Foros ›
X ANIVERSARIO CARREIRA PINGA PINGA: Gracias por vir!!!
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
245 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 28 Ago 2019, 21:51
Asunto: X ANIVERSARIO CARREIRA PINGA PINGA: Gracias por vir!!!

X PINGA-PINGA (12 OUTUBRO 2019): Proba do calendario oficial da Federación Galega Atletismo (distancia non homologada) Co obxectivo de dinamizar o deporte na zona do Morrazo, máis en concreto no Concello de Marín, e dar a coñecer a parroquia de San Tomé de Piñeiro, o Club Deportivo Pinarium convoca a 10ª edición da Carreira Pinga-Pinga que terá saída e chegada na Parroquia de San Tomé de Piñeiro.

REGULAMENTO 1.- XERAL: Participación: Poderán participar atletas federados e non federados.

NORMATIVA: I) A saída darase no campo de fútbol de Santomé "Chan de Piñeiro", ao igual ca chegada.

II) Os participantes deberán colocarse na liña de saída cando estableza a organización e os xuíces da competición.

III) A Organización contará coa axuda dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico ao longo de todo o percorrido. É unha obriga obedecer ás indicacións de ditos organismos.

IV) Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe ofrecido pola organización.

V) A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasione a participación nesta carreira.

VI) A participación de atletas estranxeiros e de outras federacións autonómicas rexerase de acordo co disposto no artigo 3.4. do "Regulamento para las competicións de la temporada de campo a través, marcha, carreras en carretera, y reuniones de pista cubierta y aire libre” da tempada 2018-2019. Máis información de esta norma no ligazón:

www.rfea.es/normas/pdf...Competicio nes.pdf

VII) Reclamacións: deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non más tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.

VIII) Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da carreira, recibir axuda externa ou de motor para completar o percorrido, non levar o dorsal visible para os xuíces ou manipular este, falsificar datos persoais.
IX) Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores. Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13 - 15008 A Coruña. ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de saída/meta desde media hora antes do comezo das probas e ata media hora despois da finalización. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma. SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.

2.- HORARIOS E LUGARES. Data: sábado, 12 de outubro de 2019 Lugar: Campo de fútbol San Tomé de Piñeiro (Marín)

IV ANDAINA (DESDE A IDADE DE 5 ANOS, percorrido DE 5,5Km) ANTES DA CARREIRA DE MAIORES: HORA DA ANDAINA AS 10:30H.
CATEGORÍAS

CATEGORÍAS DE MENORES: BENXAMÍNS (SUB 10): Hora: 12:40 Benxamíns = 2010/2011 Percorrido: 500 mts aprox.

ALEVÍNS (SUB 12): Hora: 12:30 Idade: Alevíns =2008/2009 Percorrido: 750 mts aprox.

INFANTIS – CADETES (SUB 14 - 16): Hora: 12:10 (despois da carreira adultos) Idade: Nacidos de 2004 a 2007 Percorrido: 2.000 m – unha volta pequena de circuíto.

PITUFOS E CHUPETES Idade: Pitufos: nados no 2012-2013-2014 Chupetes: nados no 2015 e posteriores Percorrido Pitufos: 250mts aprox (12:50). Chupetes: 100mts aprox (13:00)

MAIORES (CATEGORÍA ADULTOS): Hora: 11:00h. Percorrido: 7.500m – tres voltas. Engloba Sub 18, 20 e 23: De 1997 a 2003 Sénior: 1996 e anteriores (ata veteranos) Master A: De 35 a 44 anos Master B: De 45 a 54 anos Master C: De 55 en adiante

NOVIDADE: OPCIÓN CARREIRA POR RELEVOS MASC. E RELEVOS FEM. (3 RELEVISTAS) MESMO HORARIO QUE A PROBA ADULTOS (ESTA PROBA É PARA NACIDOS EN 2003 E ANTERIORES) Os equipos de relevos deben levar a camiseta da mesma cor os 3 integrantes. Cada relevista dará unha volta do percorrido. Terá que dar o testigo ao seu compañeiro que esperará na zona habilitada (no campo de futbol) Nesta proba por relevos haberá 2 categorías: MASCULINA E FEMENINA. Haberá premio para o primeiro equipo de cada categoría de relevos. Imprescindible entregar o testigo na zona habilitada e chegar a meta con el. O primeiro relevista tomará a saída coa carreira de Adultos no campo de fútbol e dará unha volta ao circuíto. Os 3 relevistas farán o mesmo percorrido.
3.- INSCRICIÓNS: ANDAINA: Gratuíta para todas as idades. CHUPETES, PITUFOS E MENORES: Gratuíta. Recomendase tamén na web www.carreirasgalegas.com MAIORES: www.carreirasgalegas.com se encargará das inscricións, dorsais-chips e resultados da (Categoría Adultos). AS INSCRIPCIÓNS ATA 9 OUTUBRO. A inscrición individual dos adultos serán 5€ (1 € de cada inscrición individual será A FAVOR DA AECC- Asociación Española contra o Cancro) -A inscrición dos equipos de relevos será de 12 €( 2 € de cada equipo serán para AECC). Un integrante do equipo de relevistas será o que realice a inscrición. RETIRADA DE DORSAIS: Na secretaria da carreira, a partir das 09:30h na carpa da "Festa da Sidra" á beira do campo de fútbol.

4.- PERCORRIDO: PERCORRIDO MENORES: Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de Pinga-Pinga – Cruceiro – Baixada cara o Campo de Fútbol de San Tomé.(1 Volta pequena) PERCORRIDO MAIORES: Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de Pinga-Pinga – Bar Stop – Igrexario – Bar o Tobo – Campo de Fútbol de San Tomé.(3 Voltas).

5.- PREMIOS: ENTREGA PREMIOS. CHUPETES: Medallas para todos os participantes. MENORES: Os 3 primeiros clasificados de cada categoría recibirán un trofeo. MAIORES: Trofeo aos tres primeiros clasificados MASCULINO E FEMENINO das cinco categorías establecidas, exceptuando os 3 primeiros da categoría absoluta. Estes levan o premio da Absoluta.

-Trofeo para o primeiro e primeira atleta de Marín. -Premio para o primeiro equipo de relevos masculino: invitación comida/cea para os 3 integrantes en rest. Da parroquia, e agasallo. -Premio para o primeiro equipo de relevos femenino: invitación comida/cea para os 3 integrantes en rest. Da parroquia, e agasallo.

Na carreira absoluta, recibirán os seguintes premios: ABSOLUTA MASCULINO 1º - 200 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada) 2º - 100 € e Trofeo 3º - 50 € e Trofeo

ABSOLUTA FEMENINO 1ª - 200 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada) 2ª- 100 € e Trofeo 3ª- 50 € e Trofeo
Os premios se ingresarán por transferencia do clube organizador no prazo de 7 días.

OS ATLETAS QUE OBTEÑAN ALGÚN PREMIO DEBERÁN ACREDITARSE CO D.N.I. OU O PASAPORTE.

Organiza: CLUB DEPORTIVO PINARIUM E O CONCELLO DE MARÍN, en colaboración coa Comunidade de Montes de Santo Tomé de Piñeiro e coa Asociación de Os amigos da Mazá e da Sidra de San Tomé.


Última edición por PINGA-PINGA o Mar, 15 Out 2019, 23:22; editado 4 veces
gertiz

Maratoniano
Maratoniano
15/08/11
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 29 Ago 2019, 7:18
Asunto: Re: X CARREIRA PINGA PINGA: 12 OUTUBRO- SABADO FESTIVO

Alí estaremos. Encántame a aportación dedicada inscripción para AECC.
Non aparece onde inscribirse, ou vin eu mal? Silbar
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
245 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 29 Ago 2019, 9:37
Asunto: Re: X CARREIRA PINGA PINGA: 12 OUTUBRO- SABADO FESTIVO

Gracias. A aportación habitual das últimas edicións coa Aecc. Ainda non se abriron inscricións. A primeros de setembro se abrirán. Un saúdo
gertiz

Maratoniano
Maratoniano
15/08/11
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 29 Ago 2019, 12:53
Asunto: Re: X CARREIRA PINGA PINGA: 12 OUTUBRO- SABADO FESTIVO

Seino. Por eso digo que me encanta!!
Agardaremos pois a apertura.
Apertas!
B1cho

Novo foreiro
Novo foreiro
16/05/19
10 Carreiras
35 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 30 Ago 2019, 13:32
Asunto: Re: X CARREIRA PINGA PINGA: 12 OUTUBRO- SABADO FESTIVO

Imos alo!
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Xov, 12 Set 2019, 9:36
Asunto: Re: X CARREIRA PINGA PINGA: 12 OUTUBRO- SABADO FESTIVO

Ya aparece en la plataforma de Carreiras Galegas, seguro que en nada ya abren inscripciones

carreirasgalegas.com/c...f03769621a

***Edito***

Ya están abiertas

xenosilve

Maratoniano
Maratoniano
6/08/10
315 Carreiras
489 Mensaxes
San Xulián-Marín
Respostar citando Envío Ven, 13 Set 2019, 21:50
Asunto: Re: X CARREIRA RETO PINGA PINGA: 12 OUTUBRO- QUEDA 1 MES!!!

Ahí estaremos un año más. A por la 10ª edición. y por muchas más!!!
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
245 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 18 Set 2019, 6:38
Asunto: Re: X ANIVERSARIO CARREIRA RETO PINGA PINGA: 12 OUTUBRO

XA TEMOS HOMENAXEADA PARA O "X ANIVERSARIO DA Carreira Pinga Pinga"
**TAMARA ECHEGOYEN**
- CAMPIONA OLÍMPICA LONDRES 2012.
- 5 VECES CAMPIONA DO MUNDO.
- 4 VECES CAMPIONA DE EUROPA
- ÚNICA MULLER ESPAÑOLA EN DISPUTAR UNHA DAS PROBAS MÁIS IMPORTANTES E DURAS DO MUNDO DA VELA "A VOLVO OCEAN RACE"
- DIPLOMA OLÍMPICO RÍO 2016.
- ...

TAMARA, é nada en Ourense, pero virá dende Santander (lugar onde entrena) a SANTOMÉ (MARÍN) para estar con nós e con tod@s @s nen@s o 12 de OUTUBRO, e así contarnos a súa historia, unha historia de superación e sacrificio.
Nos vemos en Santomé!!!
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
245 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 24 Set 2019, 21:42
Asunto: Re: X ANIVERSARIO CARREIRA RETO PINGA PINGA: 12 OUTUBRO

Enlace a todas las inscripciones de nuestro X ANIVERSARIO Reto Carreira Pinga Pinga:
www.carreirasgalegas.c...2-8de6-…
OJO!!! Todas las inscripciones por web: Elige tu opción de inscripción: Carrera de Menores (gratuita), Carrera Adultos, Carrera por equipos de relevos, Andaina.
Como en ediciones anteriores, parte de vuestra inscripción a favor de la Asociación Española contra el Cancer.
En la web también hay "dorsal 0" para donaciones a favor de AECC, si tu inscripción es gratuita. También habrá Stand para donaciones el propio día de la carrera.
Novedades de la Carreira Pinga Pinga en próximos días!!!
El 12 de Octubre tenemos cita en Santomé de Piñeiro- Marín!!!
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
245 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 06 Out 2019, 18:07
Asunto: Re: X ANIVERSARIO CARREIRA RETO PINGA PINGA: 12 OUTUBRO

** PREMIO X ANIVERSARIO CARREIRA PINGA PINGA **
Este ano queremos agradecer a "TODOS OS PARTICIPANTES" que rematen os 7,5 kms da Carreira Pinga Pinga absoluta cunha medalla edición limitada que conmemora 10 anos de historia, 10 anos de traballo, 10 anos de fidelidade, 10 anos de felicidade, 10 anos de deporte, 10 anos de visibilidade dun pobo que amamos (Santomé-Marín)...
Quedan só 3 días para o peche das inscripcións en www.carreirasgalegas.com , polo que, non vos durmades.
Estamos ansiosos de porvos a medalla. Vémonos en Santomé o sábado 12 de Outubro a partir das 10.30 da mañá Bailar Bailar Aplauso
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
245 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 08 Out 2019, 6:54
Asunto: Re: X ANIVERSARIO CARREIRA PINGA PINGA: 12 OCT-Ultimos días insc

Ola correlegas!!! Coñecedes ou sabedes de algún corredor que correra todas as edicións da nosa carreira Pinga Pinga?? Este ano sería a 10ª edición. Nos gustaría saber si hai algún que correra todas e nos non o saibamos. Gracias pola vosa axuda!!!
xenosilve

Maratoniano
Maratoniano
6/08/10
315 Carreiras
489 Mensaxes
San Xulián-Marín
Respostar citando Envío Mar, 08 Out 2019, 22:25
Asunto: Re: X ANIVERSARIO CARREIRA RETO PINGA PINGA: 12 OUTUBRO

Merecida homenaxe a Tamara. Todo un exemplo de muller deportista. Unha auténtica campioa!!! Aplauso Aplauso
PINGA-PINGA escribió:
XA TEMOS HOMENAXEADA PARA O "X ANIVERSARIO DA Carreira Pinga Pinga"
**TAMARA ECHEGOYEN**
- CAMPIONA OLÍMPICA LONDRES 2012.
- 5 VECES CAMPIONA DO MUNDO.
- 4 VECES CAMPIONA DE EUROPA
- ÚNICA MULLER ESPAÑOLA EN DISPUTAR UNHA DAS PROBAS MÁIS IMPORTANTES E DURAS DO MUNDO DA VELA "A VOLVO OCEAN RACE"
- DIPLOMA OLÍMPICO RÍO 2016.
- ...

TAMARA, é nada en Ourense, pero virá dende Santander (lugar onde entrena) a SANTOMÉ (MARÍN) para estar con nós e con tod@s @s nen@s o 12 de OUTUBRO, e así contarnos a súa historia, unha historia de superación e sacrificio.
Nos vemos en Santomé!!!

lampreaman

Novo foreiro
Novo foreiro
27/05/13
30 Carreiras
45 Mensaxes
Amorín. Tominho
Respostar citando Envío Xov, 10 Out 2019, 9:36
Asunto: Re: X ANIVERSARIO CARREIRA PINGA PINGA: 12 OCT-Ultimos días insc

PINGA-PINGA escribió:
Ola correlegas!!! Coñecedes ou sabedes de algún corredor que correra todas as edicións da nosa carreira Pinga Pinga?? Este ano sería a 10ª edición. Nos gustaría saber si hai algún que correra todas e nos non o saibamos. Gracias pola vosa axuda!!!

Si eu coñezo.
EstevezMan de Marín





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos