Foros ›
III TRAIL DAS BESTAS [03/11/19]
Forum Index / Carreiras de Montaña
Reply to topic

Author
Message
AJACAST

Montañés
Montañés
19/05/16
0 Carreiras
548 Posts

Reply with quote Post Fri, 02 Aug 2019, 13:35
Post subject: III TRAIL DAS BESTAS [03/11/19]

A terceira edición do Trail Das Bestas celebrarase o 3 de Novembro do 2019.
O percorrido será circular con saida e meta na Area recreativa A Veiga para a
Andaina, 14k e Maratón. Os corredores que participan na distancia 27k
terán que presentarse na Veiga, onde un autobús os recollerá e levará á
saída, en Os Coruxos.
Organiza MarMarOutdoor Bailar
Inscripcións xa abertas en: inscripciones.galitimi...5&iframe=0
JuanBellas

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
21/08/18
20 Carreiras
185 Posts
Cedeira
Reply with quote Post Tue, 06 Aug 2019, 21:59
Post subject: Re: III TRAIL DAS BESTAS [03/11/19]

Grazas pola info.
Conto con asistir, nun mes no que teño ese Trail ao principio, o de Caaveiro ao final, e entre medias a carreira por asfalto Contra o Cancro en Ferrol, para continuar xa coa media maratón Adolfo Ros de decembro....
PABLOCHAO

Novo foreiro
Novo foreiro
6/05/16
3 Carreiras
22 Posts
MURAS
Reply with quote Post Wed, 07 Aug 2019, 10:35
Post subject: Re: III TRAIL DAS BESTAS [03/11/19]

Xa sei que non son "imparcial", pero si mo permitides,...

...recomendo que se tedes a mínima opción de meter no voso calendario este Trail o fagades e, principalmente, a distancia de 27 km. (Ollo,... que eu fago a maratón,... pero porque é o mesmo, só que con mais kms. aínda,... jajajaj).

Fijo que non vai ser a carreira máis dura do mundo, nin de Galicia, nin nada polo estilo (aínda que coma todo o que se fai no Xistral, esto estará determinado polo clima, xa que vos adentrades no "Reino da néboa"), pero SÍ que vai ser un trail BONITO de verdad.

- O asfalto, nin o ides cheirar. Prácticamente os metros que teñades xa rematando para chegar a Muras.
- Carreira "free eucaliptos". Vamos, que nin o primeiro. Teredes fragas de montaña onde veredes as do curso alto do Eume e pasaredes ao ladiño do seu nacemento (tamén do río Landro), teredes pinares "casi-centenarios", moitas queirogas (algún toxo e algunha silva tamén), pradarías en zona de humidal e turbera, etc.
- Teredes moitos camiños, sendas, poucas pistas, case nada de asfalto,... e algún que outro traxecto por monte aberto, seguindo as "rodeiras" que van deixando os animais.
- Subiredes un par de veces por riba dos 1.000 metros de altitude (que para unha serra do norte de Galicia, pois non está nada mal),... e se o tempo o permite veredes a vosa dereita e a vosa esquerda, o Xistral e o Cadramón.
- Aviso,... aínda que tan só cruzaredes 3 regatos pequenos,... o normal é que teñades un terreno moi húmido, con gran cantidade de auga.
- Teredes mais de 10 kms seguidos sen atisbar nin unha casa,... nin rastro dela.
- Teredes un terreno de gran beleza paisaxística sen grandísimos desniveis, nin de subida nin de baixada, e con poucas zonas técnicas,... pero no que sorprendentemente se fai difícil avanzar con velocidade.
- Estaredes no corazón dunha zona de gran valor ecolóxico, incluído dentro da Rede Natura 2000 como espazo de especial protección dos valores naturais e Lugar de Importancia Comunitaria.
- Algo que agradecemos todos os que corremos polo monte, que é unha marcaxe, polo menos ata o de agora, de 10 sobre 10.

...e ademais teredes o mesmo que esta proba vos ofrece para tódalas distancias: seguro de accidentes, abastecementos, agasallo da proba, reportaxe fotográfico, ludoteca para nenos, duchas (con auga quente para todos), o caldo, a cervexa, a larpeira,... e os callos se "dios" quereee!!!
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
455 Carreiras
3854 Posts
K-pax
Reply with quote Post Wed, 07 Aug 2019, 11:09
Post subject: Re: III TRAIL DAS BESTAS [03/11/19]

La verdad es que lo has vendido de lujo,entre tu opinión y otras que tengo me lo voy a pensar seriamente.
JuanBellas

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
21/08/18
20 Carreiras
185 Posts
Cedeira
Reply with quote Post Wed, 07 Aug 2019, 14:13
Post subject: Re: III TRAIL DAS BESTAS [03/11/19]

Grazas Pablochao pola información.

Eu, se vou, seguramente sexa á distancia curta. Os 27 km, de momento, fánseme moi longos.

Saúdos.
PABLOCHAO

Novo foreiro
Novo foreiro
6/05/16
3 Carreiras
22 Posts
MURAS
Reply with quote Post Wed, 07 Aug 2019, 16:11
Post subject: Re: III TRAIL DAS BESTAS [03/11/19]

Hola Juan,... efectivamente, se non tes un ¨pouquiño" de experiencia en trail, seguramente será mellor que á de 27 non te apuntes. Estamos falando de que a xente mais rápida e experimentada se pode ir cerca das 3 horas,... e o resto xa te farás unha idea.

A de 14 km de feito está pensada para xente que, ou ben lle gustan os sprint-trail ou xente que se está iniciando.

É unha carreira con pouca dificultade técnica, pois case todos os tramos son por camiños de carros entre antigas aldeas, con bastante bo firme, algo de sendeiro, "prado a través", un cruce de rio por unha ponte moi "interesante", e aproximadamente un 2kms de enlaces de pista de asfalto (incluido a saída e a chegada). Pero non obstante, tampouco é regalada, xa que (tendo como referencia a do ano pasado) conta cun desnivel positivo de entorno aos 600 metros, e 3 subidas potentes, unha delas de 2 kms, que se agarra bastante.

Se o piso está mollado, que é bastante habitual,... a min pareceme moito máis divertido, porque haberá zonas bastante enlamadas.

O entorno tamén é moi bonito, xa que é 100% rondado o río Eume e as fragas de Muras, dende onde se sae e ata onde se chega (recorrido circular).

Neste caso estamos falando dunha carreira de pouco mais de 1 hora para a xente rápida e potente, e algo mais de 1 hora 30 min. para a zona media do pelotón.

Se tedes calquera duda, aclaración ou por menor da proba en calquera das súas distancias,... sempre que non sexa a nivel organizativo, claro está, podedes preguntarma sen ningún problema, xa que de vez en cando paso por este foro e estarei encantado de axudarvos no que poda.

Deixovos de tódolos xeitos os vídeos a modo de reportaxe que se grabaron nas edicións anteriores, e que reflexan bastante ben o tipo de carreira e o entorno que vos ides atopar.

Edición 2017

www.youtube.com/watch?v=SzsLiK6--AE

Edición 2018

www.youtube.com/watch?v=kz1e_C8uAeI

Un saúdo e ata pronto.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
468 Posts
Muras
Reply with quote Post Wed, 07 Aug 2019, 22:04
Post subject: Re: III TRAIL DAS BESTAS [03/11/19]

Eu tampouco son imparcial jejeje. E recomendolle a todo o mundo que non dubide nen por un momento en anotarse. Seguro que se sorprenderán de coñecer este entorno incomparable que temos no noso pobo.
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
84 Carreiras
943 Posts
Valdoviño
Reply with quote Post Fri, 09 Aug 2019, 10:04
Post subject: Re: III TRAIL DAS BESTAS [03/11/19]

El año pasado me estrené en los trails con la versión de 27 km y fue la prueba que más disfruté de toda la temporada. La belleza del entorno es realmente impresionante.

Tengo ganas de ver como será el recorrido nuevo.

Repetiré sin dudarlo. Eso sí, me tocará entrenar un poco más en serio estos meses para luego no estar 4 días con agujetas. Mr. Green Mr. Green
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2076 Posts
Galiza
Reply with quote Post Sat, 10 Aug 2019, 5:32
Post subject: Re: III TRAIL DAS BESTAS [03/11/19]

...haberá que facer números e buscar o xeito de ir Bailar

Coida a CorrerEnGalicia -- Blog -- Chámame "ghose"
kinholas

Novo foreiro
Novo foreiro
6/01/14
200 Carreiras
12 Posts

Reply with quote Post Tue, 20 Aug 2019, 18:12
Post subject: Re: III TRAIL DAS BESTAS [03/11/19]

PABLOCHAO non pode ser parcial, porque a saída da proba de 27 kms. e un dos puntos por onde pasa a maratón está ao pé da súa casa. Pero para a organzación é un luxo ter a un nativo da zona como conselleiro e recomendador Very Happy . Boa parte do percorrido desta Maratón e 27k é súa. O Xistral para aqueles que non coñecedes é unha zona incrible, e totalmente diferente a todo o que hai en Galicia. Se temos bo día as vistas son moi difíciles de superar e o entorno totalmente aillado da "civilización", fan deste terreo de xogo un marco incomparable para entrar en total conexión coa natureza. Na miña opinión, agora xa direi que isto va para gustos, o Xistral é a zona que a min máis me gusta para practicar a este deporte, xa que podes encontrar casi de todo, menos eucaliptos e asfalto. A zona do río Eume, tamén chamada Alto Eume, neste caso moi alto, xa que pasaremos preto de onde nace este río, tamén é unha zona para ter moi en conta e que colleredes na parte final da carreira. Dende a organización intentaremos coidarvos o máximo posible, como nas pasadas edicións. Haberá unha boa bolsa do corredor, uns callos e unha larpeira no remate, e zumo de cebada no postmeta Very Happy . Pero sobre todo moi bo ambiente de trail, moi bo trato por parte de tódolos voluntarios e moitas gañas de que coñezades este concello que quere apostar por este tipo de actividades e que viñades a visitalo.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum