Foros ›
IV Circuito de Carreiras Arousa Norte. A Pobra-25/08
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
CCArousaNorte

Novo foreiro
Novo foreiro
11/06/18
8 Carreiras
9 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 16 Ago 2019, 23:49
Asunto: IV Circuito de Carreiras Arousa Norte. A Pobra-25/08

O IV Circuito de Carreiras Populares Arousa Norte “4 carreiras...1 meta” é
un programa de carreiras a pé que dará comenzo o vindeiro domingo 25 de agosto no Concello da Pobra do Caramiñal.

O Circuito contará co control técnico da Federación Galega de Atletismo e
estará organizado conxuntamente polos concellos que forman parte da
Mancomunidade Arousa Norte:
 A Pobra do Caramiñal
 Riveira
 Rianxo
 Boiro
No mesmo poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, sexan
ou non federados/as no deporte do atletismo.

As modalidades de inscrición no circuito serán 2:
1. Participantes individuais nas probas do circuito: serán aqueles deportistas (adultos ou menores de idade) que se inscriben nunha ou en varias das probas das que se compón o circuito, pero que non participan na competición do circuíto. Deberán facer a inscrición en cada unha das probas INDEPENDIENTEMENTE nas que desexen participar.

2. Participantes no circuito: serán aqueles deportistas (adultos ou menores de idade) que se inscriban na modalidade de circuito co obxectivo de completar a participación no mesmo. Os mesmos entrarán na clasificación particular de cada unha das probas do circuito nas que participen, e tamén puntuarán na clasificación xeral do circuito coma todos/as os que o fagan do mesmo xeito. O prazo para inscribirse nesta modalidade finalizará ao remate do prazo de inscrición da segunda proba, xa que para tomar parte nesta clasificación deberán participar e rematar alo menos 3 das 4 probas do circuito. Deberán correr obrigatoriamente co chip e dorsal facilitado pola organización.

Tmén se poderá computar por clubes, equipos popular ou asociacións. Consultar informción no ligazón: Frecha eventos.emesports.es/i...hp?id=9862

O circuito terá as seguintes datas:

CALENDARIO DE PROBAS DO CIRCUITO

DATA PROBA

25 de agosto CCArousa Norte A Pobra do Caramiñal
28 de setembro CCArousa Norte Riveira - Santa Uxía
1 de novembro CCArousa Norte Rianxo
1 de decembro CCArousa Norte Boiro

PREZOS DA INSCRICION

ESCOLARES (de sub 10 a sub 16) GRATUITA
ADULTOS (de sub 18 a máster):
-> Xeral nas 4 probas do circuíto 20 €
-> Inscrición individual por proba fora do circuito: 6 €
papero

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
10/09/12
0 Carreiras
1447 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 20 Ago 2019, 19:57
Asunto: Re: IV Circuito de Carreiras Arousa Norte. A Pobra-25/08

Como es el recorrido de la carrera de A Pobra?
CCArousaNorte

Novo foreiro
Novo foreiro
11/06/18
8 Carreiras
9 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 21 Ago 2019, 15:13
Asunto: Re: IV Circuito de Carreiras Arousa Norte. A Pobra-25/08

Hola Papero.

Deixamosvos aquí o wikilock co novo percorrido. Faltalle un tramo de cola de saída para completara a distancia. Como podedes ver, carreira completamente chá:

es.wikiloc.com/rutas-c...o-38763399

Lembrade que mañán remata o prazo para inscribirvos tanto no circuito como na proba de vindeiro domingo. Non o deixedes para o final !!:

* Inscrición circuito Frecha eventos.emesports.es/i...s/&lang=es

* Inscrición só na Carreira da Pobra Frecha eventos.emesports.es/i...ion_datos/

Saúdos e grazas!!.
xavibass

Novo foreiro
Novo foreiro
27/01/19
0 Carreiras
40 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 23 Ago 2019, 21:40
Asunto: Re: IV Circuito de Carreiras Arousa Norte. A Pobra-25/08

¿O dorsal solo se pode recoller o día da carreira ?
Estou anotado no circuito.
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Sáb, 24 Ago 2019, 4:38
Asunto: Re: IV Circuito de Carreiras Arousa Norte. A Pobra-25/08

normalmente con este organizador se non vas a primeira carreira podes recoller o dorsal na seguinte na carpa que teñen alí na saída.


Polo menos no "circuito trail" que fan en primavera así se facía. Non creo que teñas problemas.

-- Chámame "ghose"
xavibass

Novo foreiro
Novo foreiro
27/01/19
0 Carreiras
40 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 24 Ago 2019, 10:55
Asunto: Re: IV Circuito de Carreiras Arousa Norte. A Pobra-25/08

XoseM escribió:
normalmente con este organizador se non vas a primeira carreira podes recoller o dorsal na seguinte na carpa que teñen alí na saída.


Polo menos no "circuito trail" que fan en primavera así se facía. Non creo que teñas problemas.

Graciñas.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos