Foros ›
Sorteo 2 dorsais MM Porto (22/09): PECHADO
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 18 Ago 2019, 23:15
Asunto: Sorteo 2 dorsais MM Porto (22/09): PECHADO

13ª Meia Maratona do Porto
Domingo 22 de setembro de 2019


Que se sortea?
2 dorsais


Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar: Porto, domingo 22 de setembro de 2019.
Web da carreira: www.meiamaratonadoporto.com/
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/...
Enlace ao foro:

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o 19/08/2019 ao 22/08/2019, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 22/08/2019. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo. Por favor, incluide a frase: quero participar no sorteo
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 19/08/2019 ao 22/08/2019). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Xov, 22 Ago 2019, 22:11; editado 2 veces
roberto

Maratoniano
Maratoniano
12/12/07
200 Carreiras
292 Mensaxes
xinzo de limia
Respostar citando Envío Lun, 19 Ago 2019, 12:40
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais MM Porto (22/09): ata 22/08

Hola.
Quero participar no sorteo.
Participei alguna vez no Maratón do Porto pero nunca na media. Así que gustaríme debutar.
Saudos.
carbaslot

Maratoniano
Maratoniano
19/01/09
0 Carreiras
272 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 19 Ago 2019, 14:58
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais MM Porto (22/09): ata 22/08

Me gustaria participar en esta media, despues de haber hecho varias veces en Portugal la Manuela Machado.
Lecop

Montañés
Montañés
12/02/11
10 Carreiras
713 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 19 Ago 2019, 15:46
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais MM Porto (22/09): ata 22/08

Hola.
Quero participar no sorteo.
Nunca participei en ningunha proba internacional,e menos ,nesta do Porto . Así que gustaríame probar a correr polas suas ruas
Sau2
srocha

Novo foreiro
Novo foreiro
7/05/15
0 Carreiras
18 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 19 Ago 2019, 15:53
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais MM Porto (22/09): ata 22/08

Quero participar no sorteo dun dos dorsais. Todos os anos fago unha media internacional e este ano, por lesión, non puden facer ningunha. Esta sería a escusa perfecta para facela. Sorte a todos!


Última edición por srocha o Lun, 19 Ago 2019, 19:09; editado 1 vez
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 19 Ago 2019, 18:50
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais MM Porto (22/09): ata 22/08

Quero participar no sorteo.

Eu só corrín esta media nunha ocasión no 2008 na sua segunda edición, sempre dixen que había de volver a correla, pero os anos van pasando, e por unha cousa ou outra non voltei, así que se me toca non haberá excusa para pasar o finde en Porto, xa que a diferencia das outras medias que organiza runporto, nesta non entregan os Dorsais o mesmo día.
Estiven vendo en youtube varios videos da edición pasada. e o percorrido segue sendo o mesmo, moi chanciño pola beira do Douro e cruzando a ponte cara Vila Nova de Gaia.
Ainda que non me toque, sempre e cando lie a familia teño pensado correla.
Davidi

Maratoniano
Maratoniano
2/08/10
90 Carreiras
678 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 19 Ago 2019, 19:37
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais MM Porto (22/09): ata 22/08

Me gustaria participar en el sorteo. Me pilla de vacaciones en Portugal y me viene perfecto. No he ido nunca a esta Media pero ir a una internacional es un buen aliciente
diegopadrons

Novo foreiro
Novo foreiro
23/07/13
3 Carreiras
28 Mensaxes
Ponteareas
Respostar citando Envío Mar, 20 Ago 2019, 7:09
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais MM Porto (22/09): ata 22/08

Quero participar nesta carreira lusa. En Portugal sempre fun ben recibido, e quero facer a miña segunda media maraton no país veciño. (Xa fixen a de Caminha fai uns anos). Gracias
Quique78

Novo foreiro
Novo foreiro
13/08/17
60 Carreiras
44 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Mér, 21 Ago 2019, 12:22
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais MM Porto (22/09): ata 22/08

Me gustaría participar en el sorteo del dorsal para la MM de Porto.
Estoy retomando la "competición" y Es una buena piedra de toque
El recorrido es muy bonito y estaría bien participar Sería la primera vez.
Gracias.
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4686 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Mér, 21 Ago 2019, 20:44
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais MM Porto (22/09): ata 22/08

Quiero participar en el sorteo de un dorsal para esta MM,ya la corrí hace 3 años,y me valdrá como tirada para el maratón.
jjtajes

Novo foreiro
Novo foreiro
25/10/12
123 Carreiras
45 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 22 Ago 2019, 7:58
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais MM Porto (22/09): ata 22/08

Ola, quero participar no sorteo.
Nunca corrín en Portugal e esta é unha boa ocasión para facelo, unha media que parece bastante llaniña e con moi bo ambiente polo que contan.
karris

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
16/10/12
16 Carreiras
349 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 22 Ago 2019, 8:12
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais MM Porto (22/09): ata 22/08

Bos días,
Quero participar no sorteo.
Nunca participei nesta MM, pero sei da bonita experiencia de correr polas docas de Porto, na maratona. E sempre é unha boa oportunidade para ir a desfrutar desta cidade reinventada.
Sorte a todos!
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Xov, 22 Ago 2019, 14:36
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais MM Porto (22/09): ata 22/08

Quiero participar en el sorteo de los dorsales para la Meia Maratona do Porto.

Este año me he decidido a hacer la maratona do Porto en noviembre, así que me vendrá muy bien conocer de antemano parte del recorrido haciendo esta MM.

Suerte a todos!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 22 Ago 2019, 22:00
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais MM Porto (22/09): ata 22/08

Sorteo cerrado, gracias por participar. Comunicaremos los nicks de los ganadores a lo largo del viernes 23 de agosto.

Suerte a todos!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 23 Ago 2019, 7:44
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais MM Porto (22/09): PECHADO

Sorteo 2 dorsais MM Porto (22/09): ata 22/08

Resultado: Jjtajes, Lihto

¡Enhorabuena! Para que el premio se haga efectivo hay que enviar un correo a la siguiente dirección de email:

infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

- Nome:
- Apelido:
- Data de nascimento:
- Sexo:
- DNI:
- Morada:
- Talla de camiseta:
- Nick personalizado para o dorsal:
- Email:
- Telefone:
- Clube:
- Federado:
- Nº de federado:
- País de Origem: Espanha
- Grupo de partida*:
* Especificar: A (menos de 1h30’), B (entre 1h30’ y 1h50’) o C (más de 1h50’)

Es importante recordar que pasadas 48 horas de la publicación de este resultado, si no recibimos los datos, se perderá el derecho al dorsal y será repetido el sorteo entre los suplentes

Link al resultado: www.sortea2.com/versor...ata_240589



Queda fuera del sorteo diegopadrons por no estar inscrito en el circuito y carbaslot por no indicar su deseo de participar en el sorteo





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos