs compañeiros e compañeiras do club, tamén de Anpefi, e xa volta para casa.

Resultados
8 de 12 na miña categoría F3
47 de 82 na xeral feminina
Todo iso ven sendo 75 puntos para a saca do club (o cal está xenial) e escalar uns postos na clasificación feminina do circuito Runrun Vigo (pura anécdota, que, como xa comentei outras veces, non é representativo de nada).

Operación Berbés pechada sen déficit nen baixas de mención.
Moitas grazas a todas as persoas que pasastes por aquí a animar estes días, desde Coruña, Ferrol e arredores, Sparkland, a volta de Chapela, desde os montes de Cuntis e Caldas, e dalgún xeito tamén desde Copenhague en formato foto de whatsapp .

Mañá descanso atlético, e pola tarde sesión de fisio. Xa me está tardando...
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Dom, 15 Set 2019, 22:01
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Felicidades por la carrera y sobre todo por la perseverancia. Sé que ya está muy sobado decírtelo, pero eres un ejemplo para el resto. Guiño
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 16 Set 2019, 8:48
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Norabo Meiga. Tiempo muy decente, sí señora.
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 16 Set 2019, 15:54
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Grande Alicia. Desde Ferrol con Cariño y Admiración Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
4361 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 16 Set 2019, 17:34
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Buena carrera, y el tiempo no está tan lejos de tus mejores marcas, con un poco de continuidad estás ahí otra vez.

Muy interesante esa pelea mental, es la esencia de la carrera de fondo.
VICTORALVAREZ

Experto no foro
Experto no foro
13/10/10
196 Carreiras
5440 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 16 Set 2019, 19:05
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Enhorabuena Alicia!! Gran carrera Aplauso

Yo también voy fatal con el calor. Muchas veces mientras que me voy achicharrando esperando el siguiente tramo de sombra, me pongo a contar las rayas de las líneas discontinúas.

Cada uno con sus trucos para pasar esos pequeños baches psicológicos Mr. Green

A seguir así Guiño
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 16 Set 2019, 19:20
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: "Era visto"

Primeiro de nada, agradecer todos os vosos comentarios. Creo que me valorades máis que eu mesma .

Hoxe tocaba ir pola fisio . E xa sabía eu que as noticias non ían ser moi boas. Xa desde unha andaina nas vacacións, e o episodio dos zapatos de verán do xoves pasado, había algo incubándose no pe dereito. Onte puiden correr en quente, pero hoxe en frío, o diagnóstico foi claro e contundente: Inflamación do extensor longo do pulgar dereito, debido á contracción forzada e continuada cando a plantilla no se acopla ben ó zapato.

Dentro do malo, a parte positiva é que non estamos aínda diante dunha tendinitis, de momento só inflamación forte que hai que coidar xa. Hoxe usou agullas para aliviar a tensión , e correntes.
Agora en casa tocan días de descanso no que se refire a carreira. Os exercicios tipo sentadillas, abdominais , planchas, pesas, todo iso podo facelo, así que non vou anular a sesión de ximnasio.
Esta noite comezarei coas aplicacións de xeo.
E o luns que ven, volta a ver como vai todo.

Era visto, ou como dicía a miña avoa : Ben correr, mal alcanzar
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 24 Set 2019, 5:36
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: " Máis do mesmo "

Rematada a primeira semana de parón forzoso, tocaba volver pola fisio. O extensor longo do pulgar dereito segue aínda tocado. Máis sesión de agullas e correntes. Outra vez a restrinxir os tipos de exercicio no ximnasio e a estar sen correr outra semana máis. Polo visto, abdominais podo facer os que queira, pero non é algo que me inspire neste momento.
Imprescindible mercar xa unha zapatillas novas ben adaptadas ás plantillas, mentras non as teña non me dan permiso para volver a correr... desta semana non pasa


Última edición por Meigalicix o Mar, 24 Set 2019, 21:30; editado 1 vez
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Mar, 24 Set 2019, 12:49
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Vexote correndo con chanclas, en plan taraHumara Alicia... Angel Angel Angel
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 24 Set 2019, 21:41
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

cK13 escribió:
Vexote correndo con chanclas, en plan taraHumara Alicia... Angel Angel Angel

Quen me dera a min poder correr en plan tarahumara, coas chanclas e ó ritmo que se meten entre peito e lombo. Se cadra o das saias con volantes xa non o levaría tan ben, demasiada tela ó redor do corpo, e eu son moi minimalista.

A falta de superpoderes indíxenas, hoxe tiven que conformarme coa sesión de ximnasio a base de sentadillas , planchas e abdominais. Polo menos gastar algo de calorías en non ganar peso.

Deberes para mañá: Exercicios de reforzo de glúteos, pesas e abdominais, e pasar pola tenda a mercar as zapatillas





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos